Padrón - Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial

Publicación provisional: 08/03/2010 BOP Nº: 44
Publicación definitiva: 06/05/2010 BOP Nº: 84
Aplicable dende: 25/05/2010

CAPÍTULO PRIMEIRO: NORMAS XERAIS

Artigo 4.Usuarios.

Os usuarios das vías están obrigados a comportarse de forma que non entorpezan indebidamente a circulación nin causen perigo, prexuízos ou molestias innecesarias ás persoas, ou danos aos bens.

Artigo 5.Normas de comportamento dos peóns.

1. Os peóns transitarán polas beirarrúas, as plataformas ou os paseos, preferentemente pola súa dereita, de forma que non obstrúan ou dificulten a circulación por elas doutros viandantes, gozando sempre de preferencia as persoas de mobilidade reducida. Nas vías urbanas sen beirarrúas ou con beirarrúas que non permitan o paso simultáneo de dúas persoas, pero que estean abertas ao tráfico de vehículos, os peóns han de extremar as precaucións e circular cerca das fachadas dos edificios, polo lugar más afastado do centro da calzada.

2. Os peóns utilizarán os pasos sinalizados para cruzar as calzadas e, nos lugares que carezan destes, farano polos extremos das mazás, perpendicularmente á calzada, asegurándose antes da non proximidade dalgún vehículo.

3. Ao chegar a unha praza ou rotonda, os peóns deberán rodeala, salvo que estea habilitado un paso para cruzala.

4. Nos pasos de peóns regulados por semáforo, os peóns deberán respectar as súas sinais ou fases que lles afecten, así como calquera outro tipo de sinalización específica da vía pública.

5. Os peóns deberán respectar as sinales dos Axentes da Autoridade encargados da vixilancia do tráfico, e seguir as súas indicacións.

Artigo 6.Zonas peonís.

1. O Concello poderá establecer illas ou zonas peonís nas que, como norma xeral, será prioritaria a circulación de peóns, e restrinxirase total ou parcialmente a circulación e o estacionamento de vehículos excepto nas zonas especialmente autorizadas.

2. As illas ou zonas peonís disporán da sinalización correspondente á entrada e á saída. Nas sinales indicaranse as limitacións e os horarios, se procede, sen prexuízo de que se poidan utilizar outros elementos móbiles ou telemáticos que impidan a entrada e a circulación de vehículos na rúa ou zona afectada.

3. A prohibición de circulación e de estacionamento nas illas ou zonas peonís poderá establecerse con carácter permanente ou referirse unicamente a unhas determinadas horas do día ou a uns determinados días, e poderá afectar a todas ou só algunhas das vías da zona delimitada.

4. As limitacións de circulación e de estacionamento que se establezan nas illas ou zonas peonís non afectarán aos seguintes vehículos:

a. Os do servizo de prevención e extinción de incendios, dos Corpos e Forzas de Seguridade, ambulancias e transporte sanitario e a aqueles outros vehículos de servizos públicos de limpeza, reparación ou similares, para a prestación do servizo correspondente.

b. Os que trasladen enfermos ou persoas discapacitadas con domicilio ou atención dentro da área.

c. Os que accedan ou salgan de garaxes e estacionamentos autorizados, durante o horario que fixe a licenza correspondente.

d. Os vehículos comerciais ou industriais terán acceso durante o tempo imprescindible para cargar ou descargar, dentro do horario establecido. As tarefas de carga e descarga realizaranse nos espazos indicados ao efecto.

e. Os vehículos destinados a operacións de mudanzas de mobles e pertenzas terán acceso á zona e permiso para estacionar nas condicións e horarios establecidos, para cada caso, na autorización municipal correspondente, segundo dispón o artigo 38.4 desta Ordenanza.

f. Os vehículos destinados ao transporte escolar, nos itinerarios e paradas fixados ao efecto pola Autoridade municipal, de conformidade co establecido no artigo 24 desta Ordenanza.

5. O Concello poderá ordenar a utilización de distintivos para identificar aos vehículos autorizados a circular nas zonas restrinxidas, que deberán colocarse en lugar visible, preferentemente no parabrisas.

Artigo 7.Zonas de prioridade invertida e regulación de tráfico en circunstancias especiais.

1.A Administración Municipal poderá establecer zonas nas cales as condicións de circulación de vehículos queden restrinxidas a favor da circulación e uso da calzada por parte dos peóns.

2.Cando circunstancias especiais así o requiran, a Autoridade Municipal, por medio da Policía Local, poderá tomar as medidas que sexan oportunas para a adecuada regulación do tráfico, tales como:

a) A restrición ou prohibición da circulación de vehículos en xeral ou dunha categoría en particular por determinadas zonas de poboación.

b) A canalización do tráfico por determinadas vías.

c) A reordenación, restrición ou prohibición da parada ou o estacionamento en determinadas vías.

Artigo 8.Control do vehículo e outras obrigacións do condutor.

1. Os condutores deberán estar en todo momento en condicións de controlar os seus vehículos ou animais. Ao aproximarse a outros usuarios da vía, deberán adoptar as precaucións necesarias para a súa seguridade, especialmente cando se trate de nenos, anciáns, invidentes ou outras persoas manifestamente impedidas.

2. O condutor dun vehículo está obrigado a manter a súa propia liberdade de movementos, o campo necesario de visión e a atención permanente á condución, que garantan a súa propia seguridade, a do resto dos ocupantes do vehículo e a dos demais usuarios da vía. A estes efectos, deberá coidar especialmente de manter a posición adecuada e que a manteña o resto dos pasaxeiros e a adecuada colocación dos obxectos ou animais transportados, de forma que non haxa interferencia entre o condutor e calquera deles.

3. Considérase incompatible coa obrigatoria atención permanente á condución o uso polo condutor, co vehículo en movemento, de dispositivos tales como pantallas con acceso a internet, monitores de televisión e reprodutores de vídeo ou DVD. Exceptúanse, a estes efectos, o uso de monitores que estean á vista do condutor e cuxa utilización sexa necesaria para a visión de acceso ou baixada de pasaxeiros ou para a visión en vehículos con cámara de manobras traseiras, así como o uso de dispositivo GPS.

4. Queda prohibido conducir e utilizar cascos ou auriculares conectados a aparatos receptores ou reprodutores de son, excepto durante a correspondente ensinanza e a realización das probas de aptitude en circuíto aberto para a obtención do permiso de condución de motocicletas de dúas rodas, cando así o esixa o Regulamento Xeral de Condutores.

5. Prohíbese, durante a condución, a utilización de dispositivos de telefonía móbil e calquera outro medio ou sistema de comunicación, agás cando o desenvolvemento da comunicación teña lugar sen empregar as mans nin usar cascos, auriculares, ou instrumentos similares.

Quedan exentos de dicha prohibición os Axentes da Autoridade, os condutores de vehículos especiais e de acompañamento destes, de furgóns de transporte de fondos e de escolta debidamente acreditados, no exercicio das funcións que teñan encomendadas.

6. Prohíbese que nos vehículos se instalen mecanismos ou sistemas, se leven instrumentos ou se acondicionen de forma encamiñada a eludir a vixilancia dos Axentes de tráfico e que se emitan ou fagan sinais con dicha finalidade, así como a utilización de mecanismos de detección o inhibición de radares.

7. Prohíbese levar abertas as portas do vehículo, abrilas antes da súa completa inmobilización e abrilas ou apearse do mesmo sen terse asegurado previamente de que elo non implica perigo ou entorpecemento para outros usuarios, especialmente cando se refire a condutores de bicicletas.

8. Queda prohibido circular con menores de doce anos situados nos asentos dianteiros do vehículo salvo que utilicen dispositivos homologados ao efecto. Así mesmo, queda prohibido circular con menores de doce anos como pasaxeiros de ciclomotores ou motocicletas con ou sen sidecar, por calquera clase de vía. Excepcionalmente permítese esta circulación a partir dos sete anos, sempre que os condutores sexan os pais ou as nais, titores ou persoa maior de idade autorizada por eles, utilicen casco homologado e se cumpran as condicións específicas de seguridade establecidas regulamentariamente.

Artigo 9.Circulación de motocicletas e ciclomotores.

As motocicletas e os ciclomotores non poden circular polas beirarrúas, plataformas, paseos nin carril bici.

Artigo 10.Circulación de bicicletas.

1. As bicicletas deberán estar dotadas dos elementos reflectantes debidamente homologados que regulamentariamente se determinen e que deberán posuír estes vehículos con arranxo a dita normativa. Cando sexa obrigatorio o uso de alumeado, os condutores de bicicletas deberán, ademais, levar colocada algunha prenda reflectante, se circulan por vía interurbana.

2. As bicicletas circularán polos carrís especialmente reservados, respectando a preferencia de paso dos peóns que os crucen. De circular pola calzada por non haber vial reservado, o efectuarán preferiblemente polo carril da dereita, salvo que teñan que realizar un xiro próximo á esquerda.

3. Agás en momentos de aglomeración, as bicicletas, poderán circular polos parques públicos, as zonas peonís, os paseos, as beirarrúas suficientemente amplas e as zonas de prioridade invertida sen carril bici, nas seguintes condicións:

1. Respectarán a preferencia dos peóns.

2. Adecuaran a velocidade á dos peóns sen superar os 10 Km/h.

3. Absteranse de zigzaguear ou realizar calquera outra manobra que poida afectar á seguridade dos peóns.

4. Cando os ciclistas circulen en grupo polas vías urbanas deberán respectar individualmente a sinalización semafórica que lles afecte.

5. As bicicletas non poderán circular por vías urbanas nas que se permita unha velocidade superior aos 50 Km/h e carezan de beiravía.

Artigo 11.Velocidade dos vehículos que circulen por núcleo urbano.

1. O límite máximo autorizado de velocidade a que poderán circular os vehículos por vías urbanas será de 50 Km/h, salvo para os vehículos que transporten mercancías perigosas, que circularán como máximo a 40 km/h, sen prexuízo de que a Autoridade municipal, vistas as súas características peculiares, poida establecer en certas vías e/ou zonas límites inferiores ou superiores.

Nas zonas peonís, en rúas de un só carril ou de gran aglomeración de persoas, os vehículos non poderán exceder a velocidade de 10 Km/h.

2. Todo condutor estará obrigado a respectar os límites de velocidade establecidos. Co fin de adecuar a velocidade do vehículo de maneira que sempre poida deter a marcha do mesmo dentro dos límites do seu campo de visión e ante calquera obstáculo, deberá ter en conta, ademais:

1. As propias condicións físicas e psíquicas.

2. As características e estado da vía, do vehículo e da súa carga.

3. As condicións meteorolóxicas, ambientais e de circulación.

4. En xeral, todas aquelas circunstancias en cada momento concorrentes.

3. Poderase circular por debaixo dos límites mínimos de velocidade nos casos de transportes e vehículos especiais, ou cando as circunstancias do tráfico impidan o mantemento dunha velocidade superior á mínima sen risco para a circulación, así como nos supostos de protección ou acompañamento a outros vehículos, nas condicións que regulamentariamente se establezan.

Artigo 12.Actividades que afecten á seguridade da circulación.

