Carnota - Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas de apertura para as actividades exceptuadas do procedemento de avaliación ambiental
Artigo 1.-Obxecto e obxectivos.
1.1.-É obxecto desta ordenanza regular a intervención administrativa municipal nas actividades susceptibles de afectar ao medio ambiente, á seguridade ou á saúde das persoas, e que están exceptuadas polo artigo 2.3 do Real Decreto 133/2008, de 12 de xuño, do procedemento de avaliación ambiental que regula, pola súa menor incidencia no ambiente.
1.2.-O Concello de Carnota, no uso da súa potestade regulamentaria regula o réxime de outorgamento de licenza de apertura e posta en funcionamento das actividades enumeradas no ANEXO III do Real Decreto 133/2008, de 12 de xuño, excluídas do procedemento de avaliación ambiental que se regula no mesmo. A tales efectos, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo a actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento, con independencia do titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo no mesmo que afecte as condicións de seguridade, sanidade e salubridade, así como calquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento.
1.3. Os solicitantes de licenzas que deban ser tramitadas o abeiro desta ordenanza deberán previamente estar o corrente nas obrigas fiscais có Concello de Carnota.
Artigo 2.-Ámbito de aplicación obxectivo.
Quedan sometidas o réxime de licenza de apertura regulado nesta ordenanza, única e exclusivamente, as actividades relacionadas no anexo III do Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, que son concreta e literalmente as seguintes:
1. Instalacións para a cría de animais domésticos e actividades agrogandeiras:
1.1. Instalacións para a cría intensiva de animais domésticos, sempre que non superen 9 cabezas de gando vacún, equino ou porcino, 15 de ovino ou caprino, 15 coellas nais ou 50 aves.
1.2. Instalacións para cría ou garda de cans, susceptibles de albergar como máximo 5 cans mayores de tres meses.
1.3. Actividades de almacenamento de equipos e produtos agrícolas, sempre que non conten con sistemas de refrixeración e/ou sistemas forzados de ventilación, que como máximo conteñan 2.000 litros de gasóleo ou outros combustibles.
2. Actividades industriais, sempre que a potencia mecánica instalada non supere os 15 kW e a súa superficie non supere os 400 m2:
2.1. Talleres de confección, xastraría, peletaría esimilares.
2.2. Talleres auxiliares de construción, tales como carpintaría, albanelaría, escaiolistaría, cristalaría,
electricidade, fontanaría, calefacción e aire acondicionado.
2.3. Talleres de encadernación e afíns.
2.4. Talleres de reloxaría, ourivaría, óptica, ortopedia, e outros afíns aos anteriormente indicados.
3. Comercio polo miúdo, excepto o comercio de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores; reparación de efectos persoais e aparellos domésticos, sempre que a potencia mecánica instalada non supere os 15 kW e a súa superficie non supere os 400 m2:
