Negreira - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA OCUPACIÓN TEMPORAL DE ESPAZOS EXTERIORES CON MESAS, CADEIRAS, VELADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS QUE CONSTITUAN ACTIVIDADE DE HOSTELERÍA

Publicación provisional: 05/12/2011 BOP Nº: 231
Publicación definitiva: 10/02/2012 BOP Nº: 29
Aplicable dende: 28/02/2012

TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERÁIS

Capítulo I

1. Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo 1.º .

As presentes normas teñen por obxecto establecer o réximen técnico e xurídico a que debe someterse o aproveitamento de terreos dentro do termo municipal de Negreira, de dominio público, limítrofes a establecementos de hostelería mediante a súa ocupación temporal con terrazas de mesas, cadeiras, veladores ou instalacións análogas que constitúan complemento da actividade que se ven exercendo no interior de ditos locáis.

Aqueles terreos de dominio público sobre os que recaia competencia doutras administracións ou institucións de carácter público, sobre os que se pretendan ubicar as instalacións anteriormente definidas, se suxeitarán en todo a as determinacións e condicións da presente ordenanza, sen prexuizo das propias condicións que se impoñan por ditas administracións no ámbito das súas respectivas competencias.

2. Definicións.

Artigo 2.º .

Os aproveitamentos obxecto da presente ordenanza poderán efectuarse nalgunha das seguintes modalidades:

1.-Ocupación mediante terraza sen cubrir anexa ó establecemento hosteleiro, ubicada en espazo exterior, de dominio público, limítrofe ó baixo do inmoble onde esté situado dito establecemento.

2.-Ocupación mediante terraza cuberta anexa o establecemento hosteleiro, ubicado en espazo exterior, de dominio público, limítrofe ó baixo do inmoble onde esté ubicado dito establecemento.

3.- Ocupación en zonas destinadas a estacionamento.

Artigo 3º.

1.-Ós efectos da presente ordenanza, entenderase, en xeral, por terraza, aquela zona de solo de dominio público, cuberta ou sin cubrir, susceptible de aproveitamentos relacionados con actividades propias da hostelería, mediante a colocación de mesas, cadeiras ou cualquer outro elemento similar, colocados en liña de fachada ou fronte ó establecemento, como zona de extensión ou ampliación da actividade que se exerce dentro de ditos establecementos. Ditas instalacións terán, en todo caso, carácter temporal.

2.-Prohíbese a colocación nas terrazas de: frigoríficos, máquinas expendedoras de productos, máquinas de xogos ou similares.

Artigo 4.º .

Con carácter xeral, as ocupacións temporais de terreos definidas no artigo 2 da presente ordenanza, suxeitaranse en todo caso a previa licenza municipal.

Artigo 5.º .

No son obxecto desta ordenanza a instalación de quioscos ou instalacións permanentes en espazos exteriores de dominio público municipal. Ditas ocupacións se suxeitarán a previa concesión administrativa.

Artigo 6.º .

Con carácter xeral as instalacións suxeitaranse ás prescripcións a que se refire a presente ordenanza en canto a sua ubicación, réxime de distancias e protección do entorno urbán, non permitíndose en ningún caso colocar en torno ou nas proximidades armazóns, estanterías, cortaventos, plásticos ou calquer outro elemento que poida dificultar o tránsito de persoas ou supoña deterioro do medio urbán. O mobiliario e os elementos decorativos que pretendan instalarse para o exercicio das actividades regradas nas presentes normas serán homologadas polo Departamento de Servizos Técnicos.

Artigo 7.º .

1.-Non se permitirá a instalación e uso de aparatos de reproducción de música nas terrazas, excepto en supostos de terrazas cubertas, nos que se autorizará a utilización de música ambiental ou fio musical, ata un tope de 55 decibelios.

Capítulo II.-Modalidades de aproveitamentos suxeitos a licenza municipal

Artigo 8.º .

Os aproveitamentos temporais de espazos exteriores obxecto da presente ordenanza realizaranse baixo a modalidade de terrazas temporais en terreos de dominio público.

