Cee - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por depósito, carga e transporte de madeira e outros materiais

Publicación provisional: 13/12/2008 BOP Nº: 286
Publicación definitiva: 11/02/2009 BOP Nº: 34
Aplicable dende: 20/08/2009

Artigo 1.

A presente Ordenanza será aplicable á realización das operacións de depósito, carga e transporte en vehículos con peso máximo autorizado superior ás 10 Tm de madeira procedente de tala e de outros materiais.

Artigo 2. Licenza obrigatoria e temporal.

2.1 A realización das actividades descritas no artigo anterior dentro do termo municipal de Cee estará sometida a licenza.

2.2 A licenza terá carácter anual e deberá ser renovada antes de que termine o período de vixencia.

Artigo 3. Rexistro

As persoas físicas ou xurídicas que realicen tal actividade deberán inscribirse nun rexistro establecido a tal efecto no que se farán constar, como mínimo, a identificación do titular da explotación, a razón social, o número de identificación fiscal e os vehículos adscritos á actividade, con indicación da marca, modelo, características do carrozado, matrícula e peso máximo autorizado.

Artigo 4. Prohibicións

4.1 Os depósitos de restos de madeira, restos de poda ou ramas non poderán invadir a zona de circulación de vehículos ou de persoas. Tampouco poderán menoscabar a funcionalidade de cunetas, gabias, canalizacións, pontes ou calquera outro paso de auga, infraestructuras auxiliares ou anexas ós viais, nin supor resgos para os usuarios das vías.

4.2 Prohíbese o depósito dos residuos procedentes de operacións reguladas na presente Ordenanza en lugares non autorizados expresamente para eso.

Artigo 5. Obrigas

5.1 As persoas que realizan as actividades de depósito, carga e transporte de madeira e outros materiais, verán obrigadas á reparación inmediata do deterioro producido nos viais ou nas infraestructuras anexas, así como a retirada dos restos procedentes das operacións de carga ou almacenamento. A tal efecto e, independentemente da taxa que se fixa na disposición adicional os beneficiarios da licenza deberán presentar xustificantes de ter depositada fianza por calquera dos medios legalmente previstos no Ordenamento, polos importes que se fixan no apartado seguinte co obxecto de garantir o debido cumprimento desta obriga.

5.2 Establécense dúas categorías ós efectos da fixación da fianza:

Vehículos con peso máximo autorizado entre 10 y 16 Tm: 1.803,04€

Vehículos con peso máximo autorizado superior a 16 Tm: 3.606,07€

5.3 Unha vez rematados os traballos o solicitante virá obrigado a comunicar á Administración a realización dos mesmos e poderá solicitar a devolución da fianza. Unha vez comprobado a inexistencia de danos causados emitirase informe técnico no que se acredite o estado final da área na que se realizaron os traballos e proporá a devolución ou non da mesma. O alcalde será o órgano competente para a devolución ou incautación da garantía.

Artigo 6.- Potestades da administración

Transcorrido un prazo de sete días dende que se teña coñecemento por parte desta Administración da producción dos danos ou da acumulación de restos e previo o debido requirimento o Concello poderá realizar con cargo á fianza as operacións de arranxo, acondicionamento ou retirada de restos, sen prexuízo da sanción que proceda e de exercer as accións oportunas para resarcirse dos costes se non foran totalmente cubertos co importe da fianza.

Artigo 7. Réxime Sancionador.

Constitúen infraccións administrativas as accións ou omisións que comporten un incumprimento das obrigas, prohibicións ou requisitos que establece este regulamento.

Artigo 8. Responsabilidade

Son responsables das infraccións administrativas as persoas físicas ou xurídicas que as cometan como autores ou coautores.

Artigo 9.- Clasificación das infraccións e sancións.

9.1 As infraccións administrativas desta Ordenanza clasifícanse en leves, graves e moi graves.

9.2 As infraccións administrativas serán sancionadas con multa nas seguintes cuantías:

a) As leves: de 30 a 90€

b) As graves: de 90 a 150€

c) As moi graves: de 150 a 300€

9.3 Para a clasificación das infraccións e a determinación da cuantía da sanción , terase en conta as seguintes circunstancias:

a) a existencia de intencionalidade ou reiteración.

b) A natureza dos danos causados.

c) A reincidencia derivada da comisión no prazo de un ano de mais dunha infracción da mesma natureza.

d) A capacidade económica do infractor.

e) A transcendencia social da infracción.

Artigo 10.- Competencia.

A competencia para a iniciación e resolución dos expedientes correspóndelle ó Alcalde.

Artigo 11. Infraccións moi graves.

Constitúen infraccións moi graves:

a) A realización das actividades sinaladas no artigo primeiro desta ordenanza sen obter previamente a licenza.

b) A realización de tales actividades sen o previo depósito da fianza no importe que corresponda.

c) Non comunicar ó Concello a producción de danos ocasionados ou o depósito de materiais.

d) Non proceder á reparación e/ ou limpeza dentro do prazo sinalado de sete días.

Artigo 12. Infraccións graves.

Constitúen infraccións graves:

a) Non inscribirse no Rexistro que, a tal efecto se crea no Concello.

b) Non facilitar ou falsear os datos que se esixen no artigo segundo desta Ordenanza.

Artigo 13. Infraccións leves

Constitúen infraccións leves calquera acción ou omisión que infrinxa as disposicións desta Ordenanza e non estea tipificada como grave ou moi grave.

Artigo 14. Anulación de licenza.

En todo caso, o incumprimento reiterado ou a falla de pago nas cantidades adebedadas en concepto dos preceptos establecidos na presente Ordenanza, unha vez exista resolución firme, suporá a anulación da licenza e polo tanto a baixa automática de tódolos vehículos amparados por ela no Rexistro, prohibíndose ós responsables a realización das actividades descritas no artigo primeiro no termo municipal de Cee.

Artigo 15. Efectos da anulación da licenza.

15.1 A anulación da licencia implicaría a non concesión da nova licenza durante un período mínimo dun ano a contar dende a data en que exista resolución firme.

15.2 Unha segunda anulación de licencia suporía a non concesión da renovación ou a nova licenza da actividade da persoa física ou xurídica titular da mesma.

Artigo 16. Imposibilidade de renovar a licenza.

Non se concederá nova licencia, renovación ou notas anotacións no Rexistro de vehículos ou persoal físicas ou xurídicas incursas en causa de anulación ou que manteñan débedas derivadas de expediente de tramitación ou sanción aberto en cumprimento dos preceptos da presente Ordenanza hasta o termo do expediente e/ou liquidación dos importes pendentes.

Disposición Adicional.

Establécense a efectos de trámite de licencia e rexistro de vehículos, as seguintes taxas:

Por tramitación de nova licencia ou renovación: 18€

Por tramitación de novos rexistros de vehículos: 9€

Por cada rexistro de vehículos en nova licencia ou novos rexistros de vehículos:

Peso máximo autorizado entre 10 e 16Tm: 6 euros por unidade.

Peso máximo autorizado superior a 16Tm: 9 euros por unidade.

Esta taxa poderá esixirse por autoliquidación polo que no momento da presentación da solicitude de licenza debe acreditarse o pago da taxa segundo modelo que se facilitará o respecto. Dita cantidade terá o carácter de depósito previo ata a concesión definitiva da licenza ou denegación. No primeiro caso xa terá carácter de taxa e non segundo pode solicitarse a súa devolución mediante escrito, copia da resolución denegatoria e copia do pago realizado.

A revisión das taxas realizarase mediante ordenanza fiscal específica.

Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP e de acordo do disposto no artigo 17 do RDL 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais .Permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.