Índice

Valdoviño - Regulamento Orgánico Municipal

Publicación provisional: 25/04/2009 BOP Nº: 93
Publicación definitiva: 14/08/2009 BOP Nº: 180
Aplicable dende: 02/09/2009

Sección 1.ª.-Organización e funcionamento do Pleno

Artigo 25. Definición.

O Pleno, integrado por tódolos concellais, é presidido polo Alcalde.

Artigo 26.

Correspóndelle, en todo caso, ó Pleno as seguintes atribucións:

a) O control e a fiscalización dos órganos de goberno.

b) Os acordos relativos á participación en organizacións supramunicipais; alteración do termo municipal; creación ou supresión de municipios e das entidades a que se refire o artigo 45; creación de órganos desconcentrados; alteración da capitalidade do municipio e o cambio de nome deste ou daquelas entidades e a adopción ou modificación da súa bandeira, insignia ou escudo.

c) A aprobación inicial do planeamento xeral e a aprobación que poña fin á tramitación municipal dos plans e demais instrumentos de ordenación previstos na lexislación urbanística, así como os convenios que teñan por obxecto a alteración de calquera de ditos instrumentos.

d) A aprobación do Regulamento Orgánico e das ordenanzas.

e) A determinación dos recursos propios de carácter tributario; a aprobación e modificación dos orzamentos, e a disposición de gastos en materia da súa competencia e a aprobación das contas; todo isto de acordo co disposto na Lei reguladora das facendas locais.

f) A aprobación das formas de xestión dos servizos e dos expedientes de municipalización.

g) A aceptación da delegación de competencias feita por outras Administracións públicas.

h) O planeamento de conflictos de competencias a outras entidades locais e demais Administracións públicas.

i) A aprobación do cadro de persaol e da relación de postos de traballo, a fixación da coantía de retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime de persoal eventual.

j) O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materia de competencia plenaria.

k) A declaración de lesividade dos actos do Concello.

1) A alteración da calificación xurídica dos bens de dominio público.

m) A concertación das operación de crédito cuia coantía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por 100 dos recursos ordinarios do Orzamento ¿salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operaciósn vivas en cada momento supere o 15 por 100 dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior- todo iso de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais.

n) As contratacións e concesión de toda clase cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento e, en calquer caso, os seis millóns de euros, así como os contratos e concesións plurianuais cando a súa duración sexa superior a catro anos e os plurianuais de menor duración cando o importe acumulado de todas as súas anualidades supere a porcentaxe indicada, referida ós recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio e, en todo caso, canso sexa superior á contía sinalada nesta letra (derogada pola Lei 30/2007 de 30 de outubro, de contratos do Sector Público).

ñ) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos orzamentos.

o) As enaxenacións patrimoniais cando o seu valor supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, as permutas de bens inmobles (derogada pola Lei 30/2007 de 30 de outubro, de contratos do Sector Público).

p) Aquelas outras que deban corresponder ó Pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial.

q) As demais que expresamente lle confiran as leis.

Corresponde, igualmente, ó Pleno a votación sobre a moción de censura ó alcalde e sobre a cuestión de confianza plantexada polo mesmo, que serán públicas e realizaranse mediante chamamento nominal en todo caso, e que se rexen polo disposto na lexislación electoral xeral.

Artigo 27. Delegación de competencias.

O Pleno pode delegar o exercicio das súas atribución no alcalde e na Xunta de Goberno Local, salvo as enunciadas no apartado 2, parágrafos a), b), c), d), e), f), g), h), i), 1) e p), e no artigo 3 deste artigo.

Sección 2.ª.-Requisitos para a celebración das sesións

Artigo 28. Réxime legal.

Os tipos de sesións e a súa convocatoria rexiranse polo establecido na Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e pola Lei 5/97, de 22 de xullo, de administración local de Galicia.

Artigo 29. Tipos de sesións.

As sesións do Pleno poden ser de tres tipos:

a) Ordinarias.

b) Extraordinarias.

c) Extraordinarias de carácter urxente.

Artigo 30. Sesións ordinarias.

1. Son sesións ordinarias aquelas cuxa periodicidade está preestablecida. Dita periodicidade será fixada polo acordo do propio Pleno adoptado en sesión extraordinaria, que haberá de convocar o alcalde dentro dos tinta días seguintes á sesión constitutiva da Corporación.

2. 0 Pleno celebrará sesión ordinaria como mínimo cada mes, nos días e horas que se fixen por el mesmo e que poderán ser cambiados en calquer momento posterior por dito órgano. Igualmente o presidente, por propia iniciativa ou a petición dos voceiros, por causa xustificada poderá variar o -día ou hora dalgunha sesión, alonxándoo só o imprescindible dos fixados polo Pleno e comunicándoo ó interesado e publicándoo no taboleiro de anuncios coa maior anticipación posible.

3. As sesións poderán celebrarse en primeira ou segunda convocatoria. A segunda convocatoria sería dous días despois da sinalada para primeira ou ó día seguinte hábil se coincide en festivo. Neste caso non será preciso o envío da orde do día, pero si a notificación da súa celebración na segunda convocatoria.

Artigo 31. Sesións extraordinarias.

1. Son sesións extraordinarias aquelas que convoque o Presidente con tal carácter a iniciativa propia ou a solicitude da cuarta parte, alomenos, do número legal de membros da Corporación sen que ningún concellal poida solicitar máis de tres anualmente. Dita solicitude haberá de facerse por escrito no que se razoe o asunto ou asuntos que motiven asinado persoalmente por todos os que as subscriben. Neste último caso, a celebración do mesmo no poderá retrasarse por máis de quince días hábiles dende que fora solicitada, non podendo incorporarse ó asunto na orde do día dun Pleno ordinario ou doutro extraordinario con máis asuntos se non o autorizan expresamente os solicitantes da convocatoria.

2. Se o presidente non convocase o Pleno extraordinario solicitado polo número de concellais indicado dentro do prazo sinalado, quedará automáticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ó de finalización de dito prazo, ás doce horas, o que será notificado polo secretario xeral do Pleno a todos os membros do mesmo ó día seguinte da finalización do prazo citado anteriormente. En ausencia do presidente ou de quen legalmente o substitúa, o Pleno quedará validamente constituido sempre que concurra o tercio do número legal de membros do mesmo, en cuxo caso será presidido polo membro da corporación de maior idade entre os presentes.

Artigo 32. Sesións extraordinarias de carácter urxente.

Son sesións extraordinarias de carácter urxente as convocadas polo presidente cando a urgencia do asunto ou asuntos a tratar non permita convocar a sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles esixida legalmente.

Neste caso debe incluirse como primeiro punto da orde do día a ratificación polo Pleno da urgencia da convocatoria. Se dita urgencia non resulta apreciada polo Pleno, levantarase sesión.

Artigo 33. Finalización. Unidade de acto

Calquera que sexa a clase de sesión, haberá de respetar o principio de unidade de acto e rematará o mesmo día do seu comezo. Se este rematase sen que se debatesen e resolvesen todos os asuntos incluídos na orde do día, o presidente poderá levantar a sesión. Neste caso os asuntos non debatidos haberán de incluirse na orde do día da seguinte sesión. En todo caso, ningunha sesión terá unha duración superior a oito horas.

Artigo 34.-Orde do día.

1. A orde do día das sesións será fixado polo presidente, asistido do secretario. Asimismo, poderá recabar a asistencia de membros da Xunta de Gobemo Local e consultar, se o estima oportuno, ós voceiros dos grupos existentes na Corporación.

2. Na orde do día só poden incluirse os asuntos que sexan previamente dictaminados, informados ou sometidos, a consulta das Comisións informativas que correspondan.

3. 0 presidente, por razóns de urxencia debidamente motivada, poderá incluir na orde do día, a iniciativa propia ou a proposta dalgún dos voceiros, asuntos que non fosen previamente informados pola respectiva Comisión Informativa, pero neste suposto non poderá adoptarse acordo algún sobre estes asuntos sen que o Pleno ratifique a súa inclusión na orde do día.

4. Na orde do día das sesións ordinarias incluirase sempre un apartado de control e fiscalización na xestión dos Órganos Municipais de Goberno.

Artigo 35. Nulidade de acordos.

Serán nulos os acordos adoptados en sesións extraordinarios sobre asuntos non comprendidos na súa orde do día. Asimismo, serán nulos os que se adopten en sesións ordinarias sobre materias non incluídas na respectiva orde do día, salvo especial e previa declaración de urgencia realizada polo órgano correspondente co voto favorable da mayoría absoluta do número legal dos seus membros.

Artigo 36. Convocatorias. Exame de expedientes.

1. 0 presidente convocará ós concellais a sesión ordinaria ou extraordinaria con dous días hábiles, como mínimo, de antelación como sinala a Lei, remitíndolles xunto coa comunicación da convocatoria na orde do día a que haberá de suxeitarse dita sesión, na que figurarán numerados e sinalados suficientemente os asuntos a tratar. Os concellais acusarán recibo da convocatoria asinando en comunicación cursada ó efecto.

2. Se varios concellais desexaran examinar os expedientes á vez, distribuiranos entre eles mesmos. Se non se puxesen de acordo, requirirán ó secretario para que emita un informe-proposta verbal. Se dita proposta tampouco satisface ós interesados, someterase a decisión do señor presidente, que resolverá distribuíndo o tempo e os expedientes de forma que estes poidan ser vistos por quenes quixeran facelo.

3. O presidente da Corporación ou os Presidentes das Comisións autorizarán o exame de expedientes ou antecedentes que teñan relación cos asuntos incluídos na orde do día.

Artigo 37. Horario de exame de expedientes.

O horario para o exame de expedientes será o correspondente ó normal de oficinas.

Non obstante, aquel poderá ser ampliado pola Presidencia cando o número ou a importancia dos asuntos así o requira. Dita ampliación será posta en coñecemento dos señores concellais e da Secretaría Xeral. Baixo ningún concepto os expedientes poderán extraerse da Secretaría Xeral ou dependencia na que se atopen.

Artigo 38. Quórum.

1. Para a válida constitución do Pleno da Corporación requírese a asistencia dun tercio do número legal de membros da Corporación. Este quórum deberá manterse toda a sesión. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do secretario ou de quenes legalmente o substitúan.

2. Se en primeira convocatoria non existise o quórum necesario según o disposto no apartado anterior, entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días hábiles despois. Se tampouco entón se acadase o quórum necesario, a Presidencia deixará sen efecto a convocatoria pospoñendo o estudo dos asuntos incluídos na orde do día para a primeira sesión que se celebre con posterioridade, sexa ordinaria ou extraordinaria. De todo o cal extenderá dilixencia o secretario actuante.

3. 0 quórum mínimo dun tercio do número legal de membros da Corporación, haberá de manterse durante o desenvolvemento da sesión. A tal efecto a ausencia dun ou varios concellais, unha vez iniciada a deliberación do asunto, equivale á súa non presencia e á abstención na votación, salvo que se incorpore a tempo de emitir o seu voto. A estes efectos entenderase iniciada a deliberación.

a) Se se produce debate con intervencións dun ou varios concellais

b) Se ninguén pedira a palabra nin fixese uso dela, o presidente, cando rematase a lectura da proposta de acordo do asunto correspondente á orde do día.

Artigo 39. Quórum especial.

O disposto no artigo anterior enténdese sen perxuízo de que os asuntos a resolver nunha sesión o algún deles, esixan un número especial de asistentes para adoptar acordos válidos sobre eles, en cuxo caso o quórum preciso para celebrar validamente a sesión ou adoptar acordos válidos sobre ditos asuntos, será o que se estableza con ese número especial en cada caso.

Artigo 40. Asistencia pública.

Serán públicas as sesións do Pleno. Non obstante poderá ser secreto o debate e a votación daqueles asuntos que poidan afectar ó dereito fundamental dos cidadáns ó que se refire o artigo 18.1 da Constitución Española, cando así se acorde por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.

2. 0 público asistente ás sesións non poderá intervir nestas, nin tampouco se permitirán manifestacións de agrado ou desagrado, podendo a Presidencia proceder, en casos extremos, á expulsión do salón de todo aquel que por calquera causa impida o normal desenvolvemento da sesión.

3. 0 réxime de intervención no Pleno de entidades, asociacións ou particulares será o que se estableza nos Regulamentos que regulen a Participación Cidadá e demais disposicións vixentes.

Artigo 41. Difusión de sesións.

Para ampliar a difusión auditiva ou visual do desenvolvemento das sesións, o presidente poderá autorizar a instalación de sistemas de megafonía ou circuitos pechados de televisión ou calquera outros recursos técnicos que pudieran aplicarse a tal fmalidade.

Artigo 42. Orde de colocación dos grupos.

Os membros da Corporación tomarán asento no Salón de Sesións unidos ó seu grupo. A orde de colocación dos grupos determinarase polo presidente, oídos os voceiros, tendo preferencia o grupo formado polos membros da lista que obtivera maior número de votos. En calquer caso, a colocación dos membros corporativos tenderá a facilitar a emisión e reconto de votos.

Sección 3.ª.-Dos debates

Artigo 43. Orde de asuntos.

Salvo que a presidencia dispoña outra cousa, a orden na que se tratarán os asuntos, diferenciarase en dúas partes:

I.-Parte resolutiva.

II.-Parte de Control e Fiscalización da xestión dos Órganos Municipais-de Goberno. A modo indicativo, da forma seguinte:

I.-Parte resolutiva.

a) Aprobación da acta ou actas das sesións anteriores.

b) Comunicación da Presidencia.

c) Asuntos dictaminados polas Comisións.

d) Proposición que se presenten como urgentes.

II.-Parte de Control e Fiscalización da xestión dos órganos Municipais de Goberno.

a) Coñecemento de Decretos e Resolucións de Goberno Municipal.

b) Mocións.

c) Rogos e preguntas.

d) Calquer outro medio de control legalmente establecido.

Artigo 44. Aprobación de acta anterior.

As sesións comezarán preguntando o Presidente se algún membro corporativo ten que formular algunha observación a acta ou actas da sesión anterior ou anteriores que se distribuisen antes ou coa convocatoria. Se non houbese observacións considerarase aprobada; se as houbese, debatiranse e decidiranse as rectificacións que procedan.

En ningún caso poderá modificarse o fondo dos acordos adoptados e só cabería subsanar os meros erros materiais ou de feito.

O sinalar en cada acta a lectura e aprobación da anterior, ou anteriores consignaranse as observacións e rectificacións practicadas.

Artigo 45. Debate e votación dos demais asuntos.

1. Todos os asuntos debatiranse e votaranse pola orde a que estivesen relacionados na orde do día.

2. Nas sesións ordinarias, concluído o exame dos asuntos incluídos na Parte Resolutiva da orde do día, iniciarase a Parte de Control e Fiscalización do Goberno Municipal e no apartado de Mocións o presidente preguntará se por razóns de urxencia algún grupo municipal desexa someter a consideración do Pleno algún asunto non comprendido na orde do día e que non teña cabida no apartado de rogos e preguntas.

Se así fose, o voceiro do grupo propoñente lerá a proposta de acordo ou acordos e o Pleno votará acto seguido sobre a urxencia da Moción, que necesitará o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación para ser estimada dita urxencia e continuar co trámite ordinario dos asuntos incluídos na orde do día.

3. A Presidencia pode limitar ata un máximo de tres as Mocións que presente un grupo municipal nun mesmo Pleno ordinario.

4. 0 disposto neste artigo non será de aplicación á moción de censura que se rexirá polo disposto na legislación electoral.

Artigo 46. Tratamento de cada asunto.

A consideración de cada punto incluido na orde do día comezará coa lectura íntegra polo secretario do asunto incluido na orde do día ou do ditame formulado pola Comisión Informativa correspondente ou, se se trata dun asunto urxente, non ditaminado pola mesma, da proposición que se somete ó Pleno. Á solicitude de calquer grupo, a Presidencia poderá autorizar a lectura íntegra daquelas partes do expediente ou do ditame da Comisión que se considere convinte para a mellor comprensión.

Se ninguén solicitase a palabra tras a lectura polo secretario da orde do día, o asunto someterase directamente a votación ou entenderase aprobado por unanimidade.

Artigo 47. Debate: intervencións.

1. Se se promove debate, as intervencións serán ordeada polo presidente conforme as seguintes regras:

a) Só poderá facerse uso da palabra previa autorización do Presidente.

b) O goberno municipal poderá facer uso dun primeiro turno de explicación cando así o estime oportuno.

c) No debate, os diversos grupos consumirán un primeiro turno de explicación cando así o estimen oportuno.

d) Quen se considere aludido por unha intervención, poderá solicitar do presidente que se conceda un turno por alusións, que será breve e conciso.

e) Non se admitirán outras interrupcións que as do presidente para chamar á orde ou á cuestión debatida.

2. Os membros da Corporación poderán en calquer momento do debate pedir a palabra para plantexar unha cuestión de orde, invocando ó efecto a norma cuxa aplicación reclama. O presidente resolverá o que proceda sen que por este motivo sen entable debate algún.

Artigo 48. Deliberacións.

1. 0 Goberno municipal poderá realizar un turno previo de explicación dos difames ou proposicións, antes de iniciarse o debate formal dos asuntos.

2. Nas deliberacións poderán intervir cada grupo municipal mediante o voceiro ou outros membros pola orde inversa de representantes na Corporación, consumindo turno en primeiro lugar o grupo mixto, logo os minoritarios e en último termo o maioritario.

3. A intervención normal de cada grupo non excederá de cinco minutos. Non obstante, en aqueles temas que pola súa importancia ou complexidade así o requiran, ou a petición de calquer voceiro, o presidente notificará ó Pleno a duración das intervencións antes de comezar esta, e velará que todas teñan idéntica duración.

4. 0 presidente poderá acordar, durante o transcurso da sesión que se interrumpa a mesma para permitir as deliberacións dos grupos sobre a cuestión debatida ou para o descanso dos debates. Estas interrupcións non terán duración superior a dez minutos.

Artigo 49. Chamadas á orde.

1. 0 presidente poderá chamar á orde a calquer membro da Corporación que:

a) Profira palabras ou yerta conceptos ofensivos ó decoro da Corporación ou dos seus membros, das institucións públicas ou de calquer persoa ou entidade.

b) Produza interrupcións ou de calquer xeito, altere a orde das sesións.

c) Pretenda facer uso da palabra sen que fose concedida ou unha vez que lle fose retirada.

2. Tras tres chamadas á orde na mesma sesión (ou dúas chamadas á orde no debate dun mesmo asunto), coa advertencia na última, das consecuencias dunha nova chamada, o presidente poderá ordear a un concellal que abandone o local no que estea celebrando a reunión, adoptando as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión.

Artigo 50. Abstención.

Nos supostos en que, de conformidad co establecido no artigo 76 da Lei 7/85, algún membro da Corporación deba absterse de participar na deliberación e votación, terá que abandoar o salón mentres se discuta ou vote o asunto, salvo cando se trate de debatir a súa actuación como corporativo, en cuxo caso terá dereito a permanecer e defenderse.

Artigo 51. Intervencións: terminología.

Ós efectos do desenvolvemento das sesións e para definir o carácter das intervencións dos membros da Corporación, utilizarase a seguinte terminoloxía:

1. Ditame: é a proposta sometida ó Pleno tras o estudo do expediente pola Comisión Informativa. Contén unha parte expositiva e un acordo ou acordos a adoptar.

2. Proposición: é a proposta que se somete ó Pleno relativa a un asunto incluido na orde do día que acompaña á convocatoria, sen estudo pola Comisión Informativa correspondente. Conterá unha parte expositiva ou xustificación e un acordo ou acordos, asímesmo, a adoptar. Non procederá entrar a debatir nin votar unha proposición sen que previamente se xustificase de acordo co disposto na lei, a inclusión do asunto na orde do día.

3. Moción: é a proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, ó amparo do previsto no regulamento. Poderá formularse por escrito ou oralmente e deberá anunciarse á Presidencia antes do comezo da sesión.

4. Voto particular: é a proposta de modificación dun ditame formulada por un membro que forma parte da Comisión Informativa. Deberá acompañar ó ditame dende o día seguinte á súa aprobación pola comisión.

5. Enmenda: é a proposta de modificación dun ditame ou proposición presentada por calquer membro da Corporación mediante escrito dirixido ó Presidente antes de iniciarse a deliberación do asunto.

