Valdoviño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar por parte do servizos sociais municipais
ARTIGO 1º. CONCEPTO. FUNDAMENTO E NATUREZA.
1. En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da
Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, R.B.R.L:, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Realdecreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba a texto refundidoda L.B.R.L. e artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, este Concello establece as taxas pola prestación do servizo de axuda no fogar por parte dos servizos sociais municipais na presente ordenanza, as normas da cal atenden ó prevido nos artigos 20.4 e 57 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba a texto refundido da L.R.Facendas Locais.
2. Todo isto con base na Lei 39/2006 do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e de Atención as persoas en situación de dependencia (BOE nº 299 do15 de decembro de 2006), e demais normativa estatal de desenvolvemento, así como a normativa de carácter autonómico, Orde do 22 de Xaneiro de 2009, da XUNTA de GALICIA pola que se regula o servizo de axuda no fogar, asi como o Regulamento Mnuicipal do Servizo de Axuda no Fogar O abeiro desta normativa se establece a taxa do servizo en VALDOVIÑO que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal..
ARTIGO 2º. OBRIGA DE PAGAMENTO DO SERVIZO.
1. Estarán obrigados ó pagamento os usuarios do servizo municipal de axuda no fogar na contía que resulte de aplicación segundo a presente taxa, tendo en conta que o pagamento é unha contribución ó custo do servizo recibido e ós ingresos do usuario; a concesión do servizo prodúcese en aplicación do baremo de acceso, que ten en conta os criterios técnicos ademais dos económicos.
2. Para a determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo, teráse en conta:
a) A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes economicamente dependentes: cónxuxe ou parella de feito, e os ascendentes ou fillos /as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade que dependesen económicamente do solicitante.
b) A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.
c) Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de co-titularidade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do beneficiario.
d) No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito as rendas de ámbolos dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ámbolos dous membros da parella.
e) A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.
f) A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.
g) Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.
ARTIGO 3º. CUANTÍA.
Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias
1.- Quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo a persoa usuaria cunha capacidade económica igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM) que cada ano publique o goberno na Lei de presupostos do Estado.
2.- Para o resto dos supostos, establécese a seguinte regulación progresiva do copagamento do servizo, fixada na Ordenanza fiscal correspondente actualizada segundo o IPREM, e que deberá respectar en todo caso os límites expresados na seguinte escala:
RENDA PER CÁPITA INGRESOS EN RELACIÓN AO IPREM | COPAGAMENTO DA PERSOA USUARIA |
Menor ou igual ao 100% do IPREM | Acceso gratuito |
Entre o 100% e o 150% do IPREM | 10% |
Entre o 150% e o 200% do IPREM | 12% |
Entre o 200% e o 250% do IPREM | 15% |
Entre o 250% e o 300% do IPREM | 20% |
Entre o 300% e o 350% do IPREM | 28% |
Entre o 250% e o 400% do IPREM | 37% |
Entre o 400% e o 450% do IPREM | 45% |
Entre o 450% e o 500% do IPREM | 60% |
Máis do 500% do IPREM | 65% |
3.- Sen prexuizo do establecido no punto anterior, poderán preverse excepcións ós criterios xerais nos casos en que a problemática principal atendida sexa a desestructuración familiar e se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión, mediante resolución motivada da concesión do servizo, da que se deberá deixar constancia no correspondente expediente.
4.- As liquidacións de prezos practicaranse por meses naturais e o abono efectuarase mediante cargo na conta bancaria que a persoa solicitante do Servizo de Axuda no Fogar facilitará no impreso normalizado.
5.- O baremo para calcular a achega da persoa usuaria polas atencións domiciliarias será obxeto de actualización segundo a contía anual do IPREM.
6 .- PROGRAMA ¿XANTAR NA CASA".
¿ servizo prestarase de acordo co Convenio suscrito co Consorcio.
O prezo de cada menú será de 6,93 €. financiado doi xeito seguinte:
Vicepresidencia 3,23 €. 46%
Concello 1,85 27 %
Usuario 1,85 27%
TOTAL 6,93 100%
Sobre esta base queda fixado o porcentaxe do copagamento dos usuarios no 27 %
ARTIGO 4º. PROCEDEMENTO DE PAGAMENTO
O pagamento do servizo efectuarase mensualmente, segundo se establece no prego de prescricións técnicas regulador da xestión do Servizo público de axuda no fogar, visto que a empresa adxudicataria asumirá a xestión do cobro da taxa. O non pagamento de dúas cotas consecutivas determinará a interrupción do servizo.
ARTIGO 5º. NORMAS ADICIONAIS.
1. Para gozar do servizo é condición indispensable que o usuario estea empadroado no Concello de Valdoviño. Esta condición poderá obviarse no caso de persoas empadroadas no municipio que acolleran a familiares residentes noutros concellos por circunstancias sociais, que valorarán os técnicos municipais no momento de formular a proposta correspondente.
2. O solicitante do servizo, unha vez avaliada a situación polos técnicos municipais, deberá concertar co Departamento de Benestar Social os obxectivos, programación, actividades e outros aspectos que establezan os traballadores sociais deste.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza aprobada provionalmente por acordo do Concello Pleno do 19 de Outubro 2009, e definitivamente o dia 12 de Decembro, e entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2010. Permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.