Tordoia - Ordenanza fiscal núm. 5, reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos
Artigo 1º. Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réximen Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4 i) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladoras das Facendas Locais, este concello establece a taxa por licenza de apertura de establecementos, que se regula polo presente Ordenanza Fiscal segundo o previsto no artigo 57 do devendito Real decreto.
Artigo 2º. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade, e calquera outra esixida polas correspondentes ordenzas e regulamentos munipais e xerais para o seu normal funcionamento.
2. Para tal efecto considerarase apertura:
a) a instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
b) a variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento
c) a ampliación do estableceemnto e calquera ampliación que se leve a cabo neste e que afecte as condicións sinaladas no nº 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ao público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
A) se dedique ao exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril, artesá, de construción, comercial e de servizos que estea suxeita ao Imposto sobre Actividades Económicas.
B) Aínda sen desenvolver as ditas actividades, que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas de xeito que lles proporcione beneficios ou aproveitamento como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3º. Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e/ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, de ser o caso, desenvolvida en calquera establecemento industrial ou mercantíl.
Artigo 4º. Responsables
1. Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5º. Base impoñible
Constitúe a base impoñible da taxa o valor do metro cadrado do local a ocupar coa actividade.
Artigo 6º. Cota tributaria
1. A cota tributaria determinarase multiplicando a superficie do local, en metros cadrados, polas seguintes tarifas:
- Con carácter xeral 3,30 €/m2.
- No caso de actividades agrogandeiras, dada a gran superficie necesaria para exercer a actividade, así como o seu escaso rendemento por m2, a tarifa a aplicar será, en xeral, de 0,66 €/m2, aplicándose unha tarifa de 0,17 €/m2 no caso de que a dita explotación sexa prioritaria, debendo neste caso presentar certificación de figurar no rexistro público correspondente.
Dada a maior complexidade e conseguintemente o maior custe de tramitación, incrementarase nun 50 % a cota resultante no caso de licencias de apertura referidas a actividades suxeitas ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental ás que se refire o Decreto 133/2008, do 12 de xuño."
Artigo 7º. Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa, salvo os expresamente previstos por normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.
Artigo 8º. Devengo
1. A taxa devéngase e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando a apertura xa tivera lugar sen ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da inciación do expediente administrativo que poda instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable a dita apertura.
3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin polo renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza.
Artigo 9º. Declaración.
1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento presentarán previamente, no rexistro xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desnvolver no local, acompañada da declaración de superficie do local.
2. Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento, ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións deberán de poñerse en coñecemento da administración municipal co mesmo detalle e alcance esixidos na declaración prevista no número anterior.
Artigo 10º. Liquidación e ingreso.
Finalizada a actividade municipal, e unha vez ditada a resolución municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarse a liquidación correspondente pola taxa, que será notificada ao suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipaiis utilizando os medios de pago e os prazos que sinala a Lei Xeral Tributaria.
Artigo 11º. Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións triburarias e imposición de sancións correspondentes rexerá o disposto no artigo 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello de Tordoia en sesión celebrada o 27 de novembro de 2009, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa.