Vilasantar - Ordenanza fiscal núm. 8, reguladora da taxa pola prestación do servizo público de axuda a domicilio do concello de Vilasantar

Publicación provisional: 15/06/2009 BOP Nº: 135
Publicación definitiva: 23/07/2009 BOP Nº: 164
Aplicable dende: 23/07/2009

Artigo 1º.- Obxecto.

De conformidade co previsto nos artigos 57 e 20, apartados 1,2, 4 do RDL 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 e 19 do citado texto legal da Lei 13/2008, de 18 de decembro servizos sociais de Galicia, e da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, ámbalas dúas da Xunta de Galicia, este Concello establece a taxa polo servizo de axuda no fogar especificado nas tarifas comprendidas no artigo 3° que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º.- Obrigados/as ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os usuarios do servizo de axuda no fogar que presta este Concello e os que exerzan a patria potestade ou a tutela das persoas incapacitadas legalmente. Segundo se establece nas tarifas seguintes.

Para determinar a capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes.

A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións sociais, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais. Teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión que se revisarán anualmente para a actualización da información. Tendo obriga o usuario de notificar calquera modificación das súas circunstancias económicas.

Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio.

No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito as rendas de ámbolos dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ámbolos dous membros da parella.

A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.

Artigo 3º.- Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias.

No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria sexa igual ou inferior ao Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custe do servizo.

Para os demais casos a contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

TÁBOA DE COPAGAMENTO DE AXUDA NO FOGAR ADAPTADO AO ARTIGO 18 DA NOVA ORDE

INGRESOS EN RELACIÓN AO IPREM

DESDE

ATA

COPAGAMENTO

Entre o 100% e o 150%

527,24

790,86

10%

1€/h

Entre o 150% e o 200%

790,86

1.054,48

12%

1,20€/h

Entre o 200% e o 250%

1054,48

1.318,10

15%

1,5€/h

Entre o 250% e o 300%

1.318,10

1.581,72

20%

2€/h

Entre o 300% e o 350%

1.581,72

1.845,34

28%

2,8€/h

Entre o 350% e o 400%

1.845,34

2.108,96

37%

3,7€/h

Entre o 400% e o 450%

2.108,96

2.372,58

45%

4,5€/h

Entre o 450% e o 500%

2.372,58

2.636,20

60%

6€/h

> 500%

2.636,20

65%

6,5€/h

Sen prexuízo do establecido na táboa anterior, poderán contemplarse excepcións aos criterios xerais no casos nos que a problemática principal atendida sexa relativa á desestruturación familiar, a exclusión social e a pobreza infantil.

Artigo 4º.- Base impoñible.

Establécese como prezo inicial do servizo para o ano 2009 aos efectos de cobro de taxas, o de 10 € euros/hora revisables anualmente segundo o índice anual de prezos ó consumo.

Artigo 5º. Devengo e período impositivo.

A taxa devengarase cando se inicie a prestación do servizo.

Artigo 6º. Réxime de declaración e ingreso.

A taxa liquidarase por meses naturais, debéndose proceder ao seu ingreso nos primeiros 5 días naturais do mes , mediante domiciliación bancaria que será obrigatoria.

Artigo 7º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003 , de 17 de decembro , xeral tributaria.

Disposición Adicional Única

As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza pola Lei de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición Derrogatoria única

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a ordenanza fiscal nº8, reguladora do prezo público pola recepción de traballos asistenciais de axuda no fogar, publicada definitivamente no BOP nº 61 de 14/03/1996.

Disposición Derradeira

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello de Vilasantar en sesión realizada o 18 de marzo de 2.009 e modificada en sesión extraordinaria do 13 de maio de 2009 e entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.