Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 6, REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION PRIVATIVA OU O APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PUBLICO LOCAL POLA OCUPACION DE TERREOS DE USO PUBLICO LOCAL CON MERCANCIAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCION, VALLAS, PUNTAIS, ANDAMIOS E OUTRAS INSTAL

Publicación provisional: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 01/01/2009

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO LEGAL

De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establecece a taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local pola ocupación de terreos de uso público local, con mercancías, materiais de construcción, vallas, puntais, andamios e outras instalacións análogas.

ARTIGO 2.º. FEITO IMPOÑIBLE.

Determinarase pola realización de calquera dos aproveitamentos sinalados no artigo 3.º, e a obriga de contribuir nacerá no momento de solicita-la correspondente licencia ou desde que se inicie o aproveitamento, cando se producira sen a oportuna autorización.
Respecto dos aproveitamentos mediante vallas, andamios, etc., a obriga de contribuír nacerá cando se solicite a licencia para a execución das obras que leven aparellada a necesidade de instalalas, ou cando exista un beneficio do aproveitamento, si se procedera sen a oportuna autorización.

ARTIGO 3.º. FEITO IMPOÑIBLE

Será obxecto desta exacción a ocupación do solo e vó da vía pública con:
a) Contenedores para recollida de materiais de entullos, en obras de construcción e outras actividades similares.
b) Vallas, puntais, andamios ou outras instalacións axeitadas para a protección da vía publica das obras que entestan.
c) Mercancías.

ARTIGO 4.º. FEITO IMPOÑIBLE

Cando a utilización de vallas, andamios e outros elementos similares sexa obrigatoria por disposición das Ordenanzas de edificación deste Concello, ocasionarán o devengo dos dereitos aínda cando non sexan solicitadas polos interesados.

ARTIGO 5.º. SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, conforme a algún dos supostos expresados no anterior 3.º desta ordenanza.
Están obrigados solidariamente ó pago, as persoas naturais ou xurídicas:
- Titulares das respectivas licencias.
- Propietarios ou posuidores das obras ou edificios nos cales redunde o beneficio do aproveitamento.
- Quen materialmente realice o aproveitamento

ARTIGO 6.º. RESPONSABLES

Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen perxuicio do pago da taxa a que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe, según á conta que formule a oficina técnica municipal.
Si os danos foran irreparables, a entidade será indemnizada en contía igual ó valor dos bens destruídos ou a o importe do deterioro dos danados.
O Concello non poderá condonar total ou parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.

ARTIGO 7.º. EXENCIONS

Estarán exentos do pago dos dereitos, os aproveitamentos resultantes de:
a) Obras que realice directamente ou por administración o Estado, a Provincia, a Comunidade Autonóma e as Mancomunidades ou agrupacións de que forme parte o Municipio e as que éste execute ou contrate.
b) Servicios de comunicacións e obras que inmediatamente interesen á seguridade e defensa do territorio nacional e que realicen, directamente ou por contrato, o Estado, a Provincia, a Comunidade Autonóma, as Mancomunidades ou agrupacións sinaladas no apartado anterior.
As exención sinaladas no número anterior declararanse pola administración municipal, previa solicitude dos interesados.

ARTIGO 8.º. REDUCCIONS E BONIFICACIONS

Non se concederá reducción ou bonificación ningunha.

ARTIGO 9.º. BASE IMPOÑIBLE

Tomarase como base da presente exacción o tempo de duración dos aproveitamentos, en canto ós sinalados nos apartados a), b) e c) do artigo 3.º respectivamente:
- A superficie, en metros cadrados, ocupada polos contenedores, cun mínimo de 6 m².
- Os metros cadrados de vía pública delimitados ou sobrevoados polas vallas, puntais, andamios ou outras instalacións análogas. A efectos da determinación da superficie ocupada por un andamio tomarase como ancho mínimo o de 1,20 m.
- Os metros cadrados de afección do dominio público que deriven da ocupación das mercancías.

ARTIGO 10.º. CUOTA TRIBUTARIA

A cuota tributaria consistirá na cantidade resultante de fixar unha tarifa e calcularase atendendo ás características da vía na que se realice a ocupación.

A tal fin as rúas do municipio clasificaranse nas categorias que figuran de seguido.

Nos supostos en que o espacio afectado figure na confluencia de dúas ou mais rúas clasificadas en distintas categorias, aplicarase a tarifa correspondente á rúa de categoría superior.

Zona

Descripción do tipo de rúa

Custo ocupación m2/mes (€)

A

Zona Industrial (numero 8 ) tal e como figura na clasifi-cación do Anexo da Ordenanza Fiscal Xeral.

5,1

B

Zonas 1 , 2, 3 segundo a clasificación do Anexo da Ordenanza Fiscal Xeral

4,59

C

Zonas 4, 5 , 6, segundo a clasificación do Anexo da Ordenanza Fiscal Xeral

3,2

D

Zona rural (numero 7) do Anexo da Ordenanza Fiscal Xeral

2,2

ARTIGO 11.º. NORMAS DE XESTION, ADMINISTRACION E COBRANZA

1.-As persoas ou entidades interesadas na concesión da utilización privativa ou do aproveitamento especial do dominio público local regulado nesta Ordenanza, terán que solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que consten as características do aproveitamento, con expresión detaiada da sua natureza, tempo de duración do mesmo, lugar exacto donde se pretenda realizar, sistema de delimitación e, en xeral, cantas indicacións sexan necesarias para a exacta determinación do aproveitamento desexado.
2.-A exacción considerarase devengada dende quese inicie o uso, e liquidarase por cada aproveitamento solicitado e conforme ó tempo que o interesado indique ó solicita-la correspondente licencia en cuio momento se efectuará unha liquidación provisoira que terá carácter de depósito previo e se elevará a definitivo unha vez concedida a correspondente licencia ou autorización, previas as comprobacións que procederan por parte dos servicios municipais.
As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas, serán prorrateables por semanas naturais, respecto dos períodos sinalados nos respectivos epígrafes.
Se non se determinase tempo para o aproveitamento que se solicite, seguirán a se producir liquidacións pola Administración Municipal, polos periodos irreductibles sinalados nas tarifas, ó día primeiro de cada período mensual e ata que o contribuinte formule a pertinente declaración de baixa, que surtirá efectos a partires do dia primeiro do período natural de tempo seguinte a aquel no que se causa dita baixa.
A non presentacion da baixa determinará a obriga de seguir aboando a taxa.
3.-O Concello requerirá a presentación dos documentos de homologación, montaxe etc dos equipos ou elementos a instalar.
4.-Consideraranse caducadas as licencias si, despois de concedidas, trancorriran trinta dias sin ter comenzado as obras, que deberán realizarse sin interrupción unha vez iniciadas, agas que se especifique outro prazo na resolución de concesión da respectiva licencia.
5.-A presentación da baixa surtirá efectos a partires do día primeiro do período natural de tempo seguinte a aquel no que se causa dita baixa.
6.-A tarifa correspondente á ocupación da vía pública con vallas, puntais, andamios, etc. será susceptible de aplicación no caso de rúas sen urbanización.

7.- Cando se trate de ocupación con vallas da vía pública, con carácter mínimo e sempre que por aplicación da precedente tarifa non se acade outra superior percibirase a cantidade de 14,10 euros/mes; tratandose de vallas voladas, andamios, puntais e outros elementos de apeo a cuota mínima será de 7,00 euros/mes.

Os puntais e andamios que estén situados dentro do perímetro limitado pola valla non darán lugar á liquidación por tal tarifa, incluíndose nas cuotas correspondentes ó concepto especifico de vallas. A partir do sexto mes a tarifa por ocupación da vía pública con vallas experimentará un incremento acumulativo do 10% por cada mes de exceso e mentras as obras non remataran.

ARTIGO 12.º. INFRACCIONS E SANCIONS

Sen contido.

ARTIGO 13.º. INFRACCIONS E SANCIONS

En todo caso, as infraccións e sancións en materia tributaria rexiranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral tributaria e a sua normativa de desenrolo e a Ordenanza Xeral de Inspeccion, Xestion e Recadacion.

DISPOSICION FINAL. APROBACION E VIXENCIA

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio 2011 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.