Tordoia - Regulamento de funcionamento do pavillón polideportivo municipal
CAPITULO I.- Regras xerais de uso.
Artigo 1.-
O obxecto deste Regulamento é a ordenación da utilización do pavillón polideportivo municipal, afectado ao servicio público deportivo.
Artigo 2.-
As instalacións do mencionado pavillón serán xestionadas directamente pola Corporación, sen órgano especial de administración.
Artigo 3.-
O inmoble do pavillón polideportivo de Tordoia é un ben de dominio público.
Artigo 4.-
Como norma xeral as instalacións do pavillón se destinarán a práctica de toda clase de actividades deportivas, competicións e espectáculos de natureza deportiva e recreativa, sen prexuízo de utilizalas, ocasionalmente, para a realización doutras actividades artísticas, culturais, sociais ou de relevo para a comunidade.
Artigo 5.-
En concreto, as instalacións do pavillón, poderán utilizarse para os seguintes actos:
a) Actividades, competicións e espectáculos deportivos de baloncesto, balonmán, balonvolea, voleibol, fútbol-sala, ximnasia, hockey, patinaxe, probas atléticas e calquera outras modalidade deportiva recoñecida que se axuste ás características das instalacións.
b) Acontecementos de natureza exclusivamente artística e cultural, que se axusten ás características das instalacións e que non impliquen deterioro das mesmas, segundo criterio da Comisión de Goberno.
c) Actos públicos non incluídos en ningunha das liñas anteriores e que sexan de interese xeral. Neste suposto será precisa unha autorización específica da Alcaldía para cada caso.
CAPÍTULO II.- Competencias e funcións.-
Artigo 6.-
1) A Alcaldía é o órgano competente para autorizar ou denegar as autorizacións de utilización do pavillón polideportivo recollidas nas liñas b) e c) do artigo anterior.
2) En ausencia da Alcaldía ou por delegación desta, será o Concelleiro Delegado de Deportes.
Artigo 7.-
A Alcaldía, ou por delegación desta, o Concelleiro delegado de deportes, serán competentes para tramitar e impoñer sancións que correspondan por infracción ás normas do presente Regulamento.
Artigo 8.-
As delegacións de autorización para actos incluídos no artigo 5, será motivadas.
Artigo 9.-
Son competencia do Pleno da Corporación: a aprobación, modificación e derrogación deste Regulamento.
Artigo 10.-
O concelleiro delegado de deportes ten as seguintes competencias:
a) A elaboración dos informes que lle solicite a Alcaldía, a Comisión Informativa, a Comisión de Goberno ou o Pleno da Corporación.
b) O establecemento de directrices do horario de utilización do pavillón.
c) A proposición de convenios coas asociacións e entidades deportivas sobre utilización do pavillón, os que, previo informe da Comisión Informativa correspondente, se autorizarán ou non pola Alcaldía.
d) A resolución das incidencias ordinarias que xurdan na xestión do pavillón.
e) A resolución sobre peticións de autorización para os usos recollidos nos apartados a) do artigo 5 por delegación da Alcaldía.
Artigo 11.-
O encargado ou conserxe do pavillón polideportivo de acordo coas instruccións do Alcalde ou Concelleiro Delegado de Deportes, terá as seguintes funcións:
a) Custodiar o inmoble, a súas instalacións e elementos integrantes.
b) Abrir e pechar o pavillón e manter a orde dentro do mesmo durante a celebración das actuacións.
c) Realizar labores de mantemento, conservación e vixilancia das instalacións e arranxo de pequenas avarías ou danos que se rexistren.
d) Manter actualizado o inventario de mobles, materiais e equipamento do pavillón.
e) Elaborar o horario de utilización, do pavillón de acordo coas instruccións do Alcalde ou Concelleiro Delegado.
f) Resolver as incidencias que se produzan na preparación de desenvolvemento das actividades do pavillón.
g) Cumprir as ordes e instruccións que lle dea a Alcaldía ou Concelleiro Delegado no ámbito das súas funcións.
h) Comunicarlle ao Concello as incidencias que se rexistren, os danos que se produzan e as infraccións que se cometan nas instalacións do pavillón.
CAPÍTULO III.- Dereito e obrigas dos usuarios.-
Artigo 12.-
1) Tódolos cidadáns teñen dereito a acceder e usar as instalacións do pavillón polideportivo en condicións de igualdade, con subxección aos principios democráticos de convivencia, ás normas que contén este Regulamento e as instruccións que na súa execución dicten as autoridades municipais ou os funcionarios encargados da xestión do servicio.
2) O dereito de uso tamén se axustará ás condicións da autorización municipal e aos horarios aprobados regulamentariamente.
Artigo 13.-
1) Os usuarios teñen a obriga de colaborar no mantemento das debidas condicións de limpeza e hixiene das instalacións e respectar as normas sobre o uso axeitado do equipamento e o mobiliario do pavillón.
2) As avarías, danos ou danos que se orixinen no material ou nas instalacións como consecuencia dunha utilización impropia ou de neglixencia, darán lugar a responsabilidade por parte do seu autor ou autores, que lles será esixida polo Concello de conformidade co que dispón o ordenamento xurídico. Todo eso sen prexuízo da sanción administrativa que proceda.
Artigo 14.-
1) Está prohibido o consumo de calquera tipo de bebida ou de comidas na pistas e nos vestiarios do pavillón. Exceptuándose as bebidas que lle subministren aos xogadores nos seus banquiños.
2) Tamén esta prohibido fumar e posuír ou consumir bebidas alcohólicas en calquera das instalacións do pavillón.
Artigo 15.-
É obriga a utilización de vestimenta deportiva para o adestramento ou a práctica de actividades desa natureza no pavillón. En especial, non se permitirá o acceso á entrada da pista sen calzado axeitado.
CAPÍTULO IV.- Autorizacións e horarios.
Artigo 16.-
O horario de utilización do pavillón elaborarase, previa petición de autorización por parte dos equipos ou persoas interesadas. O cadro do horario semanal estará exposto ao público no Taboleiro de Anuncios do Concello e no pavillón.
Artigo 17.-
1) Como regra xeral os sábados e domingos se reservarán para competicións deportivas, con subxección á programación do curso escolar ou temporada deportiva.
2) Os luns, o pavillón permanecerá pechado por descanso do persoal.
3) O horario de utilización normal do pavillón será o seguinte:
-
De martes a venres, de Outubro a Abril, ambos incluídos, de 18:00 a 23:00 horas e de Maio a Setembro, ambos incluídos, de 19:00 a 24:00 horas. Nos convenios aos que chege o Concello cos equipos, clubs e asociacións deportivas, terase en conta as necesidades de deixar horas libres nese período de martes a venres para posibilitar a utilizacións do pavillón por persoas ou grupos de persoas que non se acolleron a ningún acordo.- 4) Poderase introducir modificacións nos horarios aprobados cando razóns urxentes de interese público así o esixan. Tal continxencia lle será comunicada aos afectados.
Os sábados e domingos, de forma que se garanta a celebración dos encontros de competición autorizados. Nestes días haberá de procurar que o persoal municipal encargado do pavillón conte co maior número de horas libres posibles.Artigo 18.-
1) A tramitación das solicitudes de autorizacións será a seguinte:
a) Deberáse presentar a solicitude para cada semana, o último venres da semana anterior ou o primeiro luns da corrente. Cada equipo ou persoa poderá pedir unha autorización dunha horas semanal renovable por unha segunda hora, se é que hai horas libres. O Concello poderá fixar un día determinado para a presentación desta segunda solicitude.
b) Os centros escolares teñen preferencia para a utilización do pavillón durante dúas horas cada día, que serán sinaladas polo Concelleiro delegado de deportes.
c) As escola deportivas municipais teñen reservada a utilización da pista sempre que a precisen, unha hora diaria.
d) A atribución de horas de utilización do pavillón procurarase que sexa rotativa.
e) Os equipos, clubs e asociacións deportivas do concello teñen preferencia sobre as peticións individuais e sobre os equipos de fóra do Concello.
