Oroso - REGULAMENTO DA UTILIZACIÓN DOS LOCAIS MUNICIPAIS POLAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS,DEPORTIVAS, DE MAIORES E ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO MUNICIPAIS
Artigo 1. Beneficiarios
Poderán facer uso dos locais municipais aquelas asociacións que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións
Para acceder ao uso e necesario presentación da solicitude correspondente no Rexistro Municipal
Artigo 2. Actividades
1. Os espazos cedidos para o seu uso poderán ser utilizados polas entidades para aquelas funcións ou actividades que lle sexan propias, atendendo aos seus obxectivos estatutarios.
2. Un local pode ser cedido a unha soa entidade o a varias, de xeito que poidan usalo xeito compartido.
3. Calquera outra utilización diferente ás anteriores deberá ser autorizada polo Concello de Oroso.
Artigo 3. Mantemento dos locais municipais
1. As asociacións estarán obrigadas á conservación dilixente dos espazos de uso exclusivo e de uso común e en xeral de todo o inmoble, como tamén do mobiliario, respondendo dos danos que poidan ocasionar seus membros e usuarios, ben por acción ou por omisión, efectuando de forma inmediata e a o seu cargo, previa autorización do Concello, as reparacións necesarias. Este apartado non se aplicará no caso de que os deterioros sobreveñan ao local polo só efecto do seu uso e sen culpa da entidade ou polo acontecemento dun caso fortuito.
2. Corresponderá á entidade beneficiaria o mantemento e as reparacións dos bens mobles incluídos na cesión do uso. Velarán pola limpeza e orden. Despois de cada período de uso procederán a suá limpeza e ordenación do mobiliario e elementos interiores.
3. Facilitarase aos presidentes das asociacións as chaves correspondentes para a apertura e peche dos locais, que serán responsables da súa custodia e adecuado uso. Se absterán de realizar reproducións da mesma, salvo que o alcalde ou concelleiro delegado así o autorice expresamente. No caso de realizarse copias todas serán devoltas ao Concello ao término do período de uso dos edificios e locais.
4. La asociación estará obrigada ao cesamento temporal na súa actividade no local cando fora requirida polo Concello de Oroso, en aqueles supostos nos que se considere necesario para a celebración de actos municipais, ou aqueles que lle veñan impostos e sexan de inescusable cumprimento. Nese caso, a asociación deberá deixar o local perfectamente ordenado e sen elementos que dificulten a realización da actividade municipal.
Artigo 4. Actividades non permitidas.
1. No interior dos locais cedido e dentro do respecto á autonomía da asociación, non se poderán realizar actividades que contraveñan os principios de igualdade das persoas, polo que se prohíbe a realización de calquera acto de carácter violento ou que atente contra a dignidade persoal ou discrimine a individuos ou grupos por razón de raza, sexo, relixión, opinión, orientación sexual ou calquera outra condición o circunstancia persoal o social.
2. Queda prohibida a utilización dos espazos cedidos para a realización das actividades económicas que non se contemplen nos estatutos da asociación, especialmente aquelas consideradas como molestas, insalubres, nocivas o perigosas.
3. Non se pode contar con servicio de bar nestas instalacións, nin consumir alcohol, tabaco ou calquera outro tipo de drogas.
4. Non se poderán almacenar papeis, cartóns ni material inflamable que poida por en perigo a seguridade dos usuarios.
5. Non se poderá almacenar nos locais municipais ningún tipo de bebida alcohólica.