Trátanse das ocupacióms temporais de terreos de dominio público municipal con terraza de veladores anexos a establecementos ubicados no inmoble ou local, mediante a colocación de mesas, cadeiras, parasois ou calquer outro elemento análogo, en liña de fachada ou fronte o establecemento e sen barra de servizo distinta da do propio establecemento.

Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, en determinadas circunstancias poderá autorizarse con carácter temporal, previa valoración técnica e puntual do proxecto presentado polos interesados, a modalidade de terrazas cubertas en prazas e rúas peatonais con arranxo ás condicións específicas que se lle indiquen en cada suposto polos Servizos Técnicos Municipais ou a Policía Local, e as xerais que se sinalan na presente ordenanza.

Artigo 9.º .

Uniformidade das terrazas cubertas.

A instalación de terrazas cubertas nunha praza ou rúa peonil farase extensiva á totalidade dos locais ou establecementos ubicados en dito emprazamento, non permitíndose por razóns de estética a alternancia con terrazas sen cubrir.

Artigo 10.º .-Obrigas económicas.

Os aproveitamentos obxecto da presente ordenanza estarán igualmente suxeitos ó pago das taxas establecidas nas respectivas ordenanzas fiscais, en función do tipo de aproveitamento e titularidade de emprazamento,

Capítulo III.-Prohibicións e limitacións

Artigo 11.º .

1.-Con carácter xeral, as instalacións temporais a que se refiren a presente ordenanza suxeitaranse ás prescripcións establecidas en canto a súa ubicación, réxime de distancias e protección do entorno urbán, non permitíndose en ningún caso colocar calquer outro elemento que non sexa o mobiliario de hostelería detallado no artigo 3 e expresamente autorizado.

No suposto de terrazas cubertas, poderán instalarse tamén, previa valoración dos Servizos Técnicos Municipáis ou a Policia Local: luz, calefacción, aire acondicionado, etc., sempre con total respeto ó medio ambiente e sen ruidos o exterior, que en todo caso deberán ser expresamente autorizados.

2.-O mobiliario e os elementos decorativos que pretendan instalarse, nos terreos de dominio público municipal, para o exercizo das actividades reguladas nas presentes normas, axustaráse en canto as suas características ás contidas na presente ordenanza.

TÍTULO II.-CARACTERÍSTICAS DAS INSTALACIÓNS

Capítulo I.-Condicións das instalacións.

Artigo 12.º .

Con independencia do disposto nos artigos anteriores, as instalacións, que afecten a emprazamentos de dominio público, deberán cumprir as seguintes condicións:

1.-O ancho mínimo das beirarrúas, sobre as que se permite a instalación de terrazas, será de tres metros.

2.-O ancho de beirarrúa libre para o paso de peóns, unha vez instalada a terraza, será o que se sinale nas condicións da licenza.

3.- A autoridade municipal competente poderá denegar a solicitude destas instalacións temporais en calquera dos seguintes supostos:

* Que supoña prexuizo para a seguridade viaria (disminución da visibilidade, distracción para o conductor, etc.) ou dificulte sensiblemente o tráfico de peóns.

* Que poda incidir sobre a seguridade (evacuación) dos edificios e locais próximos

* Que resulte inadecuada ou discordante co seu entorno ou dificulte sensiblemente o tráfico de peóns.

4.-Nas rúas peonís e prazas, as solicitudes de terraza sen cubrir, resolveranse según as peculiaridades de cada caso en concreto e se disporán, de xeito que exista un paso mínimo de 3,50 metros.

5. -Fora do horario autorizado para o exercicio da actividade establecida na respectiva licenza de apertura de establecemento, o titular da licenza de terraza virá obrigado a retirar do exterior os elementos das terrazas: mesas, cadeiras, parasois, que serán recollidas diariamente no interior do local a que pertenza a terraza ou en local habilitado para tal finalidade polo interesado.

No suposto de terrazas cubertas, durante a vixencia da licenza poderase deixar o mobiliario dentro de dita instalación.

Baixo ningunha circunstancia permitiranse fora do recinto acotado para ditas terrazas, a colocación de mesas, cadeiras e mobiliario de hostelería en xeral; esta prohibición faise extensiva ás terrazas sen cubrir.

6.-A zona ocupada pola terraza, deberá manterse en permanente estado de limpeza, correspondendo ó titular da licenza a limpeza da superficie ocupada; a limpeza que deba efectuar o servizo municipal de limpeza, en substitución do titular da licenza, liquidarase polo procedemento previsto para as execucións subsidiarias.

7.-Queda expresamente prohibida a celebración de espectáculos, actuacións musicais e, en xeral, a producción de sons amplificados nas terrazas.

8.-Non poderán efectuarse anclaxes no pavimento, permitíndose as fixacións non definitivas.

9.-As concesións de licenzas de terrazas onde exista mobiliario urbán, serán discrecionais.

10.-Deberán, en todo caso, deixarse completamente libres para a súa utilización inmediata, si fora preciso, polos servizos públicos correspondientes:

- Os accesos a inmobles.

- As entradas a galerías visitables.

- As bocas de rega.

- Os hidrantes.

- Os rexistros de rede de sumidoiros.

- As saídas de emerxencia.

- As paradas de transporte público.

- Os aparatos de rexistro e control de tráfico.

- Os accesos a garaxes.

O incumprimento das normas contidas nos apartados anteriores, dará lugar á revogación da licenza.

Capítulo II.-Actividades excluídas

Artigo 13.º .

As presentes normas non serán de aplicación ós actos que impliquen ocupación de terreos de domino público ou de dominio privado que se realicen con ocasión de celebración de feiras, festexos, actividades deportivas e análogas, que se suxeitarán as súas normas específicas.

Capítulo III

Outras condicións

Artigo 14.º .

1.-Tódalas as licenzas se outorgarán deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuizo do de terceiro.

2.-A licenza outorgarase a quen ostente a titularidade da licenza de apertura de establecemento de hostelería que linde co espazo exterior que se pretende ocupar. Dita licenza entenderase como complementaria á do establecemento limítrofe á terraza, polo que poderán ser obxecto de inspección conxunta ou separada, afectando a decisión municipal a todo o conxunto ou só á parte correspondente a terraza.

3.-No caso de falecemento do titular, subrogaranse na mesma seus herdeiros, sempre que se manteña a licenza para a actividade do establecemento e a terraza; dita subrogación deberá ser solicitada, aportando o interesado a documentación que acredite a súa condición de herdeiro e xustificando o cambio de titularidade da licenza para a actividade do establecemento anexo á terraza.

4.-Cando xurdiran circunstancias imprevistas ou sobrevenidas de urbanización, así coma de implantación, supresión ou modificación de servizos públicos, o Concello, mediante resolución motivada, poderá revogar a licenza concedida sen dereito a indemnización algunha.

5.-Igualmente poderá requerirse a retirada temporal das terrazas con motivo de eventos e obras municipais, polo tempo que sexa necesario, sen dereito a indemnización algunha.

TÍTULO III.-OBRIGAS E BENEFICIARIOS

Capítulo I.-Obrigas do titular da licenza

Artigo 15.º .

Será obriga do titular da licenza de terrazas:

1.-Manter éstas e cada un dos elementos que as compoñen nas debidas condicións de limpeza, seguridade e ornato. A tal efecto, será requisito indispensable para o titular da instalación dispor dos correspondentes elementos de recollida e almacenamento dos residuos que poidan ensuciar o espazo exterior.

2.-Non se permitirá almacenar ou apilar productos ou materiais xunto a terrazas con veladores así coma residuos propios das instalacións, tanto por razóns de estética e decoro como de hixiene.

3.-Tampouco se permitirá almacenar o mobiliario da terraza, excepto cando se trate de terrazas cubertas, debendo ser retirado nos termos establecidos no artigo 12.5 da presente ordenanza.

4.-Non poderán afectarse bens, obras ou servizos municipais, polo que unha vez retirada a instalación ou a terraza, se resultara afectado o pavimento pola instalación, serán responsables dos danos ocasionados, debendo repor as cousas ó seu estado inicial nun prazo máximo de sete días hábiles.

5.-Igualmente serán responsables dos danos ocasionados ás personas ou ás cousas con motivo da instalación da terraza, retirada da mesma e durante o período de vixencia da licenza, para o cal suscribirán a correspondente póliza de responsabilidade civil que cubra en dito período ou con motivo da instalación ou retirada da terraza, posibles danos ás persoas ou ás cousas, dos que en todo caso serán responsables; serán igualmente responsables do mantemento e conservación de dita instalación.

6.-O titular da licenza deberá ter en todo momento a disposición dos inspectores ou Axentes da autoridade, tanto a licenza para o exercicio da actividade como o plano debidamente selados relativo á instalación que se autoriza, nos que se indique a superficie e mobiliario autorizado e o sistema de ubicación autorizado.

TÍTULO IV.-RÉXIME XURÍDICO. NORMAS XERAIS

Capítulo I.-Tramitación das peticións de licenzas

Artigo 16.º .

As licenzas tramitaranse con arranxo ó procedemento establecido na lexislación de réxime local, e no expediente incluirase informe técnico e xurídico, conforme establecen a L.O.U.G.A e o Regulamento de Disciplina Urbanística.

Capítulo II.-Procedemento, determinación de superficie a ocupar, obriga de resolver.

Artigo 17.º .

Procedemento.

O procedemento de determinación dos espazos susceptibles de licenza municipal leva aparellado a presentación por parte do interesado da correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

1.-Suposto terrazas sen cubrir:

Nas instancias deberá facerse constar de xeito detallada o seguinte:

- Elementos de mobiliario urbán que se pretendan instalar, que deberán reunir as características que para ese emprazamiento se reflicten na presente ordenanza.

a) Se se trata da primeira instalación, deberáse achegar a seguinte documentación:

- Licenza de actividade e funcionamento do establecemento a nome de quen presente a solicitude; a licenza deberá estar en vigor e non atoparse incursa en expedientes de disciplina urbanística que afecten á licenza de apertura do local; non obstante, poderán solicitar estas licenzas os que estén tramitando a licenza de apertura, se ben, en tal caso, a licenza definitiva só se lle concederá cando o interesado obteña a licenza de apertura.

- Plano de situación, acotado o punto de referencia máis próximo.

- Plano de distribución acotado da terraza que se pretende, no que se reflictan claramente os elementos de mobiliario que se van a instalar.

- Plano de perspectiva

- Plano das instalacións

- Presuposto total das obras e instalacións que se pretendan efectuar, así coma do mobiliario.

- Memoria explicativa na que se indique o tipo de mobiliario que se vai a instalar así como a súa clase, natureza, número, dimensións e colocación destos.

- Xustificante de subscripción dunha póliza de responsabilidade que cubra posibles danos ás personas ou ás cousas con motivo da instalación, retirada e durante o período de vixencia da licenza.

b) Se se trata dunha instalación xa realizada en períodos anteriores, non será necesario presentar a documentación anteriormente sinalada; nestes supostos, o interesado fará constar na petición ditas circunstancias, sinalando que se mantén o mesmo titular, a mesma actividade e mesmas condicións da instalación.

c) No suposto contemplado no apartado a) do presente apartado, non poderá realizarse a instalación en tanto non se conceda a licenza; no suposto contemplado no apartado b), a instalación deberá ser retirada nos termos establecidos no artigo 18, non podendo instalarse en tanto non se conceda nova licenza.

2.-Suposto de terrazas cubertas:

Nestos supostos, os interesados deberán presentar xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Se se se trata da primeira instalación:

- Proxecto, confeccionado polo técnico competente, da instalación que se pretende na praza ou rúa peonil; dito proxecto incluirá: presuposto total das obras e instalacións que se pretendan efectuar así coma do mobiliario, establecementos afectados, plano de detalle da estructura cuberta e anexo de cálculo da estrutura da cuberta subscrito por técnico competente, detallando tipo de anclaxe; no suposto de que polo Departamento de Servizos Técnicos municipais, dito anclaxe implicase a necesidade de perforar o firme, deberá comprometerse formalmente á restitución do mesmo a sua costa, unha vez retirada a instalación; deberá indicarse igualmente o tipo de mobiliario que se vai a instalar así como a súa clase, natureza, número, dimensións e colocación destes.

