Pontedeume - Regulamento de utilización da Piscina Municipal do Concello de Pontedeume

Publicación provisional: 12/06/2002 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 12/06/2002 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 12/06/2002

CAP.I. ASUNCIÓN DO SERVICIO.

1º.- De conformidade co previsto nos arts 4 da Lei 7/1985, 106 do RD Lexislativo 781/1986, 30 e 33 do Dto de 17.06.1955 polo que se aproba o Regulamento de Servicios das Corporacións Locais, e 155.2 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (TRLCAP), polo Concello de Pontedeume establécese o seguinte Regulamento de utilización da Piscina Municipal do Concello de Pontedeume, co fin de determina-lo seu réximen Xurídico básico de acordo cos sinalados preceptos.

2º.- O servicio público sinalado asúmese expresamente como propio desta Administración, á luz da atribución de competencias prevista no apartado 2 m) da Lei 7/1985, de 2 de abril e artigo 80.2 n) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, baixo o título "instalacións culturais e deportivas".

3º.- A prestación deste servicio desenvolverase de conformidade co disposto na Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, que regula a intervención dos organismos competentes en actividades públicas ou privadas que directa ou indirectamente poidan ter consecuencias negativas para a saúde,mediante as correspondentes limitacións preventivas de carácter administrativo, e os Decretos 53/1989, do 9 de marzo; 173/1992, do 18 de xuño, e 122/1995, do 20 de abril, da Xunta de Galicia, que establecen as normas obrigatorias que regulan o control sanitario das piscinas de uso colectivo.

CAP.II. MODALIDADES DE PRESTACIÓN.

4º.- O servicio prestarase en calquera das modalidades previstas na lexislación vixente, ben sexa mediante xestión directa (art. 85.3 da Lei 7/1985), indirecta (art. 85.4 da anterior Lei, en relación co 156 do TRLCAP), ou consorcio (art. 87 Lei 7/1985), de acordo coa modalidade que en cada momento se determine polo Pleno Corporativo.

CAP.III. ÁMBITO DE APLICACIÓN.

5º.- O eido obxectivo do presente Regulamento está constituido polo conxunto de instalacións integrantes ou anexas á Piscina cuberta climatizada de titularidade municipal que aparezcan inscritas como tales no Inventario de Bens deste Concello, ou que de feito se destinen á prestación do servicio.

O seu ámbito subxectivo abarcará a toda aquela persona que, mediante o pago dunha taxa asuma unha relación especial co Concello, adquirindo o dereito ó uso das instalacións de conformidade e co cumprimiento dos deberes establecidos no presente Regulamento.

CAP.IV. RÉXIME BÁSICO

6º.- Obxecto.-

Formúlase o presente regulamento coa finalidade de ordear a utilización da piscina municipal e dependencias anexas, destinadas ó servicio público, e co obxectivo de formular un conxunto de normas encamiñadas á planificación das actividades deportivas dentro da Piscina Municipal e demáis instalacións complementarias da mesma, coa fin de acada-los seguintes obxectivos:

* Utilización racional e ordenada das citadas instalacións deportivas municipais, garantindo á cidadanía, en condicións de igualdade, o acceso ás mesmas.

* O aproveitamento integral dos recursos dispoñibles, tanto materiais coma humanos.

* A coordinación dos esforzos e actividades no ámbito deportivo.

7º.- Normativa reguladora. Definicións

Defínese como ¿piscina" como toda instalación que supoña a existencia de un ou mías vasos artificiais destinados a cointer auga oara ser utilizados para o baño colectivo, natación así como os equipamentos necesarios para a práctica desta actividade. A piscina municipal de Pontedeume é de uso colectivo, cuerta e climatizada.

A instalación deberá adaptarse en todo momento ás normas que regulen o control sanitario das piscinas e o seu tratamento, instalación e demáis extremos relacionados con esta actividade e, en especial, as contidas no Decreto núm. 53/1989, do 9 de marzo, da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento Sanitario de Piscinas de uso colectivo, modificado polo Decreto 173/1992, do 18 de xuño, e polo Decreto 122/1995, do 20 de abril, ou no seu caso calquera modificación do mesmo, que se produxese.

Ós efectos previstos neste Regulamento aplicaranse as definicións contempladas no devandito Decreto 53/1989, do 9 de marzo.

8º.- Condición de abonado. Clases de abonados.

1.- Para adquirir a condición de ABONADO nas instalacións da Piscina Cuberta Climatizada do Concello de Pontedeume é necesario:

a) Cubrir o boletín de inscripción, no modelo que no seu momento se determinne.

b) Fotocopia do D.N.I. do titular.

c) Fotocopia do Libro de Familia (no caso de abonado familiar).

d) Abonar o importe corespondente á cota de entrada sinalada na correspondente Ordenanza fiscal.

Aquelas persoas que houbesen ostentado a condición de abonados, causando baixa, e desexen novamente formalizar a súa inscripción de abonados deberán estar ó corrente do pago das súas cotas mensuais para poder formalizar a nova inscripción.

2.- A condición de abonado da dereito á utilización da piscina, zona relax e ximnasio durante todo o horario de funcionamento da instalación.

3.- Enténdese por abonado familiar, o responsable da unidade familiar que pode incluir ó conxuxe e fillos menores de 18 anos e que fan uso das instalacións sen limitación horaria nin de días. Os fillos/as ó cumprir os 18 anos de idade deberán inscribirse nunha das categorías individuais reguladas na correspondente Ordenanza fiscal, sen ter que aboar a cota de entrada.

As familias numerosas terán un desconto do 15% da tarifa establecida para o abono.

4.- Enténdese por abonado da terceira idade, a persoa maior de 65 anos ou menores de 65 anos que sexan pensionistas, que poidan facer uso das instalacións deportivas da piscina municipal, sen limitación de horario nin de días.

5.- Enténdese por abonado con minusvalía, cando a discapacidade sexa superior ó 33%, segundo certificación ó efecto expedida pola Consellería de Servicios Sociais.

6.- Practicarase un desconto á terceira idade, que será do 25% da tarifa establecida para abono e cursos, a membros deste colectivo cuns ingresos brutos anuais inferiores a 12.000 euros, cando se faga uso das instalacións en horario reducido, que se fixa de 11:00 a 15:00 horas.

Esta mesma bonificación, nas mesmas condicións, se establece para colectivos desfavorecidos, nos que se inclúen as persoas con minusvalía.

7.- As tarifas que se fixen na Ordenanza Fiscal para Cursos, tanto de carácter xeral ou especial, terán para os abonados, unha reducción do 33% frente ós non abonados.

9º. Cota de entrada e cotas mensuais.

1.- Ó formalizarse a inscripción como Abonado farase efectiva a cantidade correspondiente á COTA DE ENTRADA. A duración desta cuota, de carácter irrecuperable, será desde a data de formalización da inscripción ata a data na que o abonado cause baixa.

2.- As cotas MENSUAIS serán as fixadas na Ordenanza Fiscal correspondente. O pago das mesmas realizarase de conformidade co disposto na devanadita Ordenanza Fiscal.

3.- O impago das cotas mensuais ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina. Acumulados TRES recibos pendentes de cobro, será motivo de baixa automática como abonado e causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.

4.- Co fin de axilizar os trámites administrativos, sempre que un abonado desexe realizar cambios nos seus datos persoais (Dirección, teléfono,...) o ben nos seus datos bancarios, deberá notificalo persoalmente ou por escrito nas oficinas de gestión da Piscina Municipal de Pontedeume.

5.- Sempre que un abonado desexe causar baixa das instalacións, deberá comunicalo persoalmente ou por escrito nas oficinas de gestión da Piscina Municipal de Pontedeume, adxuntando o carnet acreditativo de abonado e sempre na primeira quincena do mes anterior ó que desexe causar baixa.

6.- Nos casos de cursos impartidos na piscina municipal, deberase aboar a cota que se fixe na correspondente Ordenanza fiscal, no momento de inscripción no mesmo, sendo as cotas irreducibles por dito período

10.- Acceso ás instalacións e actividades.

1.-Para acceder ás instalacións e asistir ás correspondentes actividades, será imprescindible a presentación do carnet/tarxeta de abonado. Os abonados están obrigados a presentar o seu carnet/tarxeta sempre que se llo requiera o persoal da instalación.

2.- O carnet/ tarxeta é persoal e intrasferible, só pódese utilizar polo seu titular.

3.- No caso de que se presenten dudas sobre a identidade do portador do carnet /tarxeta, e a requerimento do persoal da instalación, éste deberá identificarse co documento acreditativo (D.N.I., Pasaporte ou similar).

4.- No caso de extravío do carnet /tarxeta de abonado, se deberá comunicar inmediatamente nas Oficinas de Xestión das Instalacións, onde se emitirá un novo carnet/tarxeta, previo pago de 3,00 Euros, e entrega de unha/s fotografía/s tamaño carnet, se procede.

5.- Pola substitución, por calquera motivo do carnet/ tarxeta de abonado, dará lugar á obriga de pago de 3,00 euros.

11º.- Condición de usuario non abonado.

1.- Considerase usuario da piscina, calquera persoa, que previo pago da entrada libre correspondente, utilice as instalacións deportivas da Piscina Municipal de Pontedeume, o día de abono da entrada e sen límite de tempo.

2.- A entrada libre da dereito ó usuario á utilización da piscina, zona relax e ximnasio durante todo o horario de funcionamento da instalación.

3.- Para acceder ás instalacións, é imprescindible adquirir a entrada correspondente no momento de entrar nas instalacións.

4.- O precio das entradas é o fixado na correspondente Ordenanza Fiscal.

CAP.V. NORMAS DE USO

12º.- Dereito de uso

1. Toda a cidadanía ten dereito a acceder e a usa-las instalacións deportivas municipais en condicións de igualdade, con suxeición ós principios democráticos de convivencia, ás normas que contén o presente regulamento e ás instruccións que na súa execución dicten as autoridades municipais e os funcionarios encargados da xestión do servicio.

2. O dereito de uso tamén se axustará ás condicións da autorización municipal e ós horarios aprobados regulamentariamente.

3. A entrada ós actos deportivos puntuais que se organicen nas instlacións da Pisicina Municipal, e que esixa o pagamento dunha entrada necesitará a previa autorización expresa e escrita da Alcaldía. No caso de tratarse de actos ou actuacións extradeportivas por sociedades, partidos políticos ou outros espectáculos artísticos de índole non deportiva, serán resoltos pola Alcaldía, que en todo caso poderá recabar os informes correspondentes do Servicio Municipal de Deportes. Dita resolución sobre a procedencia ou improcedencia de concede-la autorización para usa-las instalacións, será notificada ós interesados e ós servicios encargados da súa execución.

4. Calquera usuario/a ten dereito a formula-las reclamacións e suxestións que estime pertinentes perante os encargados da xestión do Servicio ou por escrito perante a Alcaldía. Para este fin, existirán follas de reclamacións a disposición dos usuarios.

13º.- Deberes e responsabilidades dos/as usuarios/as.

1. Os/as usuarios/as teñen a obriga de colaborar no mantemento das debidas condicións de limpeza e hixiene das instalacións e deben respecta-las normas sobre o uso axeitado do equipamento e mobles doas instalacións deportivas obxecto da presente ordenanza conforme as normas que contén o presente regulamento e ás instruccións que na súa execución dicten as autoridades municipais e os funcionarios encargados da xestión do servicio.

2. As avarías, danos ou perdas que se xeren no material ou nas instalacións coma consecuencia da desaxeitada ou neglixente utilización darán lugar á responsabilidade por parte do seu autor ou autores, que lles será esixida polo Concello de conformidade co procedemento legal e regulamentariamente establecido. Todo iso sen prexuízo da sanción administrativa que proceda.

3.- O Concello de Pontedeume e a empresa adxudicataria do servicio non se farán responsables, en ningún caso, dos obxectos perdidos, abandonados, ou subtraídos nas instalacións.

14º.- Prohibicións.

1. Non se autoriza a entrada de animais nas instalacións deportivas.

2. Está prohibido o consumo de calquera tipo de bebidas ou de comidas na zona de praia reservada a bañistas.

3.- Está prohibido fumar en todo o recinto das instalacións deportivas,agás na cafetería.

4.- Está prohibido entrar na zona de baño vestidos con roupa ou calzado de calle. O público, espectadores visitantes e/ou acompañantes frecuentarán únicamente os locais e áreas reservados ós mesmos, empregando para elo os accesos específicos.

5.- Os acompañantes dos abonados teñen prohibida a entrada ós vestuarios e zonas de praia de piscina, así como as persoas non participantes nas actividades deportivas que se desenrolan.

6.- Prohíbese abandoar desperdicios dentro do recito da instalación debendo empregarse as papelerias ou outros recipientes destinados ó efecto.

6. Todo usuario ou usuaria que manifeste un comportamento contrario á normativa do presente regulamento, será obrigado a abandona-la instalación.

15º.- Uso dos vestiarios.

1.- Os vestiarios deben manterse en correctas condicións hixiénicas de utilización.

2.- Está totalmente prohibido fumar dentro dos vestiarios.

3.- É obrigatorio o uso de chancletas para ducharse e circular polos vestiarios.

4.- Está totalmente prohibido realizar accións hixiénicas como afeitarse, depilarse ou tinguirse.

5.- Os armarios deben deixarse valeiras despois do seu uso. As chaves dos armarios non poderán saír das instalacións en ningún caso.

16º.- Uso das Piscinas

1.- É obrigatorio, por motivos hixiénicos, o uso de zapatillas de auga e gorros de baño, e se recomenda o uso de gafas protectoras.

2.- É obrigatorio ducharse antes da inmersión na auga do vaso, estando prohibido acceder ó mesmo con aceites e/ou cremas.

3.- Está prohíbida a entrada vestido e con calzado da rúa na zona de praia.

4.- Os usuarios deberán respetar os espacios reservados para eles, cando se impartan cursos na piscina.

5.- Prohibido ouriñar e cuspir na piscina.

6.- O número máximo de usuarios no vaso, segundo o establecido no Decreto 53/1989, de 9 de marzo, Consellería de Sanidade, polo que se aproba Regulamento sanitario de piscinas de uso colectivo, e as súas modificacións, en función da superficie de lámina de auga, segundo consta na documentación técnica da istalación deportiva ascende a 104 persoas.

7.- No horario de baño libre, os/as nenos/as menores de 14 anos, deberán ir acompañados por un adulto.

8.- Non está permitido o emprego de colchonetas, flotadores, gafas de cristal, ou calquera elemento que, a xuízo dos responsables da seguridade do vaso, poidan supoñer algún risco para o resto de usuarios. Na piscina haberá material auxiliar -táboas, manguitos,...- que poderán ser empregados por calquera abonado, o cal o solicitará ó monitor e/ou ó socorrista, quedando a criterio deste a conveniencia do seu uso.

9.- Prohíbese saltar á auga de cabeza, desde os laterais ou sentarse nas corcheiras. Tampouco está permitido ningún tipo de xogo ou actividade que comporten saltar, empuxar, etc. O socorrista poderá obrigar a abandoar o vaso a todas aquelas persoas que non respeten esta norma.

10.- Cada usuario debe respecta-la estaxe indicada polo socorrista, determinada segundo o seu nivel.

11.- Para evitar riscos sanitarios está prohibida a entrada na zona reservada ós bañistas, daquelas persoas que padezan enfermidades cutáneas ou doutro tipo que pola súa natureza se poidan contaxiar a través da auga.

17º.- Uso da sala de relax e ximnasio.

1.- Non está permitida a entrada a menores de 18 anos.

2.- Por motivos hixiénicos é obrigatorio levar unha toalla para realiza-los exercicios nos distintos aparatos e bancos.

3.-Toda persoa que utilice o material de musculación por primeira vez deberá poñerse en contacto co monitor da sala, para realizar previamente a ficha de seguemento.

4.- É obrigatoria a utilización de calzado axeitado na sala de relax e ximnasio. Non se pode acceder á sala co mesmo calzado que se utilice para acceder dende o exterior.

5.- O usuario debe respecta-lo material da sala e recollelo unha vez remate o seu uso.

18º.- Uso das saunas.

1.- Non está permitida a entrada a menores de 18 anos.

2.- É obrigatorio ducharse antes de entrar na sauna.

3.- Gafas, lentes de contacto e obxectos metálicos deben retirarse antes de entrar na sauna.

4. No poderán facer uso da sauna aquelas persoas que padezan problemas de hipertensión ou cardiopatías graves.

5.- En todo momento deberá respectarse o aforo máximo.

