Bergondo - Ordenanza fiscal nº 15, reguladora da taxa por servizos urbanísticos

Publicación provisional: 27/04/2009 BOP Nº: 94
Publicación definitiva: 19/06/2009 BOP Nº: 139
Aplicable dende: 20/06/2009

Artigo primeiro

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 71985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19, e 20.4 h) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este Concello establece a ¿Taxa por servizos urbanísticos" que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 57 do citado TRLRFL.

Artigo segundo

O feito impoñible da presente taxa está determinado pola actividade municipal, técnica ou administrativa desenvolvida para a prestación dos seguintes servizos urbanísticos:
a)Co motivo de construcións, instalacións ou obras, as actividades tendentes a verificar se as mesmas se realizan con suxeición ás normas urbanísticas de edificación e policía vixentes, en orden a comprobar que aquelas se axustan ós Plans de Ordenación vixentes, que son conformes ó destino e uso previstos, que cumpren coas condicións técnicas de seguridade, salubridade, hixiene y saneamento, e finalmente, que non exista ningunha prohibición de interese artístico, histórico ou monumental, todo isto como presuposto necesario á oportuna licenza.
b)As actividades relativas a consultas, informes,tramitación de denuncias certificados e cédulas urbanísticas.
c)As actividades relativas a demolicións e movementos de terras.
d)As actividades relativas a parcelacións e segregacións.
e)As actividades relativas a programas de actuación urbanística, planes parciais ou especiais de ordenación, estudios de detalle e proxectos de urbanización.
f) Licencias de primeira ocupación.

Artigo terceiro

1.-Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunden as prestacións ás que se refire a presente Ordenanza.
2.-Terán a condición de substitutos do contribuínte, nas taxas establecidas polo outorgamento de licencias urbanísticas, os construtores ou contratistas das obras.
3.-Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos os donos ou posuidores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións, instalacións ou obras.

Artigo cuarto

1.-A presente taxa devengarase cando se inicie a prestación do servizo urbanístico, coa incoación do oportuno expediente, a solicitude do interesado ou de oficio pola Administración Municipal.
2.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da solicitude ou concesión da mesma condicionada a algunha modificación ou requisito, calquera que sexa o expediente concreto, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a solicitude urbanística concreta.
3.-Cando o interesado desista da solicitude formulada no prazo de 15 días seguintes á súa presentación, sen estar incurso no suposto do apartado anterior, terá dereito á devolución da taxa, sempre previa solicitude do suxeito que deberá acompañar á petición de desestimento.

Artigo quinto

1.-A cota tributaria determinarase por unha contía sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa contida no artigo seguinte.
2.-A contía da tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo sexto

1.-A tarifa á que se refire o artigo anterior é a seguinte:
a.1) Licencias de obras menores:
(obras non necesitadas de proxecto técnico e en ningún caso, con orzamento de execución material superior a 18.030,36 €) __________________________________________________15,00 euros.
a.2) Licencias de obras maiores (obras de construción, rehabilitación, ampliación, modificación ou reforma que estean cualificadas como obras maiores na normativa urbanística de aplicación:
_Obras con orzamento de execución material ata 3.005,06 € ___________________________________________ 20,00 euros
_Obras con orzamento de execución material de 3.005,07 a 18.030,36 € _______________________________ 35,00 euros
_Obras con orzamento de execución material superior a 18.030,36 € ________________________________65,00 euros
b) Consultas previas, informes, tramitación de denuncias,certificados e cédulas urbanísticas _________________________________________________________ 15,00 euros
c) Demolicións e movementos de terras __________________________________________________________ 35,00 euros
d) Parcelacións e segregacións _______ 20,00 euros (por cada unha das fincas resultantes da parcelación ou segregación).
e) Programas de actuación urbanística, Plans Parciais ou Especiais de ordenación, Estudios de Detalle, Proxectos de urbanización: satisfarase a cota que resulte de multiplicar o tipo en pesetas polos metros cadrados da superficie de solo comprendida no respectivo Programa, Plan, Estudio de Detalle ou Proxecto, de conformidade coa seguinte escala:
M2 de superficie Tipo en euros/m2 superficie
Ata 10.000 m2__________________________ 0,05 euros
Exceso de 10.001 ata 50.000 m2____________ 0,04 euros
Exceso de 50.001 ata 100.000 m2___________ 0,03 euros
Exceso de 100.001 ata 500.000 m2__________ 0,02 euros
Exceso de 500.001 m2____________________ 0,01 euros
f) Licencias de primeira ocupación______ 60,00 euros
2.- En todo caso os importes sinalados neste artigo non inclúen o custo da inserción na prensa dos anuncios nos casos previstos na Lei, debéndose liquidar de maneira separada e estando constituído o seu importe polas tarifas que se estableceran polos medios de difusión elixidos.

Artigo sétimo

1.-As taxas por prestación de servizos urbanísticos esixiranse en réxime de autoliquidación, cando se realice a petición do interesado, e no suposto de que se preste de oficio, por liquidación practicada pola Administración municipal.
2.-No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación nos impresos habilitados ó efecto pola Administración municipal e realizar o ingreso na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presentar a correspondente solicitude.
3.-Cando os servizos municipais comproben que se realizou unha construción ou obra, ou se está exercitando calquera actividade sen obter a previa licenza preceptiva, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do trámite de esta última, con obrigación do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen prexuízo da imposición da sanción que corresponda pola infracción urbanística cometida ou da adopción das medidas necesarias para o adecuado desenvolvemento das normas urbanísticas.
4.-O pago da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.
5.-A cota da taxa a aboar por cada un dos servizos urbanísticos tramitados será a que resulte de aplicar a tarifa correspondente a cada un deles, segundo esta Ordenanza, iniciárase a tramitación de oficio ou a solicitude do suxeito pasivo.

Artigo octavo

1.-En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas cualificacións, así como nas sancións que ás mesmas correspondan, en cada caso, aplicaranse as normas establecidas nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, foi aprobada polo Pleno da corporación na sesión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2009 e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A presente ordenanza derroga a aprobada polo Pleno o 8 de novembro de 2001 publicada no BOP número 298 do 31 de decembro de 2001."
Faise constar igualmente que contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que é o competente por razón do territorio, no prazo de dous meses que contan a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia (segundo o artigo 46.1 da Lei 29/98 de 13 de xullo, lei da xurisdicción contencioso-administrativa).