Sada - Ordenanza reguladora da protección de camiños e vías rurais, con motivo da execución de talas, depósito, carga e transporte de madeira no termo municipal de Sada
Exposición de motivos
O Concello de Sada demostra interese e preocupación cara a xestión das súas masas arbóreas. A distribución urbanística debuxa un mapa de especial sensibilidade ao respecto. As zonas de uso residencial atópanse difuminadas e mesturadas coas zonas forestais, de forma que en varias parroquias conviven os dous usos, practicamente en unidade xeográfica. Esta situación condiciona os usos do monte.
É prioritaria a protección das persoas, edificacións e instalacións fronte aos incendios forestais. A proximidade, orografía, climatoloxía e outros factores poden xerar situacións de risco que esixen unha resposta practicamente inmediata na exhibición dun incendio na súa etapa de conato. Para esta consecución é indispensable que os viais de acceso ás zonas forestais se atopen sempre en perfectas condicións.
O uso dos camiños forestais é un dereito dunha importante comunidade de usuarios. Destacan ademais dos usos citados, os dos propietarios de montes para súas limpezas e mantementos, os usos cinexéticos e de simple disfrute. Preséntase na actualidade un número crecente de cidadáns que disfrutan da actividade ao aire libre, en diferentes usos que transitan por estes camiños.
Todo isto debe combinarase co uso silvícola. É conveniente, pero ao mesmo tempo debe ser controlado pola administración, dando conta da extracción da madeira, con ánimo de lucro, tanto no lugar da súa corta como seu traslado polos distintos viais do municipio, xerando en ocasións importantes desperfectos en zonas de uso común e público.
Respecto da Lei 3/2007, do 9 de decembro de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, en virtude da súa aplicación, ao atoparnos dentro dun término municipal cun gran número de superficies de terreos afectadas, nas que cómpre unha xestión da biomasa vexetal e a adaptación de parte do seu arborado a unhas distancias de protección cara as vivendas, instalacións, edificacións e construcións, máis próximas, provocan severas actuacións sobre estes terreos e as súas plantacións, sobre todo en solos rústicos de protección paisaxística e forestal, incrementado ao mesmo tempo o uso dos viais e camiños forestais que transcorren ata os montes.
A habilitación desta ordenanza, emana da potestade regulamentaria das entidades locais recoñecida no art. 4.1º.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, con respecto ás competencias en materia de conservación de camiños e vías rurais (art. 25.2º.d), prevendo o correspondente réxime sancionador polo incumprimento das súas determinacións e no suposto de ocasionar danos e desperfectos nas infraestruturas, instalacións e espazos públicos, derivados da actividade madeirista (art. 139 a 141).
Artigo 1º.- Obxecto.
O obxecto desta ordenanza é a conservación dos camiños e vías rurais, con motivo da execución de talas e cortas de madeira no municipio de Sada, así como a protección dos viais de acceso e demais infraestruturas anexas aos lugares da tala e o estado final da superficie talada. Tamén, a regulación dos lugares de depósito, almacenamento e carga, en relación co desenvolvemento da actividade e os posibles desperfectos producidos.
Artigo 2º.- A comunicación de tala.
1.- Para garantir a preservación do medio ambiente e da conservación dos camiños e pistas rurais, é obrigatoria a comunicación de tala por parte da persoa física ou xurídica que actúe en calidade de madeireiro, consonte ao modelo normalizado desta ordenanza, cunha antelación mínima de quince días hábiles, sen prexuízo da obtención doutras autorizacións sectoriais que sexan necesarias para a tala das plantacións forestais.
2.- Na comunicación de tala, deberá constar, segundo modelo anexo que se incorpora a esta Ordenanza:
- Data na que se procederá á tala e data en que rematarán tódolos traballos (incluíndo a retirada da madeira da parcela e dos restroballos resultantes).
- Identificación do propietario do monte e do madeireiro, con designación do representante deste no suposto de ser unha persoa xurídica.
- Especie da madeira obxecto de tala, así como toneladas a extraer.
- Identificación nun plano do catastro ou do SIXPAC do monte afectado e referencia catastral do mesmo, así como indicación do lugar de depósito e viais a utilizar para o transporte da madeira, debendo ter en conta a tal efecto o sinalado no art. 28 da Lei 3/2007, de incendios de Galicia.
- Identificación da/s empresa/s encargada/s da tala, depósito, carga e transporte da madeira ( razón social, N.I.F., vehículos cos que se van a realizar as operacións de depósito, carga e transporte así como a indicación da súa marca, modelo, matrícula e peso máximo autorizado).
- Xustificante da solicitude de permiso de tala achegado previamente ante a Consellería competente en materia forestal, segundo modelo oficial.
- Xustificante do depósito da garantía.
No suposto de tratarse dunha tala sen aproveitamento madeireiro, deberá comunicar a tala o titular do monte, indicando en calquera caso o seu motivo (obtención de leña para autoconsumo, enfermidade da especie, situación de perigo para as persoas e bens, etc¿), e achegando igualmente a solicitude de autorización da tala presentado na Consellería competente.
3.- De calquera xeito, poderase facer unha comunicación de tala para varios montes ou parcelas catastrais, cando os traballos vaian a efectuarse de forma simultánea, debendo constar os datos de cada unha das parcelas nas que se vaia a realizar a tala segundo o establecido no art. 2º.2, e será o madeireiro encargado da tala o responsable dos desperfectos ocasionados nos viais de acceso aos lugares de tala, como consecuencia tanto da mesma como do depósito, carga e transporte da madeira, quedando obrigado á reparación dos mesmos, incluíndo a limpeza e retirada dos restos forestais resultantes. No suposto de non ser identificado o madeireiro, será responsable o propietario do monte ou da parcela catastral.
4.- Previamente ao inicio dos traballos, o madeireiro deberá presentar no rexistro municipal a comunicación de tala no modelo normalizado que consta no anexo desta ordenanza, dirixida ao Servizo de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello, cunha antelación mínima de quince días hábiles, co obxecto de que os Servizo Técnicos municipais inspeccionen os viais e accesos aos montes que vaian ser utilizados, ou ben a Policía Municipal, constate neste suposto a realidade física da vía, mediante unha reportaxe fotográfica na que se acreditará o estado preexistente.-
5.- As vías públicas non se poderán utilizar para almacenamento da madeira, aínda que se autoricen as operacións para a súa carga, solicitando de ser o caso, o permiso municipal correspondente de ocupación de vía pública municipal, quedando suxeita ás taxas correspondentes. No suposto de referirse á vías de titularidade da Xunta de Galicia ou da Deputación Provincial da Coruña, con carácter previo deberá obter autorización destes organismos. Non obstante, as cunetas quedarán sempre limpas e en bo estado de utilización.
Artigo 3º.- Actividades excluídas.
A efectos desta ordenanza, non teñen a consideración de ¿talas forestais" os seguintes traballos:
Podas e refaldes en plantacións forestais
Desbroce e limpeza de predios.
Clareo de rebrotes de cepa de menos de tres anos
Talas puntuais de exemplares de árbores ornamentais illadas.
Artigo 4º.- Requisitos e obrigas para os madeireiros ou propietarios que realicen a tala e o depósito, carga e transporte da madeira talada.
1.- Será o madeireiro encargado da tala o responsable dos desperfectos ocasionados nos lugares de tala, viais de acceso, instalacións ou demais infraestruturas anexas, como consecuencia tanto da tala como do depósito, carga e transporte da madeira, quedando obrigado ao arranxo e reparación inmediata do deterioro producido nos mesmos, incluíndo a limpeza, retirada ou eliminación de residuos procedentes da tala e das operacións de carga e almacenamento. No suposto de non ser identificado o mesmo, quedará obrigado o propietario do monte ou parcela.
As cantidades depositadas en concepto de garantía responderán da dita obriga, sen prexuízo de que no suposto de non ser suficientes, a diferenza recadarase en concepto de ingreso de dereito público, coa correspondente vía de constrinximento, de ser necesaria.
2.- A superficie do monte debe quedar totalmente limpa, sen ningún tipo de restos das pólas das copas ou calquera outro material que constitúa focos de alta combustibilidade que poidan ser causa de incendio ou afectar ao futuro estado fitosanitario do rodal e das masas colindantes.
3.- Nos supostos previstos nos dous apartados anteriores, o madeireiro ou o propietario, deberán atender o requirimento de reparación ou limpeza que efectúe o concello, e no que se lles outorgará un prazo de quince días hábiles, para a realización dos traballos de reparación e e limpeza que procedan.-
4.- Establécense tres categorías para os efectos da fixación da correspondente garantía, segundo o peso máximo autorizado do vehículo de maior peso que se vaia a utilizar na realización das operacións de depósito, carga e transporte da madeira talada:
Vehículos con peso máximo autorizado inferior a 16 TN: 1800 Euros/ comunicación tala
Vehículos con peso máximo autorizado entre 16-24 TN: 3600 Euros/comunicación tala.
Vehículos con peso máximo autorizado superior a 24 TN: 5000 Euros/comunicación tala.
5.- As correspondentes garantías deberanse depositar na Tesourería Municipal mediante: fianza en metálico, aval solidario e por tempo indefinido, seguro de caución nos termos previstos para o depósito de aquelas pola normativa reguladora de contratos do sector público.