- Licenza de actividade e funcionamento dos establecementos englobados no proxecto a nome dos que presenten a solicitude; a licenza deberá estar en vigor e non atoparse incursa en expedientes de disciplina urbanística que afecten á licenza de apertura do local; non obstante, poderán solicitar estas licenzas os que estén tramitando a licenza de apertura, se ben, en tal caso, a licenza definitiva só se lle concederá cando o interesado obteña a licenza de apertura.

- Xustificante de subscrición dunha póliza de responsabilidade que cubra posibles danos ás personas ou ás cousas con motivo da instalación, retirada e durante o período de vixencia da licenza.

b) Se se trata dunha instalación xa realizada en períodos anteriores, non será necesario presentar a documentación anteriormente sinalada; nestos supostos, os interesados farán constar na petición ditas circunstancias sinalando que se manteñen os mesmos titulares, a mesma actividade e mesmas condicións da instalación.

No suposto contemplado no apartado a) anterior, non poderá realizarse a instalación en tanto non se conceda a licenza; no suposto contemplado neste apartado b), sempre que esté dentro do período de prórrogas tácitas contemplado no artigo 18 da presente ordenanza para este tipo de instalacións, non será necesaria a retirada da instalación, sempre que se manteñan os titulares e as actividades iniciais; finalizado o período de prórrogas tácitas, deberase retirar a instalación, nos termos establecidos no precitado artigo.

3.- No suposto de instalación en zonas destinadas a estacionamento, a documentación a presentar e condicións a observar serán as seguintes;

a) Se se trata da primeira instalación, deberáse achegar a seguinte documentación:

- Licenza de actividade e funcionamento do establecemento a nome de quen presente a solicitude; a licenza deberá estar en vigor e non atoparse incursa en expedientes de disciplina urbanística que afecten á licenza de apertura do local; non obstante, poderán solicitar estas licenzas os que estén tramitando a licenza de apertura, se ben, en tal caso, a licenza definitiva só se lle concederá cando o interesado obteña a licenza de apertura.

- Plano de situación, acotado ó punto de referencia mais próximo.

- Plano de distribución acotado da terraza que se pretende, no que se reflictan claramente os elementos de mobiliario que se van a instalar.

- Plano de perspectiva

- Plano das instalacións

- Presuposto total das obras e instalacións que se pretendan efectuar, así coma do mobiliario.

- Memoria explicativa na que se indique o tipo de mobiliario que se va a instalar así como a súa clase, natureza, número, dimensións e colocación destes.

- Xustificante de subscripción dunha póliza de responsabilidade que cubra posibles danos ás personas ou ás cousas con motivo da instalación, retirada e durante o período de vixencia da licenza.

b) Se se trata dunha instalación xa realizada en períodos anteriores, non será necesario presentar a documentación anteriormente sinalada; nestes supostos, o interesado fará constar na petición ditas circunstancias, sinalando que se mantén o mesmo titular, a mesma actividade e mesmas condicións da instalación.

En todo caso, deberán cumprirse as seguintes condicións:

1.- Permitirá o paso de persoas, de non ser así, habilitarase paso alternativo.

2.-A superficie susceptible de ser ocupada, será con carácter xeral a da beirarrúa colindante co establecemento, salvo en supostos en que pola estreiteza da vía ou outras circunstancias poda ser autorizada nas proximidades do local, sempre que non prexudique ós intereses de establecementos colindantes ou de particulares. En todo caso, de exceder a fronte da fachada do establecemento soporte da actividade, será necesaria autorización por escrito dos colindantes ós que se lle ocupe total ou parcialmente a fachada.

3.- Os pasos de peóns deben permanecer totalmente libres e despexados, así coma as ramplas de accesibilidade.

Capítulo III.-Vixencia das licenzas e retirada das instalacións.

Artigo 18.º .

1.-As licenzas solicitaránse con arranxo ó procedemento establecido na presente ordenanza, dentro do primeiro trimestre do ano en curso, salvo cando se trate de locais cuxas licenzas de apertura fosen concedidas fora de dito período, e concederán para o período que se sinale de dito ano. Finalizado dito período, deberá proceder á retirada do mobiliario e instalacións nun prazo máximo de corenta e oito horas.

O feito de ter sido titular de licenza en situacións anteriores non xera para o interesado dereito algún en posteriores peticións.

2.-Cando se trate de terrazas cubertas e sempre que se manteña a actividade e titular inicial, a fin de compensar os gastos que supoñan as propias instalacións, as conduccións de luz, calefacción etc., autorizaranse prórrogas tácitas anuais, sin que o período de vixencia e as prórrogas sucesivas poda exceder de vinte anos.

Finalizado o período de vixencia destas instalacións, procederase ó desmontaxe da mesma nos oito días seguintes, deixando o emprazamento en perfecto estado de conservación.

Non obstante, poderase solicitar nova licenza de instalación de terraza cuberta, revestindo carácter de anualidade, seguindo o procedemento establecido na presente ordenanza, sin que o feito de ter sido titular da licenza en situacións anteriores xere para o interesado dereito algún.

Cápitulo IV.-Réxime Sancionador.

Artigo 19º. Infraccións.

1) Será infracción administrativa o incumprimento das obrigas, prohibicións e requisitos establecidos na presente Ordenanza, así como das condicións impostas nas licenzas e autorizacións administrativas outorgadas ó seu amparo.

2) Responsabilidade: serán responsables das infraccións a esta Ordenanza as persoas físicas ou xurídicas titulares das licenzas e autorizacións administrativas da ocupación temporal de espazos exteriores á que se refire esta Ordenanza.

Artigo 20º. Clasificación das infraccións.

1.- As infraccións a esta Ordenanza clasificaranse en moi graves, graves e leves.

Artigo 21º. Infraccións leves

Son infraccións leves:

1) A ocupación con maior número de veladores ós autorizados en menos dun dez

por cento.

2) Non instalar elementos fixos ou móviles e deixalos apilados na vía pública ou as cadeas, correas ou outros dispositivos utilizados para asegurar a terraza durante a noite.

3) Os incumprimentos da presente Ordenanza que non estén calificados como graves ou moi graves.

Artigo 22º. Infraccións graves

Son infraccións graves:

a) A ocupación con maior número de veladores ós autorizados en máis dun dez por

cento e en menos dun trinta por cento.

b) Non instalar tódolos veladores autorizados, deixando parte deles apilados na vía pública durante o exercicio da actividade.

c) Non manter a terraza e o seu ámbito de influencia nas debidas condicións de

limpeza, seguridade e ornato.

d) Colocación na terraza de aparatos ou equipos amplificadores ou reproductores de imaxe, son ou vibracións acústicas.

e) Non respectar os horarios de peche e apertura da terraza de xeito grave.

f) A comisión de tres faltas leves no periodo dun ano.

Artigo 23º. Infraccións moi graves

Son infraccións moi graves:

A. A instalación de terraza sen licenza municipal.

B. A instalación de calquer elemento na terraza sen a debida autorización municipal, sen estar homologado cando elo sexa preceptivo, ou sen reunir os requisitos de colorido e outros esixidos na presente Ordenanza.

C. A instalación de terraza en emprazamento distinto ó autorizado.

D. A ocupación con maior número de veladores dos autorizados en máis dun trinta por cento.

E. A instalación de terraza de xeito que se obstaculicen zonas de paso peonil, ou acceso a centros ou locais públicos ou privados e o tránsito de vehículos de emerxencia, así coma cando non se respecte o horario de carga e descarga.

F.A falta de recollida diaria da terraza.

G. A falta de retirada da terraza ó finalizar a tempada.

H. Non respectar os horarios de peche e apertura da terraza de xeito reiterada e grave.

I. Ceder por calquer título ou subarrendar a explotación da terraza a terceiras personas.

J. A negativa a recoller a terraza despois de ser requerido ó efecto pola Autoridade Municipal ou os seus Axentes, con motivo da celebración dalgún acto na zona de ubicación ou influencia da terraza.

