Laracha A - Ordenanza fiscal núm. 23, reguladora da taxa por dereitos de exáme

Publicación provisional: 15/04/2010 BOP Nº: 69
Publicación definitiva: 31/05/2010 BOP Nº: 100
Aplicable dende: 01/06/2010

Artigo 1.- Fundamento e réxime.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello da Laracha establece a taxa por dereitos de examen, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2.- Feito impoñible.

Constitue o feito impoñible da taxa a actividade técnica e administrativa conducente á selección do persoal funcionario e laboral entre quenes soliciten participar nos correspondentes procesos de acceso ou de promoción ós corpos ou escalas de funcionarios ou ás categorías de persoal laboral que se convoquen por este Concello.

Artigo 3.- Devengo.

O devengo da taxa e a correspondente obriga de contribuír prodúcese pola inclusión nas listas de admitidos nas mencionadas probas.

Non obstante, efectuarase o depósito previo do seu importe total dentro do prazo de presentación de solicitudes nos termos do artigo 7 da presente ordenanza.

Artigo 4.- Suxeitos pasivos.

Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas físicas que soliciten a inscripción como aspirantes nos procesos selectivos ós que se refire o artigo segundo

Dacordo co establecido no artigo 18 da Lei 66/1997, de 30 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e de órde social, en redacción dada pola Lei 55/1999, estarán exentas do pagamento da taxa as personas con discapacidade igual ou superior ó 33% (para o que deberá presentar i certificado de minusvalía correspondente), e aquelas que figuren como demandantes de emprego durante el plazo, cando menos, dun mes anterior á data da convocatoria das probas selectivas nas que se solicite participar (para o que deberá presentar o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente.

Artigo 5.- Cota tributaria

A cota tributaria ven determinada pola aplicación da seguinte tarifa, segundo o grupo laboral ou funcionarial ó que permita o acceso o proceso selectivo:

GRUPO

Euros

Grupo A1 ou I

29

Grupo A2 ou II

22

Grupo B, C1 ou III

14

Grupo C2 ou IV

11

Grupo E ou V

8

Artigo 6.- Responsables.

O réxime de responsabilidades axustarase ao previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

Artigo 7.- Normas de xestión.

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, debendo os suxeitos pasivos realizar o ingreso nalgunha das contas correntes abertas polo Concello nas entidades bancarias. Dito ingreso deberá ser acreditado no momento de presentar a correspondente solicitude de participación no proceso selectivo.

A solicitude non se tramitará mentres non se faga efectivo o importe da taxa nos termos previstos nesta ordenanza.

Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, a actividade técnica e administrativa que constitúe o feito impoñible da taxa non se realice, procederá a devolución do importe correspondente. Polo tanto, non procederá devolución algunha dos dereitos de examen nos supostos de exclusión das probas selectivas por causas imputables ó interesado, nin nos supostos de non presentación efectiva ós procesos.

Artigo 10.- Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto no Título IV da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.