Paderne - Ordenanza fiscal nº 5, reguladora da taxa por licenzas urbanísticas de apertura de establecementos

Publicación provisional: 28/12/2005 BOP Nº: 296
Publicación definitiva: 28/12/2005 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 1º

En uso das facultades concedidas polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da RDLEG 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, este Concello establece a taxa por licenzas urbanísticas de apertura de establecementos", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2º

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calesquera outras esixidas polas correspondentes Ordenanzas e Regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como orzamento necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licenza de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais.

2. A tal efecto, terá a consideración de apertura.

a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comezo ás súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.

d) Os traspasos e cambios de titularidade dos establecementos por calquera causa, incluídos os cambios de denominación social.

3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:

a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril artesanal, da construcción, comercial e de servizos que estea suxeita ó Imposto sobre actividades económicas, a excepción dos locais ocupados por profesionais.

b) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como por exemplo, sedes sociais, axendas, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas ou estudios.

Artigo 5º

Constitúe a base impoñible da taxa o custe unitario previsible do servizo que se presta.

Artigo 6º

A cota tributaria determinarase pola aplicación da seguinte tarifa:

a) Licenzas de tramitación ordinaria para o exercicio de actividades comerciais, artesanais ou de servizos: 50 euros.

b) Licenzas de tramitación ordinaria para o exercicio de actividades empresariais fabrís ou da construcción: 75 euros.

c) Licenzas para actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, e outras de tramitación especial relativas a establecementos comerciais, artesanais ou de servizos: 100 euros.

d) Licenzas para actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, e outras de tramitación especial relativas a establecementos fabrís ou da construcción: 150 euros.

e) Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación equivalente que non requira informes técnicos: 25 euros.

2. Cando nun establecemento se exercesen varias actividades a efectos de cómputo de tarifas desta ordenanza, terase en conta a cota por esta taxa máis alta das que correspondan.

3. En caso de desestimento con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán o 50 por cento das sinaladas no apartado anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.

Artigo 8º

1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza de apertura de establecementos industrial ou mercantil presentarán, previamente, no rexistro xeral a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local, acompañando proxecto ou documentos esixidos para cada clase de actividade polas disposicións vixentes.

2. Se despois de formulada a solicitude de licenza de apertura variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas polo establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle ou alcance que se esixe na declaración prevista no número anterior.

Artigo 9º

1. Unha vez concedida a licenza urbanística, practicarase a respectiva liquidación que será notificada ó suxeito pasivo substituto para o seu ingreso directo nas Arcas Municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

2. O pago das taxas liquidadas será previo á retirada polos interesados do documento administrativo de concesión da licenza.

Artigo 10

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

I FUNDAMENTO E NATUREZA

II FEITO IMPOÑIBLE

III SUXEITO PASIVO

Artigo 3º

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan titulares da actividade que se pretende desenrolar ou, no seu caso, desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.

IV RESPONSABLES

Artigo 4º

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

V BASE IMPOÑIBLE

VI COTA TRIBUTARIA

VII DEVENGO

Artigo 7º

1. Devéngase Taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. Cando a actividade se iniciara ou executara sen obter a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a actividade en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desta actividade ou denegación se non foran autorizables.

3. A obriga de contribuír, unha vez nada, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

VIII DECLARACIÓN

IX LIQUIDACIÓN E INGRESO

X INFRACIÓNS E SANCIÓNS

DISPOSICIÓN FINAL

Primeira.- A presente Ordenanza aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 27 de outubro de 2005, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia e comezará a aplicarse a partir do día primeiro de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Segunda.- En todo o non especificamente regulado nesta Ordenanza, serán de aplicación as normas contidas na Ordenanza Xeral de Xestión, Recadación e Inspección.