6.- Está totalmente prohibida a manipulación dos botóns de control da sauna.

CAP.VI. POTESTADES DO CONCELLO

19º.- Potestades do Concello de Pontedeume.

A fin de garantir a axeitada utilización das instalacións comprendidas no presente Regulamento, o Concello disporá das seguintes potestades:

1.- Esixi-lo pagamento da taxa correspondente para permiti-lo acceso as instalacións.

2.- Obrigar ó cumprimento dos deberes sinalados nos artigos 13 a 18 do presente Regulamento, poidendo proceder ó desaloxo do ususario en caso contrario e nos supostos extremos.

Estas medidas poderán facerse efectivas por mediación do xestor do servicio, ou a través dos medios previstos na Lei 30/1992 para a executoriedade dos actos administrativos e no RD 1372/1986 para a defensa dos bens das entidades locais.

CAP VII. RÉXIME SANCIONADOR. INCUMPRIMENTOS

20º.- Faltas.

Consideraranse faltas leves as seguintes conductas:

a) A desobediencia das instruccións e advertencias que o persoal das instalacións determine co fin de cumpri-lo presente regulamento, en especial os artigos referentes ó comportamento dos usuarios e a utilización das instalacións.

b) As accións que causen desperfectos nas instalacións ou equipamento.

Consideraranse faltas graves as seguintes conductas:

a) A falta de respecto cos traballadores das instalacións ou demais usuarios.

b) As accións que impliquen deterioro grave das instalacións ou equipamento.

c) A reiteración de faltas leves.

Consideraranse faltas moi graves:

a) As accións que prexudiquen gravemente ou supoñan riscos para a saúde dos usuarios ou traballadores da instalación.

b) As accións que impliquen un deterioro moi grave ou irreversible nos equipamentos da instalación.

c) A reiteración de faltas graves.

21º.- Sancións.

As faltas leves serán sancionadas con multa de 30,05 € a 60,10 €. Estas sancións serán impostas por acordo da Alcaldía.

As faltas graves serán sancionadas con multa de 60,11 €a 150,25 €. Estas sancións serán impostas pola Alcaldía, despois da audiencia ó usuario.

As faltas moi graves serán sancionadas con multa de 150,26 € a 300,51 €, e coa prohibición de entrada nas instalacións por un período máximo dun ano, perdendo, no seu caso, a condición de abonado. Estas sancións serán impostas por acordo da Comisión municipal de gobenro.

21º.- Procedemento sancionador.

A tramitación do procedemento sancionador acomodarase ó regulado no RD 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora. En todo caso teranse en conta os principios e circunstancias sinaladas no Título IX da Lei 30/1992 e, especialmente no que respecta á gradación das sancións, á gravidade da infracción, á culpabilidade do autor, á entidade dos prexuízos causados ó Concello ou a terceiras persoas, a reincidencia (sempre que non tivese a consideración de elemento constitutivo da infracción), a intencionalidade e o arrepentimento e vontade de subsana-lo dano causado.

Os expedientes instruiranse pola Concellería delegada competente resolvéndose pola Alcaldía do Concello.

CAP.VIII. RECLAMACIÓNS E RECURSOS.

22º.- Calquera deficiencia observada no normal desenvolvemento do servicio aquí regulamentado, así como nas instruccións dadas polo encargado ou xestor do servicio, poderán ser obxecto de reclamación ante a Alcaldía do Concello ou, de se-lo caso, interposición de recurso de alzada.

A resolución adoptada pola Alcaldía esgota a vía administrativa sendo susceptible de recurso contencioso-administrativo.

CAP. IX. SUPLETORIEDADE

23º.- No expresamente non sinalado neste Regulamento, será de aplicación o establecido na lexislación local relativa ós seus servicios, á que en todo caso se adapatará. Así mesmo deberá de terse en conta a normativa sectorial, constituida polo Decreto 53/1989, 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento sanitario das piscinas de uso colectivo, e as súas mdificacións, así como demáis normativa ó que o mesmo se refire ou que sexa de aplicación.

DISPOSICIÓN FINAL.

Este Regulamento entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello e publicado íntegramente no B.O.P, sempre e cando transcurrira o prazo sinalado polo art. 65.2 por remisión do 70.2 da Lei 7/1985.