1. A realización de obras, instalacións, colocación de contedores, mobiliario urbano ou calquera outro elemento ou obxecto de forma permanente ou provisional nas vías obxecto desta Ordenanza necesitará a previa autorización municipal e rexeranse polo disposto nesta norma e nas leis de aplicación xeral. As mesmas normas serán aplicables á interrupción das obras, en razón das circunstancias ou características especiais do tráfico que poderá levarse a efecto a petición da Autoridade municipal.

2. Prohíbese arroxar, depositar ou abandonar sobre a vía substancias ou materiais que poidan entorpecer a libre circulación, parada ou estacionamento, facelo perigoso ou deteriorar aquela ou as súas instalacións, ou producir na mesma ou nas súas inmediacións efectos que modifiquen as condicións apropiadas para circular, parar ou estacionar. Así mesmo, prohíbese arroxar á vía ou nas súas inmediacións calquera obxecto que poida dar lugar á produción de incendios ou, en xeral, poñer en perigo a seguridade vial.

Os vehículos, especialmente cando se incorporen á vía pública procedentes de obras, desmontes ou fincas de labranza adoptarán as medidas necesarias para manter as vías limpas de terra, barro ou outros materiais, obxectos e aparatos.

3.Quen creara sobre a vía algún obstáculo ou perigo deberán facelo desaparecer o antes posible, adoptando mentres as medidas necesarias para que poida ser advertido aos demais usuarios e para que non se dificulte a circulación.

4. Prohíbese ocupar unha vía de dominio público por causa de actividades ou instalacións sen autorización municipal.

5. Prohíbese expresamente a limpeza, lavado ou reparación de vehículos na vía pública.

Artigo 13.Emisión de perturbacións e contaminantes.

1. Non poderán circular polas vías obxecto desta Ordenanza os vehículos con niveis de emisión de ruído superiores aos regulamentariamente establecidos; así como tampouco emitindo gases ou fumes en valores superiores aos límites establecidos e nos supostos de ser obxecto dunha reforma de importancia non autorizada.

Todos os condutores de vehículos quedan obrigados a colaborar nas probas regulamentarias de detección que permitan comprobar as posibles deficiencias e reformas indicadas.

2. Tanto nas vía públicas urbanas como nas interurbanas prohíbese a circulación de vehículos a motor e ciclomotores co chamado escape libre, sen o preceptivo silenciador das explosións.

Prohíbese, así mesmo, a circulación dos vehículos mencionados cando os gases expulsados polos motores, en lugar de atravesar un silenciador eficaz, saian desde o motor a través dun incompleto, inadecuado, deteriorado ou a través de tubos resoadores e a dos de motor de combustión interna que circulen sen acharse dotados dun dispositivo que evite a proxección descendente ao exterior de combustible non queimado ou lancen fumes que poidan dificultar a visibilidade aos condutores doutros vehículos ou resulten nocivos.

Os axentes da autoridade poderán inmobilizar o vehículo no caso de que supere os niveis de gases, fumes e ruídos permitidos regulamentariamente, segundo o tipo de vehículo, conforme ao artigo 70.2 do texto articulado da Lei sobre Tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

3. Queda prohibida a emisión dos contaminantes a que se refire o apartado 1 producida por vehículos a motor por encima das limitacións previstas nas normas reguladoras dos vehículos.

4. Igualmente queda prohibida dicha emisión por outros focos emisores de contaminantes distintos dos producidos por vehículos a motor, calquera que fose a súa natureza, por encima dos niveis que o Goberno estableza con carácter xeral.

Quedan prohibidos, en concreto, os vertedoiros de lixo e residuos dentro da zona de afección das estradas, en todo caso, e fora dela cando exista perigo de que o fume producido pola incineración do lixo ou incendios ocasionais poida alcanzar a estrada.

CAPÍTULO PRIMEIRO: OBRAS

Artigo 35: Dos contedores e da carga e descarga en obras

1. Nas obras de construción ou remodelación de edificacións, o Concello poderá autorizar:

a) Vaos provisionais, sempre e cando se dispoña dun espazo no interior do solar ou inmoble, susceptible de ser utilizado para realizar labores de carga e descarga.

b) Reservas de espazo provisionais na vía pública, cando carezan de espazos interiores suficientes, para realizar actividades de carga e descarga ou colocación de contedores para materiais de construción ou retirada de escombros e similares.

2. A colocación de contedores por obras na vía pública, requirirá autorización previa do Concello. A colocación dos mesmos realizarase de acordo coas condicións que estableza o documento de autorización.

3. Cando por razóns de interese público se deberan realizar obras, operacións de limpeza ou acontecementos de índole diversa, limitarase o uso ou goce da licenza ou autorización concedida, cando así se requira.

CAPÍTULO PRIMEIRO: DAS AUTORIZACIONS PARA ENTRADA E SAIDA DE VEHÍCULOS (VAOS)

Artigo 50.Vaos

1. Está suxeito a autorización municipal o acceso de vehículos ao interior de inmobles cando sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público ou que supoña un uso privativo ou unha especial restrición do uso que corresponda a todos os cidadáns respecto a todos estes bens ou impida o estacionamento ou parada doutros vehículos na fronte pola que se realiza o acceso.

2. Queda prohibida a saída de vehículos en chafráns dos edificios, debendo gardar unha distancia mínima de cinco metros á esquina máis próxima.

3. É obrigatorio dispoñer de cinco metros como mínimo nun plano horizontal dentro do local e antes de saír ao exterior na liña de fachada, salvo excepcións xustificadas.

4. As portas de garaxe non excederán na súa apertura a liña de fachada.

Artigo 51. Obrigacións do titular do vao

Ao titular do vao ou á comunidade de propietarios correspondente, seranlle de aplicación as seguintes obrigacións:

a) A limpeza dos accesos ao inmoble de graxa, aceites ou outros elementos producidos como consecuencia da entrada e saída de vehículos.

b) Colocar as sinais de vao permanente en zona visible da porta de entrada ou saída do inmoble.

c) Á adquisición das sinais de vao aprobadas polo Concello.

d) A abonar os gastos que ocasione a sinalización, así como as obras necesarias, nos termos que establece o artigo 55.2 da presente Ordenanza.

Artigo 52. Autorización.

1. A autorización de entrada e saída de vehículos será concedida pola Alcaldía ou Concellería Delegada competente, a proposta dos servizos municipais correspondentes.

2. A autorización de entrada e saída de vehículos poderá ser solicitada polos propietarios e os posuidores lexítimos dos inmobles aos que se haxa de permitir o acceso, así como polos promotores ou contratistas no suposto de obras.

Artigo 53.Documentación.

O expediente de concesión de autorización de entrada e saída de vehículos poderá iniciarse de oficio ou previa petición dos interesados que haberá de acompañarse da seguinte documentación:

1) Plano de situación a escala 1:2.000 da cartografía municipal.

2) Plano da fachada do inmoble con acotacións expresas da entrada solicitada a escala 1:50.

3) Plano de planta e número de prazas existentes por planta.

4) Fotografía da fachada do inmoble.

5) Licenza de obras e primeira ocupación cando en eles conste expresamente zona ou reserva de aparcamento.

6) Licenza de habilitación do local para garaxe (cando requira obra).

7) Licenza de modificación de uso (cando non requira obra).

8) Licenza de apertura:

a) Cando nela consta expresamente zona de aparcamento.

b) Cando, aínda que non conste expresamente, se outorgue para o desenrolo de actividade de taller de reparación de vehículos, de venta ou aluguer ou exposición de vehículos, lavado e engraxe de vehículos, inspección de vehículos, estaciones de servizo ou outras similares que precisen o acceso de vehículos ao interior do inmoble para o desenvolvemento normal da súa actividade, tales como centros hospitalarios, ambulancias, centros de peritación de danos, etc.

Artigo 54. Tipos de vaos.

1. As autorizacións para entradas e saídas de vehículos poden ser dos seguintes tipos:

1) Permanentes:

a) Garaxes privados ou de comunidades de propietarios con máis de tres vehículos e unha superficie mínima de 60 m2.

b) Garaxe público con capacidade superior a dez prazas e talleres con cabida superior a dez vehículos, sempre e cando acrediten que prestan servizos permanentes de urxencia.

c) Garaxes destinados a vivenda unifamiliar.

d) Edificios ou instalacións de equipamentos comunitarios de carácter sanitario, hospitais e ambulatorios.

e) Gasolineiras, estacións de servizo, venta de carburantes.

f) Aparcamentos de promoción pública.

g) Edificios destinados a organismos oficiais, cando a natureza do mesmo o esixe.

2) Laborais:

a) Talleres con capacidade inferior a dez vehículos ou que aínda tendo unha capacidade superior, non xustifiquen que prestan servizo permanente de urxencia.

b) Obras de construción, derribo, reforma e reparación de edificios.

c) Almacéns de actividades comerciais.

d) Concesionarios de automóbiles, compraventa de vehículos usados e aluguer sen condutor.

e) Outras actividades de características análogas.

O horario laboral, establécese con carácter xeral de 8:00 a 20:30 horas, con excepción de domingos e festivos.

3) Nocturnas:

a) Garaxes destinados a comunidades de propietarios ou propietarios individuais nos que a capacidade do local sexa inferior a catro vehículos.

b) Garaxes de comunidade con capacidade do local superior a dez vehículos nos casos en que esta modalidade de autorización sexa solicitada.

O horario en que se autorizarán será de 21:00 a 9:00 horas durante todos os días da semana.

2. O Concello poderá iniciar de oficio a concesión de vao en aqueles casos en que coñeza o exercicio dun particular do dereito que lle outorga unha licenza municipal para a actividade de garaxe, en cuxo caso, comprobada a existencia de dito acto administrativo e, previa notificación ao titular da licenza, procederase ó seu outorgamento e alta nos padróns municipais afectados, momento a partir do cal o titular deberá cumprir as obrigas derivadas das Ordenanzas substantiva e fiscal.

Artigo 55. Sinalización.

1. As entradas e saídas de vehículos que se autoricen sinalizaranse e delimitaranse simultaneamente con dous tipos de sinales:

a) Vertical: Placa de prohibición de estacionamento axustado ao modelo oficial, que será facilitada polo Concello previo abono das taxas correspondentes.

A placa deberá instalarse en zona visible da porta de entrada ou saída do inmoble, preferentemente no lateral dereito ou no seu defecto, na zona central superior da fachada da porta. Excepcionalmente, naqueles inmobles con accesos de longo recorrido, permitirase que se coloque en barra vertical.

b)Horizontal: Franxa amarela de lonxitude correspondente á do ancho da entrada, pintada no borde ou na calzada xunto ao borde.

Non se permitirá en ningún caso colocar ramplas ocupando a calzada.

No suposto de que o interesado necesite realizar algunha obra de adaptación do vao deberá pedir o correspondente permiso de obra.

2. Os gastos que ocasione a sinalización descrita no apartado anterior, así como as obras necesarias, serán a conta do solicitante, que virá obrigado a manter a sinalización tanto vertical como horizontal nas debidas condicións durante todo o período de vixencia da autorización.

Artigo 56.Responsabilidade polo uso.