6. Rogo: é a formulación dunha proposta de actuación dirixida a algúns dos órganos de goberno municipal. Os rogos formulados no seo do Pleno poderán ser debatidos, pero en ningún caso sometidos a votación.

Poden plantexar rogos todos os membros da Corporación ou dos grupos municipais a través dos seus voceiros, sempre que os anuncien á Presidencia con 24 horas de antelación ó comezo da sesión. Os rogos poderán ser efectuados oralmente ou por escrito e serán debatidos xeralmente na sesión seguinte, sen perxuízo do que o poidan ser na mesma sesión que se formule se o Presidente o estima convinte.

7. Pregunta.-É calquer cuestión plantexada ós Órganos de Goberno no seo do Pleno. Poden plantexar preguntas de desposta oral e de desposta escrita todos os membros da Corporación ou os grupos municipais a través dos seus voceiros.

Preguntas de resposta oral.-Os membros da Corporación e dos voceiros dos grupos municipais poderán formular ó Goberno Municipal preguntas de resposta oral nos Plenos Ordinarios.

Poderán presentarse por cada grupo ata un máximo de tres preguntas de resposta oral en cada Pleno Ordinario, que deberán presentarse por escrito en Rexistro Xeral do Concello con unha antelación mínima de cinco días hábiles á celebración do Pleno.

Poderán ser incluídas na orde do día do Pleno as preguntas de resposta oral presentadas no Rexistro Xeral con cinco días hábiles de antelación, como mínimo, á celebración da sesión ordinaria.

O goberno local poderá solicitar, por unha soa vez respecto de cada pregunta de resposta oral no Pleno, que sexa posposta para a orde do día da sesión plenaria seguinte.

A tramitación das preguntas de resposta oral en Pleno Ordinario dará lugar á formulación da pregunta por parte do membro da Corporación ou voceiro do grupo, ó que dará resposta un membro da Xunta de Goberno.

O membro da Corporación ou voceiro promotor da pregunta poderá intervir a continuación para repreguntar ou replicar, respondendo seguidamente ó membro da Xunta de Goberno que pechará o debate. O tempo para a tramitación de cada pregunta non poderá exceder de tres minutos na súa totalidade repartidos a partes iguais polo presidente.

Preguntas de resposta escrita.-As preguntas de resposta escrita serán presentadas polos membros da Corporación ou voceiros dos grupos no Rexistro Xeral do Concello corenta e oito horas antes da celebración do Pleno Ordinario.

A resposta por escrito será facilitada antes da celebración da sesión seguinte a aquela na que foron presentadas.

O escrito de resposta oral non poderá conter máis que unha escueta e estricta formulación dunha soa cuestión interrogando sobre un feito, unha situación ou unha información dentro do ámbito das competencias municipais.

O alcalde ou presidente non admitirá a trámite as preguntas nos seguintes casos:

- As que se refiran a asuntos alleos ás competencias municipais.

- As que sexan de exclusivo interese persoal de quen formula ou de calquer outra persoa singularizada. - As que supoñan unha consulta de índole estrictamente xurídico.

Sección 4.ª.-Das votacións

Artigo 52. Formalidades.

1.-Finalizado o debate dun asunto, procederase á súa votación. Antes de comezar a votación o presidente plantexará clara e concisamente os termos da mesma e a forma de emitir o voto.

2.-Unha vez iniciada a votación non pode interromperse por ningún motivo. Durante o desenvolvemento da votación, o Presidente non concederá o uso da palabra e ningún membro corporativo poderá entrar no Salón de Sesións ou abandoalo.

Artigo 53. Adopción de acordos.

1.-O Pleno da Corporación adopta os seus acordos, como regra xeral por maioría simple dos membro presentes. Existe maioría simple cando os votos afirmativos son máis que os negativos.

2.-Entenderase por maioría absoluta cando os votos afirmativos son máis da metade do número legal de membros da Corporación.

Artigo 54. Carácter persoal e indelegable do voto.

O voto dos concellais é persoal e indelegable.

Artigo 55. Sentido do voto.

1.-O voto pode emitirse en sentido afirmativo ou negativo, podendo os membros da Corporación absterse de votar.

A efectos da votación considerarase que se absteñen os membros da Corporación que se ausentaran do Salón de Sesións unha vez iniciada a deliberación dun asunto e non estivesen presentes no momento da votación. No suposto de que se reintegrasen ó Salón de Sesións antes da votación, poderán dende logo, tomar parte da mesma.

2.-No caso de votacións con resultado de empate efectuarase unha nova votación, e se persistira o empate, decidirá o voto de calidade do Presidente.

Artigo 56. Tipos de votacións.

As votacións poden ser ordinarias, nominais e secretas.

Son ordinarias as que se manifesten por signos convencionais de asentimento, disentimento ou abstención.

Son nominais aquelas votacións que se realizan mediante chamamento poor orde alfabética de apelidos e sempre en último lugar o Presidente e na que cada membro da Corporación, ó ser chamado responde en voz alta ¿si", ¿non" ou ¿"abstéñome".

Son secretas as que se realizan por papeleta que cada membro da Corporación vaia depositando nunha urna ou bolsa.

Artigo 57. Votación ordinaria.

A votación ordinaria será o sistema normal de votación.

Artigo 58. Votación nominal.

A votación nominal requirirá a solicitude dun grupo municipal aprobada polo Pleno por unha maioría simple en votación ordinaria, de acordo co disposto no art. 46 da Lei 7/85.

Artigo 59. Votación secreta.

A votación secreta só poderá utilizarse para a elección ou destitución de persoas, así como o tratamento dos asuntos que poidan afectar ó dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da Constitución, cando así se acorde por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.

Artigo 60. Cómputo de votos e resultado.

Cando existan enmendas ou votos particulares, someteranse a votación en primeiro lugar as enmendas e votos particulares e, en último, as propostas. Se o resultado dunha votación é positivo, non haberá máis debate nin votacións sobre o mesmo obxecto concreto da votación.

Rematada a votación ordinaria, o Presidente declarará o acordado.

Inmediatamente de concluir a votación nominal ou secreta, o secretario computará os votos emitidos e anunciará en voz alta o seu resultado, en vista do cal o presidente proclamará o acordo adoptado.

Artigo 61. Explicación de voto

Proclamado o acordo, os grupos que non interviran no debate ou que tras este cambiaran o sentido do seu voto, poderán solicitar do presidente un turno de explicación de voto; sendo facultativo deste otorgalo ou non.

Sección 5.ª.-Do control e fiscalización dos demais órganos de goberno polo Pleno

Artigo 62.

Prohibición de reiteración de controis sobre a actuación dalgún órgano en relación con materias concretas e determinadas non poderá ser obxecto de novo control, salvo que se produciran novas circunstancias ou existan outras que non puideran ser tomadas en consideración no seu día.

Artigo 63. Mocións de censura e cuestións de confianza.