A devolución das ditas garantías, deberá ser solicitada polos depositarios, requirindo previamente á resolución, informe dos Servizos Técnicos Municipais, no que se deixe constancia de que non foron ocasionados desperfectos nas vías, servizos e infraestruturas públicas municipais.
6.- Excepcionalmente, esta administración poderá limitar ou denegar o acceso polos viais solicitados por mor da capacidade de resistencia do firme da vía ou do seu mal estado, ou pola utilización dos ditos viais na data solicitada para outros fins, o que se porá en coñecemento do solicitante de forma motivada, coa achega do correspondente informe técnico ou da policía municipal, no prazo máximo de quince días dende a comunicación de tala, debendo realizar posteriormente unha nova comunicación de tala en caso de ser denegado o dito acceso.
7.- En ningún caso poderá iniciarse os traballos de tala, sen contar previamente coa autorización sectorial correspondente, cando ás parcelas obxecto da actuación, estean afectadas pola normativa sectorial de augas, patrimonio, estradas ou calquera outra que resulte de aplicación.-
Artigo 5º.- Potestades da administración
Unha vez que o Concello teña coñecemento da produción de danos ou da acumulación de residuos vexetais combustibles e previo o debido requirimento, o órgano municipal competente, poderá realizar con cargo á garantía depositada, as operacións de reparación, acondicionamento ou retirada de residuos, previa audiencia do interesado polo prazo de dez días hábiles, sen prexuízo de recadar as cotas correspondentes en concepto de ingreso público, se os custes da dita operación non fosen totalmente cubertos co importe da garantía depositada.
O anterior, sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan polo incumprimento desta ordenanza.
Artigo 6º.- Réxime sancionador
Constitúen infraccións administrativas, as accións ou omisións que comporten un incumprimento das obrigas, prohibicións ou requisitos que establece esta ordenanza.
O procedemento sancionador, suxeitarase ao previsto no RD 1398/1993, de 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, iniciarase mediante resolución motivada da Alcaldía, ou de ser o caso, do concelleiro/a delegado/a, sendo o prazo máximo de resolución e notificación seis meses, transcorridos os cales, producirase a caducidade do procedemento con arquivo das actuacións, sen prexuízo do inicio dun novo expediente cando a infracción non prescribise.
En calquera caso, con carácter previo á finalización do procedemento sancionador, a proposta do interesado, poderá efectuarse o remate convencional do procedemento, dando lugar á redución da sanción ata un 50%, sempre e cando este recoñeza súa responsabilidade e repare o dano ocasionado e/ou repoña os feitos que deron lugar ao expediente sancionador, no prazo que a tal efecto se fixe polo órgano municipal competente, renunciando expresamente ao exercicio de toda acción de impugnación ao respecto.
A resolución que poña fin ao procedemento sancionador identificará aos responsables dos feitos, coa imposición das sancións individualizadas que procedan, ordenando de ser o caso os traballos de reposición, de reparación ou de limpeza das vías, servizos e infraestruturas que procedan, que poderán executarse con cargo ás garantías depositadas.
Artigo 7º.- Responsabilidade
Son responsables das infraccións administrativas as persoas físicas ou xurídicas que as cometan en cualidade de madeireiro ou propietario do monte ou parcela.
En todo caso, será responsable o propietario no suposto de non identificar ao madeireiro, sinalando o seu NIF ou CIF e enderezo, cando sexa requirido polo concello, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á recepción da notificación.
Artigo 8º.- Clasificación das infraccións e sancións.
1. As infraccións administrativas desta ordenanza clasifícanse en leves, graves e moi graves.
2. As infraccións administrativas sancionaranse con multa nas seguintes contías:
Infracción leve: ata 300 euros.
Infracción grave: de 301 a 1000 euros.
Infracción moi grave: de 1001 a 3000 euros.
3. Para a clasificación das infraccións e a determinación da cuantía da sanción, teranse en conta as seguintes circunstancias:
A existencia de intencionalidade ou reiteración.
A natureza dos danos causados.
A reincidencia no prazo dun ano de mais dunha infracción da mesma natureza.
A transcendencia social da infracción.
Artigo 9º.- Competencia.
A competencia para a iniciación e resolución dos expedientes por infracción desta ordenanza, corresponde ao Alcalde, ou concelleiro/a en quen delegue, debendo nomearse instrutor/a ou secretario/a do mesmo, para os efectos de garantir a debida separación entre a fase instrutora e a resolutoria.-
Artigo 10º.- Infraccións.
1.-Constitúen infraccións moi graves:
A realización de ditas actividades sen o previo depósito da garantía no importe que corresponda.
Non proceder á reparación dos danos e/ou limpeza dos restos forestais dentro do prazo sinalado de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte da notificación do requirimento municipal.
2.-Constitúen infraccións graves:
Non achegar a documentación requirida antes de efectuar a tala da madeira.
Non achegar ou falsear os datos que se esixen segundo o artigo 2º desta ordenanza.
A non comunicación da tala por parte do madeireiro no prazo sinalado..
A reincidencia na comisión de tres infraccións leves da mesma natureza, no prazo dun ano.
A realización dos traballos de tala sendo denegada previamente a utilización da vía pública para a realización dos mesmos.-
O incumprimento polo propietario do monte ou parcela da obriga de identificar ao madeireiro.
3.-Constitúen infraccións leves:
Calquera acción ou omisión que infrinxa as disposicións desta ordenanza e non estea tipificada expresamente nela como moi grave ou grave.
4.- A imposición das sancións pecuniarias anteriormente sinaladas, non eximirá aos responsables dos feit
Artigo 11º.- Prescrición das infraccións.
1.- As infraccións moi graves prescribirán aos tres anos, as graves aos dous anos e as leves aos seis meses, computándose dende o día en que a infracción fora cometida.
2.- As sancións impostas por faltas moi graves prescribirán aos tres anos, as impostas por faltas graves aos dous anos e as impostas por faltas leves ao ano, computándose dende o día seguinte a aquel en que adquira firmeza a resolución pola que foi imposta a sanción.
Disposición Final.
A presente ordenanza entrará en vigor a partir do día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, e transcorrido o prazo previsto no art. 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
ANEXO I
COMUNICACIÓN DE TALA | |||||||||||||
DATA DE INICIO TRABALLOS: |
| ||||||||||||
DATA DE REMATE: |
| ||||||||||||
DATOS DO MADEIREIRO | |||||||||||||
MADEIREIRO: | N.I.F./ C.I.F.: | TELÉFONO: | |||||||||||
|
| ||||||||||||
REPRESENTANTE DO MADEREIRO: | C.I.F.: | TELÉFONO: | |||||||||||
| |||||||||||||
ENDEREZO: | C.P.: | MUNICIPIO: | |||||||||||
MAQUINARIA: | MODELO: | MATRÍCULA: | P.M.A: | ||||||||||
MAQUINARIA: | MODELO: | MATRÍCULA: | P.M.A: | ||||||||||
MAQUINARIA: | MODELO: | MATRÍCULA: | P.M.A: | ||||||||||
Documentación a xuntar:
Fotocopia do NIF do solicitante, e de ser o caso,
Solicitude da autorización para aproveitamento madereiro achegada á Consellería competente en materia forestal (Consell. Medio Rural)
Autorización sectorial correspondente, de ser o caso.
Xustificante de pago da fianza segundo o artigo 4º.4 .
Plano indicando os viais a utilizar e zonas de depósito da madeira.
Ficha catastral da/s parcelas afectadas
ANEXO II
DATOS DA PARCELA | |||||||||||||||||
REF. CATASTRAL DA PARCELA: | LUGAR- PARROQUIA: | SUP. PARCELA( M2) : | |||||||||||||||
- | |||||||||||||||||
ESPECIE : | M3 MADEIRA EXTRAIDA: | TONELADAS EXTRAIDAS: | |||||||||||||||
| |||||||||||||||||
ESPECIE : | M3 MADEIRA EXTRAIDA: | TONELADAS EXTRAIDAS: | |||||||||||||||
ESPECIE : | M3 MADEIRA EXTRAIDA: | TONELADAS EXTRAIDAS: | |||||||||||||||
ESPECIE : | M3 MADEIRA EXTRAIDA: | TONELADAS EXTRAIDAS: | |||||||||||||||
SUP. TOTAL TALADA ( M2): | Tn TOTALES EXTRAIDAS: | ||||||||||||||||
DATOS DO PROPIETARIO DA PARCELA | |||||||||||||||||
PROPIETARIO DA PARCELA: | N.I.F./ C.I.F.: | TELÉFONO: | |||||||||||||||
| |||||||||||||||||
ENDEREZO: | C.P.: | MUNICIPIO: | |||||||||||||||
TALA SEN APROVEITAMENTO MADEIREIRO:SI/NON | MOTIVO: | ||||||||||||||||
DATOS DA EMPRESA TRANSPORTISTA: | |||||||||||||||||
TRANSPORTISTA: | N.I.F./ C.I.F.: | TELÉFONO: | |||||||||||||||
| |||||||||||||||||
ENDEREZO: | C.P.: | MUNICIPIO: | |||||||||||||||
MAQUINARIA: | MODELO: | MATRÍCULA: | P.M.A: | ||||||||||||||
MAQUINARIA: | MODELO: | MATRÍCULA: | P.M.A: | ||||||||||||||
DATA RECOLLA MADEIRA: | TN A TRANSPORTAR: | ||||||||||||||||
DATA RECOLLA MADEIRA: | TN A TRANSPORTAR: | ||||||||||||||||