Coristanco - ORDENANZA FISCAL Nº 19 REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

Publicación provisional: 21/11/2011 BOP Nº: 221
Publicación definitiva: 30/12/2011 BOP Nº: 248
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1º- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a ¿taxa polo servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiro municipal.

b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, de augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiro municipal, e o seu tratamento para depuralas.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan:

a) Cando se trate da concesión da licenza de acometida á rede: o propietario, o usufructuario ou o titular do dominio útil da finca.

b) No caso de prestación de servizos da letra b) do artigo anterior, os ocupantes ou os usuarios das fincas do termo municipal beneficiarios deses servizos, calquera que sexa o seu título (propietario, usufructuario, habitacionista ou arrendatario, incluído en precario).

2. En calquera caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, que poderán repercutir, de se-lo caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

Artigo 4º.- Responsables.

Serán responsables solidarios ou subsidiarios da débeda tributaria, xunto cos debedores pincipais, as persoas ou as entidades ás que se refiren os artigos 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Cota tributaria.

1. A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiro esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 40,43 euros.

2. A cota tributaria a esixir pola prestanción dos servizos de rede de sumidoiros e depuración determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos, utilizada na finca.

A tal efecto aplicarse a seguinte tarifa:

A) Vivendas:

Por rede de sumidoiros, cada metro cúbico: 0,1402 euros

Por depuración, cada metro cúbico: 0,2374 euros.

B) Fincas e locais non destindos exclusivamente a vivendas:

Por rede de sumidoiros, cada metro cúbico: 0,1402 euros

Por depuración, cada metro cúbico: 0,2374 euros.

3. En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ao mínimo facturable polo seu abastecemento. A cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo esixible.

Artigo 6º.- Exenccións e bonificacións.

Non se concederán exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa.

Artigo 7º.- Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible, entendéndose inciada ésta:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O reporto por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licenza de acometida e sen perxuizo da autorización do expediente administrativo que pode instruírse para a súa autorización.

2. Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todas as fincas do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e a finca non exceda de cen metros, e devengarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

Artigo 8º.- Declaración, liquidación e ingreso.

1. A inclusión incial no padrón farase de oficio unha vez concedida a licenza de acometida á rede.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións da alta e a baixa no padrón de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data na que se produzca a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas útimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación das declaracións de alta e baixa.

2. As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.

3. No suposto de licenza de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os Servizos tributarios deste Concello, unha vez concedida a licenza, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para o seu ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recaudación.

Artigo 9º.- Infracción e sancións.

En todo o relativo ás infraccións tributarias, así como das sancións que correspondan, aplicarase o que dispón a Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal foi aprobada por acordo plenario de data 9 de novembro de 2011. Entrará en vigor logo da súa publicación no BOP o día 1 de xaneiro de 2012, permanencendo en vigor ata que sexa acordada a súa modificación ou derogación expresas.