Índice
Brión - ORDENANZA FISCAL N.º 6-T REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Publicación provisional:
10/12/2008
BOP Nº:
283
Publicación definitiva:
23/03/2009
BOP Nº:
66
Aplicable dende:
14/02/2011
Artigo 1º. Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba a Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por expedición de documentos administrativos" , que se rexerá polo disposto no devandito RDL e pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais .
2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos
Artigo 3º. Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as personas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro, Xeral tributaria que soliciten, ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artígo 4º. Responsables.
Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as personas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro , Xeral Tributaria.
Artigo 5º. Exencións.
Terán unha exención subxectiva aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, segundo informe dos servicios sociais do Concello de Brión ó respecto.
Artígo 6º. Cota Tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota da tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluida a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
Artígo 7º. Tarifa.
tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase do seguinte xeito:
I.DOCUMENTACIÓN XERAL | TARIFA |
Informes urbanísticos a instancia de parte | 20,00 €/unidade |
Concesión de licencia de auto-taxi | 60,00 € |
Certificación de acordos municipais: 1. Do ano en curso 2. De anos anteriores | 1,00 € 3,00 € |
Busqueda de documentación no arquivo : 1. Do ano en curso 2. De anos anteriores | 1,00 € 3,00 € |
II. DEREITOS DE EXAME | TARIFA |
Exame para prazas encadradas no grupo A1 ou asimilado | 18,00 € |
Prazas do grupo A2 ou asimilado | 16,00 € |
Prazas do grupo C1 ou asimilado | 14,00 € |
Prazas do grupo C2 ou asimilado | 12,00 € |
Prazas do grupo Agrupaciones profesionales ou asimilado | 10,00 € |
III. PLANOS, FOTOCOPIAS E DOCUMENTOS TÉCNICOS | TARIFA |
Compulsa de documentos: Máis de 10 folios , por cada folio | 0,10 €/ud |
IV. DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLA POLICIA LOCAL | TARIFA |
Informes, dilixencias e demáis documentos expedidos pola policía local | 60,00 € |
V. OUTROS DOCUMENTOS | TARIFA |
Exemplar de ordenazas fiscais | 15,00 € |
Bastanteo de poderes | 10,00 € |
Por cada documento que se expida en fotocopia a petición dos particulares: 1. Máis de 15 folios , por cada folio en formato A4 b/n 2. Máis de 15 folios , por cada folio en formato A4 color 3. Máis de 3 folios , por cada folio en formato A3 b/n 4. Máis de 3 folios , por cada folio en formato A3 color | 0,05 €/ud 0,20 €/ud 0,10 €/ud 0,25 €/ud |
Por cada impresión que se realice nas dependencias municipais a petición dos particulares: 1. Máis de 15 folios , por cada folio en formato A4 b/n 2. Máis de 15 folios , por cada folio en formato A4 color 3. Máis de 3 folios , por cada folio en formato A3 b/n 4. Máis de 3 folios , por cada folio en formato A3 color | 0,05 €/ud 0,20 €/ud 0,10 €/ud 0,25 €/ud |
Certificacións gráficas e descriptivas catastrais emitidas a favor de empadroados en Brión relativas a bens situados no Concello | 5,00€/ud |
Certificacións gráficas e descriptivas catastrais emitidas a favor de persoas non empadroadas en Brión relativas tanto a bens situados dentro como de fora do Concello | 30,00€/ud |
VI.TAXAS OLA EXPEDICIÓN DO TÍTULO E.C.D.L.:
-. Inscrición ao programa (TEHI) máis primeiro exame: 35 euros.
-. Seguintes exames: 15 euros por cada exame de módulo.
-. Edición de diploma: 10 euros.
Artigo 8º. Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
Artigo 9º. Declaración e ingreso.
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, mediante un impreso de autoliquidación adxúnto ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou mediante o impreso se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.
2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade se requerirá ó interesado para que, no plazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xuzgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfacera a correspondente cota tributaria.
Artigo 10º. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003 , de 17 de decembro , xeral tributaria.
Disposición adicional única
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición derrogatoria única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal nº 6-T, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, publicada definitivamente no BOP nº 5 de 08/01/2007.
Disposición Derradeira
Disposición Derradeira
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello do Brión en sesión celebrada o 26 de novembro de 2.008 ( modificación ) e entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local.
No caso de modificacións parciais desta ordenanza fiscal, os artigos non modificados continuarán vixentes.