Cambre - Ordenanza fiscal núm. 14, reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais e pola prestación de servicios deportivos.
Artigo 1º. - Fundamento e natureza
Ó amparo do previsto nos artigos 57 e 20, epígrafes 1 e 4.o) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este Concello establece a ¿taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º. - Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización das instalacións deportivas municipais especificados nas tarifas contidas no artigo 5º da presente ordenanza.
Artigo 3º. - Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que se beneficien da utilización das instalacións deportivas municipais que constitúen o feito impoñible da taxa.
Artigo 4º. - Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.
3. Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias daquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) Cando cometeran unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.
b) Cando cometeran unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) En supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data de cese.
4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e consonte ó procedemento previsto na Lei xeral tributaria.
Artigo 5º.- Cota tributaria.
A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
Uso de instalacións deportivas municipais:
Pavillóns polideportivos municipais. Tarifas:
Concepto | Tarifa | |
1.1 | Por hora de utilización | 26,25 euros |
1.2 | Por hora de utilización entre 24:00 h e 9:00 h | 31,50 euros |
1.3 | Equipos federados municipais sénior por hora | 10,50 euros |
1.4 | Equipos categoría sénior e afeccionados participantes en torneos municipais por hora | 15,75 euros |
1.5 | Suplemento por despacho (de billetes) | 99,75 euros |
Campos de fútbol. Tarifas:
Concepto | Tarifa | |
1.6 | Equipos federados do municipio por hora | 31,50 euros |
1.7 | Equipos non federados do municipio por hora | 63,00 euros |
1.8 | Suplemento por despacho (de billetes) | 31,50 euros |
Pistas polideportivas e canchas de tenis. Tarifas:
Concepto | Tarifa | |
1.9 | Por hora de utilización | 7,35 euros |
Piscinas municipais. Tarifas:
Concepto | Tarifa | |
1.10 | Entrada libre por día, veciños do municipio | 2,21 euros |
1.11 | Entrada libre bono 6 entradas, veciños do municipio | 10,50 euros |
1.12 | Entrada libre bono 24 entradas, veciños do municipio | 31,50 euros |
Ximnasios e rocódromo. Tarifas:
Concepto | Tarifa | |
1.16 | Por hora de utilización e persoa | 2,10 euros |
Campos de chave. Tarifas:
Concepto | Tarifa | |
1.17 | Por hora de utilización | 12,50 euros |
Os grupos/equipos ou veciños doutros municipios terán un suplemento do 100% das tarifas polo uso das instalacións.
Malia o anterior, a cota da taxa pola utilización das instalacións deportivas será cero nos seguintes supostos:
a) Os actos gratuítos organizados por entidades sen fin de lucro en colaboración co Concello.
b) As actividades das comunidades escolares de centros de ensino público para actos propios da súa finalidade educativa, ata un máximo de sete horas semanais por comunidade escolar.
c) As competicións deportivas federadas de base e o deporte en idade escolar.
d) Os adestramentos deportivos de entidades de carácter deportivo sen fin de lucro, inscritas no rexistro municipal para categorías de base ata xuvenís inclusive na proporción dunha hora por cada dous equipos e tres horas semanais como máximo.
As entidades xuvenís terán unha hora semanal exenta.
Outras entidades sen fin de lucro municipais, para actos non deportivos, terán que solicita-la exención presentando unha memoria explicativa da finalidade do uso.
Artigo 7º. - Réxime de declaración e ingreso.
O ingreso da taxa realizarase mediante autoliquidación, no momento de solicitar a utilización das instalacións deportivas municipais, ingresando o seu importe o solicitante nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello e sempre antes de inicia-la ocupación.
Artigo 8º. - Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.