Aranga - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ALCANTARILLADO
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
Artigo 2.-Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de evacuación de auas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal e o seu tratamento para depuración.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario, usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.
2. Terán a condición de suxeitos pasivos, substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais, que poderán repercutir as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.2 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades, ou sindicos, interventores o liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xerall, nos supostos e cos alcances que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
A cota tributaria a exisir pola prestación do servicio, inclúe a cota de vertido, a cota de alta e a cota de enganche, será a seguinte:
- Cota de vertido:
Vivendas: 21,00 € trimestrais.
Resto de locais: 30,00 € trimestrais.
A estas cotas engadiráselles o IVE correspondente.
- Cota de alta: 100,00 € que se aboarán ao darse de alta no servizo.
- Cota de enganche, que inclúe a acometida: clip de conexión, tubería para saneamento de pared compacta de 160 mm de diámetro e profundidade máxima de 1,50 m, arqueta de conexión con tapa de fundición de 400 X 400 mm, excavación, recheo e reposición de pavimento no seu caso.
Segundo o tramo: 480,00 € ata os 10 m.
580,00 € ata os 20 m.
680,00 € ata os 30 m.
A estas cotas engadiráselles o IVE correspondente.
A partir da lonxitude de 30 m, profundidades superiores aos 1,50 m ou diámetros da tubería superiores a 160mm exisirase estudo particular co orzamento concreto que será aboado polo particular.
Artículo 6.-Excenciones y bonificaciones.
Non se aplicarán bonificacións, exencións nin reduccións para a determinación da débeda. Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 7.-Devengo.
A taxa devengarase cando se firme o contrato que inicie a prestación do servizo pertinente, que non se realizará sen que previamente se efecturara o pago das taxas de alta municipais correspondentes e os importes das facturas de conexión á rede.
Establecido o servizo a taxa devengarase o un de enero de cada ano e o período impositivo comprenderña o ano natural, salvo os caso de inicio o cese do servizo, nos que a taxa prorratearase semestralmente.
Artigo 8.-Liquidación e recaudación.
1.As tarifas liquidaranse trimestralmente.
2. O periodo voluntario de cobranza será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan ao cobro os recibos, efectuándose o pago polo obrigado.
3. A deuda poderá exisirse polo procedemento administrativo de apremio, segundo o establecido no regulamento xeral de recaudación.
4. O pago da taxa efectuarase obrigatoriamente mediante domiciliación bancaria dos recibos.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
Nesta materia estarase ao establecido nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e nas disposicións concordantes, así como na normativa de desenvolvemento.
Artigo 10.-Normas de xestión.
As persoas ou entidades interesadas na prestación do servizo de sumidoiros que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar solicitude por escrito, na que se detalle o lugar para o que se solicita e demais requisitos que exisa o concello.
Unha vez autorizada a prestación do servizo entenderase prorrogado mentras non se presente a declaración de baixa do interesado.
Cando remate a necesidade do servizo por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble, os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no padrón da taxa e surtirá efectos ao final do período da súa presentación.
Disposicion final.
A presente ordenanza fiscal, unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor unha vez de conformidade co artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei reguladora das facendas locais e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2012, continuando vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.