Tordoia - Ordenanza núm. 21, reguladora da licencia pola tenencia de animais potencialmente perigosos, do seu rexistro, da sección local do rexistro de animais de compañía e das taxas pola prestación de tales servicios

Publicación provisional: 20/11/2002 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 20/11/2002 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 01/01/2003

CAPÍTULO 1.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º.- Obxeto

1.- É obxecto da presente Ordenanza, a regulación da concesión e renovación das licencias administrativas para a tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos, ós que se refire o Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, polo que se regula la Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a regulación do Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos e a inscrición na Sección Local do Rexistro Galego de Animais de Compañía e das Taxas pola concesión e renovación das Licencias e Inscricións indicadas.

2.- Quedan excluídos da aplicación da presente Ordenanza os cans e animais pertencentes ás Forzas Armadas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos da Policía das Comunidades Autónomas, Policía Local e empresas de seguridade con autorización oficial.

Artigo 2º.- Definición de Animal Potencialmente Perigoso.

1.- Se consideran animais potencialmente perigosos, tódolos que pertencendo á fauna salvase, sendo utilizados como animais domésticos, ou de compañía, con independencia da súa agresividade, pertencen a especies ou razas que teñan capacidade de causa-la morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos a cousas.

2.- En particular terán a calificación de potencialmente perigosos, os animais domésticos ou de compañía que regulamentariamente se determinen pola Comunidade Autónoma de Galicia, en particular os pertencentes á especie canina definidos no Artigo 2.2 do Decreto 90/2002, de 28 de Febreiro, polo que se regula la Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os Rexistros Galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.

3.- En todo caso, aqueles cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. Esta agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio, ou previa notificación ou denuncia, e despois dun informe dun adestrador ou veterinario designado ó efecto.

CAPÍTULO II.- DA LICENCIA MUNICIPAL

Artigo 3º.- licencia Muicipal

1.- A tenencia no municipio de animais clasificados como potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente Licencia Municipal.

2.- Están obrigados á obtención de Licencia Municipal para a tenencia de animais clasificados como potencialmente perigosos os propietarios ou tecedores dos mesmos incluídos no Padrón de Habitantes, así como os establecementos ou asociacións, con sede neste municipio, que alberguen animais potencialmente perigosos ós que se refire o Decreto 90/2002 de 28 de febreiro da Comunidade Autónoma Galega e se dediquen a súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollida, residencia, centros recreativos e establecementos de venda colocados neste municipio.

3.- Os propietarios de animais potencialmente perigosos non aveciñados neste municipio deberán acreditar, cando se encontren residindo temporalmente no mesmo e mentres permaneza o animal no termo municipal, a tenencia da licencia no municipio de orixe.

4.-Nos casos de inscrición de animais como consecuencia de haber efectuado anteriores ataques a persoas, animais ou cousas, no Concello, unha vez coñecida a resolución ou sentencia, de oficio ou a instancia de calquera interesado directo, e previa tramitación de expediente administrativo con audiencia do interesado, requirirá ó propietario mediante resolución da Alcaldía, ó obxecto de que en prazo dun mes proceda á solicitude de licencia, efectuándose en caso contrario a retirada e depósito do animal de conformidade co establecido no artigo 9º desta Ordenanza.

Artigo 4º.- Requisitos para a obtención da Licencia.

1.- Para a obtención da Licencia administrativa con destino á tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporciona-los coidados necesarios ó animal.

b) Non haber sido condenados por delictos de homicidio, lesións, torturas contra liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenencia de animais potencialmente perigosos.

c) Non haber sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999 de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licencia, haber sido sancionado coa suspensión temporal da mesma, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.

d) Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica e de capacidade física para a tenencia de animais potencialmente perigosos.

e) Acreditar a formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan causar os seus animais na contía mínima de 125.000 Euros.

2.- Os requisitos esixidos deberán manterse vixentes durante todo o período da tenencia do animal; a perda dos mesmos dará lugar á revisión da Licencia nos termos recollidos no artigo 9º desta Ordenanza.

Artigo 5º.- Vixencia das licencias

1.- As licencias terán unha vixencia de cinco anos, á finalización da que deberán ser obxecto de renovación, debendo acreditarse en cada exercicio, para o seu mantemento:

a) A subscrición do seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.

b) A expedición do certificado de sanidade animal, expedido por autoridade competente, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigosos.

2.- A condena por calquera dos delictos recollidos ó apartado b) do artigo anterior dará lugar á revisión da licencia polo Concello.

Artigo 6º.- Acreditación

1.- A identificación da tenencia da Licencia Municipal de animais potencialmente perigosos acreditarase mediante entrega de certificación relativa á mesma.

2.- Por cada can que se posúa, expedirase unha tarxeta identificativa na que se fará constar os seguinte datos:

a) Nº de Licencia Municipal

b) Código de identificación do can

c) Raza

d) Titular da licencia e D.N.I

e) Nº de Rexistro Municipal

No dorso, se farán constar as persoas autorizadas polo titular da Licencia para uso temporal e transporte do animal

Artigo 7º.- Documentación

1.- Para a expedición da tarxeta identificativa de cada can requirirase a apartación dos seguintes datos:

a) Raza e sexo do animal.

b) Ano de nacemento.

c) Domicilio habitual do animal

d) Especificación se está destinado a convivir cos seres humanos ou se pola contra, ten dificultades distintas coma a garda, protección ou outra que se indica.

e) Nome do propietario

f) Domicilio do propietario.

g) DNI do propietario

h) Nome ou razón social e domicilio do vendedor ou cedente

i) Póliza de seguro de responsabilidade civil.

j) Certificado de aptitude psicolóxica e física nos termos recollidos nos artigos 4 e 5 do RD 287/2002 de 22 de marzo.

k) Certificado de penais

l) Certificado de sanidade animal expedido por autoridade competente, que acredite, con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigosos.

m) Xustificante do abono da Taxa por expedición da Licencia Municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos.

n) Certificado sanitario de esterilización se se efectuou a mesma.

o) Memoria descritiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais conforme o artigo 3.4 do Decreto 90/2002, no seu caso.

p) Facturas e xustificante da adquisición.

Os citados datos e, no seu caso, a documentación oportuna, deberá facilitala o adquirinte do animal no prazo de quince días a contar dende a súa tenencia efectiva.

2.- O certificado de sanidade animal deberá ser expedido polos Servicios Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia ou por un veterinario colexiado.

3.- Para a renovación da Licencia Municipal deberá aportarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de renovación

b) Copia compulsada da renovación do seguro de responsabilidade civil

c) Copia compulsada do certificado médico de sanidade animal

efectuado nunha data non anterior a dous meses á da renovación da licencia.

d) Xustificante do abono da Taxa Municipal

e) Certificado de capacidade física

f) Certificado de aptitude psicolóxica.

Artigo 8º.- Órgano competente para a concesión das Licencias Municipais

1.- As licencias Municipais para a tenencia de animais potencialmente perigosos, se concederán mediante resolución do órgano que teña atribuída a competencia en materia de Licencias, previa acreditación da incorporación da documentación esixida na presente ordenanza.

Artigo 9º.- Revisión, perda de licencias e depósito de animais.

1.- A perda de calquera dos requisitos esixidos no artigo 4º desta Ordenanza, dará lugar á revisión das licencias municipais concedidas e a súa retirada previa tramitación de expediente contradictorio.

2.- A retirada da licencia dará lugar á perda do dereito á tenencia do animal e a obriga do interesado do proceder, no prazo máximo de dez días a contar dende a recepción do requirimento, a súa entrega e depósito no establecemento adecuado ó efecto ata a obtención da mesma, salvo que o animal sexa obxecto de entrega a outro propietario ou sacrificio nos termos establecidos nos artigos 58,59 e 60 do

Decreto 153/1998 da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- En caso de incumprimento da obriga de depósito procederase a súa execución subsidiaria polo Concello, ou a Comunidade Autónoma, a través dos seus servicios ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación conleva a cargo e conta do antigo titular da licencia.

4.- O Concello poderá retirar dos espacios públicos e depositar de oficio en establecemento adecuado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha situación de abandono ou perigosidade para os usuarios das vías e espacios de uso común ou circulen por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou tecedor.

5.- Igualmente o Concello poderá retirar e depositar en establecemento adecuado aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñían da correspondente tarxeta de identificación no municipio de orixe ata tanto se acredite tal circunstancia polo titular do mesmo.

6.- A falta de licencia municipal para a tenencia de animais potencialmente perigosos dará lugar a un único requirimento municipal para a súa obtención no prazo de dez días e á retirada e depósito dos animais, nos termos establecidos neste artigo.

CAPÍTULO III.- DO REXISTRO MUNICIPAL

Artigo 10º.- Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

1.- Créase o Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, coio tratamento será informatizado, no que se fará constar con carácter obrigatorio de acordo con Decreto 90/2000, de 28 de febreiro, da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte documentación:

a) Código identificador do animal.

b) Zona de aplicación.

c) Especie.

d) Raza. En cruzamento de primeira xeración se especificará as razas de procedencia.

e) Sexo.

f) Descrición da capa.

g) Data de nacemento do animal.

h) Dirección habitual do animal.

i) Outros signos identificatorios non definitivos (tales como un tatuase ou un número de chapa se o animal foi censado nun censo municipal anteriormente).

j) Especificación de se o animal está destinado a convivir con seres humanos ou se teñen finalidades distintas como a garda, defensa ou outra que se indique.

k) Nome e apelidos do propietario do animal.

l) Dirección do propietario do animal.

m) Teléfonos de contacto do propietario do animal.

n) DNI do propietario do animal.

o) Nome, dirección, número de colexiado e número de veterinario colaborador que realiza a marcaxe.

p) Data na que se realiza a implantación da identificación e a entrega do documento ó propietario.

q) Data de alta no rexistro.

r) Certificado sanitario, expedido por un veterinario, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que poidan facer potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puideran estar relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.

s) Cartilla sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade. Na cartilla sanitaria figurará a catalogación de animal potencialmente perigoso.

t) Copia da licencia municipal de tenencia de animais potencialmente perigosos, a nome do propietario.

Acompañarase de copia da póliza que xustifique ter formalizado o seguro de responsabilidade civil.

u) Datos do centro de adestramento, se fora o caso.

v) Incidentes de agresión, se fora o caso.

2.- Os propietarios dos animais serán os responsables de identifica-los animais e de sufraga-los gastos que esto ocasione, independentemente do lugar de residencia de ditas persoas. A identificación definitiva suporá un requisito previo e obrigatorio para realizar calquera transacción do animal.

3.- O rexistro municipal é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso as Administracións Públicas e autoridades competentes, así como aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos obrantes no mesmo. A estes efectos considerarase, en todo caso, interese lexítimo o que ostenta calquera persoa física ou xurídica que desexe adquirir un animal destas características, así como aquelas que sufriran calquera tipo de agresión polo animal e desexen exerce-las accións correspondentes en calquera vía xurisdiccional, para o que deberán acreditar previamente a interposición da correspondente denuncia.

4.- En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no Rexistro será de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos Persoais.

Artigo 11º.- Inscrición no Rexistro

.

1.- A inscrición no Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos efectuarase de oficio polo Concello trala concesión da Licencia Municipal regulada no artigo 3º da presente Ordenanza.

2.- Non obstante, será igualmente obrigatoria a instancia do interesado, a inscrición no rexistro municipal, en sección aberta ó efecto, cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso a este municipio, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, debendo proceder á inscrición no prazo máximo de dez días a contar dende o inicio da residencia no municipio.

3.- Estimarase que se efectuou un traslado de animal potencialmente perigoso, salvo acreditación expresa en contrario polo interesado, nos casos de cambio de residencia do titular do mesmo en cuio caso será preciso a acreditación da obtención da licencia no municipio de orixe anterior, procedendo a renovación da licencia nos casos previstos na presente Ordenanza.

4.- Das inscricións que se efectúen no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos darase traslado o órgano correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.

5.- Igualmente nos casos de cambio de residencia dende o municipio sen prexuízo da obriga do interesado de dar conta do traslado do animal, notificarase ó Concello do municipio de nova residencia a titularidade por parte do interesado dun animal potencialmente perigoso.

Artigo 12º.- Baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

1.- A baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos efectuarase a instancia do interesado, previa acreditación da venda, traspaso, cesión ou morte do animal.

2.- Igualmente procederase á baixa no Rexistro no caso de traslado da residencia do titular do animal a municipio distinto e así quede acreditado xa sexa a instancia do interesado ou de oficio polo Concello.

3.- Farase figurar no Rexistro como de titularidade municipal aqueles animais depositados nas súas instalacións como consecuencia de recollida dos mesmos da vía pública ou por perda da licencia do seu anterior titular.

Artigo 13º.- Sección Local do Rexistro Galego de Identificación de animais de compañía.

1.- Ó amparo dos principios de lealdade institucional, cooperación e colaboración previstos no artigo 4 da Lei 30/1992, establécese unha Sección Local da Sección do Rexistro de Identificación de Animais de Compañía, limitada ós cans residentes no termo municipal, que formaranse cos datos que ó efecto se remitan polo Rexistro Galego. Cos datos contidos na Sección do Rexistro, formarase en data 31-12 de cada ano, o Censo ó que se refire o artigo 27 do Decreto 153/1998.

2.- Neste Rexistro farase constar a información contida no apartado 5 do artigo 5 do Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, da Comunidade Autónoma de Galicia, e que se recollen tamén nas letras da a) á s) do apartado 1 do artigo 10 da presente Ordenanza.

Artigo 14º.- Circulación e permanencia do can en vías públicas e locais

.

1.- Nas vías públicas e os espacios naturais protexidos os cans irán suxeitos con cadea ou correa.

2.- Os cans guía poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos, sempre que vaian acompañados polo seu dono e cumpran as condicións hixiénicas, sanitarias e de seguridade que prevén as Ordenanzas.

3.- Queda expresamente prohibida a entrada ou estancia de animais domésticos en toda clase de locais destinados á fabricación, almacenamento, transporte, venda ou manipulación de alimentos.

4.- Queda asemade prohibida a entrada ou estancia de animais domésticos en restaurantes, bares, cafeterías e similares.

5.- Prohíbese a circulación ou a estancia de cans e outros animais nas piscinas públicas e locais de espectáculos públicos, deportivos e culturais e nos recintos escolares.

6.- Os titulares de estes locais deberán colocar na entrada dos establecementos e en lugar visible o sinal identificativa de esta prohibición.

7.- Quedan exentos das prohibicións anteriores os cans guía que acompañen a persoas invidentes.

8.- Nas praias do municipio prohíbese a circulación e permanencia de cans durante o período de baño e nos horarios de uso da mesma.

9.- Queda prohibido deixar as deposicións fecais dos cans nas vías públicas. Os propietarios de cans son responsables de recoller convenientemente os excrementos e depositalos ou ben en bolsas de Basora domiciliaria, ou ben naqueles lugares que a autoridade municipal destine expresamente a esta finalidade.

10.- Queda expresamente prohibido que os cans accedan ás zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio.

11.- Prohíbese lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga amourados ás billas das fontes públicas.

12.- Conforme ó establecido no Artigo 112 apartado 5 do Decreto 90/2002, de 28 de febreiro da Comunidade Autónoma de Galicia, os cans catalogados como potencialmente perigosos terán que circular polas vías públicas e en lugares e espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a dous metros, provistos da correspondente buceira homologada e adecuada para a súa raza, e en ningún caso, poderán ser conducidos por un menos de 16 anos.

CAPÍTULO IV.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 15.- Infraccións.

1.- As infraccións que se cometan contra o disposto nesta Ordenanza clasifícanse en moi graves, graves e leves.

2.- Terán a consideración de infraccións administrativas moi graves, as previstas no Artigo 13.1 da Lei 50/1999, de 23 de decembro, do Estado, así como as establecidas no Artigo 21 da Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.- Terán a consideración de infraccións administrativas moi graves, as previstas no Artigo 13.2 da Lei 50/1999, de 23 de decembro, do Estado, así como as establecidas no Artigo 21 da Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia.

4.- Son infraccións administrativas leves o incumprimento de calquera das obrigas establecidas nesta Ordenanza, na Lei 50/1999, de 23 de decembro do Estado e na Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia non comprendidas nos párrafos anteriores e cuia competencia corresponda ó Concello, conforme ó previsto no Artigo 20.3 a) do Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, da Comunidade Autónoma de Galicia, e en particular os seguintes:

a) A non presentación no prazo requirido da documentación complementaria esixida no artigo 6.2 desta Ordenanza.

b) A non renovación no prazo dun mes da licencia concedida para a tenencia de animais potencialmente perigosos.

c) A non presentación cando lle sexa requirida da licencia do municipio de orixe de animais potencialmente perigosos polos propietarios non aveciñados neste municipio.

Artigo 16º.- Sancións.

1.- As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas con multas cuias contías serán as fixadas no Artigo 13.5 da Lei 50/1999 do Estado e no Artigo 24 da Lei 1/1993 da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.- En todo caso, as infraccións graves e moi graves tipificadas no Artigo anterior desta Ordenanza, poderán levar aparelladas como sancións accesorias a confiscación, decomiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, a clausura do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licencia para tenencia de animais potencialmente perigosos ou do certificado de capacitación do adestrador.

Artigo 17º.- Responsable.

1.- Considéranse responsables das infraccións os que por acción ou omisión participaran na comisión das mesmas, ó propietario ou tecedor dos animais, ou no seu caso, ó titular do establecemento, local ou medio de transporte no que se produzan os feitos, e neste último suposto, asemade, o encargado do transporte.

Artigo 18º.- Procedemento Sancionador.

1.- O procedemento sancionador aplicable rexerase polo establecido na Lei 50/1999, de 23 de decembro así como a Lei 30/92 de 26 de novembro e normas de desenrolo.

Artigo 19º.- Exercicio da Potestade Sancionadora.

1.- Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos Artigos 24.2 da Lei 1/1993, de 13 de abril, da Comunidade Autónoma de Galicia serán:

a) Por infraccións leves, o Alcalde.

b) Por infraccións graves, o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.

c) Por infraccións moi graves, o Conselleiro de Medio Ambiente.

2.- A incoación e tramitación dos expedientes polas infraccións tipificadas como leves lle corresponde ó Concello.

Non obstante , o Alcalde poñerá en coñecemento de xeito fidedigno, do Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, toda acción ou omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi grave.

3.- Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o Alcalde poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación dun expediente sancionador.

CAPÍTULO IV.- DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENCIA, RENOVACIÓN,INSCRICIÓNS REXISTRALES E AS SÚAS MODIFICACIÓNS E CANCELACIÓNS.

Artigo 20º.- Obxecto.

1.- De conformidade co disposto nos Artigos 15 ó 19 en relación co artigo 20 da Lei 39/88, de 28 de decembro, do Estado, Reguladora das Facendas Locais , establécese a Taxa por prestación de servicios especiais de expedición de Licencia, as súas renovacións, inscricións rexistrais e as súas modificacións e cancelacións..

Artigo 21º.- Feito Impoñible.

1.- O feito impoñible da Taxa é a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións reguladas nesta Ordenanza para a concesión da licencia indicada, a actividade de control que se efectuará nas renovacións que da mesma deban verificarse, a tramitación, control e custodia que de ela se establece e aqueles outros servicios que se recollen nas Tarifas de esta Ordenanza.

Artigo 22º.- Suxeito Pasivo.

1.- Son suxeitos pasivos da Taxa os propietarios de animais que soliciten a inscrición no rexistro municipal e que están obrigados a súa renovación.

2.- En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen a súa explotación , cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos e establecementos de venda.

Artigo 23º.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedade e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 24º.- Devengo

1.- O devengo da taxa producirase coa solicitude de calquera dos actos ós que se refire o feito impoñible.

2.- A non concesión da licencia, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas.

Artigo 25º.- Tarifas.

1.- Licencia de Cans Potencialmente Perigosos. 29,32Euros.

2.- Ficha Identificativa individual. 6,69Euros

3.- Renovación de Licencias. 26,43Euros

4.- Inscrición no Rexistro A.P.P. 10,54Euros

5.- Inscrición no Censo de Animais de Compañía. 8,61Euros

6.- Modificacións Rexistrais. 6,21Euros

7.- Cancelación Rexistral. 7,65Euros

8.- Os actos ós que se refiren os epígrafes 1,3,4 e 7, cando se soliciten polos suxeitos pasivos a que se refire o número 2 do Artigo 22, terán un recargo do 20 por cento.

Artigo 26º.- Ingreso da Taxa.

1.- O ingreso da Taxa efectuarase en réxime de autoliquidación e con carácter previo ó acto que o motiva.

Artigo 27º.- Infraccións e sancións.

1.- En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos, 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA.

1.- Quedan excluídos da obriga de obtención de licencia municipal, aqueles exemplares caninos que foran obxecto de adestramento baixo a supervisión directa da ONCE e sexan destinados a guía de persoas invidentes.

DISPOSICIÓN FINAL.

http://www.parametrodigital.es/tordoia/datos/ordenanzas/21.pdf

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 20 de Novembro de 2002, sendo de aplicación a partir do 1ºde Xaneiro de 2003, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.