Rianxo - Ordenanza fiscal núm. 19, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, asnelos, andamios e outras instalacións análogas
Artigo 1.º .-Natureza e fundamento
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 20 e 58 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construcción, refugallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 2.º .-Feito imponible
Constitúe o feito imponible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal polos conceptos que se sinalan no título da taxa e outros análogos como guindastres para a construcción.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos
Artigo 4.º .-Responsables
- Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria
1. Quedará fixada en 0,36 euros/m²/día.
Mínimo a pagar: 1,44 euros/día .
2. Para grúas de construcción quedará fixada en 0,72 euros/ m²/día
Mínimo a pagar: 2,16 euros/día .
3. Por ocupación con camións-grúa, camións-bomba, grúas autoelevadoras, etc. aplicarase unha tarifa de 15,45 euros/día ou fracción.
1.- A presente modificación da Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 27 de outubro de 2011.
2.- O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro 2012
Artigo 6.º .-Beneficios fiscais
Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 7.º .-Percepción
Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:
- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento.
- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.
Artigo 8.º .-Liquidación
- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.
- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou co padrón anual de exaccións municipais.
- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.º .-Ingreso
O pagamento desta taxa realizarase:
- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
- Nas liquidacións por recibo ou padrón, nas datas e entidades financeiras ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.
Artigo 10.º .-Infraccións e sancións
Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento.
Artigo 11.º .-Normas de xestión
- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do término municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo.
- No caso de se denega-las autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.
- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.