Cerdido - ordenanza reguladora da taxa polo uso das instalacións deportivas e culturais do Concello de Cerdido:

Publicación provisional: 04/05/1999 BOP Nº: 99
Publicación definitiva: 04/05/1999 BOP Nº: 99
Aplicable dende: 14/05/2010

Artigo 1.-Obxecto.

De conformidade co establecido no artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 15 a 19 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo uso das instalacións deportivas e culturais do Concello.

Artigo 2.-Feito imponible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa o uso das instalacións deportivas e culturais do Concello, agás a piscina municipal, por parte de persoas físicas e xurídicas. Non estará suxeito a este tributo o uso destas instalacións por parte do Concello e do colexio público de Cerdido, así como os actos que organiza ou patrocina o Concello.

Artigo 3.-Suxeito pasivo. Responsables.

Serán suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten a utilización das instalacións deportivas e culturais do Concello. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e alcance que establece o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 4.-Execcións.

Non se recoñecerán outras exencións ou beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei, ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 5.-Cota tributaria.

A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa en función do seguinte baremo.

 

Concepto
Euros
Actividades deportivas ou culturais sin animo de lucro a persoas fisícas
6 euros / hora
Actividades deportivas ou culturais sin animo de lucro a persoas xurídicas
15 euros / hora
Actividades deportivasou culturais con animo de lucro
20 euros / hora
Outras Actividades realizadas nestas instalacións ou uso exclusivo por hora
20 euros / hora
Outras Actividades realizadas nestas instalacións ou uso exclusivo por día
100 euros /día
Actividades deportivas realizadas no campo de futbol
25 euros / hora

O ánimo de lucro presúmese naquelas actividades que se cobre unha tarifa ou cota ós participantes. Aplicarase a tarifa correspondente a persoas xurídicas cando a utilización da instalación sexa realizada para máis de 10 persoas físicas á vez aínda que o solicitante sexa unha persoa física.

Artigo 6.-Obriga de pagamento. Réxime de declaración e ingreso.

A obriga de pagamento da taxa nace dende o momento que se proceda o uso destas instalacións. O pagamento da taxa terá lugar por ingreso directo no momento de solicita-la utilización da instalación, con carácter de depósito previo, podéndose empregar o procedemento de declaración - liquidación ou de autoliquidación.

Para aquelas persoas que soliciten a utilización dunha instalación deportiva con carácter periódico, poderán realizar o ingresos desta taxa conxuntamente polos dias solicitados. No caso que se soliciten mais de catro dias, as tarifas aplicables seranlle de aplicación unha bonificación dun 10 % da cota. Para aquelas persoas que soliciten a utilización dunha instalación par uso cultural con carácter periódico, poderán realizar o ingresos desta taxa conxuntamente polos dias solicitados. No caso que se solicite o uso de mais de 100 horas, as tarifas aplicables seranlle de aplicación unha bonificación dun 50 % da cota.

Artigo 7.-Normas de xestión:

A utilización das instalacións deportivas, obxecto desta taxa, haberá ter lugar fóra do horario do centro escolar do Concello. Os horarios e calendarios de utilización da instalación municipal serán fixadas por decreto da Alcaldía e publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello. A utilización das instalacións culturais existentes no Concello quedarán condicionadas ó horario que reste das actividades que teña programado o Concello dentro do calendario de actividades que se realicen nas citadas instalacións. As solicitudes para a realización de actividades diversas, actos extradeportivos, competicións ou torneos presentaranse no rexistro do Concello cunha antelación de cinco días hábiles ó da data da realización da actividade.

As autorizacións do uso da instalación serán concedidas pola Alcaldía, quen poderá esixi-la constitución dunha garantía en metálico cando a actividade a realizar poida ocasionar danos ou deterioros da instalación, a contía establecerase segundo a estimación previa dos riscos e perigos de deterioro que se poidan ocasionar pola actividade que se realice. No caso que o uso das instalacións producise a destrucción ou deterioro das instalacións municipais, o suxeito pasivo da taxa estará obrigado o reintegro dos gastos de reconstrucción ou reparación que se producisen. Terán preferencia para o uso das instalacións aquelas actividades promovidas ou patrocinadas polos veciños do Concello de Cerdido.

Artigo 8.

En materia de sancións e infraccións estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia