Oroso - REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL DO CONCELLO DE OROSO
INDICE
TÍTULO PRELIMINAR.
Disposicións xerais.
Artigo 1. Alcance do regulamento
Artigo 2. Fontes normativas
Artigo 3. Interpretación do ROM
TÍTULO II.
Dos grupos municipais.
Artigo 4. Constitución
Artigo 5. Requisitos
Artigo 6. Procedemento de constitución
Artigo 7. Coñecemento por parte do Pleno
Artigo 8. Situación de novos membros
Artigo 9. Portavoz
Artigo 10. Designación de membros en órganos necesarios ou complementarios
TÍTULO III.
Organización necesaria do Concello
Artigo 11. Órganos necesarios
Artigo 12. Atribucións dos órganos
CAPÍTULO I
O Pleno
Sección 1ª. Organización e funcionamento do Pleno
Artigo 13. Definición
Artigo 14. Atribucións
Artigo 15. Delegacións
Sección 2ª. Requisitos para a celebración das sesións
Artigo 16. Réxime xeral
Artigo 17. Tipos de sesións
Artigo 18. Sesións ordinarias
Artigo 19. Sesións extraordinarias
Artigo 20. Sesións extraordinarias de carácter urxente
Artigo 21. Finalización. Unidade de acto
Artigo 22. Orde do día
Artigo 23. Convocatorias. Exame de expedientes
Artigo 24. Horario de exame de expedientes
Artigo 25. Quórum
Artigo 26. Quórum especial
Artigo 27. Asistencia pública
Artigo 28. Orde de colocación dos grupos
Sección 3ª. Dos debates
Artigo 29. Orde de asuntos
Artigo 30. Aprobación da acta anterior
Artigo 31. Debate e votación dos demais asuntos
Artigo 32. Tratamento de cada asunto
Artigo 33. Debate: intervencións
Artigo 34. Deliberacións
Artigo 35. Chamadas á orde
Artigo 36. Abstención
Artigo 37. Intervencións terminoloxía
Sección 4ª. Das votacións
Artigo 38. Formalidades
Artigo 39. Adopción de acordos
Artigo 40. Carácter persoal e indelegable do voto
Artigo 41. Senso do voto
Artigo 42. Tipos de votacións
Artigo 43. Votación ordinaria
Artigo 44. Votación nominal
Artigo 45. Votación secreta
Artigo 46. Cómputo de votos e resultado
Artigo 47. Explicación do voto
Sección 5ª. Do control e fiscalización dos demais órganos de goberno polo Pleno
Artigo 48. Prohibición de reiteración de controles sobre o mesmo obxecto
Artigo 49. Medios
Artigo 50. Deber de comparecencia
Artigo 51. Requirimento de presenza e información de membros corporativos ou directivos que ostenten delegación
Artigo 52. Control sobre a actuación da Xunta de Goberno Local
Artigo 53. Mocións de censura e cuestións de confianza
Sección 6ª. Das actas
Artigo 54. Contido
Artigo 55. Libro de actas
CAPÍTULO II.
As comisións
Sección 1ª. Disposicións comúns
Artigo 56. Das comisións informativas
Artigo 57. Comisións permanentes
Artigo 58. Comisións informativas especiais
Artigo 59. Réxime de funcionamento
Artigo 60. Réxime de sesións
Artigo 61. Quórum
Artigo 62. Deliberación
Artigo 63. Ditames das comisións informativas
Artigo 64. Asistencia doutros membros
Artigo 65. Actas
Sección 2ª. Outras comisións
Artigo 66. Comisión especial de contas
CAPÍTULO III.
O alcalde
Artigo 67. Atribucións do alcalde
Artigo 68. Delegacións da Alcaldía
Artigo 69. Delegacións xenéricas
Artigo 70. Outras delegacións
Artigo 71. Procedemento
CAPÍTULO IV.
Os tenentes de alcalde.
Artigo 72. Nomeamento
Artigo 73. Perda da condición
Artigo 74. Funcións
Artigo 75. Limitación de funcións
CAPÍTULO V.
A Xunta de Goberno local
Artigo 76. Composición
Artigo 77. Constitución e periodicidade das sesións
Artigo 78. Réxime de funcionamento
CAPÍTULO VI.
Alcaldes de barrio
Artigo 79. Alcaldes de barrio
DISPOSICIÓN FINAL. Entrada en vigor
TÍTULO PRELIMINAR
DISPOSICIONES XERAIS
Artigo 1. Alcance do regulamento.
De conformidade co disposto na Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local na súa redacción dada pola Lei 57/2003 de 16 de decembro de 2003, de medidas para a modernización do goberno local, o Concello de Oroso, no exercicio da potestade regulamentaria e de autoorganización que lle recoñece a citada Lei 7/85, promove polo presente regulamento orgánico a regulación da organización e réxime de funcionamento dos órganos necesarios e complementarios que no mesmo se establecen
Artigo 2. Fontes normativas.
A organización e funcionamento interno do Concello de OROSO axustarase o seguinte orde xerárquico de fontes normativas:
a) Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das bases de réxime local
b) Lei 5/97 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia e RDL 781/86 de 18 de abril
c) Regulamento Orgánico Municipal
d) Real Decreto 2568/86 de 28 de novembro polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais para aquelas materias que resulte insuficiente a normativa establecida no regulamento orgánico.
Artigo 3. Interpretación do ROM.
Corresponde ó Alcalde ditar instrucións interpretativas e aclaratorias da normativa reseñada no artigo anterior para a súa aplicación no municipio.
TÍTULO II. Dos grupos municipais.
Artigo 4. Constitución.
1 Ós efectos da súa actuación corporativa os concellais constituiranse en grupos municipais que se corresponderán cos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións que obtivesen postos na Corporación.
2 Cada partido político, federación, coalición ou agrupación constituirá un único grupo
3 Ninguén pode pertencer simultaneamente a máis dun grupo
Artigo 5. Requisitos.
O mínimo de concelleiros para constituír grupo municipal é de dous.
Integraranse, en todo caso, no grupo mixto os membros dos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións que non tivesen obtido un mínimo de dous escaños.
No suposto de que non existise grupo mixto, éste quedará constituído polo membro do partido político, federación, coalición ou agrupación que obtivese un solo escaño.
Artigo 6.Procedemento de constitución.
Os grupos políticos constituiranse mediante escrito dirixido ó Presidente e subscrito por tódolos seus integrantes, que presentará na Secretaría Xeral do Concello dentro dos cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación.
No mesmo escrito de constitución farase constar a designación de portavoz do grupo podendo designarse tamén suplentes.
Se algún concelleiro non asinase o escrito de constitución do grupo, iso non impediría a súa constitución e os non asinantes integraranse no grupo mixto ou non adcritos.
O concelleiro/a que abandone o grupo no cal se constituíu pasara a formar parte do grupo dos non adscritos perdendo a representatividade nas comisión informativas, indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e so poderá intervir nos plenos no apartado da sección de control.
Artigo 7. Coñecemento por parte do pleno.
Da constitución dos grupos políticos, dos seus integrantes e portavoces, o Presidente dará conta ó Pleno na primeira sesión que se celebre tras cumprirse o prazo previsto no apartado primeiro do artigo anterior.
Artigo 8. Situación dos novos membros.
Os membros da Corporación que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva da Corporación, deberán incorporarse ós grupos municipais, conforme ás reglas acordadas pola Corporación.
Artigo 9. Portavoz.
Será portavoz de cada grupo municipal o que designe cada un no momento da súa constitución ou ben o que así sexa designado pola maioría dos compoñentes da lista respectiva.
O grupo mixto poderá establecer un turno rotativo para o desempeño da función de portavoz, ou ben distribuirse entre os seus compoñentes o tempo que lle corresponda ó grupo
O portavoz de cada grupo será o encargado de intervir, normalmente nas deliberacións dos asuntos.
Artigo 10. Designación de membros en órganos necesarios ou complementarios.
Corresponde ós grupos políticos designar, mediante escrito do seu portavoz dirixido ó Presidente e nos termos previstos en cada caso no presente regulamento, a aqueles dos seus compoñentes que teñan que representalos nos órganos colexiados integrados por membros da Corporación pertencentes ós diversos grupos.
TÍTULO III. Organización necesaria do Concello.
Artigo 11. Órganos necesarios
Por aplicación do disposto na Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das bases de réxime local na redacción dada pola Lei 57/2003 a organización necesaria do Concello configúrase do seguinte xeito:
a) Pleno
b) As Comisións do Pleno
c) Alcalde
d) Os Tenentes de Alcalde e demais membros da Xunta de Goberno local
e) A Xunta de Goberno Local
Artigo 12. Atribucións dos órganos
As atribucións do Alcalde, do Pleno, das Comisións do Pleno, da Xunta de Goberno Local, dos Tenentes de Alcalde e dos demais órganos necesarios son as que veñen determinadas na Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases de réxime local
CAPÍTULO I. O Pleno.
Sección 1ª. Organización e funcionamento do Pleno.
Artigo 13. Definición.
De conformidade co disposto no artigo 22.1 da Lei 7/85 o Pleno, integrado por todos os concelleiros, é presidido polo alcalde.
Artigo 14. Atribucións.
As atribucións do Pleno son as establecidas no artigo 22.2 da Lei 7/85
Artigo 15. Delegación.
O Pleno poderá efectuar delegacións en favor da Xunta de Goberno local segundo o disposto na Lei 7/85
Sección 2ª. Requisitos para a celebración das sesións
Artigo 16. Réxime legal.
Os tipos de sesións e a súa convocatoria se rexerán polo establecido na Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e pola Lei 5/97 de 22 de xullo de administración local de Galicia.
Artigo 17. Tipos de sesións.
As sesións do Pleno poden ser de tres tipos
ordinarias
extraordinarias
extraordinarias de carácter urxente
Artigo 18. Sesións ordinarias
1 Son sesións ordinarias aquelas cuia periodicidade está preestablecida. Dita periodicidade será fixada por acordo do propio Pleno adoptado en sesión extraordinaria que terá que convocar o Alcalde dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constituía da Corporación.
2 O Pleno celebra sesión ordinaria cada dous meses, nos días e horas que se fixen polo mesmo, e que poderán ser cambiados en calquera momento posterior por dito órgano. Igualmente o Presidente, por propia iniciativa ou a petición dos portavoces, por causa xustificada, poderá variar o día e a hora dalgunha sesión aloxándoo, so o imprescindible, dos fixados polo Pleno e comunicándoo ós interesados e publicándoo no taboleiro de edictos coa maior anticipación posible.
3 As sesións poderán celebrarse en primeira ou en segunda convocatoria. A segunda convocatoria será dous días despois da sinalada para a primeira, ou o día seguinte hábil se coincidise en festivo. Neste caso non será necesario o envío da orde do día, pero sí a notificación da súa celebración en segunda convocatoria
Artigo 19. Sesións extraordinarias.
Son sesións extraordinarias aquelas que convoque o Presidente con tal carácter a iniciativa propia ou a solicitude da carta parte, a lo menos, do número legal de membros da Corporación, sen que ningún concelleiro poda solicitar máis de tres anualmente. Dita solicitude terá que facerse por escrito no que se razoe o asunto o asuntos que a motiven asinado persoalmente por todos os que a subscriben. Neste último caso, a celebración do mesmo non poderá demorarse por máis de quince días hábiles dende que fose solicitada, non podendo incorporase ó asunto á orde do día dun pleno ordinario ou de outro extraordinario con máis asuntos se non o autorizan expresamente os solicitantes da convocatoria.
Se o presidente non convocase o pleno extraordinario solicitado polo número de concelleiros indicado dentro do prazo sinalado, quedará automaticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ó da finalización de dito prazo, ás doce horas, o que será notificado polo secretario da Corporación a tódolos membros do mesmo ó día seguinte da finalización do prazo citado anteriormente. En ausencia do presidente ou de quen legalmente o substitúa, o pleno quedará validamente constituído sempre que concorra o terzo do número legal de membros do mesmo e será presidido polo membro da Corporación de maior idade entre os presentes.
Artigo 20. Sesións extraordinarias de carácter urxente.
Son sesións extraordinarias de carácter urxente as convocadas polo presidente cando a urxencia do asunto o asuntos a tratar non permite convocar a sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles esixida legalmente.
Neste caso debe incluírse como primeiro punto da orde do día a ratificación polo pleno da urxencia da convocatoria. Si dita urxencia non resulta apreciada polo pleno levantarase a sesión.
Artigo 21. Finalización. Unidade de acto.
Calquera que sexa a clase de sesión terá que respectar o principio de unidade de acto e rematará no mesmo día do seu comezo. Se este rematase sen que fosen debatidos e resoltos tódolos asuntos incluídos na orde do día, o presidente poderá levantar a sesión. Neste caso os asuntos non debatidos terán que incluírse na orde do día da seguinte sesión. En todo caso, ningunha sesión terá unha duración superior a oito horas.
Artigo 22. Orde do día.
1 A orde do día das sesións será fixado polo presidente asistido polo secretario. Así mesmo poderá recabar a asistencia dos membros da Xunta de Goberno local e consultar se o estima oportuno ós portavoces dos grupos existentes na Corporación.
2 Na orde do día so poderán incluírse os asuntos que fosen previamente ditaminados, informados o sometidos a consulta das comisións informativas correspondentes.
3 O presidente por razóns de urxencia debidamente motivada poderá incluír na orde do día, a iniciativa propia ou a proposta dalgún dos portavoces, asuntos que non fosen previamente informados pola respectiva comisión informativa, pero neste suposto non poderá adoptarse acordo algún sobre estes asuntos sen que o Pleno ratifique a súa inclusión na orde do día
4 Na orde do día das sesións ordinarias incluirase sempre un apartado de control e seguimento da xestión dos órganos municipais de goberno
Artigo 23. Convocatorias. Exame de expedientes.
1 O presidente convocará ós concelleiros á sesión ordinaria ou extraordinaria con dous días hábiles, como mínimo, de antelación, como sinala a lei, remitíndolles xunto coa comunicación da convocatoria a orde do día a que terá que suxeitarse dita sesión, na que figurarán numerados e reseñados suficientemente os asuntos a tratar. Os concelleiros acusarán recibo da convocatoria asinando en comunicación cursada ó efecto.
2 O pleno da Corporación poderá acordar a utilización de medios telemáticos para a notificación da convocatoria e orde do día das sesións, previo cumprimento dos requisitos legalmente esixidos para elo e para os concelleiros sinalen dito medio como preferente ou consintan súa utilización. No expediente acreditarase a remisión da notificación e a súa recepción. Cada concelleiro/a facilitará unha conta de correo electrónico e un teléfono móbil, onde se lle pasarán os comunicados por e-mail e por SMS que tamén se utilizarán para comunicados urxentes, asistencias a actos protocolarios, etc
3 Cada concelleiro/a que sinalen como preferente os medios telemáticos, facilitará os medios para a recepción telemática das actas das xuntas de goberno,actas dos plenos, notificacións dos plenos e outras notificacións.
4 Se varios concelleiros desexaran examinar os expedientes á vez, distribuiranse entre eles mesmos. Se non se puxesen de acordo, requirirán ó secretario para que emita un informe-proposta verbal. Se dita proposta tampouco satisface ós interesados, someterase á decisión do presidente que resolverá distribuíndo o tempo e os expedientes de xeito que estes podan ser vistos por quenes quixesen facelo. O acceso á documentación efectuarase conforme ao establecido na lexislación do réxime local
Artigo 24. Horario de exame de expedientes.
O horario de exame de expedientes será ó correspondente ó normal de oficinas. Non obstante, aquel poderá ser ampliado pola Presidencia cando o número ou a importancia dos asuntos así o requira. Dita ampliación será posta en coñecemento dos señores concelleiros e da Secretaría Xeral. Baixo ningún concepto os expedientes poderán extraerse da Secretaría Xeral ou dependencia na que se atopen.
Artigo 25. Quorum.
1 Para a válida constitución do pleno da Corporación se require a asistencia dun terzo do número legal de membros da Corporación. Este quórum deberá manterse durante toda a sesión. En todo caso se require a asistencia do Presidente e do Secretario ou de quen legalmente os substitúan.
2 Se en primeira convocatoria non existise o quórum necesario segundo o disposto no apartado anterior, entenderase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días hábiles despois. Se tampouco entón se acadase o quórum necesario a Presidencia deixará sen efecto a convocatoria pospoñendo o estudio dos asuntos incluídos na orde do día para a primeira sesión que se celebre con posterioridade, sexa ordinaria ou extraordinaria. De todo o cal extenderá dilixencia o secretario actuante.
3 O quórum mínimo dun terzo do número legal de membros da Corporación terá que manterse durante o desenvolvemento da sesión. A tal efecto a ausencia dun ou varios concelleiros, unha vez iniciada a deliberación do asunto, equivale a súa non presenza e a abstención na votación agás que se incorpora a tempo de emitir o seu voto. A estes efectos se entenderá iniciada a deliberación:
a) se se produce debate con intervención dun ou varios concelleiros
b) se ninguén tivese pedido a palabra nin fixese uso dela o presidente, cando rematase a lectura da proposta de acordo do asunto correspondente da orde do día.
Artigo 26. Quorum especial.
O disposto no artigo anterior enténdese sen prexuízo de que os asuntos a resolver nunha sesión ou algún deles esixan un número especial de asistentes para adoptar acordos válidos sobre eles. Neste caso o quórum preciso para celebrar validamente a sesión ou adoptar acordos válidos sobre ditos asuntos, será o que se estableza con ese número especial en cada caso.
Artigo 27. Asistencia pública.
Serán públicas as sesións do Pleno. Nembargante, poderá ser secreto o debate e a votación de aqueles asuntos que podan afectar o dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o art. 18.1 da CE cando así sexa acordado por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación.
O público asistente ás sesións non poderá intervir nestas, nin tampouco permitiranse manifestacións de agrado ou desagrado, podendo a Presidencia proceder, en casos extremos á expulsión do salón de todo aquel que por calquera motivo impida o normal desenvolvemento da sesión.
O réxime de intervención no Pleno de entidades, asociacións, ou particulares será o que se estableza nos regulamentos que regulen a participación cidadán e demais disposicións vixentes.
Artigo 28. Orde de colocación dos grupos.
Os membros da Corporación tomarán asento no Salón de Sesións unidos o seu grupo. A orde de colocación dos grupos se determinará polo presidente, tendo preferencia o grupo formado polos membros da lista máis votada. En calquera caso, a colocación dos membros corporativos tenderá a facilitar a emisión e reconto dos votos.
SECCIÓN 3ª. Dos debates
Artigo 29. Orde de asuntos.
Agás que a Presidencia dispoña outra cousa a orde en que serán tratados os asuntos se diferenciará en dúas partes
I.- Parte Resolutiva II.- Parte de Control e Seguimento da xestión dos órganos de Goberno
A modo indicativo da forma seguinte:
I.- PARTE RESOLUTIVA
a) aprobación do acta anterior
b) comunicacións da Presidencia
c) Asuntos ditaminados polas Comisións
d) Proposicións de carácter urxente
II.- PARTE DE CONTROL E SEGUIMENTO DOS ÓRGANOS DE GOBERNO
a) Coñecemento de decretos e resolucións do goberno municipal
b) Mocións
c) Rogos e Preguntas
d) Calquera outro medio de control legalmente establecido
Artigo 30. Aprobación da acta anterior
As sesións comezarán preguntando o presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observancia o acta ou actas da sesión anterior ou anteriores que fosen distribuídas antes ou coa convocatoria. Se non se producisen observacións se considerará aprobada. Si houbese observacións faranse as rectificacións que procedan.
En ningún caso poderá modificarse ó fondo dos acordos adoptados e so cabería subsanar os meros erros materiais ou de feito
O reseñar en cada acta a lectura e aprobación da anterior ou anteriores consignaranse as observacións e rectificacións practicadas.
Artigo 31. Debate e votación dos demais asuntos.
Tódolos asuntos se debaterán e votarán pola orde en que estivesen relacionados na orde do día. Non obstante o presidente pode alterar a orde dos asuntos, retirar algún asunto ou deixalo sobre a mesa, ben de oficio ou a petición de calquera membro corporativo.
Nas sesións ordinarias concluído o exame dos asuntos da parte resolutiva da orde do dia, iniciarase a parte de control e seguimento do goberno municipal e no apartado de mocións, o presidente preguntará se por razóns de urxencia algún grupo municipal desexa someter á consideración do Pleno algún asunto non comprendido na orde do día e que non teña cabida no apartado de rogos e preguntas.
Se así fose o portavoz do grupo propoñente lerá a proposta de acordo ou acordos, e o Pleno votará acto seguido sobre a urxencia da moción, que necesitará o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación para ser estimada dita urxencia e continuar co trámite ordinario dos asuntos incluídos na orde do día.
A Presidencia pode limitar ata un máximo de tres as mocións que presente un grupo municipal nun mesmo Pleno ordinario.
O disposto neste artigo non será de aplicación á moción de censura que se rexerá polo disposto na lexislación electoral.
Artigo 32. Tratamento de cada asunto.
A consideración de cada punto incluído na orde do día comezará coa lectura íntegra polo presidente do asunto incluído na orde do día ditaminado pola comisión informativa correspondente. Si se tratara dun asunto urxente non ditaminado pola comisión informativa correspondente farao da proposición que se somete ao pleno.
Artigo 33. Debate. Intervencións.
1 Se se promove debate as intervencións serán ordenadas polo presidente conforme as seguintes regras:
e) So poderá facerse uso da palabra previa autorización do presidente o
f) O goberno municipal poderá facer uso dun primeiro turno de explicación cando así o estime oportuno, o alcalde ou portavoz do equipo de goberno
g) No debate os diversos grupos consumirán un primeiro turno de explicación cando así o estimen oportuno.
h) Turno de réplica por parte do portavoz do goberno ou alcalde.
i) Turno de contra réplica por parte do portavoz dos distintos grupos da oposición.
j) Turno do portavoz do grupo de goberno e peche do asunto do debate coa intervención do alcalde
k) Non se admitirán interrupcións agás ás do presidente para chamar a orde ou á cuestión debatida.
2 Os membros da Corporación poderán en calquera momento do debate pedir a palabra para plantexar unha cuestión de orde, invocando ó efecto a norma sobre a que reclama aplicación. O Presidente resolverá o que proceda sen que por este motivo se entable debate algún.
Artigo 34. Deliberacións.
a) O Goberno municipal poderá realizar un turno previo de explicación dos ditamines o proposicións, antes de iniciarse o debate formal dos asuntos.
b) Nas deliberacións poderán intervir cada grupo municipal mediante o portavoz ou outros membros polo orde inverso de representantes na Corporación, consumindo turno en primeiro lugar o grupo mixto, logo os minoritarios e en último termo o grupo maioritario.
c) A intervención normal de cada grupo non excederá de dez minutos. Non obstante, en aqueles temas que pola súa importancia ou complexidade así o requiran, ou a petición de calquera portavoz, o presidente notificará ó Pleno a duración das intervencións antes de comezar estas e velará para que todas teñan idéntica duración.
El segundo turno tendrá unha duración máxima do 50% do turno anterior
O tempo que corresponda ó grupo mixto poderá repartirse por igual entre os representantes das listas que o integran.
d) O presidente poderá acordar durante o transcurso da sesión que se interrumpa a mesma para permitir as deliberacións dos grupos sobre a cuestión debatida ou para descanso dos debates. Estas interrupcións non terán unha duración superior a dez minutos.
Artigo 35. Chamadas á orde.
1 O presidente poderá chamar a orde a calquera membro da Corporación que:
a) Profira verbas ou verta conceptos ofensivos ó decoro da Corporación ou dos seus membros, das institucións públicas ou de calquera outra persoa ou entidade.
b) Produza interrupcións ou de calquera outra forma altere a orde das sesións
c) Pretenda facer uso da palabra sen que lle fose concedida ou unha vez que lle fose retirada
1 Tras tres chamadas á orde na mesma sesión (ou dúas chamadas á orde no debate dun mesmo asunto), coa advertencia na última das consecuencias dunha nova chamada, o presidente poderá ordenar a un concelleiro que abandone o local en que estea celebrando a reunión, adoptando as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión.
Artigo 36. Abstención.
Nos supostos en que, de conformidade co establecido no artigo 76 da lei 7/85, algún membro da Corporación deba absterse de participar na deliberación e votación , terá que abandonar o salón mentres se discuta e vote o asunto, agás cando se trate de debater a súa actuación como corporativo, no que terá dereito a permanecer e defenderse.
Artigo 37. Intervencións. Terminoloxía.
Ós efectos de desenvolvemento das sesións e para definir o carácter das intervencións dos membros da Corporación, utilizarase a seguinte terminoloxía:
Ditame: é a proposta sometida ó pleno tra-lo estudio do expediente pola comisión informativa. Contén unha parte expositiva e un acordo ou acordos á adoptar
Proposición: é a proposta que se somete ó pleno relativa a un asunto incluído na orde do día que acompaña á convocatoria, sen estudio pola comisión informativa correspondente. Conterá unha parte expositiva ou xustificación e un acordo ou acordos a adoptar. Non procederá entrar a debater nin votar unha proposición sen que previamente fose ratificado, de acordo co disposto na lei, a inclusión do asunto na orde do día.
Moción: é a proposta que se somete directamente a coñecemento do pleno ó abeiro do previsto no regulamento.
Voto particular: é a proposta de modificación dun ditame formulada por un membro que forma parte da comisión informativa. Deberá acompañar ó ditame dende o día seguinte a súa aprobación pola Comisión.
Emenda: é a proposta de modificación dun ditame ou proposición presentada por calquera membro da Corporación mediante escrito dirixido ó presidente antes de iniciarse a deliberación do asunto
Rogo: é a formulación dunha proposta de actuación dirixida a algún dos órganos de goberno municipal. Os rogos formulados no seno do pleno poderán ser debatidos pero en ningún caso sometidos á votación.
Poden plantexar rogos tódolos membros da Corporación ou dos grupos políticos a través dos seus portavoces.
Pregunta: é calquera cuestión plantexada ós órganos de goberno no seno do pleno. Poden plantexar preguntas tódolos membros da Corporación ou dos grupos municipais a través dos seus portavoces.
SECCIÓN 4ª. Das votacións.
Artigo 38. Formalidades.
Finalizado o debate dun asunto, procederase á votación. Antes de comezar a votación o presidente plantexará clara e concisamente os termos da mesma e a forma de emitir o seu voto.
Unha vez iniciada a votación non pode interrumpirse por ningún motivo. Durante o desenvolvemento da votación o presidente non concederá o uso da palabra e ningún membro corporativo poderá entrar no salón de sesións ou abandonalo.
Artigo 39. Adopción de acordos.
O pleno da Corporación adopta os seus acordos como regra xeral por maioría simple dos membros presentes. Existe maioría simple cando os votos afirmativos son máis que os negativos.
Entenderase por maioría absoluta cando os votos afirmativos son máis da metade do número legal de membros da Corporación.
Artigo 40. Carácter persoal e indelegable do voto.
O voto dos concelleiros é persoal e indelegable
Artigo 41. Senso do voto.
O voto pode emitirse en senso afirmativo ou negativo, poidendo os membros da Corporación absterse na votación. A efectos da votación entenderase que se absteñen os membros da Corporación que se ausentasen do salón de sesións unha vez iniciada a deliberación do asunto e non estivesen presentes no momento da votación. No suposto de que se reintegrasen ó salón de sesións antes da votación poderán dende logo tomar parte na mesma. No caso de votacións con resultado de empate efectuarase unha nova votación e se persistise o empate decidirá o voto de calidade do presidente.
Artigo 42. Tipos de votacións.
As votacións poden ser ordinarias, nominais e secretas:
Son ordinarias as que se manifestan por signos convencionais de asentamento, disentimento ou abstención
Son nominais aquelas votacións que se realizan mediante chamamento por orde alfabético de apelidos e sempre en último lugar o presidente e na que cada membro da Corporación ó ser chamado responde en voz alta ¿sí" , ¿ non ¿ ou ¿me absteño"
Son secretas as que se realizan por papeleta que cada membro da Corporación deposite nunha urna ou bolsa.
Artigo 43. Votación ordinaria.
A votación ordinaria será o sistema norma de votación
Artigo 44. Votación nominal
A votación nominal requirirá a solicitude dun grupo municipal aprobada polo Pleno por unha maioría simple en votación ordinaria de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 7/85
Artigo 45. Votación secreta.
A votación secreta so poderá utilizarse para a elección ou destitución de persoas así como no tratamento de asuntos que podan afectar o dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da Constitución cando así sexa acordado por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación
Artigo 46. Cómputo de votos e resultado.
Cando existan emendas ou votos particulares se someterán a votación en primeiro lugar as emendas e votos particulares e en último as propostas. Se o resultado dunha votación é positivo non haberá máis debate nin votacións sobre o mesmo obxecto concreto da votación. Rematada a votación ordinaria o presidente declarará o acordado. Inmediatamente de concluír a votación nominal ou secreta, o secretario computará os votos emitidos e anunciará en voz alta o seu resultado, en vista do cal o presidente proclamará o acordo adoptado.
