Arteixo - Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 07/04/2010 BOP Nº: 63
Aplicable dende: 08/04/2010

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As entidades locais gozan de autonomía para a xestión dos intereses que lles son propios. A Lei reguladora das bases de réxime local e o seu texto refundido establecen que a ordenación do tráfico de vehículos e persoas nas vías urbanas será de competencia das entidades locais, as cales a exercen dentro do límite estabelecido pola lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas.

A manifestación desta competencia, en materia de circulación, reflíctese na elaboración dunha Ordenanza que regulamente os aspectos relacionados coa mesma dentro do municipio.

O feito da circulación viaria é hoxe en día consustancial ao ser humano, sendo a actividade que máis se prodiga e a que máis vincula á poboación xa sexa na súa faceta condutora ou simplemente peonil, razón pola que require unha lexislación concreta e axeitada ás súas especiais circunstancias.

A capacidade normativas das administracións locais debe enfocarse cara a regulamentación das facetas específicas que constitúen a idiosincrasia do municipio, atendendo á variedade e pluralidade do seu tecido social, co fin de mellorar a calidade de vida da súa cidadanía.

O Concello de Arteixo regulamenta mediante a presente Ordenanza diversas cuestións e materia de tráfico co fin de exercer as competencias atribuídas aos municipios polo artigo 7 do Real decreto lexislativo 339/1990, do dous de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e normativa concordante e complementar así a lexislación estatal e autonómica neste ámbito.

Artigo 1. Competencia

A presente Ordenanza dítase en exercicio das competencias atribuídas aos municipios en materia de ordenación do tráfico de persoas e vehículos nas vías urbanas pola lei de base de réxime local e a Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

Naquelas materias non regulamentadas expresamente nesta Ordenanza aplicaranse directa e subsidiariamente os preceptos da Lei de seguridade viaria e os regulamentos ou outras normas que a desenvolvan ou poidan desenvolvela no futuro.

Artigo 2. Obxecto

É obxecto da presente Ordenanza:

A regulamentación dos usos das vías urbanas e travesías, de acordo coas fórmulas de cooperación ou delegación con outras administracións, facendo compatible a equitativa distribución dos aparcamentos entre todos as persoas usuarias; compatibizar a necesaria fluidez do tráfico rodado e co uso peonil das rúas, así como fomentar a seguridade a seguridade viaria e a prevención de accidentes.

O estabelecemento de medidas de limitación do estacionamento, co fin de garantir a rotación dos aparcamentos, prestando especial atención ás necesidades das persoas que teñen reducida a súa mobilidade e que utilizan vehículos e favorecer así a súa integración social.

Estabelecer os importes das sancións pecuniarias correspondentes ás distintas infraccións, respectando os límites legais na normativa con rango de Lei.

Artigo 3. Ámbito de aplicación

As normas contidas neta Ordenanza obrigarán aos titulares e persoas usuarias das vías e terreos públicos urbanos do Concello de Arteixo, e os interurbanos cuxa competencia fose cedida ao Concello de Arteixo, que sexan aptos para a circulación ou que, sen ter tal aptitude, sexan de uso común e, en defecto doutras normas, aos titulares das vías e terreos privados que sexan utilizados por unha colectividade indeterminada de persoas usuarias.

Mediante esta Ordenanza regúlase o uso das vías urbanas do termo municipal de Arteixo para a circulación de persoas e vehículos e será de obrigado cumprimento parra todos aqueles que fan uso das mesmas.

Enténdese por persoas usuarias da vía a peóns, condutores, ciclistas e calquera outra persoa que realice sobre a vía ou utilice a mesma para o desenvolvemento de actividades de natureza diversa, que precisarán para o seu exercicio de autorización municipal

TÍTULO PRIMEIRO: A CIRCULACIÓN URBANA

CAPÍTULO PRIMEIRO: NORMAS XERAIS

Artigo 4. Persoas usuarias.

As persoas usuarias das vías están obrigadas a comportárense de forma que non entorpezan indebidamente a circulación nin causen perigo, prexuízos ou molestias innecesarias ás persoas, ou danos aos bens.

Artigo 5. Normas de comportamento dos peóns.

1. Os peóns transitarán polas beirarrúas, beiravías ou os paseos, preferentemente pola súa dereita, de forma que non obstrúan ou dificulten a circulación por elas doutros viandantes, gozando sempre de preferencia as persoas de mobilidade reducida. Nas vías urbanas sen beirarrúas ou con beirarrúas que non permitan o paso simultáneo de dúas persoas, mais que estean abertas ao tráfico de vehículos, os peóns extremarán as precaucións e circularán cerca das fachadas dos edificios, polo lugar más afastado do centro da calzada.

2. Os peóns utilizarán os pasos sinalizados para cruzaren as calzadas e, nos lugares que carezan destes, farano polos extremos dos bloques de edificios perpendicularmente á calzada, asegurándose antes da non proximidade dalgún vehículo.

3. Ao chegar a unha praza ou rotonda, os peóns deberán rodeala, agás que estea habilitado un paso para cruzala.

4. Nos pasos de peóns regulamentados por semáforo, os peóns deberán respectar as súas sinais ou fases que lles afecten, así coma calquera outro tipo de sinalización específica da vía pública.

5. Os peóns deberán respectar os sinais dos axentes da autoridade encargados da vixilancia do tráfico e seguir as súas indicacións.

Artigo 6. Zonas peonís

O Concello poderá estabelecer illas ou zonas peonís nas que, como norma xeral, será prioritaria a circulación de peóns, e restrinxirase total ou parcialmente a circulación e o estacionamento de vehículos agás nas zonas especialmente autorizadas.

As illas ou zonas peonís disporán da sinalización correspondente á entrada e á saída. Nos sinais indicaranse as limitacións e os horarios, de proceder, sen prexuízo de que se poidan utilizar outros elementos móbiles ou telemáticos que impidan a entrada e a circulación de vehículos na rúa ou zona afectada.

A prohibición de circulación e de estacionamento nas illas ou zonas peonís poderá estabelecerse con carácter permanente ou referirse unicamente a unhas determinadas horas do día ou a uns determinados días e poderalle afectar a todas ou só algunhas das vías da zona delimitada.

As limitacións de circulación e de estacionamento que se estabelezan nas illas ou zonas peonís non lle afectarán aos seguintes vehículos:

Os do servizo de prevención e extinción de incendios, dos Corpos e Forzas de Seguridade, ambulancias e transporte sanitario e aqueloutros vehículos de servizos públicos de limpeza, reparación ou similares, para a prestación do servizo correspondente.

Os que trasladen persoas enfermas ou persoas eivadas con domicilio ou atención dentro da área.

Os que accedan ou saian de garaxes e estacionamentos autorizados, durante o horario que fixe a licenza corrrespondente.

Os vehículos comerciais ou industriais terán acceso durante o tempo imprescindible para cargar ou descargar, dentro do horario estabelecido. As tarefas de carga e descarga realizaranse nos espazos indicados para o efecto.

Os vehículos destinados a operacións de mudanzas de mobles e enxoval terán acceso á zona e permiso para estacionar nas condicións e horarios estabelecidos, para cada caso, na autorización municipal correspondente, segundo dispón o artigo 38.4 desta Ordenanza

Os vehículos destinados ao transporte escolar, nos itinerarios e paradas fixados para o efecto pola Autoridade municipal, de conformidade co estabelecido no artigo 24 desta Ordenanza.

O Concello poderá ordenar a utilización de distintivos para identificar aos vehículos autorizados a circular nas zonas restrinxidas, que deberán colocarse en lugar visible, preferentemente no parabrisas.

Artigo 7. Zonas de prioridade invertida e regulamentación de tráfico en circunstancias especiais.

A administración municipal poderá estabelecer zonas nas cales as condicións de circulación de vehículos queden restrinxidas a prol da circulación e uso da calzada por parte dos peóns.

Cando circunstancias especiais así o requiran, a autoridade municipal, por medio da Policía Local, poderá tomar as medidas que sexan oportunas para a axeitada regulamentación do tráfico, tales como:

a) A restrición ou prohibición da circulación de vehículos en xeral ou dunha categoría en particular por determinadas zonas de poboación.

b) A canalización do tráfico por determinadas vías.

c) A reordenación, restrición ou prohibición da parada ou o estacionamento en determinadas vías.

Artigo 8. Control do vehículo e outras obrigas do condutor.

Os condutores deberán estar en todo momento en condicións de controlar os seus vehículos ou animais. Ao aproximárense a outras persoas usuarias da vía, deberán adoptar as precaucións necesarias para a súa seguridade, especialmente cando se trate de nenos, anciáns, invidentes ou outras persoas manifestamente impedidas.

O condutor dun vehículo está obrigado a manter a súa proia liberdade de movementos, o campo necesario de visión e a atención permanente á condución, que garantan a súa propia seguirdade, a do resto dos ocupantes do vehículo e a das demais persoas usuairas da vía. Para estes efectos, deberá coidar especialmente de manter a posición axeitada e que a manteña o resto dos pasaxeiros e a axeitada colocación dos obxectos ou animais transportados, de forma que non haxa interferencia entre o conductor e calquera deles.

Considérase incompatible coa obrigatoria atención permanente á condución o uso polo condutor, co vehículo en movemento, de dispositivos tales coma pantallas con acceso a internet, monitores de televisión e reprodutores de vídeo ou DVD. Exceptúanse, para estes efectos, o uso de monitores que estean á vista do condutor e cuxa utilización sexa necesaria para a visión de acceso ou baixada de pasaxeiros ou para a visión en vehículos con cámara de manobras traseiras, así coma o uso de dispositivo GPS.

Queda prohibido conducir e utilizar cascos ou auriculares conectados a aparellos receptores ou reprodutores de son, agás durante a correspondente ensinanza e a realización das probas de aptitude en circuíto aberto para a obtención do permiso de condución de motocicletas de dúas rodas, cando así o esixa o Regulamento xeral de condutores.

