Mesía - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 14/11/2011 BOP Nº: 216
Publicación definitiva: 20/01/2012 BOP Nº: 14
Aplicable dende: 20/01/2012

Artigo 1.º. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bas es de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, e 20.4 do Real Decreto Legislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba a Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por expedición de documentos administrativos", que se rexerá polo disposto no devandito Real Decreto Lexislativo e pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.º. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes que entenda ou coñeza a Administración municipal.

2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

Artigo 3.º. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as personas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria que soliciten, ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.º. Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as personas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5.º. Exencións.

Se concederá exención subxectiva previo informe dos servizos sociais municipais en casos de emerxencia social.

Artigo 6º.- Base Imponible .-

Constituirá a base imponible da presente exacción a natureza dos expedientes a tramitar e documentos a expedir.

Artigo 7.º. Cota Tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

1. Certificados de convivencia ou empadroamento do ano actual: 1,80 €

2. Certificados de empadroamento de anos anteriores: 3,00€

3. Informes de convivencia: 3,00 €

4. Certificacións de acordos municipais: 3.00 €

5. Dilixencia de compulsa ou cotexo de documentos : 0,30 € folla.

6. Fotocopia DIN A4: 0,10 €

7. Fotocopia DIN A3: 0,20 €

8. Certificación de servizos urbanísticos: 30,00 €

9. Expedientes de declaración de situación en fora de ordenación: 150,00 €

10. Outros certificados ou informes no especificados : 3,00 €

Artigo 8.º. Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos a taxa.

2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2.º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9.º. Declaración e ingreso.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, mediante ingreso nas entidades financeiras autorizadas polo concello.

Artigo 10.º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178, 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada inicialmente polo Pleno en sesión de 7 de novembro de 2011, e entrará en vigor unha vez sexa aprobada definitivamente e publicado o seu texto integro no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.