K. Desobedecer as ordes dos Servizos Municipais, así coma obstruir a súa labor inspectora.

L. A comisión de dúas infraccións graves nun periodo dun ano.

Artigo 24º. Das medidas cautelares.

A. As medidas cautelares que se poidan adoptar para esixir o cumprimento da presente Ordenanza consistirán na retirada do mobiliario e demáis elementos da terraza nos supostos establecidos no presente artigo, así coma o seu depósito nas dependencias municipais.

B. Potestade para adoptar medidas cautelares:

a) O órgano competente para iniciar o procedemento sancionador, por propia iniciativa ou a proposta do Instructor, poderá adoptar motivadamente as medidas cautelares de carácter provisional que sexan necesarias para asegurar a eficacia da resolución final que puidese recaer.

b) Excepcionalmente, a Policía Local, por propia autoridade, está habilitada para adoptar as medidas cautelares que foran necesarias para garantir o cumprimento da presente Ordenanza, nos seguintes supostos:

1. Instalación de terraza sen licenza municipal.

2. Ocupación de maior superficie da autorizada, coa finalidade de recuperar a disponibilidade do espazo indebidamente ocupado para o disfrute dos peóns.

3. Cando requerido o titular ou representante para a recollida, retirada ou non instalación de terraza e se incumpra o ordenado pola Autoridade Municipal ou os seus Axentes nos supostos establecidos nesta Ordenanza.

Nestes supostos, os funcionarios da Policía Local requerirán ao titular ou persona que se atope ó cargo do establecemento para que proceda á inmediata retirada da terraza ou á recuperación do espazo indebidamente ocupado. De non ser atendido o requerimento, os funcionarios da Policía Local solicitarán a presencia dos servizos municipais que correspondan para que procedan a súa retirada, efectuando a correspondente liquidación dos gastos ocasionados pola prestación de dito servizo, según o establecido na Ordenanza Fiscal correspondente.

As medidas cautelares durarán o tempo estrictamente necesario e deberán ser obxecto de ratificación ou levantamento dentro dos dez días seguintes ó acordo de iniciación.

Artigo 25º. Sancións. As infraccións a esta Ordenanza darán lugar á imposición das seguintes sancións:

1) As infraccións leves: Multa de ata 300 euros e/ou suspensión temporal da licencia municipal de 1 a 7 días.

2) As infraccións graves: Multa de 301 a 600 euros e/ou suspensión temporal de la licencia municipal de 8 a 15 días.

3) As infraccións moi graves: Multa de 601 a 900 euros e/ou suspensión temporal ou definitiva da licenza municipal.

Capítulo V Procedemento Sancionador

Artigo 26º. Procedemento Sancionador.

En canto ó Procedemento Sancionador, éste axustarase ó disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, e Real Decreto 3.981/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do Procedemento para o exercicio da Potestade Sancionadora e demáis normativa específica de vixente aplicación.

Artígo 27º. Órgano competente.

Será órgano competente para iniciar o procedemento sancionador o Alcalde do Concello de Negreira ou Concelleiro en quen delegue.

A función instructora exercerase pola Autoridade ou funcionario que designe o órgano competente para a incoación do procedemento. Esta designación non poderá recaer en quen tivera competencia para resolver o procedemento.

Será órgano competente para resolver o procedemento o Alcalde-Presidente do Concello de Negreira ou Concelleiro en quen delegue.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

As licenzas para a utilización privativa ou aproveitamento especial constituido pola ocupación dos terrenos de uso público mediante a sÚa ocupación con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa para o servizo de establecementos de hostelería outorgadas con anterioridade á entrada en vigor da presente Ordenanza, deberán adaptarse ós preceptos da mesma no prazo de dous (2) meses dende a súa entrada en vigor.

DISPOSICIÓNS FINAIS

PRIMEIRA

Facúltase ó Alcalde-Presidente do Concello de Negreira para dictar as disposicións necesarias para desenvolver a presente Ordenanza, que se incorporarán como anexo á mesma.

SEGUNDA

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez que se publique completamente o seu texto e transcurrido o prazo de quince días (15) previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local.