Prohíbese durante a condución, a utilización de dispositivos de telefonía móbil e calquera outro medio ou sistema de comunicación, agás cando o desenvolvemento da comunicación teña lugar sen empregar as mans nin usar cascos, auriculares ou instrumentos similares.

Quedan exentos de dita prohibición os axentes da autoridade, os condutores de vehículos especiais e de acompañamento destes, de furgóns de transporte de fondos e de escolta debidamente acreditados, no exercicio das funcións que teñan encomendadas.

Prohíbese que nos vehículos se instalen mecanismos ou sistemas, se leven instrumentos ou se acondicionen de forma encamiñada a eludir a vixilancia dos axentes de tráfico e que se emitan ou fagan sinais con dita finalidade, así coma a utilización de mecanismos de detección ou inhibición de radares.

Prohíbese levar abertas as portas do vehículo,abrilas antes da súa completa inmobilización e abrilas ou apearse do mesmo sen terse asegurado previamente de que iso non implica perigo ou entorpecemento para as outras persoas usuarias, especialmente cando se refire a condutores de bicicletas.

Queda prohibido circular con menores de doce anos situados nos asentos dianteiros do vehículo agás que utilicen dispositivos homologados para o efecto. Así mesmo, queda prohibido circular con menores de doce anos como pasaxeiros de ciclomotores ou motocicletas con ou sen sidecar, por calquera clase de vía. Excepcionalmente permítese esta circulación a partir dos sete anos, sempre que os condutores sexan as nais ou os pais, titores ou persoa maior de idade autorizada por eles, utilicen casco homologado e se cumpran as condicións específicas de seguridade estabelecidas regulamentariamente.

Artigo 9. Circulación de motocicletas e ciclomotores.

As motocicletas e os ciclomotores non poden circular polas beirarrúas, plataformas, paseos nin carril -bici.

Artigo 10. Circulación de bicicletas.

As bicicletas deberán estar dotadas dos elementos reflectantes debidamente homologados que regulamentariamente se determinen e que deberán posuír estes vehículos consonte a dita normativa. Cando sexa obrigatorio o uso de iluminación pública, os condutores de bicicletas deberán, ademais, levar colocada algunha prenda reflectante, de circularen por vía interurbana.

As bicicletas circularán polos carrís especialmente reservados, respectando a preferencia de paso dos peóns que os crucen. De circularen pola calzada por non ter vía reservada, efectuarano preferiblemente polo carril da dereita, agás que teñan que realizar un xiro próximo á esquerda.

Os espazos de uso compartido por bicicletas e peóns, ademais dos parques e prazas de uso público, serán aqueles que estean debidamente sinalizados. Neste caso a velocidade das bicicletas deberá axustarse ao paso dos peóns, os cales sempre terán prioridade en caso de conflito. Os ciclistas deberán apearse se as circunstancias así o requirisen.

Cando os ciclistas circulen en grupo polas vías urbanas deberán respectar individualmente a sinalización semafórica que lles afecte.

As bicicletas non poderán circular por vías urbanas nas que se permita unha velocidade superior aos 50 Km/h e carezan de beiravía.

Artigo 11. Velocidade dos vehículos que circulen por núcleo urbano.

O límite máximo autorizado de velocidade a que poderán circular os vehículos por vías urbanas será de 50 Km/, agás para os vehículos que transporten mercadorías perigosas, que circularán como máximo a 40 Km/h, sen prexuízo de que a autoridade municipal, vistas as súas características peculiares, poida estabelecer en certas vías e/ou zonas límites inferiores ou superiores.

Nas zonas peonís, así definidas no artigo 6 da presente ordenanza, non se poderá pasar a velocidade de 10 Km/h, e nas rúas dun só carril ou con grande aglomeración de persoas poderán determinarse ¿zonas 30", áreas especialmente acondicionadas e sinalizadas nas que a velocidade máxima na banda de circulaicón é de 30 kilómetros por hora.

Todo condutor estrará obrigado a respectar os límites de velocidade estabelecidos. Co fin de axeitar a velocidade do vehículo de maneira que sempre poida deter a marcha do mesmo dentro dos límites do seu campo de visión e perante calquera obstáculo, deberá ter en conta, ademais:

As propias condicións físicas e psíquicas.

As características e o estado da vía, do vehículo e da súa carga.

As condicións meteorolóxicas, ambientais e de circulación.

En xeral, todas aquelas circunstancias en cada momento concorrentes.

Poderase circular por debaixo dos límites mínimos de velocidade nos casos de transportes e vehículos especiais, ou cando as circunstancias do tráfico impidan o mantemento dunha velocidade superior á mínima sen risco para a circulación, así coma nos supostos de protección ou acompañamento a outros vehículos, nas condicións que regulamentariamente se estabelezan.

Artigo 12. Actividades que afecten á seguridade da circulación.

A realización de obras, instalacións, colocación de colectores, mobiliario urbano ou calquera outro elemento ou obxecto de forma permanente ou provisional nas vías obxecto desta Ordenanza necesitará a previa autorización municipal e rexeranse polo disposto nesta norma e nas leis de aplicación xeral. As mesmas normas serán aplicables á interrupción das obras, en razón das circunstancias ou características especiais do tráfico que poderá levarse a efecto a pedimento da autoridade municipal.

Prohíbese tirar, depositar ou abandonar sobre a vía substancias ou materiais que poidan entorpecer a libre circulación, parada ou estacionamento, facelo perigoso ou deteriorar aquela ou as súas instalacións, ou producir na mesma ou nas súas inmediacións efectos que modifiquen as condicións apropiadas para circular, parar ou estacionar. Así mesmo, prohíbese tirar á vía ou nas súas inmediacións calquera obxecto que poida dar lugar á produción de lumes ou, en xeral, poñer en perigo a seguridade viaria.

Os vehículos, especialmente cando se incorporen á vía pública procedentes de obras, desterres ou fincas de labranza adoptarán as medidas necesarias para manter as vías limpas de terra, barro ou outros materiais, obxectos e aparellos.

Quen tivese creado sobre a vía algún obstáculo ou perigo deberá facelo desaparecer a o antes posible, adoptando mentres tanto as medidas necesarias para que poida ser advertido ás demais persoas usuarias e para que non se dificulte a circulación.

Prohíbese ocupar unha vía de dominio público por causa de actividades ou instalacións sen autorización municipal

Prohíbese expresamente a limpeza, lavado ou reparación de vehículos na vía pública.

Artigo 13. Emisión de perturbacións e contaminantes.

Non poderán circular polas vías obxecto desta Ordenanza os vehículos con niveis de emisión de ruído superiores aos regulamentariamente establecidos; así coma tampouco emitindo gases ou fumes en valores superiores aos límites estabelecidos nos supostos de teren sido obxecto dunha reforma de importancia non autorizada.

Todos os condutores de vehículos quedan obrigados a colaboraren nas probas regulamentarias de detección que permitan comprobar as posíbeis deficiencias e reformas indicadas.

Tanto nas vías públicas urbanas coma nas interurbanas prohíbese a circulación de vehículos a motor e ciclomotores co chamado escape libre, sen o preceptivo silenciador das explosións.

Prohíbese, así mesmo, a circulación dos anteditos vehículos cando os gases expulsados polos motores, en lugar de atravesar un silenciador eficaz, saian desde o motor a través dun incompleto, inadecuado, deteriorado ou a través de tubos resoadores e a dos de motor de combustión interna que circulen sen estaren dotados dun dispositivo que evite a proxección descendente ao exterior de combustible non queimado ou lancen fumes que poidan dificultar a visibilidade aos condutores doutros vehículos ou resulten nocivos.

Os axentes da autoridade poderán inmobilizar o vehículo no caso de que supere os niveis de gases, fumes e ruídos permitidos regulamentariamente, segundo o tipo de vehículo, consonte ao artigo 70.2 do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria,.

Queda prohibida a emisión dos contaminantes a que se refire o apartado 1 producida por vehículos a motor por enriba das limitacións previstas nas normas reguladoras dos vehículos.

Igualmente, queda prohibida dita emisión por outros focos emisores de contaminantes distintos dos producidos por vehículos a motor, calquera que fose a súa natureza, por enriba dos niveis que o goberno estabeleza con carácter xeral.

Quedan prohibidos, en concreto, os vertidos de lixo e residuos dentro da zona de afección das estradas, en todos caso, e fóra dela cando exista perigo de que o fume producido pola incineración do lixo ou lumes ocasionais poida acadar a estrada.

CAPÍTULO SEGUNDO: SINALIZACIÓN

Artigo 14. Sinalización

A sinalización das vías urbanas correspóndelle á autoridade municipal. A Alcaldía ou o concelleiro delegado ordenarán a colocación, retirada e substitución dos sinais que en cada caso proceda, así coma a autorización de sinais temporais por motivo de obras ou outras circunstancias.

Todas as persoas usuarias das vías obxecto desta Ordenanza estarán obrigadas a acataren os sinais da circulación que estabelezan unha obriga ou unha prohibición e a adaptaren o seu comportamento á mensaxe do resto dos sinais regulamentarios que se atopen nas vías polas que circulen.

Para estes efectos, cando o sinal impoña unha obriga de detención, non poderá iniciar a súa marcha o condutor do vehículo así detido até ter cumprido a finalidade que o sinal estabelece.

Artigo 15. Alteración.

A instalación, retirada, traslado ou modificación da sinalización requirirá a previa autorización municipal. A autorización determinará a situación, modelo e dimensións dos sinais que se implanten.

Prohíbese modificar o contido dos sinais ou colocar sobre elas ou ao lado destas, placas, carteis, marquesiñas, anuncios, marcas ou outros obxectos que poidan inducir a confusión, reducir a súa visibilidade ou eficacia, deslumbrar ás persoas usuarias da vía ou distraer a súa atención.

O Concello procederá á retirada inmediata de toda aquela sinalización que non estea debidamente autorizada ou non cumpra as normas en vigor, e isto tanto no concernente ao sinais non regulamentarios coma se é incorrecta a forma, colocación ou deseño do sinal.

Artigo 16. Sinalización de entradas.

1. Os sinais de tráfico preceptivos instalados nas entradas dos núcleos de poboación, rexerán para todo o núcleo, agás sinalización específica para un tramo de rúa ou zona.

2. Os sinais instalados nas entradas das zonas peonís e demais áreas de circulación restrinxida ou de estacionamento limitado, rexen en xeral para a totalidade do viario interior do perímetro.

Artigo 17. Orde de prioridade.

A orde de prioridade entre os distintos tipos de sinais é o seguinte:

1) Sinais e ordes dos axentes encargados da vixilancia do tráfico.

2) Sinalización circunstancial que modifique o réxime de utilización normal da vía pública.

3) Semáforos.

4) Sinais verticais de circulación.

5) Marcas viarias.

No suposto de que as prescricións indicadas por diferentes sinais parezan estar en contradición entres si prevalecerá a prioritaria, segundo a orde a que se refire o devandito apartado, ou a más restritiva de tratarse de sinais do mesmo tipo.

Artigo 18. Modificación temporal.

A Autoridade municipal, en casos de emerxencia ou ben pola celebración de actos deportivos, culturais ou de calquera outra natureza, susceptibles de produciren grandes concentracións de persoas ou vehículos, poderá modificar temporalmente a ordenación do tráfico existente e adoptar, no seu caso, todas as medidas preventivas necesarias para garantir a seguridade das persoas e vehículos e unha maior fluidez na circulación.

CAPÍTULO TERCEIRO: A PARADA E O ESTACIONAMENTO

Sección 1ª. A parada

Artigo 19. Parada

Enténdese por parada toda inmobilización dun vehículo durante un tempo inferior a dous minutos, sen que o condutor poida abandonalo.

Non se considerará parada da detención accidental ou momentánea por necesidade da circulación nin a ordenada polos axentes da Policía Local ou por circunstancias de urxencia que sexan imprevisibles e inaprazables.

Artigo 20. Lugar de parada.

1. A parada deberá efectuarse de tal maneira que o vehículo non obstaculice a circulación nin constitúa un risco para o resto das persoas usuarias da vía, coidando especialmente a colocación do mesmo.

En todo caso, a parada terá que facerse situando o vehículo o más preto posible do bordo dereito segundo o sentido da marcha, aínda que en vías dun só sentido de circulación, se a sinalización non o impide, tamén poderá realizarse situando o vehículo o máis preto posible do bordo esquerdo, adaptándose as medidas necesarias para evitar o entorpecemento da circulación.

2. Os pasaxeiros terán que baixar pola banda correspondente á beirarrúa. A persoa condutora, de ter que baixar, poderá facelo polo outro lado, sempre que previamente se asegure que pode facelo sen ningún tipo de perigo.

Artigo 21. Modo de parada.

1. En todas as zonas e vías públicas, a parada efectuarase nos puntos onde se produzan menos dificultades na circulación. Exceptúanse os casos en que os pasaxeiros sexan persoas enfermas ou impedidas, ou se trate de vehículos dos servizos públicos de urxencia que se atopen de servizo, os das Forzas e Corpos de Seguridade ou de camións do servizo de limpeza ou recollida de lixo.

2. Nas apradas en rúas urbanizadas sen beirarrúa, deixarase unha distancia mínima de un metro desde a fachada más próxima.

Artigo 22. Parada de taxis

Os auto - taxi e vehículos de gran turismo pararán na forma e lugares que determine a Ordenanza reguladora do servizo e, no seu defecto, con suxeición estrita ás normas que con carácter xeral se estabelecen na presente Ordenanza para as paradas.

Artigo 23. Parada de autobuses.

1. Os autobuses, tanto de liñas urbanas coma interurbanas, unicamente poderán deixar e tomar viaxeiros nas paradas expresamente determinadas ou sinalizadas pola autoridade municipal.

2. Os condutores de autobuses estarán obrigados a situar o vehículo dentro da zona delimitada para o efecto, o máis preto posible do bordo da calzada, sen chegar en ningún caso a obstaculizar a circulación.

Artigo 24. Itinerarios

A autoridade municipal poderá requirir aos titulares de centros docentes que teñan servizo de transporte escolar para que propoñan itinerarios para a recollida de alumnado. Unha vez aprobados estes, dita autoridade poderá fixar paradas dentro de cada ruta, quedando prohibida a recollida de alumnado fóra de ditas paradas.

Artigo 25. Prohibicións.

Ademais dos supostos contemplados no artigo 94 do Regulamento xeral de circulación, aprobado polo Real decreto 1428/2003, de 21 de novembro, prohíbese a parada nos casos e lugares seguintes:

a) Onde o prohiban os sinais correspondentes.

b) En dobre fila, agás que aínda quede libre un carril en rúas de sentido único de circulación e dúas en rúas en dous sentidos, e sempre que o tráfico non sexa moi intenso e non haxa espazo libre nunha distancia de corenta metros.

c) Sobre os refuxios, illas, medianas, zonas de protección e demais elementos de canalización do tráfico.

d) Cando se obstaculice a utilización normal do paso de entrada ou saída de vehículos e persoas. Así como cando se encontre sinalizado o acceso de vehículos coa correspondente licenza de paso.

e) Sobre as beirarrúas, paseos e demais zonas destinadas ao paso de peóns e zonas sinalizadas para o uso exclusivo de diminuídos físicos.

f) A menos de cinco metros dunha esquina, cruzamento, intersección ou bifurcación, agás que a parada se poida realizar en chafráns ou fóra destes sen constituír obstáculo ou causar perigo para a circulación.

g) Nas pontes, pasos a nivel, túneles e debaixo dos pasos elevados, agás sinalización en contrario.

h) Nos lugares onde a detención impida a visión da sinalización ás persoas usuarias que vaia dirixida ou obrigue a facer manobras.

i) Na proximidade de curvas ou cambios de rasantes, cando a visibilidade sexa insuficiente para que os demais vehículos poidan pasar sen perigo ao que estea detido.

j) Nos espazos sinalizados como reservados para vehículos de servizo público, organismos oficiais e servizos de urxencia.

k) Nos carrís, paradas ou pasos reservados para determinados vehículos, como autobuses de transporte público de pasaxeiros, taxis ou bicicletas.

l) Nos rebaixes da beirarrúa para o paso de persoas de mobilidade reducida.

m) Cando se obstaculicen os accesos e saídas de emerxencia debidamente sinalizadas pertencentes a colexios, edificios, locais ou recintos destinados a espectáculos ou actos públicos, nas horas de celebración dos mesmos.

n) No medio da calzada, aínda no suposto caso de que a largura da mesma o permita, agás que estea expresamente autorizado.

ñ) Nas vías públicas declaradas de atención preferente por resolución municipal agás que a parada se poida realizar nos chafráns.

o) Cando se impida a outros vehículos un xiro autorizado.

p) Cando produzan obstrución ou perturbación grave na circulación de peóns ou vehículos.

Sección 2ª. O estacionamento.

Artigo 26. Estacionamento.

Enténdese por estacionamento toda inmobilización dun vehículo cuxa duración exceda de dous minutos, sempre que non estea motivada por imperativo da circulación, polo cumprimento de calquera requisito.

Artigo 27. Modo de estacionamento.

1. O estacionamento deberá efectuarse de tal maneira que o vehículo non obstaculice a circulación nin constitúa un risco para o resto das persoas usuarias da vía coidando especialmente a colocación do mesmo situándoo o máis preto posible do bordo da calzada segundo o sentido da marcha e o evitar que poida poñerse en movemento en ausencia do condutor. Para tal obxecto os condutores terán que tomar as precaucións axeitadas e suficientes e serán responsables das infraccións que se poidan chegar a producir como consecuencia dun cambio de situación do vehículo ao poñerse en marcha espontaneamente pola acción de terceiros, agás que neste último caso teña existido violencia manifesta.

2. O estacionamento efectuarase de forma que permita ás demais persoas usuarias a mellor utilización do restante espazo libre.

Artigo 28. Tipos de estacionamento. Estacionamento con limitación temporal.

1. O estacionamento pode ser:

a) En fila ou cordón, aquel no que os vehículos están situados uns detrás de outros e de forma paralela ao bordo da beirarrúa.

b) En batería, aquel no que os vehículos están situados uns ao costado doutros e de forma perpendicular ao bordo da beirarrúa.

c) En semibatería, aquel no que os vehículos están situados uns ao costado doutros e oblicuamente ao bordo da beirarrúa.

Como norma xeral o estacionamento farase sempre en fila. A excepción a esta norma, terase que sinalizar expresamente.

2. Nos estacionamentos con sinalización no pavimento, os vehículos deberán colocarse dentro do perímetro marcado.

Artigo 29. Parte de estacionamento.

1. Nas vías de dobre sentido de circulación, o estacionamento cando non estivese prohibido, efectuarase no lado dereito do sentido da marcha.

2. Nas vías dun só sentido de circulación e sempre que non exista sinal en contrario o estacionamento efectuarse no sentido da marcha e en ambos os lados da calzada sempre que se deixe unha anchura para a circulación non inferior a tres metros.

Artigo 30. Maneira de estacionar.

1. Os condutores deberán estacionar os vehículos tan cerca do bordo como sexa posible, deixando un espazo de entre vinte e dez centímetros entre o bordo da beirarrúa e a superficie exterior das rodas do vehículo, para permitir a limpeza desta parte da calzada.

2. Os vehículos de dúas rodas deberán respectar, ademais as seguintes normas de estacionamento:

a) Estacionarán en batería cun ángulo tal que, en ningún caso, ocupen máis de 1,5 metros ao longo da calzada nos lugares de libre aparcamento, sen prexuízo de que de existiren espazos reservados para este tipo de vehículos a menos de 100 metros deberán utilizalos inexcusablemente.

b) Non poderán estacionar entre dous vehículos de forma que impidan o normal acceso a estes ou obstaculicen as manobras de estacionamento. Tampouco non se poderá estacionar de dificultarse a incorporación destes vehículos á circulación.

c) Non poderán encadear ou atar4 estes vehículos entres si ou a calquera outro elemento non destinado para tal fin, tales como árbores, farois, postes de sinalización, bancos e demais mobiliario urbano, ou de forma que o estacionamento ocasione molestias ás demais persoas usuarias da vía. Sen prexuízo da sanción que se poida impoñer pola infracción cometida, a Policía Local poderá adoptar as medidas necesarias para a retirada do vehículo estacionado nestas condicións. Os gastos que se deriven da retirada do vehículo correrán por conta do responsable da infracción.

Artigo 31. Servizo colectivo.

1. A Autoridade municipal poderá fixar zonas na vía pública par o estacionamento ou para a utilización como terminais de liña de autobuses, tanto de servizo urbano coma interurbano, de non existir para estes últimos estación de autobuses.

2. Os vehículos destinados ao transporte de viaxeiros ou de mercadorías de calquera natureza non poderán estacionar nas vías públicas a partir da hora que a Autoridade municipal determine mediante a correspondente resolución municipal.

3. Os vehículos destinados ao transporte de viaxeiros ou de mercadorías con Massda Máxima Áutorizada (MMA) superior a 3.500 Kg, así como calquera outro tipo de vehículos que polo seu volume oculten a fachada dos efivicios ou poidan faciliatar a escalada ao interior destes, non poderán estacionar nas vías públicas urb ans agás nos lugares expresamente autorizados polo Concello.

Artigo 32. Estacionamento limitado.

1. O Concello poderá estabelecer medidas de estacionamento limitado, co fin de garantir a rotación dos aparcamentos.

Artigo 33. Prohibicións.

Ademais dos supostos contemplados no artigo 94 do Regulamento xeral de circulación, queda prohibido o estacionamento nos casos e lugares seguintes:

a) Onde o prohiban os sinais correspondentes.

b) Nun mesmo lugar da vía pública durante máis de 30 días consecutivos.

c) Nas zonas sinalizadas como de reserva para carga e descarga de mercadorías, nos días e horas en que estea en vigor a reserva, agás se se trata de vehículos de persoas con mobilidade reducida, debidamente identificados e polo tempo máximo de 60 minutos.

d) Nas zonas reservadas para o estacionamento de vehículos de servizo público e organismos oficiais, servizos de urxencia ou policía.

e) Cando o vehículo estacionado deixe para a circulación rodada unha anchura libre inferior á dun carril de tres metros.

f) Nas rúas de dobre sentido de circulación nas cales a anchura da calzada só permita o paso de dúas columnas de vehículos.

g) Cando se obstaculice a utilización normal dos pasos rebaixados para persoas de mobilidade reducida.

h) En condicións que dificulten a saída doutros vehículos estacionados regulamentariamente.

i) Nos lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación horaria, sen colocar o distintivo que o autoriza na parte interna do parabrisas, de maneira que sexa totalmente visible e lexible desde o exterior.

j) Nos lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación temporal, cando colocando o distintivo que o autoriza se manteña estacionado o vehículo en exceso sobre o tempo máximo permitido pola Ordenanza regulamentadora desta clase de estacionamento.

k) Diante dos lugares reservados para colectores do servizo municipal de limpeza, impedindo o acceso a eles ou a súa retirada.

l) Nas vías públicas, os remolques, separados do vehículo motor.

m) De forma distinta a como se indica nas marcas e liñas de estacionamento ou fóra dos límites do perímetro marcado.

n) En dobre fila, en calquera suposto.

o) Vehículos en exposición, exhibindo carteis para a súa venda na vía pública. Considerarase que está en dita situación, cando permaneza con carteis anunciadores e durante un tempo superior a 24 horas nas vías públicas do termo.

p) Na calzada, de maneira diferente á determinada no artigo 28 desta Ordenanza.

q) Nos lugares debidamente sinalizados temporalmente con tal prohibición, por mor de actos públicos, obras ou outras causas.

r) Onde estea prohibida a parada.

s) Nas licenzas de paso, sinalizadas como tais mediante placa de licenza municipal, ocupándoos total ou parcialmente.

Sección 3ª. Das tarxetas de estacionamento para persoas con eivas

Artigo 34. Tarxeta de persoas eivadas

1. O Concello de Arteixo, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 7 da Lei de seguridade viaria, e en virtude do disposto no artigo 60 da Lei 13/1982 do 7 de abril, adoptará as medidas necesarias para a concesión da tarxeta de aparcamento para persoas con eivas con problemas graves de mobilidade e para a efectividade dos dereitos que da mesma se derivan, tendo en conta a recomendación do Consello da Unión Europea sobre a creación dunha tarxeta de estacionamento para persoas eivadas e a lexislación sectorial da Comunidade Autónoma.

2. O Concello expedirá a tarxeta de aparcamento especial para persoas con mobilidade reducida segundo o modelo determinado regulamentariamente e terá validez para todo o territorio nacional. Dita tarxeta permitiralle ao titular do vehículo autorizado estacionar nos lugares especialmente reservados para persoas con mobilidade reducida, agás nos que estean destinados a un vehículo determinado ou nos debidamente sinalizados para o estacionamento regulamentado con limitación temporal, carga e descarga e entrada e saída de vehículos.

3. As tarxetas expedidas con anterioridade á entrada en vigor desta disposición normativa poderán seguir até a súa substitución.

TÍTULO SEGUNDO: DAS ACTIVIDADES NA VÍA PÚBLICA

CAPÍTULO PRIMEIRO: OBRAS

Artigo 35: Dos colectores e da carga e descarga en obras.

1. Nas obras de construción ou remodelación de edificacións, o Concello poderá autorizar:

a) Licenzas de paso provisionais, sempre e cando se dispoña dun espazo no interior do solar ou inmoble, susceptible de ser utilizado para realizar labores de carga e descarga.

b) Reservas de espazo provisionais na vía pública, cando carezan de espazos interiores suficientes, para realizar actividades de carga 3 e descarga ou colocación de colectores para materiais de construción ou retirada de cascallos e similares.

2. A colocación de colectores por obras na vía pública, requirirá autorización previa do Concello . A colocación dos mesmos realizarase de acordo coas condicións que estabeleza o documento de autorización.

3. Cando por razóns de interese público se debesen realizar obras, operacións de índole diversa, limitarase o uso ou goce da licenza ou autorización concedida, cando así se requira.

CAPÍTULO SEGUNDO: OBSTÁCULOS NA VÍA PÚBLICA

Artigo 36: Elementos móbiles e fixos

1. Queda prohibida a colocación de elementos móbiles ou fixos na vía pública, entre outros, postes, bolardos, arcos, soportes para colocar testos ou similares, calquera que sexa a súa finalidade, sen obter a previa autorización municipal.

2. A ocupación da vía pública por colectores de lixo, de limpeza viaria ou de reciclaxe, entre outros, realizarase naqueles puntos determinados pola Autoridade municipal, procurándose a súa colocación nas zonas non destinadas a circulación de vehículos ou viandantes, así coma tampouco en pasos de peóns, nin naqueles espazos reservados para o servizo de determinadas persoas usuarias. Cando se considere conveniente pola Autoridade competente, cercarase o lugar de colocación mediante elementos fixos, que eviten que se altere a súa situación.

3. Queda prohibido cambiar de situación os colectores, ciclomotores ou motocicletas, co obxecto de aparcar vehículos no lugar destes.

4. Non se poderán colocar obstáculos sobre a vía pública para reservar o uso da mesma.

Artigo 37. Retirada de obstáculos

1. A Autoridade municipal poderá ordenar a retirada de obstáculos na vía pública cando:

a) Non se obtivese a correspondente autorización.

b) Entrañen perigo para as persoas usuarias da vía.

c) A súa colocación fose inxustificada.

d) Teña transcorrido o tempo autorizado ou non se cumprisen as condicións fixadas na autorización.

e) Se estime conveniente atendendo ao interese xeral.

2. As persoas responsábeis estarán obrigadas a retirar os obstáculos colocados cando así sexan debidamente requiridos para iso e, de non facelo no prazo concedido, serán desmontados polos Servizos técnicos municipais, repercutindo a cargo daqueles os gastos que se tivesen producido.

CAPÍTULO TERCEIRO: CARGA E DESCARGA

Artigo 38. Carga e descarga

1. A Autoridade municipal poderá estabelecer e sinalizar zonas para a realización das operacións de carga e descarga. En tal suposto, queda prohibido efectuar ditas operacións dentro dun radio de acción de cincuenta metros a partir da zona reservada.

2. Poderá facer uso das reservas de estacionamento para carga e descarga calquera vehículo, sempre que estea destinado ao transporte de mercadorías ou que, sen estalo, o condutor permaneza no seu interior, que estea realizando operacións de carga e descarga, mentres duren as operacións e sen superar o tempo máximo de trinta minutos.

3. O Concello atendendo a circunstancias de situación, proximidade a zonas de estacionamento regulamentado e con limitación temporal, ou frecuencia de uso, poderá estabelecer regulamentacións específicas para a realización de operacións de carga e descarga.

4. A carga e descarga en situacións ou para servizos especiais (amoblamento, mudanzas, operacións esporádicas e excepcionais) que afecte á circulación ou ao estacionamento, deberá ser obxecto de autorización polo Concello, na que, unha vez concedida, se fará constar lugar, data e horario autorizado, así coma as precaucións a adoptar. Como requisito previo poderá ser esixida a exacción das taxas determinadas na correspondente Ordenanza Fiscal.

5. Nas autorizacións de reserva da vía pública para carga e descarga que se concedan farase constar a finalidade, situación, extensión, datas e horarios así coma a Masa máxima autorizada (MMA) dos vehículos.

Artigo 39. Vehículos dedicados.

1. Os labores de carga e descarga realizaranse en vehículos dedicados ao transporte de mercadorías, ou aqueles que estean debidamente autorizados para iso, dentro das zonas reservadas para tal efecto e durante o horario establecido e reflectido nas sinalizacións correspondentes.

2. O peso dos vehículos de transporte que realicen operacións de carga e descarga axustaranse ao disposto pola vixente Ordenanza. Porén, a través da Alcaldía poderanse limitar en función da capacidade de determinadas vías.

Artigo 40. Tarxeta de carga e descarga

1. O Concello poderá habilitar unha tarxeta para vehículos autorizados ao transporte que polas súas características (menos de 2.000 kg.) non teñan posibilidade de obter a tarxeta correspondente. Os vehículos terán características comerciais e/ou de transporte mixto, de dous asentos. A súa actividade, en todo ou en parte, desenvolverase no termo municipal.

2. Para a concesión da antedita tarxeta deberán achegarse os seguintes documentos:

a) Alta no Imposto sobre Actividades Económicas, se non figurase no censo municipal do imposto.

b) Permiso de circulación do vehículo.

c) Inspección técnica do vehículo (ITV) en vigor.

d) Carta de pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, de facerse o pagamento noutro municipio.

e) Seguro en vigor do vehículo.

Artigo 41. Manobra de carga e descarga.

1. A carga e descarga de mercadorías realizarase preferentemente no interior dos locais comerciais e industriais, sempre que reúnan as condicións axeitadas, cando as características de acceso dos viais o permita. Cando isto non sexa posíbel, realizarase nas zonas da vía pública reservadas para este fin, dentro do horario reflectido na sinalización correspondente.

2. A carga e descarga na vía pública fóra das zonas reservadas só se permitirá nos días, horas e lugares que se autoricen especialmente polo Concello.

3. Queda expresamente prohibida a carga e descarga nos lugares e supostos seguintes:

a) Na vía pública cando exista lugar habilitado para iso dentro dos estabelecementos.

b) Superando o tempo máximo autorizado.

c) Depositando mercadorías nas vías, beirarrúas, beiravías e zona peonís.

d) Fóra do horario habilitado pola Autoridade municipal para tal fin.

e) Dentro dun radio de acción de cincuenta metros a partir dunha zona sinalizada para a realización das operacións de carga e descarga.

Artigo 42. Disposicións sobre carga e descarga.

A Alcaldía poderá ditar disposicións que regulamenten as seguintes materias:

a) Delimitación e sinalizacións das zonas d e carga e descarga.

b) Restricións de peso e dimensións dos vehículos para determinadas vías.

c) Horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga, en relación coa problemática propia das diferentes vías e barrios.

d) Servizos especiais para realizar operacións de carga e descarga, con expresión de días, horas e lugares.

e) Autorizacións especiais para:

1) Camións de 8,6 toneladas ou máis.

2) Vehículos que transporten mercadorías perigosas.

3) Outras.

Artigo 43. Vehículos pesados.

Os camións de transporte superior a 8,6 toneladas poderán cargar e descargar exclusivamente en:

a) Intercambiadores de mercadorías ou lugar destinado polo Concello para iso.

b) No interior de locais comerciais e industriais, sempre que reúnan as condicións axeitadas, e utilizando traxectos previamente autorizados pola Autoridade municipal

Precisarase autorización especial para aqueles casos específicos nos que non poidan acollerse ao anterior.

Artigo 44. Material descargado.

As mercadorías, os materiais ou as cousas que sexan obxecto da carga e descarga non se deixarán na vía pública, senón que se trasladarán directamente do inmoble ao vehículo ou viceversa, agás en casos excepcionais que deberán ser expresamente autorizados e contar coa preceptiva licenza para a ocupación da vía pública, atendendo en todo caso as condicións que determina a presente Ordenanza sobre realización e balizamento de obras na vía pública.

Artigo 45. Precaucións.

As operacións de carga e descarga terán que realizarse coas debidas precaucións para evitar ruídos innecesarios e coa obriga de deixar limpa a vía pública.

As carretas de carga utilizadas para a distribución da carga aos estabelecementos deberán dispor de rodas de material que evite os estragos no pavimento.

Artigo 46. Execución.

As mercadorías cargaranse de descargaranse pola lado do vehículo que estea máis preto da beirarrúa, utilizando os medios necesarios e persoal suficiente para axilizar a operación, procurando non dificultar a circulación, tanto de peóns coma de vehículos.

No caso de existir perigo para peóns ou vehículos mentres se realice a carga e descarga, deberase sinalizar debidamente.

Artigo 47. Prohibición.

Non poderán permanecer estacionados nas zonas habilitadas para carga e descarga vehículos que non estean realizando dita actividade.

Artigo 48. Tempo máximo

As operacións de carga e descarga deberán efectuarse con persoal suficiente para rematalas o más axiña posíbel, sendo o límite de tempo autorizado para cada operación, con carácter xeral, de trinta minutos. Excepcionalmente, poderase autorizar pola Autoridade municipal un período maior de tempo, previa solicitude debidamente xustificada e para unha operación en concreto.

Artigo 49. Horario.

O horario xenérico de carga e descarga nas zonas reservadas será, agás sinalización ou autorización expresa, de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, de luns a sábado.

TÍTULO TERCEIRO: UTILIZACIÓN PRIVATIVA DA VÍA PÚBLICA

CAPÍTULO PRIMEIRO: DAS AUTORIZACIÓNS PARA ENTRADA E SAÍDA DE VEHÍCULULOS (LICENZAS DE PASO)

Artigo 50. Licenzas de paso

No relativo ás autorizacións para entrada e saída de vehículos, estarase ao estipulado na Ordenanza municipal nº13 "de pasos", aprobada polo Pleno da corporación municipal o vinte e sete de decembro do ano dous mil un, corrixida polo Pleno o vinte e oito de febreiro do ano dous mil dous, publicada no BOP 132 do once de xuño do ano dous mil dous.

Artigo 51. Titulares das licenzas de paso.

1. Estabelecementos industriais ou comerciais ou de servizos relacionados co automóbil.

2. Locais destinados á garda de vehículos de transporte particular

3. Locais destinados á garda de vehículos de transporte de viaxeiros de máis de cinco prazas.

4. Fincas con vivendas unifamiliares.

5. Obras de construción, derruba, reforma e reparación de edificios.

6. Aqueles supostos análogos aos anteriores dos que exista informe favorábel emitido polos Servizos técnicos, e que en atención á natureza da actividade desenvolvida, ao emprazamento ou á intensidade do tránsito, a Alcaldía considere oportuno autorizar.

Artigo 52. Modalidades de paso.

1. Paso permanente, as 24 horas do día, todos os días.

2. Paso laboral, desde as 8.00 ás 22.00 horas, con excepción de domingos e festivos.

3. Paso nocturno, desde as 21.00 ás 9.00 horas do día seguinte.

Artigo 53. Reservas ocasionais.

Con independencia dos pasos permanentes ou limitados referidos no devandito artigo, poderanse outorgar autorizacións de reserva de carácter temporal para as seguintes finalidades:

1. Servizos de mudanza.

2. Formigonado e bombeo.

3. Vehículos de exposición.

4. Descarga de combustibles.

5. Elevación ou montaxe de estruturas varias.

6. Outros usos extraordinarios.

Outorgaranse previa solicitude da persoa interesada, garantindo en todo momento a fluidez da circulación rodada, adoptando as medidas que se estimen necesarias.

Artigo 54. Reservas especiais.

As reservas de espazos para organismos oficiais reduciranse ao máximo e limitaranse á xornada laboral en días hábiles. Así mesmo e previa xustificación , poderanse outorgar licenzas de paso para vehículos de diminuídos físicos, que non poderá ser de máis dunha praza.

En centros médicos e hospitalarios será autorizable a reserva para unha ambulancia e un vehículo de urxencias.

Artigo 55. Duración.

A licenza outorgarase por una ano, renovándose automaticamente cada ano previo pagamento das taxas correspondentes, de conformidade coa Ordenanza fiscal vixente.

Artigo 56. Sinalización.

Ao outorgamento da licenza de paso esixirase a instalación da sinalización que neste artigo especifícase polo miúdo e que deberá ser asumida polo titular da licenza.

1. No interior dos edificios:

a) A sinalización que se corresponda coa estabelecida para o tránsito no exterior (prohibicións de xiro, dirección obrigatoria,...).

b) Sinalización de STOP no acceso á beirarrúa.

c) Instalación de sinal automático de aviso de entrada de vehículos, cando o número destes exceda de 15 ou en garaxes nos cales haxa que subir rampla até a beirarrúa desde o interior, así coma nos garaxes de comunidades incluídos no proxecto de edificación.

2. No exterior dos locais:

a) Instalación na porta ou fachada do edificio ou construción de que se trate, do disco de prohibición de detención ou estacionamento, axustado ao modelo oficial, facilitado polo Concello previo pagamento da taxa correspondente, que deberá de conter, obrigatoriamente as seguintes características:

- Denominación do paso: Permanente, laboral ou nocturno.

- Metros de reserva autorizados

- Número de licenza

- Nos supostos de paso laboral ou nocturno, indicar o horario.

b) O acceso dos vehículos realizarase mediante rampla metálica regulamentaria, pintada de cor amarela. No caso de carecer por non ser necesaria, o ancho de ocupación da vía pública terá que levar pintado o bordo máis exterior da beirarrúa de cor amarela.

c) Sinal automático de aviso de saída de vehículos, para o suposto contemplado no apartado c) do parágrafo un deste artigo.

Artigo 57. Características dos pasos.

O espazo mínimo para albergar un vehículo será de 4,50 por 2,20 metros, admitíndose menores dimensións para albergar motocicletas e/ou ciclomotores.

A lonxitude mínima dos pasos será a determinada pola normativa de planeamento vixente.

Artigo 58. Suspensión.

O Concello poderá suspender, por razóns de tránsito, obras na vía pública ou outras circunstancias de interese públicio, os efectos da licenza con caráctere temporal.

Artigo 59. Efectos da extinción do dereito de paso.

A revogación da licenza pola autoridade competente ou a cancelación da mesma instancia da persoa interesada, ocasionará a obriga do titular de retirada de sinalización e rampla, con entrega do disco ao Concello.

Artigo 60. Resolución.

A competencia para outorgar a licenza correspóndelle ao alcalde, que a poderá delegar nun tenente de alcalde ou na Comisión de Goberno. A resolución deberá recaer no prazo máximo de dous meses, transcorrido o cal haberá de entenderse desestimada a solicitude.

CAPÍTULO SEGUNDO: DAS RESERVAS DE ESPAZO EN VÍA PÚBLICA

Artigo 60. Concepto

1. Enténdese por reserva de espazo en vía pública, a acotación dunha determinada zona de estacionamento na calzada para un aproveitamento privativo por parte das persoas autorizadas, o cal está suxeito ao previo pagamento dos dereitos determinados pola Ordenanza fiscal correspondente.

2. As reservas de espazo en vía pública, poderán ser permanentes ou de horario limitado, segundo o réxime aplicado ás licenzas de paso.

3. As persoas usuarias autorizadas estarán obrigadas a colocar as tarxetas que para o efecto se concedan pola autoridade municipal, sobre o cadro de mandos dianteiro do vehículo, perfectamente visíbel na súa parte esquerda.

Artigo 61. Sinalización da reserva de espazo.

A zona acotada como reserva de espazo será sinalizada mediante marcas amarelas en zigzag e delimitada por sendos sinais verticais de prohibición do estacionamento. Estes deberán indicar se se trata de reserva permanente ou de reserva con horario limitado, sinalando neste caso os días e tramo horario reservado.

TÍTULO CUARTO: MEDIDAS CAUTELARES

CAPÍTULO PRIMEIRO: INMOBILIZACIÓN DO VEHÍCULO

Artigo 62. Supostos.

1. A Policía Local poderá inmobilizar os vehículos que se atopen nos seguintes supostos:

a) Cando o condutor se negue a someterse ás probas para a comprobación do grao de impregnación alcohólica, do consumo de psicotrópicos, estupefacientes, estimulantes ou substancias análogas, ou cando o resultado da proba sexa superior á taxa regulamentariamente estabelecida.

b) Cando o vehículo supera os niveis de ruído, gases e fumes permitidos regulamentariamente.

c) Cando o vehículo vaia desprovisto de cintos e outros elementos de seguridade obrigatorios.

d) Cando os condutores de ciclomotores e motocicletas circulen sen o obrigatorio casco homologado.

e) Cando ao vehículo se lle teña efectuado unha reforma de importancia non autorizada.

f) Cando o vehículo non estea autorizado a circular.

g) Cando a circulación do vehículo non estea amparada polo correspondente seguro obrigatorio.

h) Cando un vehículo permaneza estacionado en lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación temporal sen colocar o distintivo que o autoriza, ou cando se rebase o dobre do tempo aboado consonte ao estabelecido na Ordenanza municipal até que se logre a identificación do condutor.

i) Cando se estacione un autobús ou vehículo de transporte de mercadorías de terceira categoría en vías públicas do termo municipal.

j) En calquera outra circunstancia que legalmente se estabeleza.

2. Os gastos que se xeren como consecuencia da inmobilización do vehículo será por conta do titular do mesmo, que deberá aboalos ou garantir o seu pagamento como requisito previo a levantar tal medida, sen prexuízo do dereito de defensa que lle asiste e da posibilidade de repercutilo sobre a persoa resonsábel que teña dado lugar a que o Concello adopte dita medida. O pagamento destes gastos é independente do pagamento da multa por infracción á normativa de tráfico que, no seu caso, se tramite.

3. Cando con motivo dunha infracción, o infractor non acredite a súa residencia habitual en territorio español, o axente denunciante fixará provisionalmente a contía da multa e, de non depositarse o seu importe ou garantirse o seu pagamento por calquera medio admitido en dereito, procederá á inmobilización do vehículo.

4. Para os efectos de inmobilización, utilizaranse os instrumentos mecánicos axeitados, que se determinen, colocando na parte superior da porta do condutor advertencia na que se fará constar información sobre o procedemento a seguir.

5. A utilización destes instrumentos, co fin de inmobilizar o vehículo dará lugar ao devengo dunha taxa segundo estabeleza a correspondente Ordenanza Fiscal.

6. A inmobilicaciñón do vehículo rematará unha vez se identifique o condutor e/ou desaparezan as causas que a motivaron, previo pagamento da taxa devengada.

CAPÍTULO SEGUNDO: RETIRADA DE VHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA

Artigo 63. Retirada de vehículos

A Policía Local poderá ordenar a retirada dun vehículo da vía pública cando se encontre estacionado en calquera das seguintes circunstancias:

a) En lugares que constitúa un perigo.

b) De perturbar gravemente a circulación de peóns ou vehículos.

c) De obstaculizar ou dificultar o funcionamento dalgún servizo público.

d) De ocasionar perdas ou deterioro no patrimonio público.

e) De encontrarse en situación de abandono.

f) Cando un vehículo permaneza estacionado en lugares habilitados pola Autoridade municipal como de estacionamento con limitación temporal sen colocar o distintivo que o autoriza, ou cando se rebase o dobre do tempo aboado consonte ao estabelecido ao respecto nesta Ordenanza.

g) Nos carrís ou partes das vías reservados exclusivamente para a circulación ou para o servizo de determinadas persoas usuarias (carril bus, carril taxi, paradas, diminuídos, diminuídos físicos, etc.) .

h) No caso de accidentes que impidan continuar a marcha.

Nun estado de deterioro tal quer fose obrigado á súa inmobilización

i) Cando procedendo legalmente á inmobilización do vehículo non houbese lugar axeitado para practicar a mesma sen obstaculizar a circulación de vehículos ou persoas.

j) En espazos reservados a servizos de seguridade ou urxencias.

k) En vías catalogadas como de atención preferente (VAP).

l) En calquera outro suposto previsto na Lei ou nesta Ordenanza.

Artigo 64. Perigo para a circulación.

Considérase que un vehículo se atopa estacionado orixinando unha situación de perigo para o resto de peóns e condutores cando se efectúe:

a) Nas curvas ou cambios de rasantes.

b) Nas interseccións de rúas e as súas proximidades, producindo unha diminución da visibilidade.

c) Nos lugares nos que se impida a visibilidade dos sinais de circulación.

d) De maneira que sobresaia do vértice do recanto da beirarrúa, obrigando ao resto de condutores a variar a súa traxectoria, ou dificultando o xiro dos vehículos.

e) Cando se obstaculice a saída de emerxencia dos locais destinados a espectáculos públicos e entretemento durante as horas de apertura dos mesmos.

f) Na calzada, fóra dos lugares permitidos.

g) Nas medianas, separadores, illas ou outros elementos de canalización do tráfico,.

h) En zonas do pavimento sinalizadas con franxas brancas.

Artigo 65. Perturbación da circulación.

Entenderase que o vehículo se atopa estacionado en lugar perigoso ou que obstaculiza gravemente a circulación cando constitúa un risco ou obstáculo á circulación nos seguintes supostos:

a) Cando a distancia entre o vehículo e o bordo oposto da calzada ou unha marca lonxitudinal sobre ela que indique prohibición de atravesala sexa inferior a tres metros ou, en calquera caso, cando non permita o paso doutros vehículos.

b) Cando se impida incorporarse á circulación a outro vehículo debidamente parado ou estacionado.

c) Cando obstaculice a utilización do paso de saída ou acceso a un inmoble de persoas ou animais, ou de vehículos nun paso sinalizado correctamente.

d) Cando se obstaculice a utilización normal dos pasos rebaixados para diminuídos físicos.

e) Cando se efectúe nas medianas, separadores, illas ou outros elementos de canalización do tráfico.

f) Cando se impida o xiro autorizado polo sinal correspondente.

g) Cando o estacionamento teña lugar nunha zona reservada a carga e descarga durante as horas de utilización.

h) Cando o estacionamento se efectúe en dobre fila sen condutor.

i) Cando o estacionamento se efectúe nunha parada de transporte público, sinalizada e delimitada.

j) Cando o estacionamento se efectúe en espazos expresamente reservados a servizos de urxencia e seguridade.

k) Cando o estacionamento se efectúe en espazos prohibidos en vía pública cualificada de atención preferente, especificamente sinalizados.

l) Cando o estacionamento se efectúe no medio da calzada.

m) Cando, se estar incluídos nos devanditos parágrafos, constitúan un perigo ou obstaculicen gravemente o tráfico de peóns, vehículos ou animais.

Artigo 66. Obstaculización dun servizo público.

Entenderase que o estacionamento obstaculiza o funcionamento dun servizo público cando teña lugar:

a) Nos carrís, paradas ou zonas reservadas aos vehículos de transporte público.

b) Nas zonas reservadas para a colocación de colectores de residuos ou outro tipo de mobiliario urbano.

c) Nas saídas reservadas a servizos de urxencia e seguridade.

d) Nas zonas de carga e descargas, sen autorización.

Artigo 67. Perda ou deterioro do patrimonio público.

Entenderase que o estacionamento orixina perda ou deterioro do patrimonio público cando se efectúe en xardíns, sebes, zonas arboradas, fontes e outras partes da vía destinadas ao ornato e decoro do municipio.

Artigo 68. Situación de abandono.

1. A Autoridade municipal poderá presumir razoablemente que un vehículo se atopa en situación de abandono nos seguintes casos:

a) Cando transcorran máis de dous meses desde que o vehículo fose depositado trala súa retirada da vía pública pola Autoridade competente.

b) Cando permaneza estacionado por un período superior a un mes no mesmo lugar e presente desperfectos que fagan imposíbel o seu desprazamento polos seus propios medios o lle falten as placas de matriculación. Nesta caso, terá o tratamento de residuo sólido urbano de acordo coa normativa ambiental correspondente.

2. No suposto a) contemplado no devandito apartado e naqueles vehículos que, aínda tendo signos de abandono, manteñan a placa de matriculación ou dispoñan de calquera signo ou marca visíbel que permita a identificación do seu titular, requirirase a este, unha vez transcorridos os correspondentes prazos, para que no prazo de quince días retire o vehículo do depósito, coa advertencia de que en caso contrario, se procederá ao seu tratamento como residuo sólido urbano.

Artigo 69. Estacionamento en zona de horario limitado.

Os vehículos que ocupen unha praza de estacionamento con limitación temporal poderán ser retirados en calquera das circunstancias seguintes:

a) Cando o vehículo non aboase previamente o distintivo de autorización. Presumirase que non se aboou dito distintivo cando este non se encontre colocado de forma visíbel no parabrisas do vehículo.

b) Cando o tempo de ocupación da praza exceda no dobre do que conste como autorizado no distintivo.

c) Cando se produzan situacións especiais de emerxencia, catástrofe ou perigo inminente, os vehículos que dificulten ou imposibiliten o paso dos vehículos dos servizos de emerxencia por estar correcta ou incorrectamente estacionados, ocupando unha praza de estacionamento con limitación temporal, poderán ser apartados , arrastrados, empurrados ou retirados polos medios que teñan ao seu alcance neses momentos ditos servizos de emerxencia. Os titulares e/ou condutores dos vehículos incorrectamente estacionados serán responsábeis dos danos que se lles poida causar nestas manobras, sen prexuízo, ademais da denuncia da infracción cometida.

Artigo 70. Outros supostos de retirada

Aínda cando se atopen correctamente estacionados, a Autoridade municipal poderá retirar os vehículos da vía pública nas situacións seguintes:

a) Cando estean estacionados en lugares nos que estea previsto a realización dun acto público debidamente autorizado.

b) Cando estean estacionados en zonas onde se prevexa a realización de labores de limpeza, reparación ou sinalización da vía pública.

c) Cando se produzan situacións especiais de emerxencia, catástrofe ou perigo inminente, os vehículos que dificulten ou imposibiliten o paso dos vehículos dos servizos de emerxencia por estaren correcta ou incorrectamente estacionados poderán ser apartados, arrastrados, empurrados ou retirados polos medios que teñan ao seu alcance neses momentos ditos servizos de emerxencia. As persoas titulares e/ou condutores dos vehículos incorrectamente estacionados serán responsábeis dos danos que se lles poida causar nestas manobras, sen prexuízo, ademais da denuncia da infracción cometida.

O Concello deberá advertir coa antelación suficiente as devanditas circunstancias, sempre que iso sexa posíbel, mediante a colocación dos avisos necesarios.

Unha vez retirados , os vehículos serán conducidos ao lugar de depósito autorizado máis próximo, o cal se poñerá en coñecemento dos seus titulares.

Artigo 71. Gastos.

Agás as excepcións legalmente previstas, os gastos que se orixinen como consecuencia da retirada dun vehículo da vía pública e a súa estadía no depósito serán por conta do titular daquel, que terá que pagalos ou garantir o pagamento como requisito previos á devolución do vehículo, sen prexuízo do dereito de interposición de recurso que o asiste. A retirada do vehículo só poderá facela o seu titular ou persoa autorizada.

Artigo 72. Suspensión da retirada dun vehículo.

A retirada dun vehículo da vía pública suspenderase inmediatamente, se o condutor comparece antes de que o guindastre teña iniciado a súa marcha co vehículo enganchado e toma as medidas necesarias para facer cesar a situación irregular na que se encontraba, previo aboamento da taxa que, no seu caso, proceda por desprazamento de guindastre e /ou inmobilización.

Artigo 73. Retirada de obxectos da vía pública

Serán retirados inmediatamente da vía pública polo Concello todos aqueles obxectos que se encontren na mesma e non haxa ningunha persoa que se faga responsábel dos mesmos, os cales serán trasladados ao lugar de depósito autorizado máis próximo.

De igual forma actuarase no caso de que o obxecto entorpeza o tráfico de peóns ou de vehículos, así coma se o seu propietario se negase a retiralo de inmediato.

TÍTULO QUINTO: DA RESOPONSABILIADADE

Artigo 74. Autoría.

1. A responsabilidade das infraccións ao disposto na Lei de seguridade viaria, nos seus regulamentos e na presente Ordenanza, recaerá directamente no autor do feito en que consista a infracción agás no suposto dos pasaxeiros dos vehículos que estean obrigados a utilizar o casco de protección ou o cinto e outros elementos de seguridade nos casos e nas condicións que regulamentariamente se determina, en que a responsabilidade pola infracción recaerá no condutor.

2. Cando a autoría dos feitos cometidos corresponda a un menor de dezaoito anos, responderán solidariamente por el os seus pais, titores, acolledores e gardadores legais ou de feito, por esta orde, en razón ao incumprimento da obriga imposta aos mesmos que ocasiona un deber de previr a infracción administrativa que se imputa aos menores.

A responsabilidade solidaria quedará referida estritamente á pecuniaria derivada da multa imposta, que poderá ser moderada pola autoridade sancionadora.

Cando se trate de infraccións leves, previo o consentimento das anteditas persoas no primeiro parágrafo deste apartado, poderá substituírse a sanción económica de multa por medidas sociais relacionadas coa seguridade viaria.

3. O titular que figure no Rexistro de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico será en todo caso responsábel polas infraccións relativas á documentación do vehículo, as relativas ao estado de conservación, cando as deficiencias lle afecten ás condicións de seguridade do vehículo e polas derivadas do incumprimento das normas relativas a recoñecementos periódicos.

4. O titular ou arrendatario do vehículo co que se cometese unha infracción debidamente requirido para iso, ten o deber de identificar fidedignamente ao condutor responsábel da infracción e de incumprir esta obriga no trámite do procedemento oportuno sen causa xustificada, será sancionado pecuniariamente como autor de infracción moi grave, prevista no artigo 65.5.i) da Lei de seguridade viaria.

Nos mesmos termos responderán as persoas especificadas no devandito parágrafo cando non sexa posíbel notificarlle a denuncia ao condutor que aqueles identifiquen, por causa imputábel a eles.

5. As empresas de aluguer sen condutor a curto prazo acreditarán o cumprimento da obriga legal de identificar ao condutor responsábel da infracción mediante a remisión, ao órgano instrutor correspondente, dun duplicado ou copia do contrato de arrendamento onde quede acreditado o concepto de condutor da persoa que figure no contrato.

TÍTULO SEXTO: PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Artigo 75. Órgano competente

Será competencia da Alcaldía, ou da Concellaría na que aquela delegue, a imposición das sancións por infracción aos preceptos contidos na presente Ordenanza.

Artigo 76. Valor probatorio das denuncias dos axentes.

As denuncias dos Axentes da Policía Local, cando exerzan funcións de vixilancia e control da circulación viaria, terán valor probatorio, sen prexuízo do deber daqueles de achegar todas as probas que sexan posíbeis sobre os feitos da denuncia e sen prexuízo, así mesmo, das probas que na súa defensa poidan achegar ou designar os denunciados.

Artigo 77. Denuncias da cidadanía

Calquera persoa poderá formular denuncia da infracción aos preceptos da presente Ordenanza que puidese observar.

A denuncia non terá presunción de veracidade, mais de ser ratificada polo persoa denunciante adquirirá a consideración de proba, que será valorada polo órgano instrutor do expediente.

Artigo 78. Procedemento administrativo.

2. O procedemento administrativo para a imposición de sancións por infracción dos preceptos recollidos nesta Ordenanza se rexerá polo que ao respecto estabelece a Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, o regulamento de procedemento sancionado ren materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e normativa concordante.

3. O órgano encargado da instrución dos expedientes sancionadores será a unidade de instrución de sancións municipais de tráfico da Deputación Provincial da Coruña.

Artigo 79. Recursos.

Sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente, contra as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer potestativamente, recurso de reposición , no prazo de un mes, contado desde a notificación da resolución, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben interpoñer, directamente e no prazo de dous meses, recursos contencioso - administrativo perante o Xulgado do Concencioso- admininistativo, consonte ao disposto no art. 109.c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e art. 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso - administrativa.

O aboamento do importe da multa indicado na notificación da notificación da denuncia, tanto se é o sinalado polo axente no acto da denuncia coma na notificación enviada posteriormente polo instrutuor, na forma que se determina no parágrafo terceiro do artigo 67.1 da Lei de tráfico, circulación e vehículos a motor e seguridade viaria, implicará unicamente a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento sen necesidade de que se dite resolución expresa e sen prexuízo da posibilidade de interpoñer os correspondentes recursos.

Artigo 80. Prazo de prescrición.

1. O prazo de prescricións das infraccións previstas na Lei de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, será o de tres meses para as infraccións leves, seis meses para as infraccións graves e un ano para as in fraccións moi graves.

O prazo de prescrición cóntase a partir do día en que os feitos se cometesen. A prescrición interrómpese por calquera actuación administrativa da que teña coñecemento o denunciado ou estea encamiñada a investigar a súa identidade ou domicilio e se practique con proxección externa á dependencia en que se orixine. Tamén se interrompe a prescrición pola notificación efectuada de acordo co estabelecido no artigo 78 da Lei de seguridade viaria. A prescrición reiníciase se o procedemento se paraliza durante máis de un a mes por causa non imputábel á persoa denunciada.

2. O prazo de prescrición das sancións será de un ano, computado desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza en vía administrativa a resolución pola que se impoña a correspondente sanción. Interromperá a prescrición a iniciación, co coñecemento da persoa interesada, do procedemento de execución, volvendo a transcorrer o prazo se aquel está paralizado durante máis de un mes por causa non imputábel á persoa infractora.

Artigo 81. Contía das multas

1. As infraccións que puidesen cometerse contra o disposto na presente Ordenanza serán sancionadas coas multas previstas na Lei tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

No Anexo desta Ordenanza recóllense, de acordo con dita norma, aquelas infraccións máis comúns contra o Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, contra o Real decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado e contra a presente Ordenanza, así coma o importe das sancións que lle corresponde ás mesmas, sen prexuízo do estabelecido no devandito parágrafo.

2. Aquelas infraccións que non estando explicitamente previstas no Anexo da presente Ordenanza, se atopen tipificadas na lexislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria ou nas súas normas de desenvolvemento e resultasen de competencia municipal polo tipo de vía en que se cometen e pola materia sobre a que versan, serán sancionadas pola Autoridade municipal da seguinte forma, agás que na antedita normativa se indique expresamente outra cousa:

a) Infraccións leves: Multa de 60 euros.

b)Infraccións graves: Multa de 120 euros.

c) .

Infraccións moi graves: Multa de 310 euros.

3. Naqueles supostos nos que o titular dun permiso ou licenza de condución sexa sancionado en firme en vía administrativa pola comisión dalgunha das infracción que, de conformidade coa lexislación vixente a dito efecto, leve aparellada a perda de puntos, comunicaráselle á Xefatura provincial de tráfico, órgano competente para a súa detracción.

Artigo 82. Redución e residencia.

1. As multas poderán facerse efectivas cunha redución do 30% sobre a contía que se teña consignado correctamente no Boletín de denuncia polo axente ou, no seu defecto, na notificación posterior de dita denuncia realizada polo instrutor do expediente, sempre que dito pagamento se efectúe durante os trinta días naturais seguintes a aquel en que teña lugar a antedita notificación. O aboamento anticipado coa redución anteriormente sinalada implicará unicamente a renuncia a formular alegacións a e a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución expresa, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer os recursos correspondentes.

2. Cando o infractor non acredite a súa residencia legal en territorio español, o Axente denunciante fixará provisionalmente a contía da multa e, de non depositarse o seu importe, inmobilizará o vehículo.

Artigo 83. Pagamento das multas.

O pagamento das multas, tanto ordinario coma anticipado, deberá facerse efectivo perante o Servizo de recadación da Deputación Provincial da Coruña, a través das entidades colaboradoras do mesmo.

Cando non se tivese feito uso da posibilidade de pagamento anticipado, deberán facerse efectivas dentro dos quince días hábiles seguintes á data en que a resolución sancionadora teña adquirido firmeza na vía administrativa.

Transcorrido dito prazo sen terse efectuado o ingreso, a súa exacción levarase a cabo polo procedemento de constrinximento, constituíndo título executivo suficiente a providencia de constrinximento ditada para o efecto pola Tesouraría da Deputación provincial.

DISPOSICIÓN FINAL

1. A presente Ordenanza derroga o resto de normas do mesmo rango do Concello de Arteixo, que se opoñan, contradigan ou non desenvolvan debidamente o contido da mesma.

2. Esta Ordenanza, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día DD/MM/AA entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir de dita data.

ANEXO I: CADRO DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

No presente Anexo recóllense aquelas infraccións máis comúns contra o Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, contra o Real decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación para a aplicación e desenvolvemento do Texto articulado e contra a presente Ordenanza, así coma o importe das sancións que corresponde ás mesmas.

NOMENCLATURA EMPREGADA:

LSV: Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

CIR: Real decreto 1428/2003, do 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación.

OMT: Ordenanza Municipal de Tráfico.

ART: Artículo

APART: Apartado do artigo

OPC: Opción dentro do apartado do artigo

INF: Cualificación da infracción:

L: Leve

G: Grave

MG: Moi grave

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/04/07/2010_0000004503.html

ANEXO II: INFORMACIÓN RELATIVA Á PERDA DE PUNTOS

O titular dun permiso ou licenza de condución que sexa sancionado en forme en vía administrativa pola comisión dalgunha das infraccións que se relacionan na Lei de seguridade viaria perderá o número de puntos que, para cada unha delas, se sinalan en dita norma, nos termos e forma que, así mesmo, se indican en dita normativa

A título informativo, nesta Ordenanza inclúese:

¿ En primeiro termo, as infraccións e a perda de puntos que ocasionan segundo figura no Anexo II da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, na súa redacción dada por Lei 17/2005, do 19 de xullo.

¿ En segundo lugar, os cadros resumo elaborados con base á nova redacción de dita norma dada por Lei 18/2009, do 23 de novembro pola que se modifica o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (¿Boletín oficial do Estado" de 24 de novembro de 2009), dado que a Disposición final sétima dispón que ¿A presente Lei entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no ¿Boletín oficial do Estado", agás os artigos 9.bis 2, 59 bis, 77 e 78 que entrarán en vigor no prazo de un ano e os efectos desta Lei que sexan favorables para o infractor, que entrarán en vigor o día seguinte ao das súa publicación no ¿Boletín oficial do Estado".

A) Infraccións que levan aparellada a perda de puntos segundo o Anexo II da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, na súa redacción dada por Lei 17/2005, do 19 de xullo:

1. Conducir cunha taxa de alcohol superior á regulamentariamente estabelecida.:

Valores mg/l aire expirado, máis de o,50 (profesionais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade máis de 0,30 mg/l): 6.

Valores mg/l aire expirado, superior a 0,25 até 0,50 (profesionais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade máis de 0,15 ate 0,30 mg/l): 4.

2. Conducir baixo os efectos de estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes e outras substancias de efectos análogos: 6.

3. Incumprir a obriga de someterse ás probas de detección do grao de alcoholemia, de estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes e outras substancias de efectos análogos: 6.

4. Conducir de forma manifestamente temeraria, circular en sentido contrario ao estabelecido ou conducir vehículos en competicións e carreiras non autorizadas: 6.

5. Circular por autoestradas ou autovías con vehículos cos que estea expresamente prohibido: 4.

6. Exceder en máis dun 50% a velocidade máxima autorizada, sempre que iso supoña superar, cando menos, en 30 quilómetros por hora dito límite máximo: 6.

7. O exceso en máis do 50% nos tempos de condución ou a minoración en máis do 50% nos tempos de descanso estabelecidos na lexislación sobre transporte terrestre: 6.

8. Conducir un vehículo cunha ocupación que supoña aumentar nun 50% ou máis o número de prazas autorizadas, excluído o condutor agás que se trate de autobuses urbanos ou interurbanos: 4.

9. Conducir un vehículo cun permiso ou licenza que non o habilite para iso: 4.

10. Tirar á vía ou nas súas inmediacións obxectos que poidan producir incendios ou accidentes de circulación: 4.

11. Conducir de forma neglixente creando un risco certo e relevante para as outras persoas usuarias da vía: 4.

12. Exceder os límites de velocidade estabelecidos:

En máis de 40 km/h agás que estea incurso no indicado no apartado 6: 4.

En máis de 30km/h até 40km/h: 3.

En máis de 20 km/h até 30 km/h: 2

13. Incumprir as disposicións legais sobre prioridade de paso, e a obriga de deterse no sinal de stop, e nos semáforos coa luz vermella acesa: 4.

14. Incumprir as disposicións legais sobre adiantamento poñendo en perigo ou entorpecendo a quen circule en sentido contrario e adiantar en lugares ou en circunstancias de visibilidade reducida:4.

15. Adiantar poñendo en perigo ou entorpecendo a ciclistas: 4.

16. Efectuar o cambio de sentido incumprindo as disposicións recollidas netas Lei e nos termos estabelecidos regulamentariamente: 3.

17. Realizar a manobra de marcha atrás en autoestradas e autovías: 4

18. Aumentar a velocidade ou efectuar manobras que impidan ou dificulten o adiantamento polo condutor do vehículo que vai ser adiantado: 4.

19. Non respectar os sinais dos axentes que regulamentan a circulación: 4.

20. Non manter a distancia de seguridade co vehículo que lle precede: 3.

21. Conducir utilizando manualmente o teléfono móbil, auriculares ou calquera outros dispositivo incompatíbel coa obrigatoria atención permanente á condución nos termos que se determinen regulamentariamente: 2.

22. Parar ou estacionar nas curvas, cambios de rasante, túneles, pasos inferiores, interseccións ou calquera outro lugar perigoso que constitúa un risco á circulación ou aos peóns nos termos que se determinen regulamentariamente: 2.

23. Parar ou estacionar nos carrís destinados para o transporte público urbano: 2.

24. Conducir vehículos que teñan instalados mecanismos ou sistemas encamiñados a eludir a vixilancia dos axentes de tráfico, ou que leven instrumentos coa mesma intención, así coma a utilización de mecanismos de detección de radares: 2.

25. Circular sen iluminación cando sexa obrigatoria ou utilizala sen axustarse ao estabelecido regulamentariamente: 2.

26. Conducir sen utilizar o cinto de seguridade, o casco e demais elementos de protección ou dispositivos de seguridade, nos casos e condicións que se determinen regulamentariamente: 3.

27. Circular con menores de 12 anos como pasaxeiros de motocicletas ou ciclomotores coas excepcións que se determinen regulamentariamente: 2.

B) Infraccións que levan aparellada a perda de puntos segundo figura no Anexo II da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, de conformidade coa redacción de dita norma dada por Lei 18/2009, do 23 de novembro.