1. As mocións de censura ó alcalde, que soamente poderán plantexarse ante o Pleno, axustaranse ó disposto na lexislación electoral xeral.

2. Do mesmo xeito, o alcalde poderá plantexar o Pleno unha cuestión de confianza nos termos establecidos na lexislación electoral xeral.

3. 0 debate e demais aspectos de procedemento regularanse polo presente Regulamento Orgánico Municipal.

Sección 6.ª.-Das actas

Artigo 64. Contido.

De cada sesión o secretario extenderá acta na que haberá de constar:

a) Lugar da reunión, con expresión do nome do municipio e local en que se celebra.

b) Día, mes e ano.

c) Hora en que comeza.

d) Nome e apelidos do Presidente, dos membros da Corporación presentes, dos ausentes que se excusaran e dos que falten sen excusa.

e) Carácter ordinario ou extraordinario da sesión e se se celebra en primeira ou en segunda convocatoria.

f) Asistencia do Secretario Xeral do Pleno e do Interventor Xeral Municipal no seu caso ou de quenes legalmente lles substitúan.

g) Asuntos que examinen, opinións sintetizadas dos grupos ou membros da Corporación que interviñesen nas deliberacións e incidencias destas.

h) Votacións que se verifiquen e en caso das nominais no sentido en que cada membro emita o seu voto. Nas votacións ordinarias farase constar o número de votos afirmativos, dos negativos e das abstencións. Farase constar nominalmente o sentido do voto cando así o pidan os interesados.

i) Parte dispositiva dos acordos que se adopten.

j) Hora en que o presidente levante a sesión.

De non celebrarse sesión por falta de asistentes ou outro motivo, o secretario suplirá a acta cunha dilixencia autorizada coa súa firma na que consigne a causa e nome dos concurrentes e dos que excusasen a súa asistencia.

Artigo 65. Libro de actas.

Unha vez aprobada a acta polo Pleno, transcribirase no Libro de Actas correspondente, autorizándoa coas sinaturas do presidente e do secretario.

TÍTULO PRELIMINAR.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Alcance do Regulamento.

De conformidade co disposto na Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local na súa redacción dada pola Lei 57/2003 de 16 de decembro de 2003, de medidad para a modernización do goberno local, o Concello de Valdoviño, no exercicio da potestade regulamentaria e de autoorganización que lle recoñece a citada Lei 7/85 promove polo presente regulamento orgánico a regulación da organización e réxime de funcionamento dos órganos necesarios e complementarios que se establecen no mesmo.

Artigo 2. Fontes normativas.

A organización e funcionamento interno do Concello de Valdoviño axustarase á seguinte orde xerárquica de fontes normativas:

a) Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.

b) Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia y RDL 781/86 de 18 de abril.

c) O Regulamento orgánico municipal.

d) Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, para aquelas materias que resulte insuficiente a normativa establecidada no Regulamento Orgánico.

Artigo 3. Interpretación do ROM.

Corresponde ó alcalde ditar instruccións interpretativas e aclaratorias da normativa reseñada no artigo anterior, para a súa aplicación no municipio.

TÍTULO I.-DAS DELEGACIÓNS

Artigo 4. Réxime legal das delegacións.

As delegacións que os distintos órganos do Concello poidan efectuar noutros rexerase polo disposto na Lei 30/92, a Lei 7/85 e demais disposicións legais e regulamentarias.

Artigo 5. Ámbito funcional da delegación.

As delegación que un determinado órgano efectúe a favor doutro órgano terá as atribucións que se especifiquen na resolución ou acordo de delegación.

As delegacións, salvo que nelas se dispoña outra cousa, enténdense outorgadas no sentido máis amplo posible para que o órgano en quen se delegue poida levar a efecto coa maior extensión posible a adecuada xestión da área, servizo ou cometido que lle foi delegado.

As delegacións xenéricas, cando se confiran con esta expresión, referiranse a unha ou varias áreas ou materias determinadas e poderán abarcar tanto a facultade de dirixir os servizos correspondentes como a de xestionalos, en xeral, incluida a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros. A título meramente indicativo sinálanse as seguintes:

a) Dirixir, xestionar, inspeccionar e impulsar o servizo ou servizos e áreas respectivas.

b) Ordear a tramitación de expedientes por falta de desobediencia ou por infracción de ordenanzas ou bandos municipais e demais disposicións de carácter xeral.

c) Outorgar autorizacións ou licenzas sobre as materias delegadas.

d) Resolver mediante Decretos ou Resolución as cuestións que afecten a terceiros incluindo expresamente a facultade sancionadora.

e) Asinar todas as disposicións que sexan precisas para o cumprimento das facultades mencionadas.

f) Resolver recursos

Artigo 6. Extensión temporal da delegación.

A delegación de atribucións entenderase que o é por termo indefinido, salvo que o Decreto, a Resolución ou acordo da delegación dispoña outra cousa, ou a temporalidade da mesma se derive da propia natureza da delegación.

Artigo 7. Interpretación das delegacións.

Corresponde ó órgano delegante efectuar as interpretaciós que resulten necesarias co obxecto de delimitar non só ó alcance da delegación conferida, senón tamén solventar eventuais solapes con delegacións outorgadas a outros órganos, en cuxo caso deberá adoptarse o Decreto, a Resolución ou acordo correspondente, notificalo ós órganos interesados e publicarlo na forma legalmente establecidada.

Artigo 8. Aceptación de la delegación.

La delegación de atribuciones requirirá, para ser eficaz, a su aceptación por parte do delegado. A delegación entenderase aceptada tácitamente dende o momento no que o órgano delegado fixese uso da mesma ou se no termo de tres días hábiles contados dende a notificación do Decreto, Resolución ou acordo, o membro ou órgano destinatario da delegación non fai manifestación expresa ante o órgano delegante de que non acepta a delegación.

As delegacións, unha vez aceptadas, entenderanse vixente mentres non sexan revogadas expresamente, non se cumpra o cometido específico para o que se conferiu a delegación, o órgano delegante avoque para si o coñecemento dalgún asunto concreto na forma establecida pola Lei 30/92, de 26 de novembro.

Artigo 9. Eficacia da delegación.

A delegación de atribucións surtirá efecto dende o día seguinte á data da resolución, salvo que nela se dispoña outra cousa e sen perxuízo da súa publicación polos medios de costumbre, previa aceptación.

Do contido de todas as delegacións e das súas modificacións darase conta ó Pleno na primeira sesión que se celebre.

Artigo 10. Modificións subxectivas.

Salvo expresa mención, as delegacións conferidas non quedarán revogadas polo mero feito de producirse un cambio na titularidade da Alcaldía ou na composición concreta do Pleno ou Xunta de Goberno Local.

Artigo 11. Prohibición da delegación de competencias recibidas en delegación.

Ningún órgano poderá delegar nun terceiro as atribucións ou potestades recibidas pola delegación doutro órgano.