3.1. Comercio polo miúdo de alimentos, bebidas e tabaco en establecementos especializados.
3.2. Comercio polo miúdo de produtos farmacéuticos, artigos médicos, beleza e hixiene.
3.3. Comercio polo miúdo de téxtiles, pezas de vestir, calzado e artigos de coiro.
3.4. Comercio polo miúdo de mobles, aparellos de iluminación e outros artigos para o fogar.
3.5. Comercio polo miúdo de electrodomésticos, aparellos de radio, televisión e son.
3.6. Comercio polo miúdo de ferraxaría, vidro, pinturas e materiais de bricolaxe.
3.7. Comercio polo miúdo de materiais de construción, e material de saneamento.
3.8. Comercio polo miúdo de libros, periódicos e papelería.
3.9. Comercio polo miúdo de óptica, fotografía e precisión.
3.10. Comercio polo miúdo de artigos de reloxaría, xoiaría e prataría.
3.11. Comercio polo miúdo de xoguetes e artigos de deporte.
3.12. Comercio polo miúdo de artigos de droguería, papeis pintados e revestimentos de solos.
3.13. Comercio polo miúdo de sementes, flores, plantas e animais de compañía.
3.14. Galerías de arte comerciais.
3.15. Outro comercio polo miúdo de artigos novos en establecementos especializados ou non especializados.
3.16. Comercio polo miúdo de bens de segunda man e anticuarios.
3.17. Reparación de efectos persoais e aveños domésticos.
3.18. Outro comercio polo miúdo non comprendidonoutras partidas.
4. Outras actividades:
4.1. Actividades de ocio e entretemento e de restauración previstas no Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 292/2004, do 18 de novembro.
4.2. Centros e instalacións de turismo rural.
4.3. Residencias de anciáns, centros de día e escolas infantís.
4.4. Centros e academias de ensino, agás salas de baile, música e canto.
4.5. Despachos profesionais, xestorías, oficinas e similares.
4.6. Barberías, saunas, institutos de beleza e similares.
4.7. Actividades de almacenamento de obxectos e materiais, sempre que a súa superficie sexa inferior a 500 m2, excepto as de produtos químicos ou farmacéuticos, combustibles, lubricantes, fertilizantes, praguicidas, herbicidas, pinturas, vernices, ceras ou pneumáticos.
4.8. Garaxes para estacionamento de vehículos agás os comerciais de uso público.
4.9. Plantas de tratamento de augas residuais para poboacións inferiores a 2.000 habitantes equivalentes.
Artigo 3.-Órgano competente.
3.1.-Corresponde ós Concellos ó outorgamento da licenza de actividade, de acordo có establecido na Lei 10/1995, de 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.
3.2.-O órgano competente para resolver os expedientes de outorgamento de licenzas de apertura e posta en funcionamento e o alcalde-presidente do Concello de Carnota en virtude do artigo 21.1.q), da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, sen prexuízo de que pode delegar esta competencia na Xunta de Goberno Local segundo o artigo 21.3 do mesmo corpo legal.
Artigo 4.-Rexistro municipal de actividades.
Crease o rexistro municipal de actividades, tanto das sometidas o trámite de avaliación da incidencia ambiental, como as excluídas de dito trámite e recollidas no ANEXO III do Real Decreto 133/2008, de 12 de xuño.
Artigo 5.-Iniciación do procedemento.
5.1.-Toda persoa física ou xurídica que pretenda desenvolver unha actividade das comprendidas no artigo 2 da presente ordenanza e desenvolvela no termo municipal de Carnota, deberá solicitar licenza de actividade ante o Concello de Carnota, sen prexuízo das autorizacións e informes sectoriais que correspondan a cada caso concreto.
5.2.-A solicitude deberá acompañarse a seguinte documentación:
a) Proxecto técnico redactado por técnico competente na materia.
b) Unha memoria descritiva na que se detallen os aspectos básicos relativos á actividade, á súa localización e repercusións no ambiente. A memoria deberá conter unha descrición detallada dos tipos, cantidades e composición dos residuos xerados, vertidos e emisións contaminantes e a xestión prevista para eles; os riscos da actividade e proposta de medidas preventivas, correctoras e de autocontrol; técnicas de restauración do medio afectado e programa de seguimento da área restaurada nos casos de desmantelamento das instalacións ou cesamento da actividade; os usos permitidos e prohibidos polo planeamento na zona de implantación da actividade; así coma calquera outra información que resulte relevante para a avaliación da incidencia ambiental da actividade.
c) Xustificación do cumprimento da lexislación ambiental e sectorial aplicable á actividade, da normativa de seguridade, da relativa ás medidas de autoprotección e saúde e, se é o caso, das ordenanzas municipais que resulten de aplicación.
d) Declaración dos datos que a xuízo do solicitante gozan de confidencialidade amparada na normativa vixente.
e) Nomeamento do director facultativo da obra, visado polo correspondente colexio profesional.
5.3.-Nos supostos de modificación substancial dunha actividade previamente autorizada, a solicitude e documentación anexa debe ir referida á parte ou partes da actividade afectadas pola modificación.
5.4.-Se fose necesario a realización de obras para a instalación da nova ou modificada actividade, a solicitude de licenza de obras xunto coa súa documentación é preceptiva, e instarase e presentarase conxuntamente coa solicitude e documentación necesaria enumerada neste artigo para solicitar a licenza de actividade. Ambas licenzas tramitaranse e resolveranse simultaneamente, de conformidade có establecido no artigo 196 da Lei 9/2002, do 30 de novembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Artigo 6.-Estudio da viabilidade da licenza polo Concello.
6.1.-Unha vez recibida a solicitude e documentación anexa de acordo có artigo anterior, os servizos técnicos e xurídicos do Concello emitirán o seu informe sobre a compatibilidade da actividade cós instrumentos de planificación urbanística e as ordenanzas municipais, e, no caso de ser necesario sobre o outorgamento da licenza de obras e a licenza da instalación con base na documentación presentada polo interesado.
6.2.-De resultar incompatible a actividade cos instrumentos de planificacións e ordenanzas municipais, ou de ser inviable segundo a lexislación aplicable o desenrolo desa actividade no establecemento elixido, ou se non se pode garantir a seguridade, saúde e salubridade das persoas, o Concello resolverá a denegación de licenza.
6.3.-Se pola contra e a vista dos informes e da documentación presentada, os defectos fosen subsanables, o alcalde-presidente do Concello de Carnota, poderá requirir o solicitante coa finalidade de completar o expediente para que presente documentación necesaria para continuar tramitando a licenza, así como para que modifique a mesma conforme os informes que constan no expediente e en cumprimento da normativa aplicable.
6.4.-O alcalde-presidente do Concello de Carnota, se procede, e despois de que así se lle indique nos informes, e unha vez completa e modificada a documentación conforme os mesmos, deberá remitir o expediente para que se emitan os informes e autorizacións sectoriais que correspondan a outras Administracións.
Artigo 7.-Información pública.
7.1.-Unha vez que consten os informes técnicos e xurídicos favorables ó outorgamento de licenza de apertura, e despois ou simultaneamente a que se complete ou modifique a documentación existente e que se emitan os correspondentes informes sectoriais, o expediente será sometido a información pública por un período de vinte días naturais mediante anuncio no Taboleiro do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.
7.2.-A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos coñecidos ao lugar da localización proposta para a actividade, os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.
7.3.-Do trámite de información pública exceptuaranse os datos da solicitude e documentación anexa que estean amparados polo réxime de confidencialidade.
7.4.-Unha vez realizado o trámite de información pública, a funcionaria encargada do rexistro emitirá informe para incorporar ó expediente sobre o resultado da información pública practicada, xuntando ó mesmo, si existisen, os escritos presentados.
Si se houbesen presentado alegacións ó respecto estas serán resoltas mediante resolución da Alcaldía con base en informes técnicos e xurídicos, nos cales deberá xustificarse a estimación ou desestimación das mesmas, có fin, e dependendo do caso, de continuar coa tramitación, solicitar que se modifiquen pretensións ou ben desestimar a solicitude.
Artigo 8.-Outorgamento da licenza de obras e instalación da actividade.
Unha vez completados tódolos trámites favorablemente ó outorgamento da licenza de obras si procede e a de instalación, é competencia do alcalde-presidente do Concello de Carnota, en virtude do artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, sen prexuízo do réxime de delegacións de competencias e no seu caso a advocación aplicable para a resolución dos expedientes.
Artigo 9.-Licenza de apertura.
Unha vez realizas as obras e instalación conforme a documentación presentada, solicitarase ó Concello que se outorgue polo alcalde ou órgano delegado a licenza de apertura e posta en funcionamento definitiva. Esta solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1. Certificado de fin de obra conforme ó proxecto presentado, asinado pola dirección facultativa da mesmas e visado polo correspondente colexio profesional.
2. Certificado de fin de instalación conforme á licenza concedida, asinado por técnico competente.
3. Certificación expedida de que se cumpre a normativa sobre contaminación acústica e medición de illamento acústico realizado por empresa homologada para efectuar medicións en materia de contaminación acústica e vibracións, de conformidade coa normativa de aplicación.
4. Se procede no caso concreto, certificacións expedidas pola empresa suministradora da auga e da encargada do saneamento, de estar enganchado e contratado o servizo.
5. Certificación e posta en servizo de empresa eléctrica autorizada de que a instalación cumpre coa normativa vixente.
6. Xustificante de estar dado de alta no lixo e IBI como local destinado o comercio ou industrial, ou a solicitude de alta perante o Concello.
Artigo 10.-Acta de comprobación.
Cando se comprobe que consta no expediente a documentación completa esixida polo artigo anterior, e antes do outorgamento da licenza de apertura e posta en funcionamento definitiva, os servizos técnicos municipais xirarán visita de comprobación levantando acta.
Artigo 11.-Licenza de apertura e posta en funcionamento.
Vista a acta de comprobación realizada polos servizos técnicos, se procede, o outorgamento de licenza é competencia do alcalde-presidente do Concello de Carnota, en virtude do artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, sen prexuízo do réxime de delegacións de competencias e no seu caso a advocación aplicable para a resolución dos expedientes.
Artigo 12.-Prazo.
As licenzas contarán con un prazo para o comezo da actividade, que en todo caso, deberá respectar a normativa sectorial aplicable. De non iniciarse a actividade no prazo seis meses, o Concello poderá declarar a caducidade da licenza, logo da instrucción do correspondente procedemento con audiencia o interesado.
Artigo 13.-Modificación da licenza de actividade.
As licenzas de actividade poderán ser modificadas de oficio ou a instancia de parte cando se persiga como fin a adaptación ás modificación da normativa aplicable, do progreso técnico e científico, así como polo cambio das prescricións necesarias relativas á seguridade e medidas de autoprotección, á saúde e demais aspectos de competencia municipal, así como cando por calquera cambio, anque non sexa substancial, se considere necesario que a actividade sexa sometida o procedemento de avaliación de incidencia ambiental.
Artigo 14.-Transmisión da licenza de actividade.
14.1.-Cando se transmita a titularidade da licenza de actividade será precisa a súa comunicación previa ó Concello polos suxeitos que interveñan na transmisión.
14.2.-Unha vez producida a transmisión, o novo titular subrogarase nos dereitos, obrigas e responsabilidades do anterior titular, coa excepción das responsabilidades de orde sancionador.
Artigo 15.-Vixilancia e seguimento.
15.1.-O réxime de inspección e vixilancia da presente ordenanza será o contido no capítulo I do título IV da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia pola que se establecen normas de protección do medio.
15.2.-Corresponde ó Concello de Carnota a vixilancia e seguimento do cumprimento das condicións establecidas nas licenzas de actividade concedidas, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras administracións.
15.3. Debe recordárselle os titulares de licenzas de apertura da obriga continúa de adaptarse a normativa estatal, autonómica e municipal vixente e que se aprobe no futuro que lle sexa de aplicación.
Artigo 16.-Réxime sancionador.
O incumprimento das obrigas establecidas neste ordenanza sancionaranse, cando proceda, de conformidade co disposto nos capítulos II, III e IV do título IV da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia, sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou doutra orde a que houbese lugar.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
Os expedientes iniciados con anterioridade á entrada en vigor da presente ordenanza, tramitaranse de conformidade coas normas vixentes no momento de presentada solicitude no rexistro de entrada do Concello de Carnota.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA
Quedan derogadas as ordenanzas vixentes que se opoñan o disposto na presente.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada con caracter definitivo , logo da súa aprobacion inicial con publicacion integra do texto no BOP durante un mes.