Rianxo - Ordenanza fiscal núm. 12, reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1.º .-Natureza e fundamento

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 20 e 58 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa por entradas de vehículos a través das beiravías e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outros usos similares.

Artigo 2.º .-Feito imponible

Constitúen o feito imponible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal con entradas de vehículos a través das beiravías e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outras reservas análogas.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos

Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, consonte algún dos supostos citados no artigo segundo.

- Serán suxeitos pasivos substitutos do contribuínte desta taxa os propietarios dos terreos e locais ós que dean acceso ditas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4.º .-Responsables

- Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria

A.   Garaxes de uso particular de 1 a 3 prazas:

Zona A: 17,40 euros

Zona B: 15,85  “

Zona C: 15,85   “

Zona D: 14,27   “

B.   Garaxes de uso particular de 4 a 6 prazas:

Zona A: 19,80euros

Zona B: 18,23   “

Zona C: 18,23    “

Zona D: 15,85    “

C.   Garaxes de uso particular de 7 a 20 prazas:

Zona A: 23,76 euros

Zona B: 21,39   “

Zona C: 21,39    “

Zona D: 18,23   “

D. Garaxes de uso particular de 21 prazas ou máis:

Zona A: 27,73 euros

Zona B: 23,76    “

Zona C: 23,76    “

Zona D: 21,39    “

E.Garaxes, industrias, talleres e similares:

Zona A: 26,95 euros

Zona B: 24,58  “

Zona C: 24,58  “

Zona D: 23,36   “

F.   Reservas para carga e descarga ata un máximo de catro horas día en día laboral:

Zona A: 21,39 euros

Zona B: 19,80    “

Zona C: 19,80    “

Zona D: 18,23    “

Para tal efecto determínanse as seguintes zonas:

A.   Inclúe o núcleo urbano de Rianxo.

B.   Inclúe o núcleo urbano de Taragoña.

C.   Inclúe o núcleo urbano de Asados.

D.   Inclúe o resto do municipio.

1.- A presente modificación da Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 27 de outubro de 2011.

2.- O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro de 2012”.

Artigo 6.º .-Beneficios fiscais

Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 7.º .-Percepción

Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:

- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento.

- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.

Artigo 8.º .-Liquidación

- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.

- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou co padrón anual de exaccións municipais.

- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

Artigo 9.º .-Ingreso

O pagamento desta taxa realizarase:

- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.

- Nas liquidacións por recibo ou padrón, nas datas e entidades financeiras ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións

Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento.

Artigo 11.º .-Normas de xestión

- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termino municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo.

- No caso de se denega-las as autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.

- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.

- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

Disposición final

1.- A presente modificación da Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión extraordinaria celebrada o 23 de outubro de 2008.
2.- O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro de 2009.