Boimorto - Ordenanza fiscal nº 10, reguladora da taxa por utilización do polideportivo municipal
Artigo 1.º .-Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación co 20 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/98, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello establece a taxa por utilización do polideportivo municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible da taxa a utilización do polideportivo municipal.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito imponible desta taxa.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas que son causantes ou colaboran na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no art. 33 da Lei Xeral Tributaria, que responderán en proporción as súas respectivas participacións das obrigacións tributarias da entidade.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o art. 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Exencións e bonificacións.
1) Estarán exentos do pagamento da taxa polo utilización do polideportivo municipal:
a) Os centros de ensino do municipio para imparti-las clases de educación física.
b) A celebración de campionatos escolares, ou probas deportivas nas que participen xoves escolarizados neste Concello.
c) As actividades organizadas ou promovidas polo Concello.
d) As actividades propias das escolas deportivas.
e) Os equipos federados do Concello de Boimorto para a realización dos partidos regulamentarios exclusivamente e sempre que non cobren entrada.
f) As actividades, sexan ou non deportivas, de marcado carácter benéfico, social ou cultural, promovidas por entidades sen fins de lucro de ámbito municipal.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa. A tal efecto, aplicarase as seguintes tarifas:
a) Para a realización de actividades deportivas con alumeado, 4,20 € /hora, ou fracción, se non se cobra entrada, e 9 €/hora, ou fracción, se se cobra entrada.
b) Para a realización de actividades deportivas sen alumeado 2,40 € /hora, ou fracción, se non se cobra entrada, e 6 €/hora, ou fracción, se se cobra entrada.
c) Para a realización de actividades non deportivas con alumeado 18 € /hora, ou fracción, independentemente de que se cobre ou non entrada.
d) Para a realización de actividades non deportivas sen alumeado 12 € /hora ou fracción, independentemente de que se cobre ou non entrada.
e) Pola pernoctación no polideportivo 3 € por usuario e noite sendo necesario o pago para obter entrada que autorice a estancia.
Artigo 7.º .-Retribución e período impositivo.
A retribución da presente taxa terá lugar no momento en que se presente a solicitude de utilización que constitúe o feito imponible da taxa.
Artigo 8.º .-Ingreso.
O pagamento da taxa farase nas oficinas municipais no momento en que se faga a solicitude.
No suposto de usos periódicos as liquidacións resultantes faranse por meses vencidos.
O encargado das instalacións deportivas será responsable do uso que se faga das instalacións sen a correspondente licencia e sen xustifica-lo pagamento da taxa, por un importe de ata o duplo da cantidade defraudada.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenrolen.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno da corporación en sesión extraordinaria celebrada o día vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e oito entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.