Abegondo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial das instalacións deportivas municipais
ARTIGO 1. FUNDAMENTO E OBXECTO
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no Concello de Abegondo establece a taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial das instalacións deportivas municipais, a que se refire o artigo 20.4) do propio Real decreto lexislativo, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e cuxas normas atenden ao que prevé o artigo 57 do citado Real decreto lexislativo.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial das instalacións deportivas municipais seguintes:
¿ Campos de fútbol municipais de herba natural ou artificial
¿ Outros espazos deportivos
o Pavillón municipal de San Marcos
o Pavillón municipal de Viós
o Pistas polideportivas exteriores municipais
ARTIGO 3. BENEFICIOS FISCAIS
Aplicarán os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.
ARTIGO 4. OBRIGADOS TRIBUTARIOS
1. É obrigado tributario, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que solicite a utilización das instalacións e quen as utilicen aínda sen ter obtido a preceptiva autorización.
2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5. BASE IMPOÑIBLE
A determinación da contía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo seguinte. Nos casos en que así se determina, aplicarase a porcentaxe sinalada sobre unha base fixada en función da recadación obtida.
ARTIGO 6. TARIFAS
1. CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS DE HERBA NATURAL E ARTIFICIAL:
a) Para actividades deportivas:
¿ Adestramentos federados ou de uso libre, campo completo unha hora 35 €/h
¿ Adestramentos federados ou de uso libre, unha metade do campo unha hora 18 €/h
¿ Cando o número de participantes exceda de 25 persoas a cota incrementarase nun 50%.
b) Para competicións:
¿ Campo completo (duración máxima 2 horas ): sen taquilla 60 €
¿ Medio campo (duración máxima 2 horas ): sen taquilla 25 €
¿ Campo completo (duración máxima 2 horas) con taquilla 100 € e mais un 11% da recadación obtida a partir da dita cantidade.
¿ Medio campo (duración máxima 2 horas) con taquilla 50 € e mais un 11% da recadación obtida a partir da dita cantidade.
¿ Cando a competición exceda de dúas horas aplicarase a taxa proporcional polo tempo excedido.
c) Outros actos:
¿ Festivais ou actos non deportivos (por acto) sen taquilla 300 €
¿ Festivais ou actos non deportivos (por acto) con taquilla 550 €
2. OUTROS ESPAZOS DEPORTIVOS
a) Pavillón municipal de San Marcos e Viós
¿ Para actividades deportivas:
− Adestramentos federados ou de uso libre, pista completa unha hora 30 €/h
− Adestramentos federados ou de uso libre, unha metade da pista, unha hora 15 €/h
− Cando o número de participantes exceda de 25 persoas a cota incrementarase nun 50%.
¿ Para competicións:
− Pista completa (duración máxima 2 horas): sen taquilla 50 €
− Media Pista (duración máxima 2 horas): sen taquilla 20 €
− Pista completa (duración máxima 2 horas) con taquilla 100 € e mais un 11% da recadación obtida a partir da dita cantidade
− Pista completa (duración máxima 2 horas) con taquilla 50 € e mais un 11% da recadación obtida a partir da dita cantidade.
− Cando a competición exceda de dúas horas aplicarase a taxa proporcional polo tempo excedido.
¿ Outros actos:
− Festivais ou actos non deportivos (por acto) sen taquilla 300 €
− Festivais ou actos non deportivos (por acto) con taquilla 550 €
b).- Pistas polideportivas exteriores municipais.
- Para actividades deportivas.
.- Adestramentos federados ou de uso libre, pista completa unha hora gratuíto
.- Adestramentos federados ou de uso libre, unha mitade da pista, unha hora gratuíto
.- Cando o número de participantes exceda de 25 persoas a cuota incrementarse nun gratuíto
Para competicións .
.- Pista completa (duración máxima 2 horas ): sen taquilla 15 €
.-Media Pista (duración máxima 2 horas ): sen taquilla 5 €
Cando a competición exceda de dúas horas aplicarase a taxa proporcional polo tempo excedido.
Outros actos.
.- Festivais ou actos non deportivos ( por acto) sen taquilla 150 €
.- Festivais ou actos non deportivos ( por acto) con taquilla 300 €
ARTIGO 7. DEIVINDICACIÓN
Deivindícase a taxa e nace a obriga de contribuír desde que se solicita a utilización das instalacións contidas nesta ordenanza.
ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN
A xestión e recadación da taxa encoméndase ao servizo municipal de Deportes. Nos centros xestionados por concesión administrativa ou outras modalidades de xestión indirecta, o contrato ou convenio poderá facultar o concesionario para a xestión e recadación da taxa nos termos e coas condicións sinaladas no prego e demais normativa contractual.
A presente taxa esíxese en réxime de autoliquidación. As devolucións que procedan por falta de prestación do servizo debido a causa non imputable ao obrigado a pago, tramitaranse polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos.
ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
Para a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que lles corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e na Ordenanza Xeral de Xestión.
DISPOSICION DEROGATORIA
Coa entrada en vigor da presente ordenanza quedan derogadas a Ordenanza Reguladora do prezo público pola utilización do pavillón polideportivo de San Marcos publicada no BOP nº 12 de 16 de xaneiro de 2006 e a Ordenanza reguladora da taxa pola utilización do pavillón municipal así como a prestación de servizos no mesmo publicada no BOP nº 21 de 27 de xaneiro de 1999