Zas - Ordenanza reguladora do prezo público pola realización de actividades culturais, recreativas nas instalacións municipais e actuacións deportivas, actividades extraescolares municipais e actividades xuvenís
ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA
ARTIGO 2: CONCEPTO
Os prezos públicos regulados nesta Ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que serán satisfeitas polos usuarios que voluntariamente soliciten a realización das actividades culturais e recreativas que se organicen nas instalacións municipais, así coma actuacións deportivas, actividades extraescolares municipais e actividades xuvenís que realice o Municipio
Se con posterioridade ao establecemento do presente prezo público, cesasen na prestación do servizo as instalacións deportivas privadas que actualmente concorren na realización de actividades similares ás que se desenvolven nas instalacións deportivas municipais, o prezo público transformarase en taxa.
En caso de resultar preceptiva a transformación anterior, o Concello aprobará a Ordenanza fiscal correspondente reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais, que entrará en vigor a partir da data na que se publique no Boletín Oficial da Provincia a súa redacción definitiva.
Cando os prezos públicos por servizos nas instalacións deportivas municipais, de carácter periódico teñan que transformarse en taxa pola causa prevista no apartado 2º, non será preciso realizar a notificación individual á que se refire o art. 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, sempre que o suxeito pasivo e a cuota da taxa coincidan co obrigado ó pago e o importe do prezo público ó que substitúe.
ARTIGO 3: OBRIGADOS AO PAGO
ARTIGO 4: CONTÍA
1.-O importe do prezo público fixado cubrirá, como mínimo, o custo das actividades prestadas, podendo así fixarse un prezo público por debaixo do custo cando existan razóns sociais benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen. Especialmente nos casos enunciados no apartado 3 deste artigo.
2.-Dadas as características das actividades e servizos obxecto destes prezos públicos A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a que fixe, en cada caso, o Pleno da corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e co artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril. As contías das tarifas que sexan aprobadas realizáranse atendendo ás propostas-memorias económicas e de actividade que presenten os diferentes servizos encargados de desenvolve-los servizos e actividades financiadas polos prezos que se establezan, sen que o importe dos prezos públicos poida ser inferior ao custo do servizo prestado e da actividade realizada. Non obstante, e atendendo á capacidade económica dos obrigados ao pagamento, e nos termos fixados no seguinte punto, poderase reduci-lo importe dos prezos por debaixo do límite antes sinalado.
3.-O Concello de Zas resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto ou cunha redución de contías de ata unha porcentaxe do 50% para determinados colectivos que se consideren desfavorecidos, previo informe da Área de Servizos Sociais.
A contía do prezo público pola realización de actividades culturais será única para toda a tempada e dará dereito a participar en calquera actividade do programa cultural municipal, nos requisitos regulamentariamente establecidos.
4.- Acordados os prezos de cada servizo ou actividade, o acordo será exposto no Taboleiro de Anuncios do Concello a efectos da súa publicidade.
ARTIGO 5: NORMAS DE XESTIÓN
A obriga de pagar o prezo público nace dende o momento en que se formalice a autorización municipal á participación nunha actividade das ofertadas.
O pago do prezo público farase efectivo nas contas indicadas pola Tesourería Municipal no momento da formalización da correspondente matrícula de inscrición.
Cando por causa non imputable ó obrigado ó pago do prezo público, o servizo ou actividade non se prestase, procederá a devolución do importe correspondente.
ARTIGO 7: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza de Prezo Público, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 26 de Xuño de 2009, entrará en vigor unha vez se cumpra o esixido no artigo 49 da Lei de Bases do Réxime Local e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei de Bases do Réxime Local e aplicarase mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación."
Contra o presente Acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguiente o da publicación deste anuncio no B.O.P. Coruña ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.