Cariño - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: 14/12/2009 BOP Nº: 262
Publicación definitiva: 10/02/2010 BOP Nº: 27
Aplicable dende: 29/09/2010

ARTIGO 1.º.–OBXECTO.

É obxecto da presente ordenanza fiscal establecer o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar no Concello de Cariño.

ARTIGO 2.º.–OBRIGADOS AO PAGAMENTO.

2.1. Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza os que se beneficien da prestación do servizo de axuda no fogar. Para ser beneficiario do mesmo estarase ao establecido no Regulamento do servizo de axuda no fogar.

2.2. A obriga de pagamento nace dende o momento no que se inicie a prestación do servizo. As liquidacións correspondentes practicaranse mensualmente nos primeiros quince días do mes seguinte á prestación do servizo, na entidade bancaria que a persoa usuaria establecerá para tal efecto.

ARTIGO 3.º.–CONTÍA.

Establécese como prezo inicial do servizo aos efectos de cobro o de 12 euros/hora.

ARTIGO 4.º.–DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA.

Para os efectos deste artigo considérase persoa usuaria a que solicita o servizo. No caso de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos menores que formen parte dela.

A capacidade económica das persoas usuarias do SAF calcularase en función da súa renda, e se é o caso, do seu patrimonio. Terase en conta, ademais as persoas conviventes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes.

A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos de actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, e así como das débedas e obrigas persoais das que deba de responder.

Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de cotitularidade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do beneficiario.

No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ambos os dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella.

A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co número anterior, entre a suma dos seguintes conviventes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que

dependesen economicamente dos citados perceptores.

A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir de 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% anos aos menores de 35 anos.

Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

ARTIGO 5.º.–PARTICIPACIÓN NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO DAS PERSOAS USUARIAS.

5.1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

Para os demais casos a contía do prezo público determinarase aplicando as tarifas seguintes:

INGRESOS EN RELACIÓN AO IPREM

COPAGAMENTO

Entre o 100% e o 150%

10%

Entre o 150% e o 200%

12%

Entre o 200% e o 250%

15%

Entre o 250% e o 300%

20%

Entre o 300% e o 350%

28%

Entre o 350% e o 400%

37%

Entre o 400% e o 450%

45%

Entre o 450% e o 500%

60%

> 500%

65%

5.2. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderán preverse excepcións aos criterios xerais nos casos nos que a problemática principal atendida sexa a desestruturación familiar e se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión, mediante resolución motivada do órgano competente para acordar a concesión do servizo, da que en todo caso deberá deixarse constancia no expediente.

ARTIGO 6.º.–REVISIÓNS.

6.1. O importe abonado polas persoas usuarias poderá ser revisado cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas que impliquen unha modificación substancial da súa capacidade económica, que supoña como mínimo unha variación do 20% en cómputo anual respecto do declarado na solicitude de servizo. Tal variación deberá ter unha duración temporal mínima de catro meses para ser tida en conta, e xustificarase mediante declaración de IRPF, certificados da Axencia Tributaria, informes dos servizos sociais ou calquera outra documentación necesaria a xuízo do Concello.

6.2. En calquera caso, con carácter xeral, no último trimestre do ano procederase á revisión do importe abonado polas persoas usuarias, procedéndose á aplicación da tarifa correspondente.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por prestación do servizo de axuda a domicilio publicada no BOP n.º 64, de 19 de marzo de 1997.

DISPOSICION FINAL

A presente Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar entrará en vigor a partir do día seguinte á súa publicación íntegra no BOP e permanecerá en vigor ata a data da súa derrogación parcial ou total.

ANEXO

4º-. CONTIDO DO SERVIZO.5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:-A realización de actividades que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo recollidos no artigo 12 da Orde de axuda no fogar de 22 de xaneiro de 2009.-Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.(....)

8º-. DEBERES DAS PERSOAS USUARIAS. As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se recollen na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, referido ó artigo 37 da Lei 13/2008, de 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, terán os seguintes deberes:(...)

9º-. PERSOAL E FUNCIÓNS.- O persoal que pode intervir no Servizo de Axuda no Fogar está composto por profesionais e persoas voluntarias e as súas funcións e tarefas serán as seguintes: a) Traballador/a Social, como profesional responsable do Programa que recibirá a demanda, fará o estudio e a valoración da situación presentada, deseñará o proxecto de intervención axeitado a ela e será responsable do seu seguimento e valoración. As súas funcións e tarefas concretas serán : (....) - Avaliación e seguimento ( como mínimo cada dous meses ) dos casos atendidos, e adaptación do servizo ás necesidades presentadas.