2) Para os efectos previstos no apartado a) da liña anterior, os citados colectivos deberán inscribirse no rexistro municipal no que constarán a súa denominación, as modalidades deportivas que practiquen, o nome e apelidos dos seus compoñentes e o nome, apelidos, dirección postal e teléfono do seu representante ante o Concello.
Artigo 19.-
1) O usuario que estea autorizado para a utilización do pavillón e que por concorrer unha causa xustificada non vaia a facer uso do mesmo, deberá advertilo ao encargado ou conserxe cunha antelación mínima de 24 horas, salvo casos de forma maior. Se se dera aviso cunha antelación menor á mencionada o colectivo perderá o dereito a utilizar o pavillón durante unha semana; se non avisa en absoluto, perderá aquel dereito por un período de dúas semanas.
2) A reincidencia nas faltas previstas na liña anterior levará á perda do dereito de utilización do pavillón por un período de ata un mes.
3) Non se permite a cesión do uso do pavillón a terceiros.
Os usuarios están obrigados ao pago das tarefas do prezo público de utilización do pavillón aprobadas polo Pleno da Corporación ao presentar a solicitude de autorización.
Artigo 20.-CAPITULO V: Normas especiais para os clubs.
Artigo 21.-
Os clubs, entidades ou asociacións deportivas aos que pertenzan os solicitantes son solidariamente responsables cos autores, dos danos ou perdas que se causan nas instalacións do pavillón, sinaladas no artigo 13.2 deste Regulamento.
Artigo 22.-
O uso das instalacións durante unha ou máis temporadas non presupón dereito adquirido para as seguintes.
Artigo 23.-
Os clubs, entidades e asociacións deportivas son responsables de que durante o adestramento e os partidos mentes estean nos banquiños ou na pista o persoal que corresponda.
Artigo 24.-
Cada equipo usará os vestiarios que se lle asignen.
Artigo 25.-
Os equipos escolares deberán ir acompañados polos profesores ou adestradores que lles corresponda.
Artigo 26.-
O clubs ou asociación á que se lle permita a colocación de publicidade durante o partido ou competición, deberá retirala cando finalice este.
CAPÍTULO VI: Infraccións e sancións.
Artigo 27.-
1) A Alcaldía, previa audiencia dos interesados, sancionará aos usuarios que infrinxan as normas previstas neste Regulamento, perturben ou alteren a orde pública, causen danos nas instalacións ou, de palabra ou obra, lle falten aos respecto aos outros usuarios ou ao encargado do Polideportivo.
As sancións serán as de amoestación pública e/ou multa de 500 a 5.000 pesetas, e cando se trate de infraccións de carácter grave, a prohibición de acceso ao pavillón por un período de un mes a un ano.
Todo esto sen prexuízo da existencia das responsabilidades civís ou doutra natureza que procedan.
2) Para graduar a cuantía da sanción, atenderase á gravidade da infracción, á culpabilidade do autor, á entidade dos prexuízos causados ao Concello ou a terceiras persoas e á reiteración por parte do responsable.
DISPOSICIÓN ADICIONAL.-
1) Par o non previsto neste Regulamento rexerá a lexislación de Réxime Local.
2) Exporase ao público o mencionado Regulamento, por un prazo de trinta días hábiles, mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello e do Pavillón Polideportivo, coa finalidade de que as persoas ou as entidades interesadas poidan presentar as reclamacións ou suxerencias que estimen oportunas.
De non habelas, entenderase aprobado definitivamente o presente Regulamento.
3) A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da provincia e transcorrido o prazo referido no artigo 70.2, en relación co 65.2 da Lei 7/1985, Reguladora das bases de réxime local.