Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO ALBERGUE MUNICIPAL. (NÚMERO 12)

Publicación provisional: 27/10/2010 BOP Nº: 205
Publicación definitiva: 05/01/2011 BOP Nº: 3
Aplicable dende: 05/01/2011

Artigo 1.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por utilización do albergue municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito impoñible

Constitue o feito impoñible da taxa o aloxamento e pernocta no albergue municipal.

Artigo 3.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas, asi como as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que disfruten, utilicen ou aproveiten as dependencias do Albergue Municipal.

Con relación a responsabilidade solidaria e subsidiaria da deuda tributaria, estarase ao establecido nos artigos 42 e 43, respectivamente, da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Cota tributaria.

A cota tributaria será a seguinte:

- Por noite pernoctada: oito euros (8) euros.-

- Por desayuno: dous (2) euros.-

Artigo 6.- Devengo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie o uso, disfrute ou aproveitamento do Albergue Municipal.

Artigo 7.- Responsabilidades de uso.

Cando polo uso, disfrute ou aproveitamento de calquera dos locais do Albergue Municipal, estos sufriran un deterioro ou desperfecto, o suxeito pasivo estará obrigado, sen perxuizo do abono da taxa, a pagar os gastos de reparación.

Artigo 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 181 e ss. da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día de de e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2011, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.