Artigo 47. Explicación do voto.
Proclamado o acordo os grupos que non interviñesen no debate ou que tra-lo mesmo cambiasen o senso do seu voto poderán solicitar do presidente un turno de explicación do voto, sendo facultativo de este o outorgalo ou non.
SECCIÓN 5ª. Do control e fiscalización dos demais órganos de goberno polo pleno.
Artigo 48. Prohibición de reiteración de controles sobre o mesmo obxecto.
O control e fiscalización que puidese exercer o pleno sobre a actuación dalgún órgano en relación con materias concretas e determinadas non poderá ser obxecto de novo control agás que se producisen novas circunstancias ou existan outras que non puidesen ser tomadas en consideración no seu día.
Artigo 49. Medios.
Sen prexuízo das funcións asignadas ás comisións, o control e fiscalización da actuación dos órganos de goberno exercerase polo pleno a través dos seguintes medios:
a) Requirimento de presenza e información de membros corporativos.
b) Control sobre a actuación da Xunta de Goberno local
c) Moción de censura ó Alcalde
Artigo 50. Deber de comparecencia
Todo membro da Corporación u órgano directivo o asimilado que por delegación ostente responsabilidade nun área de xestión, estará obrigado a comparecer ante o pleno cando este así o acorde, co obxecto de respostar ás preguntas que se lle formulen sobre a súa actuación.
Artigo 51. Requirimento de presencia e información de membros corporativos ou directivos que ostenten delegación
Acordada polo pleno a comparecencia de membros corporativos ou directivos que ostenten delegación, o presidente incluirá o asunto na orde do día da próxima sesión ordinaria ou extraordinaria a celebrar polo pleno da Corporación notificando ó interesado o acordo adoptado e a data en que deberá comparecer. Entre esta notificación e a celebración da sesión deberán transcorrer a lo menos tres días. No desenvolvemento das comparecencias se seguirá a orde das intervencións establecidas no regulamento intervindo o informante para dar resposta ás preguntas que lle formulen os diversos grupos políticos da Corporación. En ningún caso desta comparecencia poderá derivar a adopción de acordos sen cumprirse os requisitos regulamentariamente establecidos.
Artigo 52. Control sobre a actuación da Xunta de Goberno local
O pleno a proposta do presidente ou mediante solicitude da carta parte do número legal de membros poderá acordar a celebración de sesión extraordinaria para someter a debate a xestión da Xunta de Goberno local. O desenvolvemento da sesión a que se fai referencia suxeitarase ó establecido con carácter xeral intervindo en primeiro lugar o autor da proposta para explicar o senso da mesma. Contestará un membro da Xunta de Goberno local designado por esta e despois de sendos turnos de réplica poderán intervir os demais grupos políticos da Corporación
Como consecuencia do debate poderá presentarse unha moción co obxecto de que o pleno manifeste a súa posición sobre a xestión da Xunta de Goberno local. Se o Pleno admite debater a moción, esta se incluirá na orde do día da seguinte sesión plenaria, ordinaria ou extraordinaria.
Artigo 53. Mocións de censura e cuestións de confianza
As mocións de censura ó Alcalde que somente poderán plantexarse ante o pleno, axustaranse ó disposto na lexislación electoral xeral.
Do mesmo modo, o alcalde poderá plantexar ó pleno unha cuestión de confianza nos termos establecidos na lexislación electoral xeral.
O debate de demais aspectos do procedemento se rexerán polo presente regulamento orgánico.
Sección 6ª. Das actas
Artigo 54. Contido
De cada sesión o secretario extenderá acta na que haberá de constar:
a) Lugar da reunión con expresión do nome de municipio e local no que se celebra.
b) Día, mes e ano
c) Hora en qué comeza
d) Nome e apelidos do Presidente, dos membros da Corporación presentes, dos ausentes que presentasen escusa e dos que falten sen escusa
e) Carácter ordinario ou extraordinario da sesión e si se celebra en primeira ou segunda convocatoria
f) Asistencia do secretario e do interventor
g) Asuntos que se examinen, opinións sintetizadas dos grupos ou membros da Corporación que tivesen intervido nas deliberacións e incidencias destas
h) Votacións que se verifiquen e no caso das nominais o senso en que cada un emita o seu voto. Nas votacións ordinarias farase constar número de votos afirmativos, dos negativos e das abstencións. Farase constar nominalmente o senso do voto cando así o pidan os interesados.
i) Parte dispositiva dos acordos que se adopten
j) Hora na que o presidente levanta a sesión
Artigo 55. Libro de actas
Unha vez aprobada o acta polo pleno se transcribirá no Libro de actas correspondente, autorizándoa coas firmas do presidente e do secretario.
CAPÍTULO II. As comisións.
Sección 1ª. Disposicións comúns
Artigo 56. Das Comisións informativas
As comisións denominadas informativas son as reguladas no artigos 20.1c) da Lei 7/85 e son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por obxecto o estudio, informe o consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do pleno da Corporación, agás cando teñan que adoptarse acordos declarados urxentes. Poderán ser permanentes ou especiais
Artigo 57. Comisións permanentes
As comisións informativas permanentes están integradas exclusivamente por membros da Corporación e nelas participarán tódolos grupos políticos que a integren xa sexa de modo proporcional á súa representatividade ou de xeito igual para cada grupo aplicándose neste último caso o sistema de voto ponderado, as formacións políticas integradas no grupo mixto elixiran entre eles un representante nas comisións informativos.
Artigo 58. Comisións informativas especiais
As comisións informativas especiais serán creadas por Decreto de Alcaldía para o estudio dalgún asunto concreto en consideración as súas características especiais de calquera tipo. Estas comisións agás disposición expresa en contrario extínguense automaticamente unha vez fose ditaminado ou informado o asunto que constitúe o seu obxecto. Do decreto de creación darase conta ó Pleno así como ós portavoces para o nomeamento dos seus representantes na comisión.
