Teo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de licenzas de apertura de establecemento
Artigo 1.-Fundamento e natureza
Artigo 2.-Feito impoñible
1.-Constitúe o feito impoñible desta taxa, a realización da actividade administrativa municipal tendente a comprobar que se dan as condicións estabrecidas na lexislación e nas Ordenanzas Municipais para a apertura de establecementos comerciais ou industriais, tanto se esta actividade se produce como consecuencia dunha petición do interesado, como se se orixina por comprobacións ou inspeccións da apertura sen que o titular tivese solicitado ou obtido a licenza.
2.-Aos efectos da aplicación deste tributo, se considera como apertura, estando por tanto suxeito ao pago da taxa:
a) Os primeiro establecementos
b) Os traslados de locais.
c) Os cambios de actividade desenvolta en locais, aínda que continúe o mesmo titular, ou a ampliación das actividades exercidas no establecemento.
d) Os traspasos, transmisións, cesións,cambios de forma societaria, unións e fusións de empresas e cambios de denominacións social.
3.-Enterase por establecemento, que require a obtención de licenza para a súa apertura:
a) Os locais adicados ao exercicio habitual do comercio. Se presumirá dita habitualidad nos casos a que se refire a lexislación mercantil e fiscal, e, específicamente, cando a realización da actividade esté suxeita a tributación polo IAE.
b) Os locais nos que se desenvolva unha actividade económica de carácter comercial, industrial, de servizos, profesional ou artística.
c) Toda edificación habitable cuxo destiño principal non sexa a vivenda, e que se dedique a:
-Casinos ou círculos adicados ao esparcimento ou recreo dos seus membros ou asociados.
-Depósito ou almacén, aínda que esté pechado ao público.
-Actividades que, tendo ou non un fin lucrativo, impliquen a presencia habitual de persoas no local.
-Locais nos que se realicen usos e actuacións contempladas no Regulamento de Actividades Molestas, Nocivas, Insálubres ou Perigosas.
-Locais e recintos nos que se realicen espectáculos públicos.
-Oficinas, despachos, bufetes, escritorios, consultorios ou estudos abertos ao público, onde se exerzan actividades artísticas, profesionais ou de ensino con fins lucrativos e suxeitas ao IAE.
Artigo 3.-Devengo
Devengase a taxa e nace a obriga de contribuír:
a) dende que, ao solicitar a licenza, se inicia a actividade administrativa.
b) Non existindo solicitude do interesado, dende que a Administración teña coñecemento de que se realiza a actividade no establecemento e se inicie un expediente de inspección, de denuncia ou de calquer outro procedemento lexítimo.
Artigo 4.-Suxeito pasivo
1.-É suxeito pasivo, en concepto de contribuínte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da LXT, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou que se desenvolve no establecemento.
2.-Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da LXT.
3.-Serán responsables subsidiarios, os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e có alcalce que sinala o artigo 43 da LXT.
Artigo 5.-Beneficios fiscais
Artigo 6.- Base impoñible e Cota tributaria
1.-Se considerará base impoñible o importe da cota tributaria resultante do IAE, con independencia de que esté ou non exento do seu pago.
A cota tributaria será o resultado de aplicar á base impoñible, o tipo de gravámen do 50%.