Cambre - Ordenanza reguladora da inscrición dos participantes nos programas de actividades do Concello de Cambre, e das condicións do seu desenvolvemento.
Artigo 1.
Artigo 2
Artigo 3.
Artigo 4.
O feito de asinar a ficha de inscrición da actividade solicitada, supón a aceptación das condicións e normas xerais do programa, incluíndo o tratamento de datos de carácter persoal e imaxes segundo a lexislación vixente.
No momento de facer a inscrición nunha actividade por primeira vez, cando sexa necesario o solicitante achegará coa solicitude un certificado ou informe médico ou informe que acredite que non está imposibilitado para realizar a actividade na que se inscribe. Este certificado/ informe/enquisa non será necesario en anos sucesivos, agás que se produzan variacións na saúde do interesado, na actividade solicitada ou se se contempla a súa revisión cada certo tempo.
Artigo 5.
- Inscribirse na actividade desexada cada ano/curso, xa que o feito de participar en anos/cursos anteriores na mesma actividade non dá dereito á reserva de praza.
- Ter a idade establecida para a actividade á que se quere inscribir, cumprila no transcurso da actividade ou pertencer ao curso escolar establecido, segundo se marque na convocatoria correspondente.
- Reunir as condicións físicas e de saúde necesarias para realizar a actividade na que se inscriba, para o que o Concello de Cambre poderá requirir informe médico ou documentación complementaria.
O Concello de Cambre non admitirá as inscricións daquelas persoas que:
- Non estean ao corrente no pagamento das cotas doutras actividades municipais.
- Á vista do resultado do informe médico, teñan desaconsellada a realización da actividade solicitada.
- Non cumpran os requisitos establecidos nas normas e condicións xerais do programa.
En cada convocatoria establecerase un prazo para a subsanación da documentación presentada.
Artigo 6.
En determinadas actividades, segundo se marque na convocatoria correspondente, priorizarase a selección de persoas que non participaron nesa actividade en edicións anteriores.
Artigo 7.
No caso de facer sorteo as persoas non empadroadas en Cambre pasarán á lista de espera a continuación do último solicitante empadroado que entregou a súa inscrición no prazo establecido e segundo a orde de recepción da súa solicitude.
O sistema de sorteo será o que amosamos a continuación:
Elabórase unha lista de solicitudes de inscrición ben por orde alfabético, ou ben por orde de inscrición, segundo se estableza en cada convocatoria. A continuación, a cada solicitude asígnaselle un número. Extráese dun bombo unha bola cun número. Como ese número corresponde a unha solicitude, cóntase a partir desa o número de prazas máximo establecido para a actividade en cuestión. A partir do último seleccionado, establécese a lista de espera.
Do sistema de sorteo darase a debida información e realizarase en acto público coa asistencia mínima dun técnico do departamento correspondente e a secretaria xeral do Concello ou funcionario/a habilitado para o efecto.
En caso de recibir solicitudes fóra do prazo establecido incluiranse por rigoroso orde de inscrición a continuación do último solicitante da lista de espera, dos inscritos no prazo establecido.
Artigo 8.
A lista de alumnos, usuarios ou participantes admitidos, e a lista de espera, publicarase no taboleiro de anuncios do concello e dos departamentos correspondentes e/ou na páxina web municipal.
Artigo 9
Artigo 10.
Se por causas imputables ao Concello, unha actividade non comeza na data estipulada, ou se perde algún día de desenvolvemento dela, os participantes terán dereito a recuperar as sesións non realizadas, na forma que o concello determine.
Artigo 11.
A forma do pagamento, as contías que corresponde aboar, así como as posibles reducións, serán as fixadas nas ordenanzas fiscais ou acordos reguladores de prezos públicos que o Concello de Cambre aprobe para cada exercicio.
A aplicación dos descontos requirirá, en todo caso, a presentación da correspondente documentación acreditativa.
Artigo 12
Artigo 13
- Se o alumno, usuario ou participante non está ao corrente do pagamento das cotas da actividade, polo que en sucesivas convocatorias non poderá participar ata que o faga efectivo, tal e como consta no artigo 5 da presente ordenanza.
- Se despois do comezo da actividade resultase que o alumno, usuario ou participante non reúne as condicións físicas e de saúde adecuadas, que tivera cando a solicitou.
- Se o alumno, usuario ou participante falta de forma inxustificada á actividade, segundo estea regulado en cada caso.
- Se o alumno, usuario ou participante mostra un comportamento incorrecto durante a actividade, logo da correspondente reunión que se realice para o efecto entre o participante, o monitor, unha testemuña, un técnico do departamento do Concello de Cambre, e o concelleiro delegado do Departamento.
- O non cumprimento das normas da actividade ou das directrices dos responsables dela.
Artigo 14.
Artigo 15.
A devolución das cotas aboadas pola actividade realizarase tendo en conta as diversas formas de efectuar o pagamento establecidas no acordo correspondente.
Artigo 16.
- Que as instalacións onde se van realizar as actividades sexan as adecuadas.
- Que haxa material suficiente para o seu desenvolvemento.
- Que os monitores estean debidamente cualificados.
- Os alumnos, usuarios ou participantes das actividades terán un seguro de accidentes que cubrirá os danos por accidente para cada participante, durante todo o tempo que dure a actividade desenvolvida.
- A calidade das actividades en xeral.