Artigo 12. Revogación ou modificación de delegacións.

A revogación ou modificación das delegacións haberá de adoptarse coas mesmas formalidades que as esixidas para o seu outorgamento.

Artigo 13. Avocación.

O órgano delegante poderá avocar para si en calquer momento o coñecemento sobre algún asunto concreto con arreglo á lexislación vixente sobre procedemento administrativo común.

TÍTULO II.-DOS GRUPOS MUNICIPAIS

Artigo 14. Constitución.

1.-Ós efectos da súa actuación corporativa, os concellais constituiranse en grupos municipais, que se corresponderán cos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións que obtiveran postos na Corporación.

2.-Cada partido político, federación, coalición ou agrupación constituirá un único grupo.

3.-Ninguén pode pertencer simultaneamente a máis dun grupo.

Artigo 15. Requisitos.

O mínimo de concellais para constituir un grupo municipal é de dous.

Integraranse, en todo caso, no grupo mixto os membros dos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupación que non obtivesen un mínimo de dous escanos.

Artigo 16. Membros non adscritos.

Os membros das corporacións locais que non se integren no grupo político que constitúan a formación electoral pola que foron elexidos ou que abandonen o seu grupo de procedencia, terán a consideración de membros non adscritos.

Cando a maioría de concellais dun grupo político municipal abandone a formación política que presentou a candidatura pola que concurriron ás eleccións ou sexan expulsados da mesma, serán os concellais que permanezan na citada formación política os lexítimos integrantes de dito grupo político a tódolos efectos. En calquer caso, o secretario poderá dirixirse ó representante legal da formación política que presentou a correspondente candidatura a efectos de que notifique a acreditación das circunstancias sinaladas.

A contía dos dereitos económicos dos membros non adscritos será establecida polo Pleno quen en todo caso deberá respetarlle os emolumentos que estean establecidos pola asistencia a sesións.

O alcance dos dereitos políticos dos membros non adscritos será o que fixe o Pleno que en todo caso deberá respetar os seus dereitos de participación e intervención nos Plenos así como a súa participación en, alomenos, unha das Comisións do Concello non resolutivas a elección do non adscrito.

Estas previsións non serán de aplicación no caso de candidaturas presentadas como coalición electoral, cando algún dos partidos políticos que a integren decida abandonala.

Artigo 17. Procedemento de constitución.

Os grupos políticos constituiranse mediante escrito dirixido ó Presidente e suscrito por tódolos integrantes que presentará na Secretaría Xeral do Pleno dentro dos cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación. No mesmo escrito de constitución farase constar a designación de portavoz do grupo, podendo designarse tamén suplentes.

Se algún concellal non asinase o escrito de constitución do grupo, isto non impedirá a súa constitución e os non firmantes integraranse no grupo mixto.

Artigo 18. Coñecemento por parte do Pleno.

Da constitución dos grupos políticos, dos seus integrantes e portavoces, o presidente dará conta ó Pleno na primeira sesión que se celebre tras cumprinse o prazo previsto no apartado primeiro do artigo anterior.

Artigo 19. Situación de novos membros.

Os membros da Corporación que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva da Corporación, deberán incorporarse ós grupos municipais, conforme ás regras acordadas pola Corporación.

Artigo 20. Medios.

A Alcaldía porá a disposición dos grupos municipais un local ou despacho para reunirse, e recibir visitas dos cidadáns así como a infraestrutura mínima de medios materiais e personais para o desenvolvemento das súas funcións. O Pleno da Corporación, con cargo ós orzamentos anuais da mesma, poderá asignar ós grupos políticos unha dotación económica que deberá contar con un compoñente fixo, idéntico par tódolos grupos e outro variable, en función do número de membros de cada un deles, dentro dos límites que, no seu caso, se establezan con carácter xeral nas Leis de orzamentos Xerais do Estado e sen que poidan destinarse ó pago de remuneracións de persoal de calquer tipo ó servizo da Corporación ou á adquisición de bens que poidan constituir activos fixos de carácter patrimonial.

Os dereitos económicos e políticos dos membros non adscritos non poderán ser superiores ós que lles correspondesen de permanecer no grupo de procedencia. Esta previsión non será de aplicación no caso de candidaturas presentadas como coalición electoral, cando algún dos partidos políticos que a integren decida abandoala.

Os grupos políticos deberán levar unha contabilidade específica da dotación a que se refire o parágrafo segundo deste artigo e que poderán a disposición do Pleno da Corporación, sempre que este o pida.

Artigo 21. Voceiro.

Será voceiro de cada grupo municipal o que designe cada un no momento da súa constitución ou ben o que así sexa designado pola maioría de componentes da lista respectiva.

O grupo mixto poderá establecer un turno rotativo para o desempeño da función de voceiro, ou ben distribuirse entre os seus componentes o tempo que lle corresponda ó grupo.

O voceiro de cada grupo será o encargado de intervir, normalmente nas deliberación dos asuntos.

Artigo 22. Designación de membros en órganos necesarios ou complementarios.

Corresponde ós grupos políticos designar mediante escrito do seu Portavoz dirixido ó Presidente e nos termos previstos en cada caso no presente regulamento, a aqueles dos dos seus componentes que sexan representados nos órganos colexiados integrados por membros da Corporación pertencentes ós diversos grupos.

TÍTULO III.-ÓRGANOS DE GOBERNO

Artigo 23. órganos de goberno.

Pola aplicación do disposto na Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local na redacción dada pola Lei 57/2003, a organización necesaria do Concello configúrase do seguinte xeito:

a) O alcalde.

b) Os tenentes de alcalde.

c) A Xunta de Goberno Local.

d) O Pleno.

e) As Comisións informativas permanentes.

f) A Comisión especial de contas.

Ditos órganos, no marco das súas respectivas competencias, dirixen o Goberno e a Administración Local.

Artigo 24. Atribucións dos órganos.

As atribucións do alcalde, do Pleno, das Comisións do Pleno, da Xunta de Goberno Local, dos tenentes de alcalde e demais órganos necesarios son as que veñen determinadas na Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.

CAPÍTULO I.-O PLENO

CAPÍTULO II.-O ALCALDE

Artigo 66. Atribucións do alcalde.

O alcalde é o presidente da Corporación e ostenta as seguintes atribucións:

a) Dirixir o goberno e a administración municipal.

b) Representar ó Concello.

c) Convocar e presidir as sesións do Pleno, salvo os supostos previstos nesta Lei e na lexislación electoral xeral, da Xunta de Goberno Local, e de calquera outros órganos municipais cando asi se estableza na disposición legal ou regulamentaria, e decidir os empates con voto de calidade.

d) Dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obros municipais.

e) Ditar bandos.

f) O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento aprobado, dispoñer gastos dentro dos límites da súa competencia, concertar operacións, con exclusión das contempladas no artigo 158.5 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, sempre que aquelas estean previstas no orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios, salvo as de tesourería que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 por 100 dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, ordear pagos e rendir contas; todo isto de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais.

g) Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuir as retribucións complementarias que non sexan fixas e periodicas.

h) Desempeñar a xefatura superior de todo o persoal, e acordar o seu nomeamento e sancións, incluida a separación do servizo dos funcionarios da Corporación e o despedimento do persoal laboral, dando conta ó Pleno, nestes dous últimos casos, na primeira sesión que celebre. Esta atribución entenderase sin perxuízo do disposto nos artigos 99.1 e 3 desta Lei.

i) Exercer a xefatura da Policía Municipal.

j) As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ó Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

k) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do concello noutro órgano e, en caso de urxencia, en materias da competencia do Pleno, neste suposto dando conta do mesmo na primeira sesión que celebre para a súa ratificación.

l) A iniciativa para propor ó Pleno a declaración de lesividade en materias da competencia da Alcaldía.

m) Adoptar persoalmente, e baixo a súa responsabilidade, en caso de catástrofe ou de infortunios públicos ou grave risco dos mesmos, as medidas necesarias e adecuadas dando conta inmediata ó Pleno.

n) Sancionar as faltas de desobediencia á súa autoridade ou por infracción das ordenanzas municipais, salvo nos casos en que tal facultade estea atribuida a outros órganos.

ñ) As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recurso ordinarios do orzamento nin, en calquer caso, os seis millóns de euros incluídas as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida ós recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a cuantía sinalada. (Letra ñ) derogada por Lei 30/2007, de 30 de outubro. BOE 31-10-2007).

o) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa aprobación ou concesión e estean previstos no orzamento.

p) A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin os tres millóns de euros, así como a enaxanación do patrimonio que non supere a porcentaxe nin a contía indicadas nos seguintes supostos:

1.°. A de bens inmobles, sempre que estea prevista no orzamento.

2.°. A de bens mobles, salvo os declarados de valor histórico ou artístico cuxa enaxenación non se atope prevista no orzamento.

(Letra p) derogada por Lei 30/2007, de 30 de outubro. BOE 31-10-2007).

q) O outorgamento das licencias, salvo que as leis sectoriais o atribúan expresamente ó Pleno ou á Xunta de Goberno Local.

r) Ordear a publicación, execución e facer cumplir os acordos do Concello.

s) As demais que expresamente lle atribúan as leis e aque las que a lexislación do Estado ou das Comunidades Autónomas asignen ó municipio e non atribúan a outros órganos municipais.

2. Corresponde así mesmo ó alcalde o nomeamento dos tenentes de alcalde.

Artigo 67. Delegación da Alcaldía.

O alcalde pode delegar o exercicio das súas atribucións, salvo as de convocar e presidir as sesións do Pleno e da Xunta de Goberno Local, decidir os empates con voto de calidade, concertación de operacións de crédito, a xefatura superior de todo o persoal, a separación do servizo dos funcionarios e o despido do persoal laboral, e as enunciadas nos parágrafos a), e), j), k), l) e m) do apartado 1 deste artigo. Non obstante, poderá delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio das atribucións contempladas no parágrafo j).

CAPÍTULO III.-OS TENENTES DE ALCALDE

Artigo 68. Composición.

Son libremente nomeados e cesados polo alcalde entre os membros da Xunta de Goberno Local, mediante un decreto, do que se dará conta ó pleno na primeira sesión que celebre, e publicarase no Boletín Oficial da Provincia.

O número de tenentes de Alcalde non poderá exceder do número de membros da Xunta de Goberno Local. Correspóndelle ós tenentes de alcalde, pola orde do seu nomeamento, substituir accidentalmente ó alcalde na totalidade das súas funcións, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento.

CAPÍTULO IV.-A XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Artigo 69. Composición.

A Xunta de Goberno Local, órgano colexiado, está integrada polo Alcalde, que a preside, e un número de concellais non superior ó tercio do número legal de membros da Corporación.

O nomeamento e separación dos membros da Xunta de Goberno Local corrresponde libremente ó alcalde. Efectuarase por decreto do que se dará conta ó Pleno do Concello e publicarase no Boletín Oficial da Provincia.

O alcalde efectuará o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local dentro dos 30 días seguintes á constitución da Corporación, quedando formalizada a mesma a tódolos efectos.

Artigo 70. Atribucións

a) A asistencia permanente ó alcalde no exercicio das súas atribucións.

b) Exercer as atribucións que o alcalde expresamente lle delegue

c) Exercer as atribucións que o pleno expresamente lle delegue.

d) Exercer as atribucións que expresamente poidan conferirlle as normas legais.

Artigo 69. Composición.

A Xunta de Goberno Local, órgano colexiado, está integrada polo alcalde, que a preside, e un número de concellais non superior a un tercio do número legal de membros da Corporación.

q nomeamento e separación dos membros da Xunta de Goberno Local corresponde libremente ó alcalde. Efectuarase por decreto do que se dará conta ó Pleno do Concello e publicarase no Boletín Oficial da Provincia.

q alcalde efectuará o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local dentro dos 30 días seguintes á constitución da Corporación, quedando formalizada a mesma a todoso os efectos.

Artigo 70. Atribucións.

a) A asistencia permanente ó alcalde en exercicio das súas atribucións.

b) Exercer as atribucións que o alcalde expresamente lle delegue.

c) Exercer as atribucións que o Pleno expresamente lles delegue.

d) Exercer as atribucións que expresamente poidan conferirlle as normas legais.

Artigo 71. Réxime de funcionamento.

A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias os martes de cada mes ás 12 horas, e extraordinarias e urxentes cando sexan convocadas polo alcalde ou a instancia de polo menos unha cuarta parte do número legal dos seus compoñentes.

A convocatoria efectuarase polo alcalde, alomenos con vinte e catro horas antes da fixada para a súa celebración, salvo as extraordinarias urxentes, nas que antes de entrar en coñecemento dos asuntos incluídos na orde do día declamase a urxencia por acordo favorable da maioría dos seus membros.

As sesións da Xunta de Goberno Local non serán publicadas, sen perxuízo da publicidade e comunicación establecidas nas normas.

Para a súa válida constitución requírese a asistencia da maioría absoluta legal dos seus compoñentes, celebrándose en segunda convocatoria, de non existir quórum, unha hora despois da fixada para a primeira, sendo nesta caso suficiente a asistencia de tres dos seus membros.

Será presidida polo alcalde, que dirixirá e ordeará os debates.

Cando exerza competencias delegadas polo Pleno, será preceptivo o informe da Comisión informativa correspondente.

O alcalde pode requirir que asistan ás sesións outros membros da Corporación ou persoal de servizo do Concello, co obxecto de informar no relativo ó ámbito das súas actividades.

TÍTULO IV.-DA ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA DO CONCELLO E DO SEU FUNCIONAMENTO

Artigo 72. As Comisións informativas.

