Cerceda - Ordenanza fiscal núm. 3, reguladora do prezo público do servizo de Axuda no fogar

Publicación provisional: 15/11/2008 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 06/05/2009 BOP Nº: 101
Aplicable dende: 08/09/2010

Artigo 1.–Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no capítulo VI do título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o precio público polo servicio de axuda no fogar, tanto para persoas valoradas como persoas que accedan ao servizo por libre concurrencia.

Artigo 2.–Obrigados/as ao pagamento.

Están obrigadas ao pago todas aquelas persoas que:

A) Estean recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

B) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concurrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

Artigo 3.–Contía do prezo público.

1. Contía.

A contía do precio público regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes referidas a unha hora de prestación do servizo.

A tarifa/hora a aboar por cada usuario deteminarase aplicando a porcentaxe correspondente en función da súa capacidade económica sobre o coste por hora de prestación do servizo que deba aboar o concello á empresa adxudicataria do mesmo, en función do contrato asinada entre as dúas partes, e todo elo, polo número de horas de prestación do servizo.

A cota mensual correspondente en cada caso, será a resultante de aplicar o resultado anterior polo número de horas mensuais recoñecidas na resolución de concesión do servizo.

2. Reduccións.

A participación das persoas beneficiarias na financiación do servizo de axuda no fogar establecerase en función do coste do servizo que se lles preste e da súa capacidade económica persoal, consonte á seguinte táboa:

IPREM ANUAL

PORCENTAXE DE CONTRIBUCCIÓN

Igual ou inferior ao IPREM

Exento

Entre o 100%-150% IPREM

12% do custo do servizo

Entre o 150%-200% IPREM

15% do custo do servizo

Entre o 200%-300% IPREM

20% do custo do servizo

Entre o 300%-350% IPREM

30% do custo do servizo

Entre o 350%-400% IPREM

40% do custo do servizo

Entre o 400%-500% IPREM

60% do custo do servizo

Entre o 500% IPREM

65% do custo do servizo

3. Capacidade económica da persona usuaria do servicio.

Esta se determinará de acordo cos puntos que se indican a continuación:

1. A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calculararse en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio.

No caso de que a persoa beneficiaria tivese cónxuxe ou parella de feito entenderase como renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes.

2. A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

3. Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ámbolos dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambolos dous membros da parella.

4. A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas, e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.

5. A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realizacion da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.

6. Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

As contías referidas á capacidade económica das persoas beneficiarias se establecerán en función da contía da pensión non contributiva vixente.

Asemade para a aplicación do presente acordo e para poder establecer a capacidade económica da persoa solicitante, o concello de Cereda deberá dispoñer dos datos fiscais e de patrimonio, que solicitará de oficio, previa autorización expresa e por escrito da persoa beneficiaria ou familia.

Artigo 4.–Condicións de pagamento.

1.–A obriga de pagamento nace dende que se inicie a prestación do servicio.

2.–Os abonos mensuais das cotas de realizaranse a través de domiciliación bancaria. Se estos pagos non se poidesen facer efectivos por calquera motivo: inexistencia de fondos ou outros, a persoa beneficiaria do servizo será apercibida de inmediato, responsabilizándose dos gastos que isto ocasione.

3.–En casos de suspensión temporal do servizo, durante un período non superior a 2 meses por causas forzosas, e non superior a 1 mes por vontade propia, deberá seguir aboandose a cota correspondente á aportación do beneficiario/a.

4.–Se a algunha persoa beneficiaria non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, léase por inconvintes derivados da organización interna do propio servizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de abonar a cota mensual.

5.–As débedas polos precios públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio.

6.–As baixas produciranse de oficio para as persoas beneficiarias que adeuden dúas mensualidades consecutivas, ou tres alternas, sen perxuizo do cobro dos recibos por vía executiva.

Artigo 5.–Normas de xestión.

1.–As liquidacións de prezos practicaranse por meses naturais, aboándose cada mensualidade nos 15 primeiros días naturais do mes. O abono efectuarase mediante cargo na cota corrente ou cartilla de aforros do solicitante, que deberá indicar no modelo adxunto.

2.–Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varien as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Cando a alta no servizo sexa posterior ao primero do mes, a cota a pagar será proporcional aos días de servizos prestados en función da cota asignada na resolución de alta do servizo. Asemade rexerase polas normas contidas no Regulamento específico do servicio, no seu artigo 13 referente á extinción do servizo.

3.–Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requerirá, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e o precio público a aboar.

4.–Unha vez iniciada a prestación do servizo, e dacordo co contido no regulamento municipal para persoas en situación de dependencia valorada, procederase á súa inclusión nos padróns ou matrículas deste precio público.

Disposicion final

O presente acordo entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e haxa transcurrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.