Trazo - Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: 03/03/2005 BOP Nº: 50
Publicación definitiva: 03/05/2005 BOP Nº: 99
Aplicable dende: 01/01/2010

ART. 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polo arts. 133 e 142 da CE e polo art 106 dda Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Trazo, establece o prezo público pola prestación do servicio de axuda no fogar.

ART. 2 - FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible e prestación básica dos servicios sociais de atención primaria dependentes deste Concello nos termos previstos no regulamento regulador deste servicio.

ART. 3- SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos do prezo público en concepto de contribuíntes os veciños que se beneficien do servicio de axuda no fogar prestado polo Concello.

ART. 4- RETRIBUCIÓN

O prezo público retribuirase dende que comece a prestación do servicio, de conformidade co establecido na Orde do 22 de xullo de 1996 da consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se regula o servicio de axuda no fogar.

A liquidación do prezo público practicarase nos cinco primeiros días do mes corrente mediante débeda que se practicará na conta bancaria que designe o beneficiario.

Para o suposto de baixa voluntaria na prestación do servicio formulada propio beneficiario, procederá practica-la liquidación mensual correspondente a todo o mes en que se produza a mesma agás cando esa baixa veña imputada polas causas non imputables ó beneficiario, na que a liquidación estará referida ós días concretos nos que se prestou o servicio.

ART. 5- BASE IMPOÑIBLE.

Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas do art.. 6 establécese o prezo por hora en razón da prestación do servicio en 5,30 euros hora, revisable anualmente e previa modificación da ordenanza segundo o IPC que publique o INE.

Igualmente revalorizarase a base de baremo coa suba anual do SMI.

ART. 6- COTA TRIBUTARIA.

Fíxase o prezo público pola prestación do servizo de Axuda no Fogar en 12,50 Euros por hora.

Para o cálculo da cota mensual en función do número de hroasw, realizarase atendendo á programación semanal que se determina en cada caso, multiplicado pola cifra de 4,35 que é a media de semanas por mes.

A participación das persoas beneficiarias establecerase en función do coste do Servizo que se presta e da súa capacidade económica persoal, consonte á seguinte táboa:

IPREM ANUAL

PORCENTAXE DE CONTRIBUCIÓN

Igual ou inferior ó IPREM

Exento

Superior ó 100 % e ata o 150 %

18 % do custo do servizo

Superior ó 150 % e ata o 300 %

19 % do custo do servizo

Superior ó 300 % e ata o 400 %

20 % do custo do servizo

Superior ó 400 % e ata o 500 %

40 % do custo do servizo

Superior ó 500 % do IPREM

65 % do custo do servizo

ART. 7.- EXENCIÓNS E PAGAMENTO

Quedarán exentos do pagamento os beneficiarios que non superen os ingresos establecidos no art.. 6.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas Locais permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación posterior.