Artigo 59. Réxime de funcionamento
No acordo polo que se creen as comisións informativas determinarase a composición concreta das mesmas tendo en conta as seguintes regras:
a) Alcalde é o presidente nato de todas elas. Nembargante a Presidencia efectiva poderá delegala en calquera concelleiro a proposta da propia comisión.
b) Cada comisión estará integrada de xeito que a súa composición poda acomodarse á proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos representados na Corporación.
c) A adscrición concreta a cada comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación do grupo municipal realizarase mediante escrito do portavoz do mesmo dirixido ó alcalde e do que se dará conta ó Pleno. De igual xeito designarase tanto suplentes como titulares.
Artigo 60. Réxime de sesións
As comisións informativas celebrarán sesións ordinarias coa periodicidade que sexa acordada no momento da constitucións nos días e horas que estableza o presidente, quen poderá asi mesmo, convocar sesións extraordinarias ou urxentes das mesmas
As sesións poderán celebrarse na sede da entidade respectiva ou en outras dependencias da mesma
As convocatorias corresponden ó presidente da Comisión e deberán ser notificadas ós membros da comisión ou no seu caso ós grupos municipais cunha antelación mínima de dous días hábiles agás as urxentes. En todo caso acompañarase a orde do día. Poderá utilizarse a notificación da convocatoria e da orde do día por vía telemática se o Pleno así o acordase para as súas sesións.
Artigo 61. Quórum
A válida celebración das sesións require a presenza da maioría absoluta dos compoñentes da comisión xa sexan titulares ou suplentes, en primeira convocatoria e un mínimo de tres membros en segunda convocatoria, media hora máis tarde. Se a representación é igualitaria, a que represente a maioría absoluta
O Presidente dirixe e ordena ó seu prudente arbitrio respectando os principios xerais que rexen os debates plenarios, os debates da comisión
Os ditames aprobaranse sempre por maioría simple dos presentes decidindo os empates o presidente co voto de calidade.
Artigo 62. Deliberación
Ningunha comisión poderá deliberar sobre asuntos da competencia doutra a menos que se trate de problemas comúns no que poderá celebrarse unha sesión conxunta.
O ditame da comisión poderá limitarse a mostrar a súa conformidade coa proposta que lle sexa sometida polos servizos administrativos competentes ou ben formular unha alternativa. Os membros da comisión que disientan do ditame aprobado por esta poderán pedir que conste o seu voto en contra ou formular voto particular para a súa defensa ante o pleno.
Artigo 63. Ditames das comisións informativas
Os ditames das comisións informativas teñen carácter preceptivo e non vinculante.
En supostos de urxencia o pleno, poderán adoptar acordos sobre asuntos non ditaminados pola correspondente Comisión Informativa dos que deberá darse conta á mesma na primeira sesión que celebre.
Artigo 64. Asistencia doutros membros
O presidente de cada comisión poderá requirir a presenza nas súas sesións do persoal municipal ou membros da Corporación, a efectos informativos
Artigo 65. Actas
De cada sesión das comisións informativas levantarase acta na que se farán constar os extremos a que se refiren os apartados a), b), c), d), f) g) e j) do art. 54 do presente regulamento e a que se acompañarán os ditames que fosen aprobados e os votos particulares formulados
Sección 2ª. Outras comisións
Artigo 66. Comisión especial de contas
A Comisión especial de contas prevista no artigo 116 da Lei 7/85 de 2 de abril e 59.2 da lei 5/97 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, constituirase e funcionará na mesma forma que as demais Comisións informativas permanentes.
Corresponde á Comisión especial de contas o exame, estudio e informe de tódalas contas orzamentarias ,presupostarias e extrapresupostarias que debe aproba-lo pleno da Corporación de acordo co establecido na lexislación de réxime local.
CAPÍTULO III . O Alcalde.
Artigo 67. Atribucións do alcalde
O alcalde ostenta a máxima representación do municipio e é o responsable da súa xestión política ante o Pleno. Corresponde o alcalde o exercicio das atribucións que as leis lle confiran. O alcalde dará conta suscinta á Corporación en cada sesión ordinaria do pleno dos decretos que ditase dende a última sesión ordinaria para que os concelleiros coñezan o desenvolvemento da administración municipal ós efectos de control e fiscalización dos órganos de goberno previstos no artigo 21 da Lei 7/85 de 2 de abril.
Artigo 68. Delegacións da Alcaldía
O alcalde cando o estime conveniente e existan circunstancias de índole técnica, económica, social ou xurídica que o aconsellen, poderá efectuar delegacións en favor da Xunta de Goberno local, dos seus membros, e dos demais concelleiros e no seu caso a favor dos coordinadores xerais, directores xerais ou órganos asimilados nos termos indicados na lei 7/85. O decreto sobre a delegación de atribucións fixará o alcance e os cometidos específicos da mesma.
Artigo 69. Delegacións xenéricas
As delegacións xenéricas se referirán a unha ou varias áreas ou materias determinadas e poderán abarcar tanto a facultade de dirixir os servizos correspondentes como as de xestionalos, en xeral, incluída a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
Agás mención expresa, se incluirían en ditas delegacións todas aquelas que resulten necesarias para a axeitada xestión da área ou servizo.
Artigo 70. Outras delegacións
Poderá tamén o Alcalde efectuar delegacións en calquera concelleiro para a dirección e xestión de asuntos determinados incluídos no artigo anterior. Neste caso o concelleiro que ostente unha delegación xenérica terá a facultade de supervisar a actuación dos concelleiros con delegacións especiais para cometidos específicos na súa área
Estas delegacións especiais poderán ser de tres tipos.
A) relativas a un proxecto ou asunto determinado. Neste caso a eficacia da delegación que poderá conter tódalas facultades delegables do alcalde incluída a de emitir actos que afecten a terceiros, limitarase ó tempo de xestión ou execución do proxecto.
B) relativas a un determinado servizo. Neste caso a delegación comprenderá a dirección interna dos servizos correspondentes pero non poderá incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
C) relativas a un distrito ou barrio. Poderán incluír tódalas facultades delegables do alcalde en relación con certas materias pero circunscritas ó ámbito territorial da delegación. En caso de coexistir este tipo de delegacións establecerán os mecanismos de coordinación entre unhas e outras de tal xeito que quede garantida a unidade de goberno e xestión do municipio.
Artigo 71. Procedemento
As delegacións a que se refiren os artigos anteriores serán realizadas mediante Decreto de Alcaldía que conterá o ámbito dos asuntos a que se refire a delegación, as facultades que se deleguen así como as condicións específicas do exercicio das mesmas na medida en que se concreten ou aparten do réxime xeral previsto neste regulamento. A delegación de atribucións do alcalde surtirá efecto dende o día seguinte á data do Decreto, agás que nela se dispoña outra cousa e sen prexuízo da súa publicación polos medios de costume previa aceptación. De tódalas delegacións e das súas modificacións darase conta ó pleno na primeira sesión que celebre. Os decretos dos delegados inscribiranse no libro de Resolucións de Alcaldía e porán fin á vía administrativa agás nos casos previstos no artigo 70.b)
CAPÍTULO IV. Os tenentes de alcalde.
Artigo 72. Nomeamento
O nomeamento dos tenentes de alcalde será libremente realizado polo alcalde de entre os concelleiros que formen parte da Xunta de Goberno local
O nomeamento así como o cese farase mediante Decreto do Alcalde do que se dará conta ó pleno na primeira sesión que celebre, notificándose ademais persoalmente ós designados e facéndose público polos medios de costume, todo elo, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte á firma do decreto polo alcalde se nela con se dispuxese outra cousa.
Artigo 73. Perda da condición
A condición de tenente de alcalde pérdese ademais de polo cese, por renuncia expresa manifestada por escrito e por perda da condición de membro da Xunta de Goberno local.
Artigo 74. Funcións
Corresponde ós tenentes de alcalde, en canto tales, substituír ó alcalde na totalidade das súas funcións e polo orde do seu nomeamento nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións
En caso de ausencia, enfermidade ou impedimento, as funcións do Alcalde non poderán ser asumidas polo tenente de alcalde a quen corresponda sen expresa delegación na forma sinalada neste regulamento. Non obstante cando o alcalde se ausente do termo municipal por máis de 24 horas, sen ter conferido a delegación, ou cando por causa imprevista lle fose imposible outorgala, substituiralle o tenente de alcalde a quen corresponda dando conta ó Pleno da Corporación
Artigo 75. Limitación de funcións
Nos supostos de substitución do alcalde por razóns de ausencia ou enfermidade o tenente de alcalde que asume as súas funcións non poderá revocar as delegacións que tivese outorgado o primeiro.
CAPÍTULO V. A Xunta de Goberno local.
Artigo 76. Composición
1 De conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 7/85 a Xunta de Goberno Local e o órgano que baixo a presidencia do alcalde asiste a aquel no exercicio das súas funcións e lle corresponden as funcións que o alcalde ou outro órgano muncipal le delegue ou lle atribúan as leis.
2 A Xunta de Goberno local confórmase polo alcalde e un número de concelleiros non superior ao tercio do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao pleno.
3 Tódolos membros da Xunta de Goberno local terán o mesmo réxime de honores, distincións e incompatibilidades e poderán dispor do mesmo réxime de retribucións.
Artigo 77. Constitución e periodicidade das sesións
A Xunta de Goberno local celebrará sesión constitutiva a convocatoria do alcalde, dentro dos quince días seguintes a aquel en que este teña designado os membros que a integran
Corresponde o alcalde fixar mediante decreto a periodicidade e o día e a hora das sesións ordinarias. As sesións extraordinarias e as urxentes terán lugar cando con tal carácter sexan convocadas polo Alcalde. O Alcalde porá en calquera momento, reunir a Xunta de Goberno local, cando estime necesario coñecer o seu parecer ou pedir a súa asistencia con anterioridade a ditar decretos en exercicio das atribucións que lle correspondan.
Artigo 78. Réxime de funcionamento
As sesións da Xunta de Goberno local axustaranse ó disposto na lexislación vixente e neste regulamento para as sesións plenarias coas modificacións seguintes:
a) Entre a convocatoria e a celebración da sesión non poderá transcorrer menos de 24 horas agás nos casos de sesións extraordinarias e urxentes nas que antes de entrar a coñecer os asuntos incluídos na orde do día, terá que ser ratificada a urxencia mediante acordo favorable da maioría dos membros.
b) As deliberacións da Xunta de Goberno local serán secretas sen prexuízo da publicidade e comunicación ás Administración estatal e autonómica dos acordos adoptados. Ademais no prazo de dez días deberá enviarse a tódolos portavoces dos grupos da Corporación copia do extracto dos acordos adoptados
c) Para a válida constitución da Xunta de Goberno local se require a asistencia dun terzo do número de membros que a compoñen non podendo ser nunca inferior e tres, incluído o alcalde. Este quórum debe manterse durante toda a sesión. Se non existise quórum e primeira convocatoria se constituirá en segunda convocatoria 48 horas máis tarde co mesmo quórum mínimo sinalado anteriormente.
d) O alcalde dirixe e ordena ó seu prudente arbitrio os debates no seno da Xunta de Goberno local.
e) As actas das sesións da Xunta de Goberno local que terán o formato e contido das do pleno, aínda que adaptadas á composición deste órgano serán subscritas polo secretario e transcribiranse nun libro distinto ó das actas do Pleno.
CAPÍTULO VI. Alcaldes de barrio
Artigo 79. Alcaldes de barrio
O Alcalde poderá nomear alcaldes de barrio con un máximo de un por parroquia e nos núcleos de poboación ou barrios con mais de 500 habitantes, tamén se poderán agrupar varios núcleos de una parroquia solicitando un alcalde de barrio para ditos núcleos
Disposición final
Única. Entrada en vigor
Este regulamento entrará en vigor ós quince días da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia