Ordes - Prezo público por utilización do servizo de tanatorio municipal
1. Concepto.
A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación dos servizos do tanatorio municipal, en canto establecemento funerario como lugar de etapa do cadáver, entre lugar de falecemento e o de inhumación ou cremación, debidamente acondicionado e disposto para a exposición e velorio de cadáveres, de conformidade co disposto no Regulamento regulador do servizo.
2. Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza os/as solicitantes da prestación dos servizos. De conformidade co disposto nos artigos 6º e 7º do Regulamento do Servizo, o solicitante deberá ser unha empresa funeraria debidamente autorizada.
Tamén se considerará obrigado ao pagamento as Entidades ou Sociedades aseguradoras de riscos que motiven e soliciten a utilización do Tanatorio Municipal para depositar os cadáveres das persoas falecidas e aseguradas polas ditas Entidades.
3. Contía.
A contía do prezo público será a seguinte:
- Utilización dunha sala de velorio cando o defunto fose veciño/a do Concello de Ordes e/ou titular de nicho ou panteón no cemiterio municipal (incluídos neste último caso os familiares en primeiro grao): 225,00 €/día de utilización.
- Utilización dunha sala de velorio por usuarios diferentes aos descritos no parágrafo anterior: 325,00 €/día de utilización. A presente tarifa será de aplicación, en todo caso, ás Entidades ou Sociedades aseguradoras de riscos ás que refírese o apartado anterior.
- Utilización de capela para acto relixioso: 60,00 €.
- Transcorridas 24 horas de utilización o prezo será de 16,07 €/hora no caso de que o defunto fose veciño/a, ou titular de nicho ou panteón no cemiterio municipal (incluíndo neste último caso os familiares en primeiro grao) e de 23,22 € no resto dos casos, incluídas as Entidades ou Sociedades aseguradoras de riscos..
Para os efectos sinalados nos parágrafos anteriores, o día de utilización abarca desde as 8:00 horas do día da solicitude ate as 19:00 horas do día seguinte.
En todo caso serán gratuítos os servizos a favor de persoas acollidas á beneficencia ou asistencia social pola súa carencia de recursos e aqueles outros que resulten necesarios para facer fronte a situacións de emerxencia, accidentes ou ordes de autoridades sanitarias ou xudiciais.
4. Cobro.
A obriga de pagar o prezo público nace desde que se inicie a prestación do servizo, entendéndose como tal o momento no que conceda a autorización para utilizar o tanatorio municipal.
O pagamento realizarase unha vez emitido polos servizos municipais o xustificante oportuno, debendo estar ingresado, en calquera caso, con anterioridade á utilización das instalacións.
O ingreso efectuarase mediante transferencia á conta designada ao efecto pola Tesourería municipal.