Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 6, REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, ESCOMBROS, VALOS, PUNTAIS, CABALETES, ESTADAS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS.
Artigo 1º. Fundamento e natureza.
Artigo 2º.-Feito impoñible.
Artigo 3º.-Suxeito pasivo.
Artigo 4º. Responsables.
Artigo 5º.-Base impoñible.
Artigo 6º.-Cota tributaria.
Será a que resulte da aplicación das seguintes tarifas, atendendo á superficie ocupada polos aproveitamentos, expresado en metros cadrados.
Tarifa primeira. Ocupación de vía pública con mercadorías.
a) Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materiais ou produtos da industria ou comercio á que se dediquen a súa actividade, comprendidos os vagóns ou vagonetas metálicas denominadas ¿containers", por mes e metro cadrado: 9,07 €.
b) Ocupación ou reserva especial da vía pública de modo transitorio, por mes e metro cadrado: 9,07 €.
Tarifa segunda. Valos, puntais, cabaletes, estadas, etc.
Ocupación da vía pública ou terreos de uso público con valos, caixóns de cerramento, sexan ou non para obras, e outras instalacións análogas, incluídas as grúas e os silos de xeso, por metro cadrado ou fracción, ó mes: 2,26 €
Tarifa terceira. Básculas, aparatos ou máquinas automáticas.
Ocupación da vía pública con aparatos ou máquinas de venda de expedición automática de calquera produto ou servizo, por unidade ao semestre: 31,57 €.
Tarifa cuarta. Publicidade nos postes, farolas, columnas ou outro mobiliario público de titularidade municipal.
Por cada metro cadrado ou fracción, á semana: 2,10 €. A estes efectos cada cartel terá carácter independente, tributando por cada un deles.
As ditas tarifas serán irreducibles por fraccións de tempos inferiores.