Mesía - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DA REDE DE SUMIDOIROS DO CONCELLO DE MESÍA
Artigo 1. Fundamento e réxime
Este Concello, conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.r) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa por Servizo de Sumidoiro, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.
Artigo 2. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de evacuación de excreto, augas negras e residuais mediante a utilización da rede de sumidoiro municipal.
Artigo 3. Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que ocupen ou utilicen por calquera clase de título, incluso en precario, as vivendas e locais onde se preste o servizo.
2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da taxa.
Artigo 4. Responsables
A responsabilidade, solidaria ou subsidiaria, esixirase, no seu caso, ás persoas ou entidades e nos termos previstos na Lei Xeral Tributaria e lexislación concordante.
Artigo 5. Cota tributaria
A cota tributaria pola prestación do servizo será de 14€ trimestrais
Artigo 6. Obriga de contribuír
1. O tributo devéngase, e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible, considerándose que comeza a prestación do servizo cando teña lugar a acometida efectiva á rede xeral, previa autorización ou sen ela, sen prexuízo das sancións que, no seu caso, procedan.
2. O servizo de evacuación de excreto, augas negras e residuais será de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia todos os inmobles encravados a distancia menor de cincuenta metros dalgunha arteria da rede de sumidoiro deberán estar dotadas do servizo, devengándose a taxa aínda cando os suxeitos pasivos non realicen a acometida da finca á rede xeral.
3. Unha vez incorporado o contribuínte ó correspondente Padrón fiscal, o devengo terá lugar o primeiro día de cada trimestre e o período impositivo comprenderá o trimestre natural.
Artigo 7. Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 8. Declaración, liquidación e ingreso.
1. Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións surtirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
2. As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse conxuntamente cos recibos correspondentes á taxa por subministro de auga. No caso de non dispoñer do mencionado servizo, farase, igualmente, por períodos trimestrais.
Disposición derradeira.
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día .tres de agosto de 2012, entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa