Cambre - Acordo regulador núm. 3, do prezo público por actividades deportivas
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello estabelece o prezo público por actividades deportivas municipais regulado polo presente acordo
Artigo 2.º.-Concepto.
Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades deportivas municipais.
Artigo 3.º.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado nesta ordenanza, quen se beneficien das actividades realizadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 4.º.-Contía.
1. A contía do prezo público, determinarase aplicando as seguintes tarifas:
Epígrafe 1. Servizo de escolas deportivas municipais. Tarifas:
Concepto | Tarifa mensual (€) | |
1.1 | Ximnasia de mantemento de adultos | 14,50 |
1.2 | Ximnasia de mantemento de adultos en centros deportivos | 14,50 |
1.3 | Escola deportiva de judo | 13,00 |
1.4 | Escola deportiva de patinaxe artística | 13,00 |
1.5 | Escola deportiva de tenis (perfeccionamento) | 15,50 |
1.6 | Outras escolas deportivas (2 horas semanais) | 13,00 |
1.7 | Outras escolas deportivas (3 horas semanais) | 16,00 |
1.8 | Outras escolas deportivas (4,5 horas semanais) | 18,00 |
Epígrafe 2. Plan de promoción deportiva. Tarifas:
Concepto | Tarifa/curso (€) | |
2.1 | Escolas de promoción deportiva | 27,51 |
2.2 | Cursos de iniciación á equitación de 20 horas | 109,20 |
2.3 | Cursos de ata 15 horas | 40,95 |
2.4 | Cursos de ata 30 horas | 81,90 |
2.5 | Cursos de formación de técnicos deportivos. Cursos realizados en colaboración con outras administracións, federacións deportivas: | |
2.5.1 Ata 50 horas | 150,00 | |
2.5.2 Ata 100 horas | 218,00 | |
2.5.3 Ata 200 horas | 286,00 |
Epígrafe 3. Actividades de verán. Tarifas:
Concepto | Tarifa/curso (€) | |
3.1 | Tenis | 24,20 |
3.2 | Escalada | 17,10 |
3.3 | Kick-boxing | 17,10 |
3.4 | Ximnasia mantemento | 17,10 |
3.5 | Tai-chi | 17,10 |
3.6 | Wind-surf/vela | 72,10 |
3.7 | Piragüismo | 34,20 |
3.8 | Iniciación atletismo | 53,50 |
3.9 | Iniciación á equitación | 23,20 |
3.10 | Outros cursos de ata 20 horas | 17,10 |
3.11 | Outros cursos, por cada 10 horas máis do fixado no 3.10 | 7,00 |
3.12 | Campamento Urbano 15 días | 75,00 |
3.13 | Campamento Urbano 1 mes | 150,00 |
Sen prexuízo do disposto neste artigo, a contía do prezo público será a que fixe, en cada caso, o Pleno da Corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.
O Pleno da Corporación ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local de acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo poderá fixar prezos públicos que non cubran o custe do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato estabelecido na Constitución española de fomento da educación física e o deporte , así como a adecuada utilización do ocio (artigo 43.3).
2. Reducións.
A contía dos prezos públicos aos que se refire este acordo, verase reducida na porcentaxe que se sinala en cada un dos supostos seguintes:
a) As persoas que acrediten formar familia numerosa, o 50% da cota en cada actividade.
b) Cando se inscriban, polo menos, tres participantes dunha mesma unidade familiar nun mesmo programa deportivo aplicarase o desconto do 50% ás cotas correspondentes ós menores integrantes dela.
c) As persoas con 55 anos ou máis, o 25% da cota.
d) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, ou ben no caso dos menores de idade cando ambos proxenitores ou o titor do participante o acrediten, así como as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre, terán unha bonificación do 30% da cota. Para acreditar a dita situación, deberase entregar xunto coa solicitude copia da tarxeta do paro actualizada.
e) Os posuidores do ¿carné xove" ou ¿carné propio da omix", terán unha bonificación do 20% da cota. Para obter a dita bonificación deberase entregar xunto coa solicitude copia do ¿carné xove", ou ¿carné propio da omix".
f) As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ao respecto, o 100% da cota.
g) Terán unha bonificación do 100%, sen limitación de renda, as persoas de 65 anos ou máis inscritas na actividade de ximnasia de mantemento, bonificación que se aplicará tamén aos viúvos/-as, coa limitación do espazo físico da aula.
3. As reducións reguladas no apartado anterior, só serán de aplicación a aquelas persoas que figuren empadroadas no municipio de Cambre excepto para os posuidores do ¿carne xove" e membros do voluntariado de Cambre.
En caso de ter dereito a máis dunha redución, só se aplicará a maior delas. En caso de que unha das reducións aplicables o sexa por ser a persoa pertencente o Voluntariado de Cambre, á maior delas aplicaráselle unha bonificación acumulable do 10%.
4. Os veciños doutros municipios terán un suplemento do 50% nas tarifas das escolas deportivas municipais e plan de promoción deportiva.
Artigo 5.º.-Obriga do pagamento.
1. A obriga do pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben se esixe o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do Real decreto lexislativo 2/2004.
2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase previamente á autorización mediante domiciliación bancaria, que será obrigatoria.
3. No suposto de que por causas non imputables ao interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase á devolución do depósito constituído.
Artigo 6.º.-Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.