Vilasantar - PREZO PÚBLICO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Artigo 1.º.-Concepto.
De acordo co previsto no artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na nova redacción dada polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 31 de xullo, este Concello establece a taxa por utilización do pavillón polideportivo, que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
O feito impoñible ven constituído pola utilización de dito pavillón para a realización de actividades deportivas, principalmente, pero tamén para manifestacións artísticas, culturais ou actos públicos que sexan compatibles con aquelas.
Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.
Están obrigados ao pago:
a) As persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións, e
b) As entidades, organismos, asociacións, federacións, clubs, etcétera, en nome dos cales se teña solicitado a autorización.
Artigo 4.º.-Tarifas.
A tarifa a satisfacer será a seguinte:
A) Utilización do pavillón polideportivo:
¿ En actividades deportivas con emprego de iluminación pública:
▪ Sen taquilla: 4,20 euros por hora ou fracción.
▪ Con taquilla: 9,00 euros por hora ou fracción (para o uso desta modalidade é precisa previa autorización do alcalde).
¿ En actividaes deportivas sen emprego de iluminación pública:
▪ Sen taquilla: 2,40 euros por hora ou fracción.
▪ Con taquilla: 6 euros por hora ou fracción (para o uso desta modalidade é precisa previa autorización do alcalde).
¿ En actividades non deportivas con emprego de iluminación pública:
▪ 18,00 euros por hora ou fracción, cun máximo de seis horas diarias, independentemente de que haxa ou non taquilla.
¿ En actividades non deportivas sen emprego de iluminación pública:
▪ 12,00 euros por hora ou fracción, cun máximo de seis horas diarias, independentemente de que haxa ou non taquilla.
B) Utilización do campo de fútbol de herba:
¿ En actividades deportivas con emprego de iluminación pública:
▪ Sen taquilla: 10,00 euros por hora ou fracción.
▪ Con taquilla: 20,00 euros por hora ou fracción (para o uso desta modalidade é precisa previa autorización do alcalde).
¿ En actividades deportivas sen emprego de iluminación pública:
▪ Sen taquilla: 5,00 euros por hora ou fracción.
▪ Con taquilla: 20,00 euros por hora ou fracción (para o uso desta modalidade e precisa previa autorización do alcalde).
O Concello, por medio de resolución da alcaldía au acordo plenario, poderá esixir o depósito previo, para responder das indemnizacións por danos que se poidan producir no pavillón, así como outra garantía que se considera mencionada coa finalidade mencionada. Estes últimos depósitos poderanse constituír en metálico, aval bancario ou calquera outra forma autorizada pola lexislación de réxime local, e serán devoltos, no seu caso, unha vez quede demostrado, mediante os oportunos informes, que non se causaron danos ou que estes foron reparados.
Artigo 5.º.-Exencións e bonificacións.
Estarán exentos do pago do prezo público:
¿ Os centros de ensino público do municipio para impartir as clases de educación física.
¿ A celebración de campionatos escolares ou probas deportivas nas queparticipen xoves escolarizados neste Concello.
¿ As actividades organizadas ou promovidas polo Concello.
¿ As actividades propias das escolas deportivas.
¿ Os equipos federados do concello de Vilasantar, exclusivamente para a realización dos partidos regulamentarios e sempre que non cobren entrada.
¿ As actividades, sexan ou non deportivas, de marcado carácter benéfico, social ou cultural, promovidas por entidades sen fins de lucro de ámbito municipal.
Artigo 6.º.-Autorizacións.
As licencias serán concedidas polo alcalde segundo o procedemento pertinente que se tramitará de acordo co establecido no Regulamento do mesmo.
Artigo 7.º.-Cobranza.
O pago da taxa efectuarase nas oficinas municipais ou entidades financeiras, unha vez que polo órgano competente se teña aprobada a solicitude de utilización das instalacións.
O encargado será responsable de todo uso que se faga sen a correspondente licencia e xustificación de térense abonada a taxa por un importe ata o duplo da cantidade defraudada.
Artigo 8.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza reguladora, que consta de 7 artigos e unha disposición final, comezará a rexer despois de aprobada polo pleno e publicada integramente no BOP. A entrada en vigor producirase o día seguinte da publicación mantendo a vixencia ata que sexa derrogada ou modificada por acordo municipal ou por disposicións legais de rango superior.