Bergondo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de servizos especiais de expedición de licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos, o seu rexistro e modificacións, así como por inscrición no censo de animais de compañía
Artigo 1.°.-Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ao 19, en relación co artigo 20.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a ¿taxa por prestación de servizos especiais de expedición de licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos, o seu rexistro e modificacións, así como por inscripción no censo de animais de compañía", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do devandito Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2.°.-Feito impoñíble.
Constitúe o feito impoñíble da taxa, a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións esixidas para a concesión da licenza indicada, rexistro, a súa renovación, tramitación, control e custodia da mesma e aqueles servizos recollidos no artigo 6 desta ordenanza relativo ás tarifas.
Artigo 3.°.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten:
a) A obtención ou renovación da licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos
b) A inscrición no rexistro municipal correspondente ou ben a modificación ou cancelación de dita inscrición.
c) A inscrición no censo de animais de compañía.
2.-En particular serán suxeitos pasivos os titulares de establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen a súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos e establecementos de venda emprazados neste municipio, cando soliciten os extremos indicados no número anterior.
Artigo 4.°.-Responsables.
Responderán solidaria e subsidiariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.°.-Devengo.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe feíto impoñible. A estes efectos entenderáse iniciada a actividade na data da solicitude de calquera dos actos ós que se refire o feito impoñible. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza, a súa renovación ou practicada a inscrición do animal no rexistro correspondente.
2.-A non concesión da licenza, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas.
Artigo 6.°.-Tarifas.
1. Licenza de animais potencialmente perigosos: 9 euros.
2. Ficha identificativa individual: 5 euros.
3. Renovación de licenza: 5 euros.
4. Inscrición no rexistro de animais potencialmente perigosos: 4 euros.
5. Inscrición no censo de animais de compañía: 4 euros.
6. Modificacións rexistrais: 2 euros.
7. Cancelación rexistral: 2 euros.
Artigo 7.°.-Réxime de liquidación e ingreso.
1.-A taxa poderá esixirse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse a acreditación do pago da taxa xunto coa solicitude ou escrito presentado.
2.-Os escritos recibidos polo conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se emende a deficiencia, de forma que se requirirá ó interesado para que no prazo de dez días abone as cuotas correspondentes co apercibimento de que transcorrido dito prazo sen efectualo, terase os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Artigo 8.°.-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria.