Laracha A - Ordenanza fiscal núm. 22, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público local por mesas, cadeiras, tribunas, taboados, e outros elementos análogos
Artigo 1.- Fundamento e réxime.
Artigo 2.- Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa a ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos
2.- Cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza se producisen estragos no pavimento, instalacións da vía pública ou bens de uso público, os titulares daqueles están obrigados a reparar ou reconstruír os danos causados con independencia do pago da taxa. Se os danos fosen irreparables o concello será indemnizado. A indemnización fixarase nunha suma igual ao valor das cousas destruídas.
Artigo 3.- Devengo.
Artigo 4.- Suxeitos pasivos.
Artigo 5.- Base impoñible.
Artigo 6.- Tarifa.
Artigo 7.- Responsables.
Artigo 8.- Exencións , reducións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou os previstos en normas con rango de lei.
O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigados ao pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do domino público polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.
Artigo 9.- Normas de xestión.
O tributo liquidarase por cada aproveitamento solicitado e conforme ao tempo que o interesado indique ao pedir a correspondente licenza.
As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza, presentarán no concello solicitude detallada da súa natureza, tempo e duración destes, lugar exacto onde se pretenden realizar, sistema de delimitación e en xeral cantas indicacións sexan necesarias para a determinación do aproveitamento desexado.
Coa solicitude de licenza abonarase en concepto de depósito a cantidade resultante de aplicala tarifa. No caso de concederse a licenza o depósito será considerado pago da taxa, en caso contrario o solicitante pode esixir a devolución do mesmo.
Cando se realicen aproveitamentos sen licenza ou excedendo do autorizado, se practicarán de oficio as liquidacións que correspondan e se imporán as sancións que procedan. O pago da taxa non supón a adquisición do dereito a realizar o aproveitamento, podendo a administración municipal adoptar as medidas que procedan para evitar a continuación de aqueles que no poidan ser autorizados por non cumprir as condicións requiridas.
Esta taxa esíxese en réxime de autoliquidación.