Carnota - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola tramitación de expedientes urbanísticos

Publicación provisional: 14/12/2009 BOP Nº: 262
Publicación definitiva: 20/01/2010 BOP Nº: 12
Aplicable dende: 21/01/2010

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade cós artigos 15 ao 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola tramitación de expedientes urbanísticos, que se regulará pola presente Ordenanza Fiscal segundo o previsto no art.57 do devandito Real Decreto.

Artigo 2º.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa realizada para verificar se os actos de edificación e uso do solo e subsolo suxeitos a licenza municipal a que se refire o artigo 194 a 198 Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, están de acordo coas normas urbanísticas e de edificación previstas na citada Lei e nas Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico do Concello de Carnota, aprobadas o día 8 de xuño de 1996, e publicadas no BOP171 do 26 de xullo de 1996.

En particular, estarán suxeitos a previa licenza municipal os seguintes actos de edificación e uso do solo:

A. Segregacións, parcelacións ou división de parcelas.

B. Licenzas e Autorizacións de Instalacións.

C. Cambios de titularidade e nome de licenzas de obras e de apertura, así como modificación de uso de locais e edificios

D. Colocación de terrazas, quioscos e carteis de publicidade visibles dende a  vía pública.

E. A tramitación de instrumentos de xestión.

F. Licenza para a construción, modificación de estructuras, modificacións da distribución interior ou aspecto exterior das edificacións, así como toda índole de reforma, renovación e rehabilitación de edificacións.

G. Demolición de construcións.

H. Declaración de ruína.

I. Primeira ocupación de edificios.

J. Prórrogas de prazos inicialmente acordados.

K. Calquera outros esixidos pola normativa urbanística.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo e obriga de contribuír.

1. Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen, ou en cuxo interese redunden as prestacións ás que se refire esta Ordenanza, e que demostren estar o corrente nas obrigas fiscais municipais.

2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte nas taxas establecidas pola tramitación das licenzas urbanísticas os construtores e contratistas das obras, de conformidade co previsto no artigo 23.2.b) do RDLex 2/2004, do 5 de marzo.

3. A obriga de contribuír nacerá no momento de comezar a prestación do servizo, que ten lugar dende que se formula a solicitude da preceptiva licenza, ou dende que o Concello realice as iniciais actuacións conducentes a verificar se é ou non autorizable a obra, instalación, modificación do uso dos edificios que se efectuase sen a obtención previa a correspondente licenza. A obriga de contribuír non se verá afectada nin modificada por:

a) que se denegue a licenza.

b) que se conceda a licenza pero con modificacións respecto da solicitude.

c) que o solicitante renuncie ou desista da súa solicitude.

d) que se resolva o expediente polas normas que regulan o silencio administrativo positivo.

Artigo 4º.- Responsables

1. Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Supostos de non suxeición e bonificacións.

1. Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa, pero si obrigados a solicitala oportuna licenza:

a) As obras que deban efectuarse polos particulares lindantes coas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.

b) As instalacións, construcións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas que estiveran suxeitas a licenza municipal ou a calquera outra actividade municipal técnica e administrativa de verificación que constitúa o feito impoñible deste imposto, de conformidade co establecido no artigo 2º da presente ordenanza, sempre e cando redunden no beneficio do Concello.

2. Non se concederá mais exencións ou bonificacións dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta Ordenanza, a non ser que veñan expresamente previstas en unha Lei, ou así o acorde expresa e motivadamente o órgano competente.

Artigo 6º.- Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cota fixa á que, segundo os casos e a natureza do expediente a tramitar, poderáselle sumar outra cantidade en función da superficie, duración temporal, lonxitude, presuposto de execución material ou unidade coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. Nos casos en que sexa necesario, para determinar a taxa a superficie das obras e instalacións terase en conta a totalidade de tódalas plantas e espazos construídos (m2 totales contraídos).

3. Cando a taxa deba ser calculada con base no presuposto de execución material da obra este enténdese polo custo real e efectivo da obra, construcción ou instalación, entendéndose por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela, do que non forman parte, en ningún caso, o imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de caracter público local relacionados con ditas construccións, instalacións ou obras nin tampouco os honorarios profesionais , o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre estrictamente o custo da execución material.

4. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente do que se trate, dende a súa iniciación ata a resolución final aínda que sexa contraditoria cos intereses do solicitante, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

5. Estas tarifas enténdense sen prexuízo da repercusión fiscal que, se é o caso, deba realizarse polos impostos indirectos que graven a prestación do servizo ou acto suxeito. Sendo totalmente independente esta taxa, do imposto municipal que se aboará polo interesado se efectivamente se executa a obra, entre ámbolos dous nin se compensan nin se exclúen.

