Frades - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DE PLANTACIÓNS FORESTAIS, DEPÓSITO, CARGA E TRANSPORTE DE MADEIRA DE TALA

Publicación provisional: 13/06/2001 BOP Nº: 137
Publicación definitiva: 13/06/2001 BOP Nº: 137
Aplicable dende: 15/10/2012

I. OBXECTO, DEFINICIÓN E ÁMBITO.-

ARTIGO 1: É obxecto da presente Ordenanza a regulación de plantacións forestais que se fagan con posterioridade á entrada en vigor da mesma.

1.1.- Para os efectos de aplicación desta ordenanza considérase corno actividade forestal, aquela que se desenvolve a partir do aproveitamento múltiple dos recursos que proporcionan os terreos nos que vexetan especies arbóreas, sexan de nacemento espontáneo, semente ou plantación, sempre que non sexan características de cultivo agrícola ou fosen obxecto do mesmo.

1.2.- 0 ámbito de aplicación desta ordenanza comprende os terreos clasificados como solo de protección forestal segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Comprende ademais o solo clasificado como de protección de espazos naturais e o solo apto para urbanizar, naqueles lugares onde exista masa forestal.

O solo urbano, o solo de núcleo rural e o solo apto para urbanizar onde non existan masas forestais, quedan fóra do ámbito de aplicación desta ordenanza, quedando ademais prohibido o propio uso forestal nestas clases de solo.

II. REPOBOACIÓNS FORESTAIS.-

ARTIGO 2.- Con carácter básico, a actividade forestal quedará suxeita ó cumprimento da lexislación sectorial en materia de montes, incendios, medio ambiente, estradas, augas, patrimonio ou calquera outra que afecte ás actividades aquí reguladas.

As árbores frutais, quedan exceptuadas da aplicación desta ordenanza.

Non terán a consideración de plantacións os cerramentos vexetais, que cando non sexan medianeiros deberán cumprir o establecido no art. 591 do Código Civil.

ARTIGO 3.- PROHIBICIÓNS EN MATERIA DE REPOBOACIÓN FORESTAL

Establécense os seguintes usos prohibitivos con carácter xeral:

a) Prohíbense as repoboacións forestais en solo urbano e núcleos rurais.

b) Prohíbense as repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prado ou pastos, con independencia da súa cualificación urbanística.

ARTIGO 4.- DISTANCIAS MÍNIMAS.-

1. As repoboacións forestais que linden con terreos situados en solo rústico de especial protección agropecuaria deberán gardar como mínimo, 10 metros de distancia respecto deles.

2. No caso de vías e camiños forestais, a xestión de biomasa vexetal farase, no estracto arbustivo e subarbustivo, nos 2 metros dende a arista exterior da vía ou camiño.

2 Establécense as seguintes distancias mínimas para as repoboacións forestais en todo tipo de terreos e respecto das edificacións que se indican:

a) Para plantación de eucaliptos, piñeiros, acacias e demais especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 de defensa contra incendios:

- Con vivendas, instalacións preexistentes, ou industrias perigosas: 50 metros dende o extremo da propiedade.

- Con autoestradas e autovías: 15 metros dende a arista exterior da vía de comunicación.

- Con estradas: 8 metros dende a arista exterior da vía de comunicación.

- Con terreos agrícolas, labradío ou praderías non clasificadas como monte: 10 metros.

b) Para o resto das especies:

- Con vivendas ou instalacións: 10 metros dende o extremo da propiedade.

- Con industrias perigosas: 25 metros dende o extremo da propiedade.

- Con terreos agrícolas, labradío ou praderías non clasificadas como monte: 10 metros.

3. Distancias nos montes:

- Eucalipto: 6 metros ou acordo entre propietarios.

- Resto de Especies: 2 metros ou acordo entre propietarios

ARTIGO 5.- FAIXAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN.-

Co obxecto de protexer especialmente o espazo rural e os núcleos de poboación dos incendios, establécense faixas de especial protección naqueles terreos dedicados a monte e as áreas colindantes que abranguen:

a) Na totalidade das parcelas que se atopen, fóra do monte, a unha distancia inferior a 50 metros do seu perímetro.

b) Nunha franxa de 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, obras ou instalacións industriais, eléctricas ou infraestruturas de transporte situadas a menos de 400 metros do monte. Ademais nos 50 metros desde a estrema da propiedade non poderá haber plantación de pino, eucalipto, acacia e demais especies estáblecidas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 de defensa contra incendios

ARTIGO 6.- OBRIGAS DOS PROPIETARIOS.