Os desperfectos ocasionados en beirarrúas con motivo do uso especial que comporta a entrada e saída de vehículos con ocasión da autorización concedida serán responsabilidade dos titulares de dita autorización, quen virán obrigados á súa reparación, a requirimento da Autoridade municipal, dentro do prazo que ao efecto se outorgue. O incumprimento desta obrigación dará lugar á execución forzosa nos termos regulados na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Artigo 57. Suspensión de autorización.

O Concello poderá suspender temporalmente, por razóns do tráfico, obras en vía pública ou outras circunstancias extraordinarias, os efectos da autorización de entrada e saída de vehículos.

Artigo 58. Revogación.

As autorizacións poderán ser revogadas polo órgano que as ditou nos seguintes casos:

a) Por ser destinadas a fins distintos para os que foron outorgadas.

b) Por desaparecer as causas ou circunstancias que deron lugar ao seu outorgamento.

c) Por non abonar a cota anual correspondente.

d) Por incumprir as condicións relativas aos horarios ou carecer da sinalización adecuada.

e) Por causas motivadas relativas ao tráfico ou circunstancias da vía pública.

A revogación da autorización dará lugar á obrigación do titular da mesma de retirar a sinalización, reparar o borde da beirarrúa ao seu estado inicial e entregar a placa identificativa no Concello.

O expediente de revogación iniciarase de oficio ou a instancia de parte.

Artigo 59.Baixa ou anulación do vao.

Cando se solicite a baixa ou anulación da autorización de entrada de vehículos que se viña gozando por deixar de usar o local como aparcamento, deberase suprimir toda a sinalización indicativa da existencia da entrada, reparación do borde da beirarrúa ao estado inicial e entrega da placa nos servizos municipais correspondentes. Previa comprobación do cumprimento destes requisitos polos servizos municipais correspondentes, procederase á concesión da baixa solicitada.

CAPÍTULO PRIMEIRO: INMOVILIZACIÓN DO VEHÍCULO

Artigo 62. Supostos.

1. A Policía Local poderá inmobilizar os vehículos que se encontren nos seguintes supostos:

a) Cando o condutor se negue a someterse ás probas para a comprobación do grao de impregnación alcohólica, do consumo de psicotrópicos, estupefacientes, estimulantes ou substancias análogas, ou cando o resultado da proba sexa superior á taxa regulamentariamente establecida.

b) Cando o vehículo supera os niveis de ruído, gases e fumes permitidos regulamentariamente.

c) Cando o vehículo vaia desprovisto de cintos e outros elementos de seguridade obrigatorios.

d) Cando os condutores de ciclomotores e motocicletas circulen sen o obrigatorio casco homologado.

e) Cando ao vehículo se lle efectuara unha reforma de importancia non autorizada.

f) Cando o vehículo non estea autorizado a circular.

g) Cando a circulación do vehículo non estea amparada polo correspondente seguro obrigatorio.

h) Cando un vehículo permaneza estacionado en lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación temporal sen colocar o distintivo que o autoriza, ou cando se rebase o dobre do tempo abonado conforme ao establecido na Ordenanza municipal, ata que se logre a identificación do condutor.

i) Cando se estacione un autobús ou vehículo de transporte de mercancías de terceira categoría en vías públicas do termo municipal.

j) En calquera outra circunstancia que legalmente se estableza.

2. Os gastos que se orixinen como consecuencia da inmobilización do vehículo será por conta do titular do mesmo, que deberá abonalos ou garantir o seu pago como requisito previo a levantar tal medida, sen prexuízo do dereito de defensa que lle asiste e da posibilidade de repercutilo sobre a persoa responsable que dera lugar a que o Concello adopte dita medida. O pago destes gastos é independente do pago da multa por infracción á normativa de tráfico que, no seu caso, se tramite.

3. Cando con motivo dunha infracción, o infractor non acredite a súa residencia habitual en territorio español, o Axente denunciante fixará provisionalmente a contía da multa e, de non depositarse o seu importe ou garantirse o seu pago por calquera medio admitido en dereito, procederá á inmobilización do vehículo.

4. Aos efectos de inmobilización, utilizaranse os instrumentos mecánicos adecuados, que se determinen, colocando na parte superior da porta do condutor advertencia na que se fará constar información sobre o procedemento a seguir.

5. A utilización destes instrumentos, co fin de inmobilizar o vehículo dará lugar ao devengo dunha taxa segundo estableza a correspondente Ordenanza Fiscal.

6. A inmobilización do vehículo finalizará unha vez se identifique o condutor e/ou desaparezan as causas que a motivaron, previo pago da taxa devengada.

CAPÍTULO SEGUNDO: SINALIZACIÓN

Artigo 14.Sinalización.

1. A sinalización das vías urbanas corresponde á Autoridade municipal. A Alcaldía ou o Concelleiro Delegado ordenarán a colocación, retirada e substitución das sinales que en cada caso proceda, así como a autorización de sinales temporais por motivo de obras ou outras circunstancias.

2. Todos os usuarios das vías obxecto desta Ordenanza estarán obrigados a obedecer as sinales da circulación que establezan unha obrigación ou unha prohibición e a adaptar o seu comportamento ao mensaxe do resto das sinais regulamentarias que se encontren nas vías polas que circulen.

A estes efectos, cando a sinal impoña unha obrigan de detención, non poderá renovar a súa marcha o condutor do vehículo así detido ata ter cumprido a finalidade que a sinal establece.

Artigo 15.Alteración.

1. A instalación, retirada, traslado ou modificación da sinalización requirirá a previa autorización municipal. A autorización determinará a ubicación, modelo e dimensións das sinales a implantar.

2. Prohíbese modificar o contido das sinales ou colocar sobre elas ou ao lado destas, placas, carteis, marquesiñas, anuncios, marcas ou outros obxectos que poidan inducir a confusión, reducir a súa visibilidade ou eficacia, cegar aos usuarios da vía ou distraer a súa atención.

3. O Concello procederá á retirada inmediata de toda aquela sinalización que non estea debidamente autorizada ou non cumpra as normas en vigor, e isto tanto no que concirne ás sinales non regulamentarias como se é incorrecta a forma, colocación ou deseño da sinal.

Artigo 16.Sinalización de entradas.

1. As sinales de tráfico preceptivas instaladas nas entradas dos núcleos de poboación, rexerán para todo o núcleo, salvo sinalización específica para un tramo de rúa ou zona.

2. As sinales instaladas nas entradas das zonas peonís e demais áreas de circulación restrinxida ou de estacionamento limitado, rexen en xeral para a totalidade do viario interior do perímetro.

Artigo 17.Orde de prioridade.

1. A orde de prioridade entre os distintos tipos de sinales é o seguinte:

1. Sinais e ordes dos Axentes encargados da vixilancia do tráfico.

2. Sinalización circunstancial que modifique o réxime de utilización normal da vía pública.

3. Semáforos.

4. Sinales verticais de circulación.

5. Marcas viais.

2. No suposto de que as prescricións indicadas por diferentes sinales parezan estar en contradición entre si, prevalecerá a prioritaria, segunda a orde a que se refire o apartado anterior, ou a máis restritiva se se trata de sinales do mesmo tipo.

Artigo 18.Modificación temporal.

A Autoridade municipal, en casos de emerxencia ou ben pola celebración de actos deportivos, culturais ou de calquera outra natureza, susceptibles de producir grandes concentracións de persoas ou vehículos, poderá modificar temporalmente a ordenación do tráfico existente e adoptar, no seu caso, todas as medidas preventivas necesarias para garantir a seguridade das persoas e vehículos e unha maior fluidez na circulación.

CAPÍTULO SEGUNDO: OBSTÁCULOS NA VÍA PÚBLICA

Artigo 36. Elementos móbiles e fixos.

1. Queda prohibida a colocación de elementos móbiles ou fixos na vía pública, entre outros, postes, bolardos, arcos, maceteiros ou similares, calquera que sexa a súa finalidade, sen obter a previa autorización municipal.

2. A ocupación da vía pública por contedores de lixo, de limpeza viaria ou de reciclaxe, entre outros, realizarase naqueles puntos determinados pola Autoridade Municipal, procurándose a súa colocación nas zonas non destinadas a circulación de vehículos ou viandantes, así como tampouco en pasos de peóns, nin en aqueles espazos reservados para o servizo de determinados usuarios. Cando se considere conveniente pola autoridade competente, cercarase o lugar de colocación mediante elementos fixos, que eviten sexa alterada a súa ubicación.

3. Queda prohibido cambiar de ubicación os contedores, ciclomotores ou motocicletas, ao obxecto de aparcar vehículos no lugar destes.

4. Non poderán colocarse obstáculos sobre a vía pública para reservarse o uso da mesma.

Artigo 37.Retirada de obstáculos.

1. A Autoridade Municipal poderá ordenar a retirada de obstáculos na vía pública cando:

a) Non se obtivera a correspondente autorización.

b) Entrañen perigo para os usuarios da vía.

c) A súa colocación deviñera inxustificada.

d) Haxa transcorrido o tempo autorizado ou non se cumpriren as condicións fixadas na autorización.

e) Se estime conveniente atendendo ao interese xeral.

2. Os seus responsables estarán obrigados á retirada dos obstáculos colocados cando así sexan debidamente requiridos para elo e, de non facelo no prazo concedido, serán desmontados polos Servizos Técnicos Municipais, repercutindo a costa de aqueles os gastos que se produciran.

CAPÍTULO SEGUNDO: DAS RESERVAS DE ESPAZO EN VÍA PÚBLICA

Artigo 60.Concepto

1. Enténdese por reserva de espazo en vía pública, a acotación dunha determinada zona de estacionamento na calzada para un aproveitamento privativo por parte dos usuarios autorizados, o cal está suxeito ao previo pago dos dereitos determinados pola Ordenanza Fiscal correspondente.

2. As reservas de espazo en vía pública, poderán ser permanentes ou de horario limitado, segundo o réxime aplicado aos vaos.

3. Os usuarios autorizados virán obrigados a colocar as tarxetas que ao efecto se concedan pola Autoridade Municipal, sobre o salpicadero dianteiro do vehículo, perfectamente visible na súa parte esquerda.

Artigo 61.Sinalización da reserva de espazo.

A zona acotada como reserva de espazo será sinalizada mediante marcas amarelas en zig-zag e delimitada por sendas sinais verticais de prohibición do estacionamento. Estas deberán indicar se se trata de reserva permanente ou de reserva con horario limitado, sinalando neste caso os días e tramo horario reservado.

CAPÍTULO SEGUNDO: RETIRADA DE VEHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA

Artigo 63.Retirada de vehículos

A Policía Local poderá ordenar a retirada dun vehículo da vía pública cando se encontre estacionado en calquera das seguintes circunstancias:

a) En lugares que constitúa un perigo.

b) Se perturba gravemente a circulación de peóns ou vehículos.

c) Se obstaculiza ou dificulta o funcionamento de algún servizo público.

d) Se ocasiona perdas ou deterioro no patrimonio público.

e) Se se encontra en situación de abandono.

f) Cando un vehículo permaneza estacionado en lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación temporal sen colocar o distintivo que o autoriza, ou cando se rebase o dobre do tempo abonado conforme ao establecido ao respecto nesta Ordenanza.

g) Nos carrís ou partes das vías reservados exclusivamente para a circulación ou para o servizo de determinados usuarios (carril bus, carril taxi, paradas, diminuídos físicos, etc).

h) En caso de accidentes que impidan continuar a marcha.

i) Nun estado de deterioro tal que haxa obrigado á súa inmobilización.

j) Cando procedendo legalmente á inmobilización do vehículo non houbera lugar adecuado para practicar a mesma sen obstaculizar a circulación de vehículos ou persoas.

k) En espazos reservados a servizos de seguridade ou urxencias.

l) En vías catalogadas como de atención preferente (VAP).

m) En calquera outro suposto previsto na Lei ou nesta Ordenanza.

Artigo 64. Perigo para a circulación.

Considerarase que un vehículo se encontra estacionado orixinando unha situación de perigo para o resto de peóns e condutores cando se efectúe:

a) Nas curvas ou cambios de rasantes.

b) Nas interseccións de rúas e nas súas proximidades, producindo unha diminución da visibilidade.

c) Nos lugares nos que se impida a visibilidade das sinales de circulación.

d) De maneira que sobresaia do vértice da esquina da beirarrúa, obrigando ao resto de condutores a variar a súa traxectoria, ou dificultando o xiro dos vehículos.

e) Cando se obstaculice a saída de emerxencia dos locais destinados a espectáculos públicos e entretemento durante as horas de apertura dos mesmos.

f) Na calzada, fora dos lugares permitidos.

g) Nas medianas, separadores, illotes ou outros elementos de canalización do tráfico.

h) En zonas do pavimento sinalizadas con franxas brancas.

Artigo 65. Perturbación da circulación.

Entenderase que o vehículo se encontra estacionado en lugar perigoso ou que obstaculiza gravemente a circulación cando constitúa un risco ou obstáculo á circulación nos seguintes supostos:

a) Cando a distancia entre o vehículo e o borde oposto da calzada ou unha marca lonxitudinal sobre ela que indique prohibición de atravesala sexa inferior a tres metros ou, en calquera caso, cando non permita o paso doutros vehículos.

b) Cando se impida incorporarse á circulación a outro vehículo debidamente parado ou estacionado.

c) Cando obstaculice a utilización normal do paso de saída ou acceso a un inmoble de persoas ou animais, ou de vehículos nun vao sinalizado correctamente.

d) Cando se obstaculice a utilización normal dos pasos rebaixados para diminuídos físicos.

e) Cando se efectúe nas medianas, separadores, illotes ou outros elementos de canalización do tráfico.

f) Cando se impida o xiro autorizado pola sinal correspondente.

g) Cando o estacionamento teña lugar nunha zona reservada a carga e descarga, durante as horas de utilización.

h) Cando o estacionamento se efectúe en dobre fila sen condutor.

i) Cando o estacionamento se efectúe nunha parada de trasporte público, sinalizada e delimitada.

j) Cando o estacionamento se efectúe en espazos expresamente reservados a servizos de urxencia e seguridade.

k) Cando o estacionamento se efectúe en espazos prohibidos en vía pública cualificada de atención preferente, especificamente sinalizados.

l) Cando o estacionamento se efectúe en medio da calzada.

m) Cando, sen estar incluídos nos parágrafos anteriores, constitúan un perigo ou obstaculicen gravemente o tráfico de peóns, vehículos ou animais.

Artigo 66. Obstaculización dun servizo público.

Entenderase que o estacionamento obstaculiza o funcionamento dun servizo público cando teña lugar:

a) Nos carrís, paradas ou zonas reservadas aos vehículos de transporte público.

b) Nas zonas reservadas para a colocación de contedores de residuos ou outro tipo de mobiliario urbano.

c) Nas saídas reservadas a servizos de urxencia e seguridade.

d) Nas zonas de carga e descarga, sen autorización.

Artigo 67. Perda ou deterioro do patrimonio público.

Entenderase que o estacionamento orixina perda ou deterioro do patrimonio público cando se efectúe en xardíns, sebes, zonas arboradas, fontes e outras partes da vía destinadas ao ornato e decoro do Municipio.

Artigo 68. Situación de abandono.

1. A Autoridade municipal poderá presumir razoablemente que un vehículo se encontra en situación de abandono nos seguintes casos:

a) Cando transcorran máis de dous meses desde que o vehículo fora depositado trala súa retirada da vía pública pola Autoridade competente.

b) Cando permaneza estacionado por un período superior a un mes no mesmo lugar e presente desperfectos que fagan imposible o seu desprazamento polos seus propios medios ou lle falten as placas de matriculación. Neste caso, terá o tratamento de residuo sólido urbano de acordo coa normativa ambiental correspondente.

2. No suposto a) contemplado no apartado anterior e en aqueles vehículos que, aínda tendo signos de abandono, manteñan a placa de matriculación ou dispoñan de calquera signo ou marca visible que permita a identificación do seu titular, requirirase a este, unha vez transcorridos os correspondentes prazos, para que no prazo de quince días retire o vehículo do depósito, coa advertencia de que en caso contrario, procederase ao seu tratamento como residuo sólido urbano.

Artigo 69. Estacionamento en zona de horario limitado.

Os vehículos que ocupen unha praza de estacionamento con limitación temporal poderán ser retirados en calquera das circunstancias seguintes:

a) Cando o vehículo non abonara previamente o distintivo de autorización. Presumirase que non se abonou dito distintivo cando este non se encontre colocado de forma visible no parabrisas do vehículo.

b) Cando o tempo de ocupación da praza exceda no dobre do que conste como autorizado no distintivo.

c) Cando se produzan situacións especiais de emerxencia, catástrofe ou perigo inminente, os vehículos que dificulten ou imposibiliten o paso dos vehículos dos servizos de emerxencia por estar correcta ou incorrectamente estacionados, ocupando unha praza de estacionamento con limitación temporal, poderán ser apartados, arrastrados, empuxados ou retirados polos medios que teñan ao seu alcance neses momentos ditos servizos de emerxencia. Os titulares e/ou condutores dos vehículos incorrectamente estacionados serán responsables dos danos que se lles poida causar nestas manobras, sen prexuízo, ademais da denuncia da infracción cometida.

Artigo 70. Outros supostos de retirada.

Aínda cando se encontren correctamente estacionados, a Autoridade municipal poderá retirar os vehículos da vía pública nas situacións seguintes:

a) Cando estean estacionados en lugares nos que estea previsto a realización dun acto público debidamente autorizado.

b) Cando estean estacionados en zonas onde se prevea a realización de labores de limpeza, reparación ou sinalización da vía pública.

c) Cando se produzan situacións especiais de emerxencia, catástrofe ou perigo inminente, os vehículos que dificulten ou imposibiliten o paso dos vehículos dos servizos de emerxencia por estar correcta ou incorrectamente estacionados poderán ser apartados, arrastrados, empuxados ou retirados polos medios que teñan ao seu alcance neses momentos ditos servizos de emerxencia. Os titulares e/ou condutores dos vehículos incorrectamente estacionados serán responsables dos danos que se lles poida causar nestas manobras, sen prexuízo, ademais da denuncia da infracción cometida.

O Concello deberá advertir coa antelación suficiente as referidas circunstancias, sempre que elo sexa posible, mediante a colocación dos avisos necesarios.

Unha vez retirados, os vehículos serán conducidos ao lugar de depósito autorizado máis próximo, o cal se poñerase en coñecemento dos seus titulares.

Artigo 71.Gastos.

Salvo as excepcións legalmente previstas, os gastos que se orixinen como consecuencia da retirada dun vehículo da vía pública e a súa estancia no depósito serán por conta do titular de aquel, que terá que pagalos ou garantir o pago como requisito previo á devolución do vehículo, sen prexuízo do dereito de interposición de recurso que lle asiste. A retirada do vehículo só poderá facela o seu titular ou persoa autorizada.

Artigo 72.Suspensión da retirada dun vehículo.

A retirada dun vehículo da vía pública suspenderase inmediatamente, se o condutor comparece antes de que a grúa iniciase a súa marcha co vehículo enganchado e toma as medidas necesarias para facer cesar a situación irregular na que se encontraba, previo abono da taxa que, no seu caso, proceda por desprazamento de grúa e/ou inmobilización.

Artigo 73. Retirada de obxectos da vía pública.

Serán retirados inmediatamente da vía pública polo Concello todos aqueles obxectos que se encontren na mesma e non haxa persoa algunha que se faga responsable dos mesmos, os cales serán trasladados ao lugar de depósito autorizado máis próximo.

De igual forma se actuará no caso de que o obxecto entorpeza o tráfico de peóns ou de vehículos, así como se o seu propietario se negara a retiralo de inmediato.

CAPÍTULO TERCEIRO: A PARADA E O ESTACIONAMENTO

 

CAPÍTULO TERCEIRO: CARGA E DESCARGA

Artigo 38.Carga e descarga

1. A Autoridade municipal poderá establecer e sinalizar zonas para a realización das operacións de carga e descarga. En tal suposto, queda prohibido efectuar ditas operacións dentro dun radio de acción de cincuenta metros a partir da zona reservada.

2. Poderá facer uso das reservas de estacionamento para carga e descarga calquera vehículo, sempre que estea destinado ao transporte de mercancías ou que, sen estalo, o condutor permaneza no seu interior, que estea realizando operacións de carga e descarga, mentres duren as operacións e sen superar o tempo máximo de trinta minutos.

3. O Concello atendendo a circunstancias de situación, proximidade a zonas de estacionamento regulado e con limitación temporal, ou frecuencia de uso, poderá establecer regulacións específicas para a realización de operacións de carga e descarga.

4. A carga e descarga en situacións ou para servizos especiais (amoblamento, mudanzas, operacións esporádicas e excepcionais) que afecte á circulación ou ao estacionamento, deberá ser obxecto de autorización polo Concello, na que, unha vez concedida, farase constar lugar, data e horario autorizado, así como as precaucións a adoptar. Como requisito previo poderá ser esixida a exacción das taxas determinadas na correspondente Ordenanza Fiscal.

5. Nas autorizacións de reserva da vía pública para carga e descarga que se concedan farase constar a finalidade, situación, extensión, datas e horarios así como a Masa Máxima Autorizada (MMA) dos vehículos.

Artigo 39. Vehículos dedicados

1. As labores de carga e descarga realizaranse en vehículos dedicados ao transporte de mercancías, ou aqueles que estean debidamente autorizados para elo, dentro das zonas reservadas a tal efecto e durante o horario establecido e reflectindo nas sinalizacións correspondentes.

2. O  peso dos vehículos de transporte que realicen operacións de carga e descarga axustaranse ao disposto pola vixente Ordenanza. Non obstante, pola Alcaldía poderán limitarse en función da capacidade de determinadas vías.

Artigo 40. Tarxeta de carga e descarga

1. O Concello poderá habilitar unha tarxeta para vehículos autorizados ao transporte que polas súas características (menos de 2.000 Kg.) non teñan posibilidade de obter a tarxeta correspondente. Os vehículos haberán de ter características comerciais e/ou de transporte mixto, de dous asentos. A súa actividade, en todo ou en parte, haberá de desenvolverse no termo municipal.

2. Para a concesión da tarxeta mencionada no apartado anterior deberán aportarse os seguintes documentos:

a) Alta no Imposto sobre Actividades Económicas, se non figurase no censo municipal do imposto.

b) Permiso de circulación do vehículo.

c) Inspección técnica do vehículo (ITV) en vigor.

d) Carta de pago do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, se se abona noutro Municipio.

e) Seguro en vigor do vehículo.

Artigo 41. Manobra de carga e descarga.

1. A carga e descarga de mercancías realizarase preferentemente no interior dos locais comerciais e industriais, sempre que reúnan as condicións adecuadas, cando as características de acceso dos viais o permita. Cando isto non sexa posible, realizarase nas zonas da vía pública reservadas para este fin, dentro do horario reflectido na sinalización correspondente.

2. A carga e descarga na vía pública fora das zonas reservadas unicamente permitirase nos días, horas e lugares que se autoricen especialmente polo Concello.

3. Queda expresamente prohibida a carga e descarga nos lugares e supostos seguintes:

a) Na vía pública, cando exista lugar habilitado para elo dentro dos establecementos.

b) Superando o tempo máximo autorizado.

c) Depositando mercancías nas vías, beirarrúas, beiravías e zonas peonís.

d) Fora do horario habilitado pola Autoridade Municipal para tal fin.

e) Dentro dun radio de acción de cincuenta metros a partir dunha zona sinalizada para a realización das operacións de carga e descarga.

Artigo 42.Disposicións sobre carga e descarga.

A Alcaldía poderá ditar disposicións que regulen as seguintes materias:

a) Delimitación e sinalización das zonas de carga e descarga.

b) Restricións de peso e dimensións dos vehículos para determinadas vías.

c) Horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga, en relación coa problemática propia das diferentes vías e barrios.

d) Servizos especiais para realizar operacións de carga e descarga, con expresión de días, horas e lugares.

e) Autorizacións especiais para:

1)Camións de 12,5 Toneladas ou máis.

2)Vehículos que transporten mercancías perigosas.

3)Outras.

Artigo 43.Vehículos pesados.

Os camións de transporte superior a 12,5 Toneladas poderán cargar e descargar exclusivamente en:

a) Intercambiadores de mercancías ou lugar destinado polo Concello para elo.

b) No interior de locais comerciais e industriais, sempre que reúnan as condicións adecuadas, e utilizando traxectos previamente autorizados pola Autoridade municipal.

Precisarase autorización especial para aqueles casos específicos nos que non poidan acollerse ao anterior.

Artigo 44.Material descargado.

As mercancías, os materiais ou as cosas que sexan obxecto da carga e descarga non se deixarán na vía pública, senón que se trasladarán directamente do inmoble ao vehículo ou viceversa, salvo en casos excepcionais que deberán ser expresamente autorizados e contar coa preceptiva licenza para a ocupación da vía pública, atendendo en todo caso ás condicións que determina a presente Ordenanza sobre realización e balizamento de obras na vía pública.

Artigo 45.Precaucións.

As operacións de carga e descarga terán que realizarse coas debidas precaucións para evitar ruídos innecesarios e coa obrigación de deixar limpa a vía pública.

As carretillas de carga utilizadas para a distribución da carga aos establecementos deberán dispoñer de rodas de material que evite os desperfectos no pavimento.

Artigo 46. Execución.

As mercancías cargaranse e descargaranse polo lado do vehículo máis próximo á beirarrúa, utilizando os medios necesarios e persoal suficiente para axilizar a operación, procurando non dificultar a circulación, tanto de peóns como de vehículos.

En caso de existir perigo para peóns ou vehículos mentres se realice a carga e descarga, deberase sinalizar debidamente.

Artigo 47. Prohibición.

Non poderán permanecer estacionados nas zonas habilitadas para carga e descarga vehículos que non estean realizando dita actividade.

Artigo 48. Tempo máximo.

As operacións de carga e descarga deberán efectuarse con persoal suficiente para terminalas o máis rapidamente posible, sendo o límite de tempo autorizado para cada operación, con carácter xeral, de trinta minutos. Excepcionalmente poderase autorizar pola Autoridade municipal un período maior de tempo, previa solicitude debidamente xustificada e para unha operación en concreto.

Artigo 49. Exhibición de hora de inicio.

1. Para facilitar o control do tempo máximo na realización de cada operación de carga e descarga que se estableza segundo o disposto no artigo anterior, será obrigatoria a exhibición da hora de inicio da operación, que se colocará no parabrisas de tal forma que quede totalmente visible. A tal efecto, o Concello poderá instalar máquinas expendedoras de tickets coa hora de inicio de estacionamento nas zonas de carga e descarga. En caso de non existir ditas máquinas, a hora de inicio do aparcamento colocarase polo usuario.

2. Transcorrido o tempo autorizado de trinta minutos non poderá encontrarse estacionado en zona de carga e descarga ningún vehículo pechado sen condutor que non realice operacións desta natureza. Considerarase a todos os efectos como non autorizado, podendo incluso ser retirado por grúa, con independencia das sancións que correspondan.

Sección 1ª. A parada

Artigo 19.Parada.

Enténdese por parada toda inmobilización dun vehículo durante un tempo inferior a dous minutos, sen que o condutor poida abandonalo.

Non se considerará parada a detención accidental ou momentánea por necesidade da circulación nin a ordenada polos axentes da Policía Local ou por circunstancias de urxencia que sexan imprevisibles e inaprazables.

Artigo 20.Lugar de parada

1. A parada deberá efectuarse de tal maneira que o vehículo non obstaculice a circulación nin constitúa un risco para o resto dos usuarios da vía, coidando especialmente a colocación do mesmo.

En todo caso, a parada terá que facerse situando o vehículo o máis cerca posible do borde dereito segundo o sentido da marcha, aínda que en vías dun só sentido de circulación, se la sinalización non o impide, tamén poderá realizarse situando o vehículo o máis cerca posible do borde esquerdo, adoptándose as medidas necesarias para evitar o entorpecemento da circulación.

2. Os pasaxeiros terán que baixar polo lado correspondente á beirarrúa. A persoa condutora, se ten que baixar, poderá facelo polo outro lado, sempre que previamente se asegure que pode facelo sen ningún tipo de perigo.

Artigo 21.Modo de parada

1. En todas as zonas e vías públicas, a parada efectuarase nos puntos onde se produzcn menos dificultades na circulación. Exceptúanse os casos nos que os pasaxeiros sexan persoas enfermas ou impedidas, ou se trate de vehículos dos servizos públicos de urxencia que se encontren de servizo, os das Forzas e Corpos de Seguridade ou de camións do servizo de limpeza ou recollida de lixo.

2. Nas paradas en rúas urbanizadas sen beirarrúa, deixarase unha distancia mínima dun metro desde a fachada máis próxima.

Artigo 22.Parada de taxis

Os auto-taxi e vehículos de gran turismo pararán na forma e lugares que determine a Ordenanza reguladora do servizo e, no seu defecto, con suxeición estrita ás normas que con carácter xeral se establecen na presente Ordenanza para as paradas.

Artigo 23.Parada de autobuses.

1. Os autobuses, tanto de liñas urbanas como interurbanas, unicamente poderán deixar e tomar viaxeiros nas paradas expresamente determinadas ou sinalizadas pola Autoridade municipal.

2. Os condutores de autobuses estarán obrigados a situar o vehículo dentro da zona delimitada ao efecto, o máis cerca posible do borde da calzada, sen chegar en ningún caso a obstaculizar a circulación.

Artigo 24.Itinerarios

A Autoridade municipal poderá requirir aos titulares de centros docentes que teñan servizo de transporte escolar para que propoñan itinerarios para a recollida de alumnos. Unha vez aprobados estes, dita Autoridade poderá fixar paradas dentro de cada ruta, quedando prohibida a recollida de alumnos fora de ditas paradas.

Artigo 25.Prohibicións.

Ademais dos supostos contemplados no artigo 94 do Regulamento Xeral de Circulación, aprobado por Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, prohíbese a parada nos casos e lugares seguintes:

a. Onde o prohiban as sinais correspondentes.

b. En dobre fila, salvo que aínda quede libre un carril en rúas de sentido único de circulación e dúas en rúas en dous sentidos, sempre que o tráfico non sexa moi intenso e non haxa espazo libre nunha distancia de corenta metros.

c. Sobre os refuxios, illas, medianas, zonas de protección e demais elementos canalizadores do tráfico.

d. Cando se obstaculice a utilización normal do paso de entrada ou saída de vehículos e persoas. Así como cando se encontre sinalizado o acceso de vehículos co correspondente vao.

e. Sobre as beirarrúas, paseos e demais zonas destinadas ao paso de peóns e zonas sinalizadas para uso exclusivo de diminuídos físicos.

f. A menos de cinco metros dunha esquina, cruce, intersección ou bifurcación, salvo que a parada se poida realizar en chafráns ou fora destes sen constituír obstáculo ou causar perigo para a circulación.

g. Nas pontes, pasos a nivel, túneles, e debaixo dos pasos elevados, salvo sinalización en contrario.

h. Nos lugares onde a detención impida a visión da sinalización aos usuarios aos que vaia dirixida ou obrigue a facer manobras.

i. Na proximidade de curvas ou cambios de rasantes, cando a visibilidade sexa insuficiente para que os demais vehículos poidan pasar sen perigo ao que estea detido.

j. Nos espazos sinalizados como reservados para vehículos de servizo público, organismos oficiais e servizos de urxencia.

k. Nos carrís, paradas ou pasos reservados para determinados vehículos, como autobuses de transporte público de pasaxeiros, taxis ou bicicletas.

l. Nos rebaixes da beirarrúa para o paso de persoas de mobilidade reducida.

m. Cando se obstaculicen os accesos e saídas de emerxencia debidamente sinalizadas pertencentes a colexios, edificios, locais ou recintos destinados a espectáculos ou actos públicos, nas horas de celebración dos mesmos.

n. En medio da calzada, aínda no suposto caso de que a anchura da mesma o permita, salvo que estea expresamente autorizado.

ñ. Nas vías públicas declaradas de atención preferente por Resolución municipal, salvo que a parada se poida realizar nos chafráns.

o. Cando se impida a outros vehículos un xiro autorizado.

p. Cando produzan obstrución ou perturbación grave na circulación de peóns ou vehículos.

Sección 2ª. O estacionamento.

Artigo 26.Estacionamento.

Enténdese por estacionamento toda inmobilización dun vehículo cuxa duración exceda de dous minutos, sempre que non estea motivada por imperativo da circulación, polo cumprimento de calquera requisito.

Artigo 27.Modo de estacionamento.

1. O estacionamento deberá efectuarse de tal maneira que o vehículo non obstaculice a circulación nin constitúa un risco para o resto dos usuarios da vía coidando especialmente a colocación do mesmo situándoo o máis cerca posible do borde da calzada segundo o sentido da marcha e o evitar que poida poñerse en movemento en ausencia do condutor. A tal obxecto os condutores terán que tomar as precaucións adecuadas e suficientes e serán responsables das infraccións que se poidan chegar a producir como consecuencia dun cambio de situación do vehículo ao poñerse en marcha espontaneamente ou pola acción de terceiros, salvo que neste último caso haxa existido violencia manifesta.

2. O estacionamento efectuarase de forma que permita aos demais usuarios a mellor utilización do restante espazo libre.

Artigo 28.Tipos de estacionamento. Estacionamento con limitación temporal.

1. O estacionamento pode ser:

a. En fila ou cordón, aquel no que os vehículos están situados uns detrás doutros e de forma paralela ao borde da beirarrúa.

b. En batería, aquel no que os vehículos están situados uns ao costado doutros e de forma perpendicular ao borde da beirarrúa.

c. En semibatería, aquel no que os vehículos están situados uns ao costado doutros e oblicuamente ao borde da beirarrúa.

Como norma xeral o estacionamento farase sempre en fila. A excepción a esta norma, terase que sinalizar expresamente.

2. Nos estacionamentos con sinalización no pavimento, os vehículos deberán colocarse dentro do perímetro marcado.

3. A autoridade municipal poderá ordenar e regular o estacionamento con limitación temporal en zonas delimitadas a tal fin. A regulación deste servizo de estacionamento, así como as rúas do municipio afectadas polo mesmo recóllense na Disposición Adicional 1ª da presente Ordenanza.

Artigo 29.Parte de estacionamento.

1. Nas vías de dobre sentido de circulación, o estacionamento cando non estivera prohibido, efectuarase no lado dereito do sentido da marcha.

2. Nas vías dun só sentido de circulación e sempre que non exista sinal en contrario o estacionamento efectuarase no sentido da marcha e en ambos lados da calzada sempre que se deixe unha anchura para a circulación non inferior a tres metros.

Artigo 30.Maneira de estacionar.

1. Os condutores deberán estacionar os vehículos tan cerca do borde como sexa posible, deixando un espazo de entre vinte e dez centímetros entre o borde da beirarrúa e a superficie exterior das rodas do vehículo, para permitir a limpeza desta parte da calzada.

2. Os vehículos de dúas rodas deberán respectar, ademais as seguintes normas de estacionamento:

a) Estacionarán en batería cun ángulo tal que, en ningún caso, ocupen máis de 1,5 metros ao longo da calzada nos lugares de libre aparcamento, sen prexuízo de que se existiran espazos reservados para este tipo de vehículos a menos de 100 metros deberán utilizalos inescusablemente.

b) Non poderán estacionar entre dous vehículos de forma que impidan o normal acceso a estes ou obstaculicen as manobras de estacionamento. Tampouco poderá estacionarse se se dificulta a incorporación destes vehículos á circulación.

c) Non poderán encadear ou atar estes vehículos entre si ou a calquera outro elemento non destinado a tal fin, tales como árbores, farolas, postes de sinalización, bancos e demais mobiliario urbano, ou de forma que o estacionamento ocasione molestias aos demais usuarios da vía. Sen prexuízo da sanción que se poida impoñer pola infracción cometida, a Policía Local poderá adoptar as medidas necesarias para a retirada do vehículo estacionado nestas condiciones. Os gastos que se deriven da retirada do vehículo correrán por conta do responsable da infracción.

Artigo 31.Servizo colectivo

1. A Autoridade municipal poderá fixar zonas na vía pública para estacionamento ou para utilización como terminais de liña de autobuses tanto de servizo urbano como interurbano, de non existir para estes últimos estación de autobuses.

2. Os vehículos destinados ao transporte de viaxeiros ou de mercancías de calquera natureza non poderán estacionar nas vías públicas a partir da hora que a Autoridade municipal determine mediante a correspondente resolución municipal.

3. Os vehículos destinados ao transporte de viaxeiros ou de mercancías con Masa Máxima Autorizada (MMA) superior a 3.500 Kg , así como calquera outro tipo de vehículos que polo seu volume oculten a fachada dos edificios ou podan facilitar a escalada ao interior destes, non poderán estacionar nas vías públicas urbanas salvo nos lugares expresamente autorizados polo Concello.

Artigo 32.Estacionamento limitado

1. O Concello poderá establecer medidas de estacionamento limitado, co fin de garantir a rotación dos aparcamentos.

Artigo 33.Prohibicións.

Ademais dos supostos contemplados no artigo 94 do Regulamento Xeral de Circulación, queda prohibido o estacionamento nos casos e lugares seguintes:

a. Onde o prohiban as sinales correspondentes.

b. Nun mesmo lugar da vía pública durante máis de 30 días consecutivos.

c. Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercancías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, excepto se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 60 minutos.

d. Nas zonas reservadas para estacionamento de vehículos de servizo público e organismos oficiais, servizos de urxencia ou policía.

e. Cando o vehículo estacionado deixe para a circulación rodada unha anchura libre inferior á dun carril de tres metros.

f. Nas rúas de dobre sentido de circulación nas cales a anchura da calzada só permita o paso de dúas columnas de vehículos.

g. Cando se obstaculice a utilización normal dos pasos rebaixados para persoas de mobilidade reducida.

h. En condicións que dificulten a saída doutros vehículos estacionados regulamentariamente.

i. Nos lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación horaria, sen colocar o distintivo que o autoriza na parte interna do parabrisas, de maneira que sexa totalmente visible e lexible desde o exterior.

j. Nos lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación temporal, cando colocando o distintivo que o autoriza se manteña estacionado o vehículo en exceso sobre o tempo máximo permitido pola Ordenanza reguladora desta clase de estacionamento.

k. Diante dos lugares reservados para contedores do servizo municipal de limpeza, impedindo o acceso a eles ou a súa retirada.

l. Nas vías públicas, os remolques, separados do vehículo motor.

m. De forma distinta a como se indica nas marcas e liñas de estacionamento ou fora dos límites do perímetro marcado.

n. En dobre fila, en calquera suposto.

ñ. Vehículos en exposición, exhibindo carteis para a súa venta en vía pública. Considerarase que está en dicha situación, cando permaneza con carteis anunciadores e durante un tempo superior a 24 horas nas vías públicas do termo.

o. Na calzada, de maneira diferente á determinada no artigo 28 desta Ordenanza.

p. Nos lugares debidamente sinalizados temporalmente con tal prohibición, debido a actos públicos, obras ou outras causas.

q. Onde estea prohibida a parada.

r. Nos vaos, sinalizados como tales mediante placa de licenza municipal, ocupándoos total ou parcialmente.

Sección 3ª. Das tarxetas de estacionamento para minusválidos.

Artigo 34.Tarxeta de minusválidos

1. O Concello, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 7 da Lei de Seguridade Vial, e en virtude do disposto no artigo 60 da Lei 13/1982 de 7 de abril, adoptará as medidas necesarias para a concesión da tarxeta de aparcamento para persoas discapacitadas con problemas graves de mobilidade e para a efectividade dos dereitos que da mesma se derivan, tendo en conta a Recomendación do Consello da Unión Europea sobre a creación dunha tarxeta de estacionamento para diminuídos físicos e a lexislación sectorial da Comunidade Autónoma.

2. O Concello expedirá a tarxeta de aparcamento especial para persoas con mobilidade reducida segundo o modelo determinado regulamentariamente e terá validez para todo o territorio nacional. Dita tarxeta permitirá ao titular de vehículo autorizado estacionar nos lugares especialmente reservados para persoas con mobilidade reducida, salvo nos que estean destinadas a un vehículo determinado ou nos debidamente sinalizados para estacionamento regulado con limitación temporal, carga e descarga e entrada e saída de vehículos.

3. As tarxetas expedidas con anterioridade á entrada en vigor desta disposición normativa poderán seguir usándose ata a súa substitución.

TÍTULO PRELIMINAR: OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

Artigo 1.Competencia.

A presente Ordenanza dítase en exercicio das competencias atribuídas aos Municipios en materia de ordenación do tráfico de persoas e vehículos nas vías urbanas pola Lei de Bases do Réxime Local e a Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial.

Naquelas materias non reguladas expresamente nesta Ordenanza aplicaranse directa e subsidiariamente os preceptos da Lei de Seguridade Vial e os Regulamentos ou outras normas que a desenvolvan ou podan desenvolvela nun futuro.

Artigo 2.Obxecto.

É obxecto da presente Ordenanza:

1. A regulación dos usos das vías urbanas e travesías, de acordo coas fórmulas de cooperación ou delegación con outras Administracións, facendo compatible a equitativa distribución dos aparcamentos entre todos os usuarios; compatibilizar a necesaria fluidez do tráfico rodado e co uso peonil das rúas, así como fomentar a seguridade vial e a prevención de accidentes.

2. o establecemento de medidas de limitación do estacionamento, co fin de garantir a rotación dos aparcamentos, prestando especial atención ás necesidades das persoas que teñen reducida a súa mobilidade e que utilizan vehículos e favorecer así a súa integración social.

3. Establecer os importes das sancións pecuniarias correspondentes ás distintas infraccións, respectando os límites legais na normativa con rango de Lei.

Artigo 3.Ámbito de aplicación.

1.As normas contidas nesta Ordenanza obrigarán aos titulares e usuarios das vías e terreos públicos urbanos e os interurbanos cuxa competencia fose cedida ao Concello, que sexan aptos para a circulación ou que, sen ter tal aptitude, sexan de uso común e, en defecto doutras normas, aos titulares das vías e terreos privados que sexan utilizados por unha colectividade indeterminada de usuarios.

Mediante esta Ordenanza regúlase o uso das vías urbanas do Termo Municipal para a circulación de persoas e vehículos e será de obrigado cumprimento para todos aqueles que fan uso das mesmas.

2. Enténdese por usuarios da vía a peóns, condutores, ciclistas e calquera outra persoa que realice sobre a vía ou utilice a mesma para o desenvolvemento de actividades de natureza diversa, que precisarán para o seu exercicio de autorización municipal.

TÍTULO PRIMEIRO: A CIRCULACIÓN URBANA

 

TÍTULO SEGUNDO: DAS ACTIVIDADES NA VÍA PÚBLICA

 

TÍTULO TERCEIRO: UTILIZACIÓN PRIVATIVA DA VÍA PÚBLICA

 

TÍTULO CUARTO: MEDIDAS CAUTELARES

 

TÍTULO QUINTO: DA RESPONSABILIDADE

Artigo 74.Autoría.

1. A responsabilidade das infraccións ao disposto na Lei de Seguridade Vial, nos seus regulamentos e na presente Ordenanza, recaerá directamente no autor do feito en que consista a infracción, excepto no suposto dos pasaxeiros dos vehículos que estean obrigados a utilizar o casco de protección ou o cinto e outros elementos de seguridade nos casos e nas condicións que regulamentariamente se determinan, nas que a responsabilidade pola infracción recaerá no condutor.

2. Cando a autoría dos feitos cometidos corresponda a un menor de dezaoito anos, responderán solidariamente por el os seus pais, titores, acolledores e gardadores legais ou de feito, por este orden, en razón ao incumprimento da obrigación imposta aos mesmos que conleva un deber de previr a infracción administrativa que se imputa aos menores.

A responsabilidade solidaria quedará referida estritamente á pecuniaria derivada da multa imposta, que poderá ser moderada pola autoridade sancionadora.

Cando se trate de infraccións leves, previo o consentimento das persoas referidas no primeiro parágrafo deste apartado, poderá substituírse a sanción económica de multa por medidas sociais relacionadas coa seguridade vial.