6. Se na mesma solicitude se solicita a tramitación de varios actos suxeitos independentemente a feitos impoñibles diferentes dos recollidos no artigo seguinte, a taxa será a suma das taxas correspondentes a cada un deles.

Artigo 7º.- Taxas.

1. As taxas pola tramitación de cada un dos expedientes son as seguintes:

A. Licenza de autorización para a segregación, parcelación, regularización de parcelas ou división de parcelas, por cada parcela implicada ............................................................................................................................................... 60 €

B. Licenza de instalación (de apertura, instalación de aparatos ou maquinaria comerciais e industrial de toda clase, tanques, depósitos, piscinas, instalacións deportivas etc...):

- cando vaian unidas a tramitación dunha licenza de obras, por tramitación ...................................................... 20 €

- cando non sexan necesarias obras para ser instaladas, por cada tramitación ................................................. 60 €

C. Tramitación de cambios de titularidade, nome e explotador de licenza de obras ou de apertura, ..................... 60 €

D. Licenza para a instalación de carteis publicitarios, toldos, quioscos, terrazas en vía pública e equivalentes:

- para os que sexan inferiores a 1m2, por unidade .......................................................................................... 40 €

- para os que superen o m2, cota fixa de 50 € a que se lle suma por metro que supere o 1º ............................. 20 €

E. Tramitación de instrumentos de xestión e de desenrolo:

- estudos de detalle .................................................................................................................................... 400 €

- equidistribución ........................................................................................................................................ 500 €

- proxectos de compensación ...................................................................................................................... 500 €

- proxectos de reparcelación ........................................................................................................................ 500 €

- reformas puntuais do planeamento ............................................................................................................ 500 €

- delimitación de polígonos e outros ............................................................................................................. 500 €

- instrumentos de desenrolo ................................................................................................. 0,50% do presuposto.

F. Para as licenzas de obras, tanto maiores como menores, preceptivas segundo os artigos194 e seguintes da Lei 9/2002, que non estén expresamente recollidas en outro apartado desta taxa:

- establécese un tipo de gravame do 0,50 % do presuposto de execución material da obra, e establécese un mínimo de 15 € de taxa por cada expediente a tramitar.

G. Por cada expediente de declaración de ruína de edificios ...........................................................................150 €

H. Tramitación da 1ª ocupación:

- cando se trate de vivendas unifamiliares ............................................ 0,15% do presuposto de execución material.

- cando se trate de vivenda colectiva ...................................................0,50% do presupostos de execución material.

I. Por tramitación de prórrogas dos prazos concedidos por resolución firme, por cada mes solicitado .................. 20€

2. Cando o que se solicite sexa unha revisión dun expediente en tramitación por cambios substanciais no obxecto inicial pretendido, e conleve a repetición de trámites xa realizados, a taxa será a mesma que a que corresponde a un novo.

3.Estas taxas incrementaranse anualmente e automaticamente, igual o IPC publicado polo INE anualmente.

Artigo 8º.- Devengo

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos a taxa.

2. Se as obras se inician ou executan sen previa licenza, a taxa devengarase ao iniciarse a actividade municipal para determinar se aquelas son ou non autorizables, con independencia da instrución do expediente administrativo para a autorización ou derruba das obras.

Artigo 10º.- Declaración e ingreso

1. A taxa esixirase en réxime de liquidación practicada mediante autoliquidación practicada no intre de presentar a solicitude, debéndose ingresar a débeda tributaria resultante, nas Entidades bancarias debidamente autorizadas nos 5 días seguintes a presentación da solicitude, debéndose presentar o xustificante da liquidación no Concello. Se non liquidar a taxa en prazo terase por desistido na súa solicitude e, procederase o arquivo do expediente.

2. Os escritos recibidos por correo, fax ou telemáticos, segundo establece o Art. 38.4.c) e d) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, que non veñan acompañados do importe da liquidación, serán admitidos provisionalmente pero non poderán tramitarse sen previa emenda da deficiencia , debéndose aboar a taxa no prazo de cinco días seguintes a presentación da solicitude, de que de non facelo así arquivarase sen máis trámite a solicitude.

3. De modificarse ou ampliarse a solicitude feita inicialmente, o Concello pode facer unha nova liquidación da taxa, compensar coa xa devengada e paralizar a tramitación mentres non se lle abone. Cando o que se solicite sexa unha revisión dun expediente en tramitación por cambios substanciais no obxecto inicial pretendido que conleve a repetición de trámites xa realizados, a taxa será a mesma que a que corresponde a un novo.

Artigo 11º.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza fiscal, derroga calquera outra Ordenanza, disposición ou acordo aprobada polo Pleno da Corporación municipal referida as taxas reguladas na presente. Entrará en vigor, sendo de aplicación a partires do día seguinte a súa aprobación con caracter definitivo, logo da súa aprobación inicial, e exposición pública no BOP durante o prazo dun mes do texto integro, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.