Carral - ORDENANZA FISCAL Nº 7 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 05/08/2011 BOP Nº: 149
Publicación definitiva: 30/09/2011 BOP Nº: 188
Aplicable dende: 30/09/2011

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E RÉXIME.

Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 20.4.i) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba ou Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa reguladora da expedición de documentos de que entendan a administración ou autoridades locais, que se regulará pola presente ordenanza.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

1. Constitúe o feito impoñible a actividade municipal desenrolada como consecuencia da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expidan ou de expedientes que entendan a Administración ou Autoridades Municipais.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, as consultas tributarias, expedientes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades da competencia municipal e a utilización privativa ou aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polo que se esixa un prezo público por este Concello, e aquelas establecidas por leis especiais.

Tampouco estará suxeita a expedición de certificados esixidos na tramitación de expedientes no Concello de Carral para a concesión da axudas e outros beneficios asistenciais de carácter social.

ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así coma as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, que provoquen ou resulten beneficiadas pola tramitación ou expedición dos documentos a que se refire o artigo 2.

ARTIGO 4º.- RESPONSABLES.

En materia de responsabilidade aplicaranse os artigos 42 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. prestación de servicios correspondentes a súa actividade económica principal , nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5. BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE.

Estará constituída pola clase o natureza do documento tramitado ou expedido pola Administración Municipal.

ARTIGO 6. COTA TRIBUTARIA.

1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo, coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2.-A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

ARTIGO 7. TARIFA.

A tarifa á que se refire o artigo anterior, estructúrase nos seguintes epígrafes.

EPÍGRAFE 1: CERTIFICACIÓNS E COMPULSAS DE DOCUMENTOS

Certificacións de acordos municipais

6,00 €

Copia acta atestado levantada pola policía municipal en accidente de tráfico.

50,00 €

Certif. e outros informes policía municipal.

25,00 €

Bastanteo de poderes para producir efectos nas oficinas municipais

10,00 €

Certificación e exposición pública de edictos no Rexistro da Propiedade

30,00 €

EPÍGRAFE 2: PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSOAL

Grupo A1 ou asimilado

30,00 €

Grupo A2 ou asimilado

25,00 €

Grupo C1 ou asimilado

20,00 €

Grupo C2 ou asimilado

15,00 €

Grupo E ou asimilado

10,00 €

EPÍGRAFE 3: DOCUMENTOS RELATIVOS A SERVIZOS DE URBANISMO

Certificación por servizos urbanísticos

18,00 €

Por cédula de urbanismo, consulta ou informe sobre terreos a efectos de edificacións a instancia de parte

18,00 €

Por expediente de concesión e instalación de rótulos

6,00 €

Por expedicion de copias de cartografía dixital en CD

8,00 €

ARTIGO 8. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Non se recoñecen máis beneficios fiscais ca os derivados de norma con rango de lei ou da aplicación dos Tratados Internacionais. Calquera bonificación ou exención deberá ser interesada ó tempo de solicita-la oportuna licencia.

ARTIGO 9. DEVENGO.

Devéngase a taxa, e nace a obriga de contribuír de pago no momento no que se presente a solicitude que inicie a tramitación dos expedientes e documentos suxeitos á taxa. No caso de iniciación de oficio, a taxa devéngase no momento da expedición do documento, ou do inicio da tramitación do expediente de que se trate.

ARTIGO 10. DECLARACIÓN E INGRESO.

1-A taxa pola emisión de documentos administrativos esixirase en réxime de autoliquidación, debendo o suxeito pasivo, no momento de presentar a correspondente solicitude, acreditar o ingreso do importe total estimado da cota tributaria na Entidade Bancaria habilitada a tal efecto.

2-Cando por causas no imputables ao suxeito pasivo, a actividade administrativa que constitúe o feito impoñible da taxa non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe da cota correspondente.

3-Non se tramitará o expediente correspondiente, se non se acredita a autoliquidación e o pagamento da presente taxa

ARTIGO 11. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como nas sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

As cotas tributarias fixadas no artigo 7 desta Ordenanza modificaranse anualmente de acordo coa variación do Índice de Prezos ó Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre por exceso ou por defecto á centena superior ou inferior.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA.

A presente ordenanza derogará calquera precepto doutra ordenanza ou acordo que se opoña á mesma.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

Esta Ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial Provincial.