3. O titular que figure no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico será en todo caso responsable polas infraccións relativas á documentación do vehículo, as relativas ao estado de conservación, cando as deficiencias afecten ás condicións de seguridade do vehículo e polas derivadas do incumprimento das normas relativas a recoñecementos periódicos.

4. O titular ou arrendatario do vehículo co que se cometese unha infracción debidamente requirido para iso, ten o deber de identificar verazmente ao condutor responsable da infracción e se incumprise esta obriga no trámite procedimental oportuno sen causa xustificada, será sancionado pecuniariamente como autor de infracción moi grave, prevista no artigo 65.5.i) da Lei de Seguridade Vial.

Nos mesmos termos responderán as persoas especificadas no parágrafo anterior cando non sexa posible notificar a denuncia ao condutor que aqueles identifiquen, por causa imputable a eles.

5. As empresas de aluguer sen condutor a curto prazo acreditarán o cumprimento da obriga legal de identificar ao condutor responsable da infracción mediante a remisión, ao órgano instrutor correspondente, dun duplicado ou copia do contrato de arrendamento onde quede acreditado o concepto de condutor da persoa que figure no contrato.

 

TÍTULO SEXTO: PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Artigo 75.Órgano competente.

Será competencia da Alcaldía, ou da Concellería na que aquela delegue, a imposición das sancións por infracción aos preceptos contidos na presente Ordenanza.

Artigo 76.Valor probatorio das denuncias dos axentes.

As denuncias dos Axentes da Policía Local, cando exerzan funcións de vixilancia e control da circulación vial, terán valor probatorio, sen prexuízo do deber daqueles de aportar todas as probas que sexan posibles sobre os feitos da denuncia e sen prexuízo, así mesmo, das probas que na súa defensa poidan aportar ou designar os denunciados.

Artigo 77.Denuncias dos vixilantes de estacionamento limitado e cidadáns.

Os vixilantes das zonas de estacionamento limitado virán obrigados a denunciar as infraccións xerais de estacionamento que observen e as referidas á normativa específica que regula ditas zonas. O aviso de infracción dos controladores de aparcamento, aínda que foran entregados en man, non constitúen notificación de denuncia, nin teñen o efecto de incoación de expediente, nin de inicio de cómputo de prazos.

Así mesmo, calquera persoa poderá formular denuncia das infraccións aos preceptos da presente Ordenanza que puidera observar.

En ambos casos, a denuncia non terá presunción de veracidade, pero se é ratificada polo denunciante adquirirá a consideración de proba, que será valorada polo órgano instrutor do expediente.

Artigo 78. Procedemento administrativo.

1. O procedemento administrativo para a imposición de sancións por infracción dos preceptos recollidos nesta Ordenanza rexerase polo que ao respecto establece a Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, o Regulamento de Procedemento Sancionador en materia de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial e normativa concordante.

2. O órgano encargado da instrución dos expedientes sancionadores será a Unidade de Instrución de Sancións Municipais de Tráfico da Deputación Provincial de A Coruña.

Artigo 79. Recursos.

Sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente, contra as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde a notificación da resolución, de acordo co previsto nos arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou ben interpoñer, directamente e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, conforme ao disposto no art. 109.c) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo Común e art. 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

O abono do importe da multa indicado na notificación da notificación da denuncia, tanto se é o sinalado polo axente no acto da denuncia como na notificación enviada posteriormente polo instrutor, na forma que se determina no parágrafo terceiro do artigo 67.1 da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, implicará unicamente a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento sen necesidade de que se dite resolución expresa e sen prexuízo da posibilidade de interpoñer os correspondentes recursos.

Artigo 80.Prazo de prescrición.

1. O prazo de prescrición das infraccións previstas na Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, será o de tres meses para as infraccións leves, seis meses para as infraccións graves e un ano para as infraccións moi graves.

O prazo de prescrición cóntase a partir do día en que os feitos se cometeran. A prescrición interrompese por calquera actuación administrativa da que teña coñecemento o denunciado ou estea encamiñada a pescudar a súa identidade ou domicilio e se practiquen con proxección externa á dependencia en que se orixine. Tamén se interrompe a prescrición pola notificación efectuada de acordo co establecido no artigo 78 da Lei de Seguridade Vial. A prescrición renóvase se o procedemento se paraliza durante máis de un mes por causa non imputable ao denunciado.

2. O prazo de prescrición das sancións será dun ano, computado desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza en vía administrativa a resolución pola que se impoña a correspondente sanción. Interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemento do interesado, do procedemento de execución, volvendo a transcorrer o prazo se aquel está paralizado durante máis dun mes por causa non imputable ao infractor.

Artigo 81.Contía das multas.

1. As infraccións que puideran cometerse contra o disposto na presente Ordenanza serán sancionadas coas multas previstas na Lei Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial.

No Anexo desta Ordenanza recóllense, de acordo con dita norma, aquelas infraccións máis comúns contra o Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, contra o Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do Texto Articulado e contra a presente Ordenanza, así como o importe das sancións que corresponde ás mesmas, sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior.

2. Aquelas infraccións que non estando explicitamente previstas no Anexo da presente Ordenanza, atópense tipificadas na lexislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial ou nas súas normas de desenvolvemento e resultasen de competencia municipal polo tipo de vía en que se cometen e pola materia sobre a que versan, serán sancionadas pola Autoridade municipal da seguinte forma, salvo que na citada normativa se indique expresamente outra cosa:

a) Infraccións leves: multa de 60 euros.

b) Infraccións graves: multa de 120 euros.

c) Infraccións moi graves: multa de 310 euros.

Naqueles supostos nos que o titular dun permiso ou licenza de condución sexa sancionado en firme en vía administrativa pola comisión de algunha das infraccións que, de conformidade coa lexislación vixente a dito efecto, leve aparellada a perda de puntos, comunicarase á Xefatura Provincial de Tráfico, órgano competente para a súa detracción.

Artigo 82.Redución e residencia.

1. As multas poderán facerse efectivas cunha redución do 30% sobre a contía que se consignara correctamente no Boletín de denuncia polo axente ou, no seu defecto, na notificación posterior de dita denuncia realizada polo instrutor do expediente, sempre que dito pago se efectúe durante os trinta días naturais seguintes a aquel no que teña lugar a citada notificación. O abono anticipado coa redución anteriormente sinalada implicará unicamente a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución expresa, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer os recursos correspondentes.

2. Cando o infractor non acredite a súa residencia legal en territorio español, o Axente denunciante fixará provisionalmente a contía da multa e, de non depositarse o seu importe, inmobilizará o vehículo.

Artigo 83.Pago das multas.

O pago das multas, tanto ordinario como anticipado, deberá facerse efectivo ante o Servizo de Recadación da Deputación Provincial de A Coruña, a través das entidades colaboradoras do mesmo.

Cando non se fixera uso da posibilidade de pago anticipado, deberán facerse efectivas dentro dos quince días hábiles seguintes á data na que a resolución sancionadora adquira firmeza na vía administrativa.

Transcorrido dito prazo sen terse efectuado o ingreso, a súa exacción levarase a cabo polo procedemento de prema, constituíndo título executivo suficiente a providencia de prema ditada ao efecto pola Tesourería da Deputación Provincial.

DISPOSICIÓN ADICIONAL 1ª. O SERVIZO DE ESTACIONAMENTO CON LIMITACIÓN TEMPORAL

1.Obxecto.

O servizo de ordenación e regulación de estacionamento con limitación temporal é un servizo público municipal que pretende a regulación dos espazos dispoñibles de aparcamento en superficies, fixando os tempos máximos de permanencia para lograr unha rotación de vehículos que permita optimizar o uso dun ben escaso cal é o de dominio público dedicado a tal fin.

2.Tipoloxía de usos e usuarios.

1. Establécense os seguintes réximes de uso dos espazos reservados para o estacionamento con limitación temporal:

a) Xeral: Mediante o abono das tarifas establecidas na Ordenanza Fiscal correspondente, os usuarios poderán estacionar nas zonas delimitadas a tal fin, cun límite máximo permitido de dúas horas, debendo ao termo deste tempo cambiar o seu vehículo de rúa ou situalo a máis de cincuenta metros de distancia.

b) Xeral de corta duración: As rúas delimitadas a este fin rexeranse polos mesmos criterios do apartado anterior, salvo o tempo máximo de estacionamento, que será dunha hora.

c) De residentes: Teñen a condición de residentes, a estes efectos, as persoas físicas, excluíndose as xurídicas en todo caso, usuarias do servizo que segundo o Padrón Municipal de Habitantes teñan o seu domicilio e que de feito residan dentro do perímetro do sector que para este réxime se estableza nesta Ordenanza, e sexan titulares ou condutores habituais do vehículo para o que se solicita o distintivo. Os residentes perden tal condición nos demais sectores distintos ao seu.

3.Título habilitante.

1. O título habilitante nos réximes xerais será o comprobante de pago e do tempo de estacionamento, e será prepagado nas máquinas expendedoras mediante moedas, tarxeta mecánica ou moedeiro.

No réxime de residentes, o título habilitante será a tarxeta expedida polo Concello.

O condutor do vehículo deberá colocar o título habilitante na parte interna do parabrisas, de maneira que sexa totalmente visible e lexible desde o exterior.

2. Nos réximes xerais, as tarifas serán de trinta minutos como mínimo e dúas horas como máximo, se ben admítese un ¿exceso" de trinta minutos postpagado, de acordo ao previsto no punto 10.

Por razóns de política de tráfico, a Autoridade municipal poderá establecer zonas nas que os residentes teñan o mesmo tratamento que os non residentes ou nas que se lles limite o tempo de estacionamento.

4.Tarxeta de residentes.

Os residentes terán dereito á obtención dunha tarxeta que os acredite como tales, con vixencia ata o 31 de Decembro de cada ano, para o que deberán presentar a oportuna instancia no Rexistro Xeral do Concello no prazo que publicarase ao efecto, debendo acompañar a seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI do titular do vehículo. Nos casos de aluguer de vehículos a longo prazo (renting), deberá aportarse o DNI do arrendador e, ademais, copia do contrato de arrendamento.

2. Fotocopia del permiso de circulación do vehículo.

3. Fotocopia de último recibo pagado do seguro do vehículo.

4. Fotocopia da ficha técnica e da Inspección Técnica de Vehículos.

As persoas interesadas en obter esta tarxeta deberán estar ao corrente do pago do último recibo devengado do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e non ter pendente en vía executiva multas de tráfico do Concello.

Unha vez feitas as debidas comprobacións, expedirase a tarxeta polas dependencias municipais que se designen ao efecto, previo abono da cota establecida na correspondente Ordenanza fiscal.

O Concello poderá esixir calquera outra proba documental ou realizar de oficio cantas comprobacións considere necesarias para contrastar a veracidade dos datos aportados polas persoas interesadas para a obtención da tarxeta.

Cada persoa só poderá ser titular dunha única tarxeta de residente.

O titular da tarxeta de residente é responsable da utilización da mesma. En caso de perda, poderá obter unha nova previa declaración xurada de perda.

