Touro - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de licencias urbanísticas
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, polo artigo 106 de da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Touro establece a taxa pola expedición de licencias urbanísticas ou declaración responsable/comunicación previa, a que se refire o texto refundido aprobado polo R.D. lexislativo 2/2004, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no artigo 58 do citado texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a verificar se os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo que vaian realizarse no termo municipal, axústanse ao ordenamento urbanístico vixente e se reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade, todo elo de conformidade có establecido no artigo 194 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e a súa normativa de desenrolo.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan solicitantes dunha licenza ou que executen as instalacións, obras ou construcións sen ter obtido a preceptiva licenza.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras, de conformidade co previsto no artigo 23.2.b) do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Artigo 4.-Responsables solidarios e subsidiarios.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades i entidades en xeral, nos supostos e coa extensión que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 6.-Cota tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cota fixa á que, segundo a natureza do expediente a tramitar, se lle sumará outra cantidade en función da superficie, lonxitude ou unidade, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. Para determinar a superficie das obras e instalacións terase en conta a totalidade das súas plantas e espazos construídos.
Artigo 7.-Tarifa.
1. Licencias de autorización para a segregación de parcelas , por cada parcela resultante: 60,00 euros.
2. Licencias de primeira ocupación ou declaración responsable/comunicación previa de vivendas unifamiliares:
a) Vivendas de ata 200 m2 de superficie construída: 60,00 euros.
b) Vivendas de 200 m2 a 400 m2 de superficie construída: 90,00 euros.
c) Vivendas de mais de 400 m2 de superficie construída: 120,00 euros.
3. Licencias de primeira ocupación de vivendas colectivas:
a) Cota fixa por inmoble: 90,00 euros.
b) Por cada unidade de vivenda e por cada 100 m2 ou fracción comercial ou industrial: 15,00 euros.
c) Por cada 100 m2 ou fracción de garaxes, trasteiros e demais dependencias auxiliares: 10,00 euros.
Artigo 8.-Devengo.
1. Devéngase a taxa e xurde a obriga de contribuír cando se comece a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase comezada a devandita actividade na data de presentación da oportuna solicitude, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se comece a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable.
3. A obriga de contribuír, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licenza solicitada nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza.
Artigo 9.-Beneficios fiscais.
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.
Artigo 10.-Normas de xestión.
1.-Os interesados na obtención dunha licenza de obras ou urbanística virán obrigados a presentar no Rexistro Xeral do Concello a oportuna solicitude, acompañando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da obra, lugar de emprazamento, importe estimado da mesma, medicións e destino.
2.-Cando se trate de licenza para aqueles actos nos que, de conformidade coa normativa estatal, autonómica e local aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude un presuposto das obras a realizar así como unha descrición precisa da superficie afectada, materiais a empregar, i en xeral, das características da obra ou acto, dos cales os seus datos permitan comprobar o seu custo.
3.-Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 11.-Liquidación, notificación e ingreso.
1.-Á vista da documentación presentada polos interesados, previo estudio e valoración da mesma pola oficina técnica municipal, practicarase liquidación provisional tomando como base impoñible para esta liquidación o presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial correspondente cando elo constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base impoñible será determinada pola oficina técnica municipal en función do presuposto, memoria ou datos subministrados polo suxeito pasivo, si elo fora posible, ou en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.
2.-Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a correspondente liquidación definitiva, esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3.-O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 12.-Caducidade e duración das licencias.
1.-Considéranse caducadas as licencias si despois de ser concedidas transcorren mais de seis meses sen dar comezo ás obras, ou cando, unha vez comezadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licenza antes de que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concedente.
2.-Transcorrido o prazo de caducidade, quedará sen valor nin efecto algún a autorización obtida, salvo que anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licenza orixinaria.
Artigo 13.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo dispón o artigo 11 do R.D. Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a regulación contida nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenrolen.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno do Concello de Touro en sesión celebrada o día __, comezará a aplicarse a partires do día 1 de xaneiro do 2012, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.