Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 22, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercancías, materiais de construcción, vallas, puntais, asillas, andamios e outras instalacións análogas
Artígo 1.º .-Concepto.
De conformidade co prevido no art. 57 e 20.3.g) do Texto Refundido da Lei das facendas locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, este Concello establece a Taxa por "ocupación de terreos de uso público con mercancias, materiais de construcción, escombros, vallas, puntais, asillas, andamios e outras instalacións análogas", especificado nas tarifas contidas no apartado 2 do artigo 4º seguinte, que se rexirá pola presente Ordenanza polo previsto na ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais e pola normativa das facendas locais.
Artigo 2º.- Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento das taxas regulada nesta Ordenanza, as persoas ou entidades a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quen se beneficien do aproveitamento se se procediu sen a oportuna autorización.
Artígo 3.º .-Cuantía.
1.- A contía da taxa, será fixada nas tarifas que a continuación se detallan:
Epígrafe.
Tarifa primeira.- Ocupación da vía pública con mercancías.
1.- Ocupacion ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou productos da industria ou comercio a que dediquen a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas denominadas "containers" por mes y metro cadrado: 1,45 Euros.
2.- Ocupación ou reserva especial da vía pública de modo transitorio, por mes e metro cadrado: 1,45 Euros.
Tarifa segunda.- Ocupación con materiais de construción.
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público, con cascallos, materiais de construción, vagóns ou vagonetas metálicas "containers", para recollida ou depósito dos mesmos, e outros aproveitamentos análogos, por metro cadrado ou fracción o mes: 1,45 Euros.
Tarifa terceira.- Vallas, puntais, asillas, andamios, etc.,
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con vallas, caixóns de cerramento, sexa ou non ara obras e outras instalacións análogas, por metro cadrado ou fracción o mes. 1,45 Euros
2.- Normas de aplicación das tarifas:
a) Cando as obras se interrumpisen durante un tempo superior a dous meses, sin causa xustificada, as contías resultantes por aplicación da Tarifa segunda sufrirá un recargo do 50% a partir do terceiro mes, e, no caso se que unha vez finalizadas as obras continúen os aproveitamentos, as contías serán recargadas nun 100%.
b) As contías resultantes por aplicación da tarifa sufrirán os seguintes recargos a partir do terceiro mes dende a súa instalación ou concesión. Durante o segundo trimestre un 25%, durante o terceiro trimestre un 50% e por cada trimestre, apartir do terceiro, un 100%.
Artigo 4º.- Reparación pavimento.
O concesionario está obrigado a deixar o pavimento nas mesmas condicións en que se encontraba antes da ocupación. Para responder desta obrigación depositará, no momento de efectuar a solicitude, a cantidade de 60.10 Euros por metro cadrado e que serán devueltas unha vez finalizada a ocupación previo informe favorable do Técnico Municipal. En caso contrario, o Concello, efectuará a reparación con cargo a fianza e devolverá o sobrante previa liquidación.
Artigo 5º.- Normas de xestión.
1.- De conformidade co prevido no art 24.5 do Texto refundido da lei de facendas locais, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se produxesen desperfectos no pavimento ou instalacións da vía pública, os titulares das licenzas ou os obrigados ó pagamento virán suxeitos o reintegro total dos gastos de reconstrucción e reparación de ditos desperfectos ou a reparar os danos causados, que serán, en todo caso, independentes dos dereitos liquidados polos aproveitamentos realizados.
2.- As cantidades esixibles con arreglo as tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
3.- As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licenza.
4.- Si non se determinara con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada mentres non se presente declaración de baixa.
5.- A presentación da baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do período natural do tempo seguinte o sinalado no epígrafe da tarifa que corresponda. Sexa cal sexa a causa que se alegue en contrario, a non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar abonando a taxa.
6.- A xestión desta tasa levarase a cabo polo procedemento de declaración-liquidación regulado na Ordenanza Fiscal Xeral.
Artigo 6º.- Obrigación de pagamento.
1.- A obrigación de pagamento da taxa nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos na vía pública, no momento de solicitar a correspondente licenza.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada semestre natural.
2.- O pagamento da taxa realizarase:
a) Por ingreso directo onde se establece o Concello, en caso de novos aproveitamentos. Sempre antes de retirar a correspondente licenza ou documento que corresponda.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluidos nos padróns desta taxa, por semestres naturais, realizarase por ingreso directo onde se establece o Concello, dentro do primeiro mes do semestre.
Disposición final.
Queda derrogada a Ordenanza nº 2 P. reguladora do prezo público por ocupación de terreos de uso público con mercancias, materiais de construcción, escombros, vallas, puntais, anillas, andamios e outras instalacións análogas.
A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2007, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.