As Comisións informativas son órganos colexiados complementarios dos órganos de goberno, sen atribucións resolutorias, que teñen por función o estado, consulta e informe preceptivo e non vinculante, con carácter exclusivo dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno.

Poden ser permanentes ou especiais. As primeiras constitúense con carácter xeral, e o seu número e denominación decidirase por acordo plenario a proposto do alcalde. As especiais son aquelas que o Pleno pode constituir para un asunto concreto, extinguíndose automaticamente unha vez que ditaminasen ou informasen sobre o asunto que se constituiu ó obxecto.

Estarán integradas exclusivamente por membros da Corporación e presididas polo alcalde, podendo este delegar a presidencia efectiva en calquer membro da mesma.

Cada Comisión estará integrada de forma que a súa composición se acomode á proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos representados en Corporación.

A adscripción da representación de cada grupo realizarase mediante proposta do seu voceiro, en escrito dirixido ó alcalde, do que se dará conta ó Pleno. Poderá designarse un suplente para cada un dos membros titulares. As súas convocatorias e sesións axustaranse ó réxime previsto para o Pleno da Corporación.

Artigo 73. A Comisión Especial de Contas.

É a Comisión informativa de existencia preceptiva á que lle corresponde ó exame, estudo e informe dos estados e contas anuais que comprenderán todas as operacións orzamentarías, independentes e auxiliares patrimoniais e de tesourería levadas a cabo durante cada exercicio, nos termos do disposto na Lei reguladora das facendas locais, texto refundido aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

Para o exercicio adecuado das súas funcións, a Comisión poderá requirir, por medio do alcalde, a documentación complementaria que considere precisa e a presenza dos membros e funcionarios da Corporación especialmente relacionados coas contas que se analicen.

Artigo 74. Os concellais delegados.

Son aqueles que ostentan algunha das delegacións de atribucións do alcalde previstas nos números 3, 4 e 5 do artigo 43 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, que se determinarán en decreto de delegación.

TÍTULO V.-ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN

Artigo 75. Honores e distincións.

Os membros da Corporación Municipal gozan, dos honores, prerrogativas e distincións propias do cargo que se establezan polas Leis do Estado ou da Comunidade Autónoma, e están obligados ó cumprimento dos deberes e obrigas inherentes a aquel.

Artígo 76. Dereito e deber de asistencia.

Os membros da Corporación terán o dereito e a obriga de asistir a tódalas sesións do Pleno e das Comisións das que formen parte, salvo causa xustificada que llo impida e que deberán comunicar coa antelación suficiente ó presidente do órgano correspondente.

Artigo 77. Réxime retributivo.

Os membros da Corporación terán dereito a percibir retribucións polo exercicio dos seus cargos cando os desempeñen coa dedicación parcial ou exclusiva, en cuxo caso serán dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, asumindo a Corporación o pago das cuotas empresariais correspondentes.

Así mesmo os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva percibirán asistencias por concurrencia efectiva a sesións dos órganos colexiados dos que formen parte.

Artigo 78. Abstencións e recusacións.

No exercicio dos seus cargos, os membros da Corporación observarán, en todo momento, as normas sobre incompatibilidades establecidas no ordeamento vixente e absteranse de participar na deliberación, votación, decisión e execución de calquer asunto se concorren nel algunhas das causas a que ser refire a lexislación sobre procedemento administrativo e contratos das Administraciós públicas.

A actuación dos membros da Corporación no que concorran as mencionadas causas comportará, se foi determinante, a invalidez dos actos en que interviron.

Artigo 79. Responsabilidade.

Os membros da Corporación están suxeitos a responsabilidade civil e penal polos actos e omisión realizados no exercicio do seu cargo. As responsabilidades esixiranse ante os tribunais de xustiza competentes e tramitaranse polo procedemento ordinario aplicable.

Son responsables dos acordo da Corporación os membros da mesma que os votasen favorablemente.

A Corporación municipal poderá esixir a responsabilidade dos seus membros cando por dolo ou culpa grave causen danos e perxuízos á propia Corporación ou a terceiros, se estes tivesen que ser indemnizados por aquela. O presidente da Corporación poderá sancionar con multa ós membros da mesma por falta non xustificada de asistencia ás sesións ou por incumprimento reiterado das súas obrigas, nos termos que legalemente se establecen.

Artigo 80. Deber de reserva e sixilo.

Todos os membros da Corporación teñen a obriga de gardar reserva e sixilo en relación coas informacións que se lles faciliten para facer posible o desenvolvemento das súas funcións, singularmente das que servirán de antecedentes para decisións que aínda se atopen pendentes de adopción, así como para evitar a reproducción da documentos que poidan facilitárselle para o seu estudo.

Artigo 81. Dereito á información.

Todos os membros da Corporación teñen dereito a obter do alcalde cantos antecedentes, datos ou información obren en poder dos servizos da Corporación e lle resulten precisos para o desenvolvemento da súa función. A solicitude de exercicio do dereito recollido no parágrafo anterior haberá de ser resolto motivadamente nos cinco días naturales seguintes ó que se presentaran. Se non ditase resolución expresa denegatoria a solicitude entenderase concedida ou estimada por silencio administrativo.

Os servizos da Corporación facilitarán directamente información ós membros da Corporación nos seguintes casos:

a) Cando se trate do acceso dos membros da Corporación que ostenten delegacíósn ou responsabilidades de xestión á información das mesmas.

b) Cando se trate do acceso de calquer membro da Corporación á información e documentación correspondente ós asuntos que deban ser tratados polos órganos colexiados de que formen parte, así coma as resolucións ou acordos adoptados por calquer órgano da Corporación.

c) Cando se trate do acceso de membros da Corporación á información ou documentación da entidade local que sexa de libre acceso para os cidadáns.

Artigo 82. Rexistro de Intereses.

Todos os membros da Corporación formularán declaraciós sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquer actividade que lles proporcione ou poída proporcionar ingresos económicos.

Formularán asímesmo declaración dos seus bens patrimoniais.

Ambas declaracións, efectuadas nos modelos aprobados polo Pleno da Corporación, levaranse a cabo antes da toma de posesión, con ocasión do cese e cando se produzan variacións ó longo do mandato. Neste caso o termo para comunicar a variación ou variacións será dun mes a contar dende o día en que se produciran. Tales declaración inscribiranse nun Rexistro de interes.

A custodia e dirección do Rexistro corresponde ó Secretario.

O Rexistro sobre causas de posible incompatibilidade e de actividades terá carácter público.

Para o acceso ós datos contidos no Rexistro de Intereses será preciso acreditar a condición legal de interesado lexítimo directo, con arreglo á lexislación autonómica ou estatal aplicable.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA

Queda derogado o Regulamento Orgánico muncipal publicado no BOP n.° 193, de 23 de agosto de 2002.

DISPOSICIÓN FINAL

ÚNICA.-Entrada en vigor

O presente Regulamento entrará en vigor ós quince días da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia.