Aranga - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TASA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ABASTECIMENTO DE AUGA POTABLE

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 19/12/2011 BOP Nº: 239
Aplicable dende: 01/01/2012

Artigo 1.- Fundamento e Natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e os artigos do 15 ao 19 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este concello de Aranga acorda a imposición e ordenación da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga potable que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de abastecemento de auga potable.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario, usufrutuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

2. Terán a condición de suxeitos pasivos, substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais, que poderán repercutir as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.

Artigo 4.- Responsables.

1.Responderán solidariamente das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.2 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades, ou sindicos, interventores o liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e cos alcances que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.- Cota Tributaria.

A presente taxa determina a súa cota incluíndo a cota de consumo, a cota de alta e a cota de enganche.

1.Cota de consumo: establécense as seguintes cotas mínimas de consumo por trimestre e aboado:

- Para vivendas: 30 m3/ trimestre.

- Para comercios, industrias e outros: 90 m3 / trimestre.

- Para explotacións agropecuarias: 140 m3/ trimestrais.

Do que resultan os seguintes tramos de consumo:

1.1. Tramos de consumo:

- As vivendas: ata 30 m3/ trimestre aboarán unha cota de consumo de 10,80 € ao trimestre.

- Os locais comeciais, industriais e outros: ata 90 m3/t rimestre aboarán unha cota de consumo de 36,00 € ao trimestre.

- As explotacións agropecuaris: ata 140 m3/ trimestre aboarán unha cota de consumo de 36,00 € ao trimestre.

1.2. Tramos de consumo que excedan das cotas mínimas de consumo fixadas no apartado 1 aboarán:

- Vivendas (uso doméstico): - De 30 m3 ata 90 m3/trimestre: 0,36 €/m3.

- a partir de 90 m3/trimestre: 0,50 €/m3.

- Explotacións agropecuarias, a partir de 140m3/trimestre :0,60€/m3.

- Locais comerciais, industriais e outros, a partir de 90 m3/trimestre: 0,60€/ m3.

A estas cotas de consumo engadiráselles o IVE correspondente.

2. Cota de alta: 100,00 € para vivendas e 130,00 € para o resto dos locais, que se aboarán ao darse de alta no servizo.

3.. Cota de enganche: que inclúe a acometida: ¿collarín de toma, válvula de calle, arquetilla, pezas de conexión, contador de 15 mm, caixa de aloxamento de contador e tubería de diametro de 1".

Esta cota aboarase segundo o tramo de lonxitude : 400,00 € ata os 10 m.

500,00 € ata os 20 m.

600,00 € ata os 30 m.

A estas cotas de enganche engadiráselles o IVE correspondente.

A partir dos 30 m de lonxitude, ou diámetros da tubaxe maiores dunha 1" , farase un estudo específico e comunicaráselle o orzamento previsto ao peticionario para a súa aceptación e pagamento.

Artigo 6.- Bonificacións e sancións.

Non se aplicarán bonificacións, exencións nin reducións para a determinación da débeda. Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 7.- Devengo.

A taxa devengarase cando se asine o contrato que inicie a prestación do servizo pertinente, que non se realizará sen que previamente se efectuase o pagamento das taxas de alta municipais correspondentes e os importes das facturas de conexión á rede.

Artigo 8.- Liquidación e recadación.

1. As tarifas liquidaranse trimestralmente.

2. O período voluntario de cobranza será de dous meses, que se contarán dende o día en que se poñan ao cobro os recibos, efectuándose o pagamento polo obrigado.

3. A débeda poderá esixirse polo procedemento administrativo de prema, segundo o establecido no Regulamento xeral de recadación.

4. Os pagamentos efectuaranse obrigatoriamente mediante domiciliación bancaria.

Artigo 9.- Infraccións e sancións.

Nesta materia estarase ao establecido nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e nas disposicións concordantes, así como na normativa de desenvolvemento.

Artigo 10.- Normas de xestión.

As persoas ou entidades interesadas na prestación do servizo de subministro de auga potable que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar solicitude por escrito, na que se detalle o lugar para o que se solicita e demais requisitos que esixa o concello.

Unha vez autorizada a prestación do servizo entenderase prorrogado mentres non se presente a declaración de baixa do interesado.

Cando remate a necesidade do servizo por cambio de propietario ou declaración de ruíña do inmoble, os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no padrón da taxa e surtirá efectos ao final do período da súa presentación.

DISPOSICIÓN FINAL.-

A presente Ordenanza fiscal, unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor, de conformidade co artigo 70.2, en relación co artigo 65.2 da Lei reguladora das facendas locais e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2012, continuando vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.