6.1.- Os propietarios están obrigados a manter en todo momento limpas de maleza, restos e xérmolos de árbores, as franxas de terreo resultantes das salvagardas das distancias mínimas indicadas nos artigos 4 e 5.

6.2.- Os propietarios están obrigados a manter en todo momento limpas as repoboacións forestais.

6.3.- Os propietarios dos terreos sitos nas franxas de especial protección están obrigados a manter as mesmas libres de vexetación accesoria a masa principal, e coa masa arbórea rareada.

ARTIGO 7.- CORTA DE PLANTACIÓNS.

7.1.- Para garantir a preservación do medio ambiente e a conservación dos camiños e pistas rurais, e sen prexuízo da necesaria obtención doutros permisos ou autorizacións, establécese a obrigatoriedade de dirixirse ao Concello e comunicar a corta de plantacións forestais con dez días de antelación cando se superen as 10 TM. A Comunicación da corta será efectuada pola persoa física ou xurídica responsable desta, debendo constar na mesma o seguinte.:

- Identificación do propietario e madereiro.

- Permiso de corta outorgado polo organismo correspondente en caso de ser este preceptivo.

- Especie de madeira obxecto da tala, así como as toneladas a extraer.

- Identificación da parcela afectada e a súa situación.

- Lugar de depósito e vías a utilizar para o transporte de madeira.

7.2.- A persoa ou empresa encargada da tala será responsable directa dos danos ocasionados nas vías públicas municipais como consecuencia do depósito, carga e transporte de madeira, quedando obrigado á reparación destes, incluso con limpeza e retirada de residuos. En todo caso estarán suxeitos ó disposto no Título III desta Ordenanza.

7.3.-

III.- REGULACIÓN DE DEPÓSITO, CARGA E TRANSPORTE DE MADEIRA DE TALA.

ARTIGO 8.- TAREFAS DE EXTRACCIÓN DE MADEIRA.

O presente artigo, regula en xeral, as tarefas de extracción de madeira, en particular a realización de operacións de depósito, carga transporte en vehículos con peso máximo autorizado a 5 TM de madeira procedente de tala.

8.1.- A realización das actividades descritas no parágrafo anterior dentro do Concello de Frades estará sometido a licenza.

8.2.- A licenza terá carácter anual, e deberá ser renovada antes de que remate o período de vixencia.

8.3.- As persoas físicas ou xurídicas que realicen tal actividade deberán inscribirse nun Rexistro establecido a este efecto, no que se fará constar a identificación do titular da explotación, a razón social, o N.I.F, e os vehículos adscritos á actividade, con indicación da matrícula e peso máximo autorizado. Terán acceso a dito rexistro aquelas persoas, físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que resulten lesionadas nos seus dereitos ou acrediten unha interese lexítima e directa.

A solicitude de acceso a dito rexistro farase presencialmente e por escrito aportando DNI e o motivo documentado do dereito lesionado ou da interese lexítima e directa.

No caso de que nas operacións de transporte interveñan vehículos de empresas distintas á que se encarga da tala estarán obrigados a inscribilos no rexistro e subrogalos a súa fianza, ou ben á que deposite a propia empresa de transporte.

8.4.- Independentemente da taxa que se fixe por tramitación da licenza correspondente na Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, os beneficiarios da licenza deberán presentar xustificantes de ter presentada fianza, por calquera dos procedementos establecidos pola lexislación vixente, polos importes que se indican nos parágrafos seguintes, para responder do amaño dos deterioros que puideran producir nos viais, e a limpeza dos restos das operacións de carga e depósito de madeira.

Establécense dúas categorías a efectos de fixación de fianzas:

a) Vehículos con peso máximo autorizado inferior a 16 Tm, 1600 euros.

b) Vehículos con peso máximo autorizado igual ou maior de 16 Tm, 3.100 euros.

8.5.- Sen prexuízo do cumprimento do establecido na lexislación urbanística, na de medio ambiente forestal, no Código de Circulación, e demais lexislacións, normas e/ou ordenanzas que poidan ser de aplicación, o posuidor dunha licenza para depósito, carga e transporte de madeira estará obrigado a reparación inmediata dos deterioros producidos nos viais, ou nas infraestruturas anexas, así como á retirada dos restos procedentes das operacións de carga e almacenamento.

ARTIGO 9.- USOS PROHIBIDOS

9.1.- Prohíbese o almacenamento de madeira nas vías públicas.

9.2.- Os depósitos de rolla, ramas ou podalla, non poderán invadir a zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas, nin menoscabar a funcionalidade das cunetas, tajeas, canalizacións, pontes ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa aos viais, nin supoñer risco para os usuarios da vía.

9.3.- Prohíbese o vertido dos residuos procedentes das operacións reguladas na presente Ordenanza en lugares non autorizados expresamente para elo.

9.4.- Transcorrido un prazo de sete días dende que se produzan os danos, a infracción ou a acumulación de restos, o Concello poderá realizar con cargo á fianza depositada, as operacións de amaño, correccións e/ou retirada de restos, sen prexuízo da sanción que proceda, e de exercer as accións oportunas para resarcirse dos custes, se non foran totalmente cubertos pola fianza.

IV.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

ARTIGO 10.- Para os efectos da presente Ordenanza será infracción administrativa o incumprimento das obrigas, das prohibicións e dos requisitos establecidos nela, así como das condicións impostas nas autorizacións administrativas ou-torgadas ó seu abeiro.

10.1.- Con carácter xeral, calquera incumprimento do contido da presente ordenanza considérase como infracción de carácter leve.

10.2.-Considerase infracción grave:

- O exercicio das actividades descritas na presente ordenanza sen estar en posesión da correspondente licenza.

- Cando o informe da Oficina Técnica Municipal valore en máis de 3.100 euros os danos ocasionados nas vías municipais.

- A reincidencia en dúas infraccións leves. Entenderase que existe reincidencia cando se cometan dúas faltas leves no prazo dun ano, contado dende a data na que adquiriu firmeza a resolución sancionadora.

10.3 .- As infraccións á presente ordenanza serán sancionadas do seguinte xeito:

- As leves, con multa de ata 750,00 euros.

- As graves, con multa de 750,00 euros ata 1.500,00 euros.

10.4.- Para a gradación das multas atenderase a súa repercusión, a súa transcendencia polo que respecta ao prexuízo causado, ó ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido na comisión da infracción.

ARTIGO 11.- En todo caso, o incumprimento reiterado ou a falta de pago das cantidades endebedadas en concepto de preceptos establecidos, unha vez exista resolución firme, suporá a anulación da licenza e, polo tanto, a baixa automática de tódolos vehículos derivados e polo tanto, a prohibición do exercicio das actividades regulamentadas na ordenanza no ámbito do territorio do Concello de Frades

11.1 Non se concederá nova licenza, renovación, nin novas anotacións no rexistro de vehículos ás persoas físicas ou xurídicas incursas en causa de anulación ou que manteñan débedas derivadas de expediente de sanción, aberto en cumprimento dos preceptos da presente ordenanza ata a conclusión do expediente ou liquidación dos importes pertinentes.

11.2.- A anulación da licenza implicaría a non concesión de nova licenza durante un período mínimo dun ano a contar dende a data na que exista resolución firme.

11.3.- Unha segunda anulación da licenza suporá a non concesión de renovación ou nova licenza de actividade á persoa física ou xurídica titular da mesma.

ARTIGO 12.- O exercicio da potestade sancionadora prevista nesta ordenanza requirirá a incoación e instrución do correspondente expediente administrativo de conformidade co disposto na Lei 30/92, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Rela Decreto 1398/1983, de 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

ARTIGO 13.- Advertido o incumprimento da presente ordenanza, e resolto o expediente sancionador, requirirase ó res-ponsable da infracción para que se axuste á normativa, outorgándolle un prazo máximo dun mes. Transcorrido o dito prazo sen que se dea cumprimento ó requirimento, sen necesidade de novas notificacións procederase á execución subsidiaria deste, cargándolle as costas á persoa responsable.

V.- DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia.