Cedeira - Ordenanza fiscal núm. 2.6, reguladora da taxa pola participación en probas selectivas
Artigo 1º. Fundamento e natureza
De conformidade co previsto no Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que apróbase o texto Refundido da lei das facendas locais, este Concello establece a seguinte taxa pola participación en probas selectivas de acceso o Concello de Cedeira, que se rexerá, no seu caso, pola presente Ordenanza e pola Ordenanza Xeral de Gestión, Recaudación e Inspección dos tributos e demás ingresos de dereito público, e demás normativa de aplicación.
Artigo 2º. Feito imponible
Constitue o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da celebración de oposicions, concursos ou calesquera probas selectivas de acceso ó Concello de Cedeira ou, no seu caso, organismos autónomos ou sociedades mercantís propiedade do Concello, sexan en como funcionario de carreira ou persoal fixo ou ben para postos interinos ou bolsas de traballo, sen que estean incluidos os derivados da selección de programas de fomento de emprego e de similar natureza.
Artigo 3º. Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuientes as persoas físicas que soliciten a participación nos procedimientos de selección de persoal a que fai referencia o artigo 2º da presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 4º. Exencions e bonificacions
Estarán exentas do pago da tasa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33 por 100.
Artigo 5º. Cota tributaria
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo o grupo ou categoría laboral da praza á que se pretenda acceder, en función da titulación esixida para a mesma, e dacordo cas tarefas siguiente:
CONCEPTO | Importe Euros |
1. Probas de acceso o Grupo A1 ou categorías de persoal laboral asimilables. | 30,00 |
2. Probas de acceso o Grupo A2, B ou categorías de persoal laboral asimilables. | 20,00 |
3. Probas de acceso o Grupo C1 e C2 ou categorías de persoal laboral asimilables | 15,00 |
4. Probas de acceso o Grupo E ou categorías de persoal laboral asimilables ou outros non tarefados expresamente | 10,00 |
2. No caso de procesos de promoción interna ou convocatorias exclusivamente para bolsas de traballo, devengarase como cota tributaria o 50 por 100 das tarefas sinaladas no apartado 1.
Artigo 6º. Devengo
Devengase a taxa e nace a obriga do seu pagamento cando se inicie a actividade administrativa que constitue o feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación de la oportuna solicitude de participación en probas selectivas convocadas por este Concello.
Artigo 7º. Xestión
1. A Taxa exigiráse en réxime de autoliquidación. A estos efectos, as instancias solicitando a participación en probas selectivas de personal deberán vir acompañadas do xustificante de ingreso nas entidades colaboradoras correspondentes do importe de la taxa correspondiente.
2. O importe da presente Taxa no poderá ser devolto máis que no caso de no seren admitido ás probas selectivas pola falta dalgún dos requisitos exigidos para tomar parte nas mesmas.
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.