No suposto de variación das condicións expresadas na solicitude, como cambio de domicilio ou cambio de vehículo, a persoa interesada deberá solicitar novo distintivo e, previas as comprobacións oportunas, polo Concello procederase á súa emisión, debendo o solicitante facer entrega nas oficinas municipais da tarxeta de estacionamento de que viña gozando con anterioridade.

Se das comprobacións practicadas resultara que polo titular dunha tarxeta de estacionamento de residente tense realizado un uso fraudulento da mesma ou que os datos aportados para a obtención da autorización foron falseados, iniciarase expediente para a retirada da autorización, sen prexuízo da incoación do correspondente expediente sancionador. Se das actuacións practicadas desprendéronse indicios de ilícito penal, remitiranse as actuacións ao órgano competente.

A anulación da autorización por esta causa non dará dereito a reembolso da cota abonada para a súa obtención.

5.Vehículos excluídos.

Quedan excluídos da limitación da duración do estacionamento e non suxeitos ao pago da taxa os vehículos seguintes:

a. As motocicletas, ciclos, ciclomotores e bicicletas.

b. Os estacionados en zonas reservadas para a súa categoría ou actividade.

c. Os auto-taxis, cando o seu condutor estea presente.

d. Os de propiedade de Organismos do Estado, Comunidades Autónomas, Provincias e Municipios debidamente identificados, durante a prestación dos servizos da súa competencia.

e. Os de representacións diplomáticas acreditadas en España, externamente identificados con matrícula diplomática e a condición de reciprocidade.

f. Os destinados á asistencia sanitaria que pertenzan á Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde ou Cruz Vermella Española, e as ambulancias.

g. Os de titularidade de persoas con mobilidade reducida, cando estean en posesión e exhiban a autorización especial expedida ao efecto.

h. Os utilizados polo persoal municipal, aínda sendo de propiedade privada, en acto de servizo, debidamente autorizados.

i. Os residentes quedan excluídos da limitación da duración do estacionamento, pero suxeitos ao pago da taxa establecida na Ordenanza Fiscal correspondente, cando o estacionamento se produza no sector da súa residencia autorizado polo distintivo que a tal efecto posúan.

6.Sinalización.

A delimitación e sinalización das distintas zonas de estacionamento con limitación temporal realizarase como sigue:

a. Réxime xeral: Sinais verticais específicas e horizontais de color azul.

b. Réxime xeral de corta duración: Sinais verticais específicas e horizontais de color azul, con indicación expresa de que o tempo límite máximo de estacionamento é dunha hora.

c. Réxime de residentes: Sinais verticais específicas e horizontais de color verde.

7.Obtención do título habilitante.

Aos efectos de obtención de título habilitante para estacionamento con limitación temporal dos réximes xerais, instalaranse na vía pública máquinas expendedoras en número suficiente.

A Alcaldía, cando se dean circunstancias que así o aconsellen en atención aos intereses municipais, poderá implantar outros sistemas de control de horario.

8.Horario e lugares.

O servizo de estacionamento con limitación temporal estará en actividade en días laborables e nas rúas indicadas nesta Ordenanza, co seguinte horario:

1. De luns a venres: De 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

2. Sábados: De 10.00 a 14.00 horas.

Por resolución do Pleno municipal poderá modificarse ou ampliarse o citado horario.

9.Taxa.

O réxime de tarifas e as súas modificacións, as disposicións relativas a suxeitos obrigados e exentos do pago, etc., rexeranse polo disposto na Ordenanza fiscal correspondente.

10.Título habilitante pospagado.

Se o vehículo non excedeu en trinta minutos o tempo de estacionamento permitido indicado no título habilitante, o usuario poderá obter un segundo ticket de ¿exceso" no que constará a súa hora de expedición. Este prazo de exceso nunca poderá superar o límite máximo de estacionamento de dúas horas en réxime xeral e dunha hora en réxime xeral de corta duración, previstos nesta Ordenanza.

11.Infraccións.

Considéranse infraccións do servizo de ordenación e regulación do estacionamento con limitación temporal, durante o horario de actividade do mesmo:

a) O estacionamento sen título habilitante ou con título habilitante non válido.

b) O estacionamento con título habilitante por tempo superior ao sinalado no mesmo, coa salvidade establecida en anteriores apartados.

c) O estacionamento sen tarxeta de residente nas zonas de estacionamento reservadas a tal fin.

d) O estacionamento con tarxeta de residente en sector distinto ao da súa residencia.

e) O estacionamento por máis de dúas horas nunha mesma rúa da zona xeral, sen respectar a previsión do apartado 2.1 a), e máis dunha hora en sector de réxime xeral de corta duración, durante as horas de actividade do servizo.

DISPOSICIÓN FINAL

1. A presente Ordenanza derroga o resto de normas do mesmo rango deste Concello, que se opoñan, contradigan ou non desenvolvan debidamente o contido da mesma.

2. Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez sexa publicado o texto integro da mesma no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases de réxime local.

ANEXO I: CADRO DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

No presente Anexo recóllense aquelas infraccións máis comúns contra o Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, contra o Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do Texto Articulado e contra a presente Ordenanza, así como o importe das sancións que corresponde ás mesmas.

NOMENCLATURA EMPREGADA:

LSV: Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial.

CIR: Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación.

OMT: Ordenanza Municipal de Tráfico.

ART: Artigo.

APART: Apartado do artigo.

OPC: Opción dentro do apartado do artigo.

INF: Cualificación da infracción:

L: Leve

G: Grave

MG: Moi Grave

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/05/06/2010_0000006428.html

ANEXO II: INFORMACIÓN RELATIVA Á PERDA DE PUNTOS

O titular dun permiso ou licenza de condución que sexa sancionado en firme en vía administrativa pola comisión dalgunha das infraccións que se relacionan na Lei de Seguridade Vial perderá o número de puntos que, para cada unha delas, sinálanse en dita norma, nos termos e forma que, así mesmo, se indican en dita normativa.

A título informativo, nesta Ordenanza se inclúe:

· En primeiro termo, as infraccións e a perda de puntos que conlevan segundo figura en Anexo II da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a motor e Seguridade Vial, na súa redacción dada por Lei 17/2005, de 19 de xullo.

· En segundo lugar, os cadros resumen elaborados con base á nova redacción de dita norma dada por Lei 18/2009, de 23 de novembro, pola que se modifica o texto articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (¿Boletín Oficial do Estado" de 24 de novembro de 2009), dado que a Disposición final sétima dispón que ¿A presente Lei entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no ¿Boletín Oficial do Estado", salvo os artigos 9.bis 2, 59 bis, 77 e 78 que entrarán en vigor no prazo de 1 ano e os efectos desta Lei que sexan favorables para o infractor, que entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no ¿Boletín Oficial do Estado."

A)Infraccións que levan aparellada a perda de puntos segundo Anexo II da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a motor e Seguridade Vial, na súa redacción dada por Lei 17/2005, de 19 de xullo:

1. Conducir cunha taxa de alcohol superior á regulamentariamente establecida:

Valores mg/l aire expirado, máis de 0,50 (profesionais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade máis de 0,30 mg/l): 6

Valores mg/l aire expirado, superior a 0,25 ata 0,50 (profesionais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade máis de 0,15 ata 0,30 mg/l) : 4

2. Conducir baixo os efectos de estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes e outras substancias de efectos análogos: 6

3. Incumprir a obriga de someterse ás probas de detección do grado de alcoholemia, de estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes e outras substancias de efectos análogos: 6

4. Conducir de forma manifestamente temeraria, circular en sentido contrario ao establecido ou conducir vehículos en competicións e carreiras non autorizadas: 6

5. Circular por autopistas ou autovías con vehículos cos que estea expresamente prohibido: 4

6. Exceder en máis dun 50 por 100 a velocidade máxima autorizada, sempre que iso supoña superar, ao menos, en 30 quilómetros por hora dito límite máximo: 6

7. O exceso en máis do 50 por 100 nos tempos de condución ou a minoración en máis do 50 por 100 nos tempos de descanso establecidos na lexislación sobre transporte terrestre: 6

8. Conducir un vehículo cunha ocupación que supoña aumentar nun 50 por 100 ou máis o número de prazas autorizadas, excluído o condutor salvo que se trate de autobuses urbanos ou interurbanos :4

9. Conducir un vehículo cun permiso ou licenza que non lle habilite para iso: 4

10. Tirar á vía ou nas súas inmediacións obxectos que poidan producir incendios ou accidentes de circulación: 4

11. Conducir de forma neglixente creando un risco certo e relevante para os outros usuarios da vía: 4

12. Exceder os límites de velocidade establecidos:

En máis de 40 km/h salvo que estea incurso no indicado no apartado 6: 4

En máis de 30 km/h ata 40 km/h: 3

En máis de 20 km/h ata 30 km/h : 2

13. Incumprir as disposicións legais sobre prioridade de paso, e a obriga de deterse na sinal de stop, e nos semáforos coa luz vermella encendida: 4

14. Incumprir as disposicións legais sobre adiantamento poñendo en perigo ou entorpecendo a quen circulen en sentido contrario e adiantar en lugares ou en circunstancias de visibilidade reducida: 4

15. Adiantar poñendo en perigo ou entorpecendo a ciclistas: 4

16. Efectuar o cambio de sentido incumprindo as disposicións recollidas nesta Lei e nos termos establecidos regulamentariamente: 3

17. Realizar a manobra de marcha atrás en autopistas e autovías: 4

18. Aumentar a velocidade ou efectuar manobras que impidan ou dificulten o adiantamento polo condutor do vehículo que vai a ser adiantado: 4

19. Non respectar as sinales dos axentes que regulan a circulación: 4

20. Non manter a distancia de seguridade co vehículo que lle precede: 3

21. Conducir utilizando manualmente o teléfono móbil, auriculares ou calquera outro dispositivo incompatible coa obrigatoria atención permanente á condución nos termos que se determinen regulamentariamente: 3

22. Parar ou estacionar nas curvas, cambios de rasante, túneles, pasos inferiores, interseccións ou calquera outro lugar perigoso que constitúa un risco á circulación ou os peóns nos termos que se determinen regulamentariamente: 2

23. Parar ou estacionar nos carrís destinados para o transporte público urbano: 2

24. Conducir vehículos que teñan instalados mecanismos ou sistemas encamiñados a eludir a vixilancia dos axentes de tráfico, ou que leven instrumentos coa mesma intención, así como a utilización de mecanismos de detección de radares: 2

25. Circular sen alumeado cando sexa obrigatorio ou utilizalo sen axustarse ao establecido regulamentariamente: 2

26. Conducir sen utilizar o cinto de seguridade, o casco e demais elementos de protección ou dispositivos de seguridade, nos casos e condicións que se determinen regulamentariamente: 3

27. Circular con menores de 12 anos como pasaxeiros de motocicletas ou ciclomotores coas excepcións que se determinen regulamentariamente: 2

B) Infraccións que levan aparellada a perda de puntos segundo figura en Anexo II da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a motor e Seguridade Vial, de conformidade coa redacción de dita norma dada por Lei 18/2009, de 23 de novembro.

O número que figura na columna da esquerda corresponde á relación de infraccións do apartado A) de maneira que facilita a súa comparativa.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/05/06/2010_0000006428.html